Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do PD en relación coa normativa vixente.

En Galicia eos compromisos dos ODS e da Axenda 2030 reflectíronse no eixo da dixitalización no proxecto “Estratexia Galicia Dixital 2030” (EGD 2030) e, dentro desta, a “Estratexia de Educación Dixital 2030” senta as bases e marca o camiño para conseguir unha transformación dixital nas aulas a través de 12 programas entre os que se atopa o Plan Dixital de Centro.

Ademais da normativa que regula as estratexias e programas citadas no parágrafo anterior hai que destacar as seguintes normas que regulan o Plan Dixital:

•            Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

•            Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

•            Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

•            Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

 

Contextualización do PD no Centro e contribución ao Proxecto Educativo.

A competencia dixital é unha das competencias clave nas que é preciso traballar co alumnado de xeito transversal ao longo do seu período escolar básico. Por este motivo é fundamental que cada centro teña definida unha estratexia neste ámbito. Pretendemos, por tanto, que o Plan Dixital sexa un instrumento de planificación integrado no Proxecto Educativo que marque as liñas para tratar a información acadar a competencia dixital e a integración das TIC como ferramentas didácticas nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.

O Plan Dixital concíbese como un documento vivo que contén os acordos acadados no Centro con respecto aos obxectivos xerais do plan, as estratexias de dinamización e a xestión dos recursos tecnolóxicos e a inclusión das TIC nas diferentes concrecións curriculares. Ainda que o Plan Dixital garda unha estreita relación coa competencia  Tratamento da Información e competencia dixital , a natureza complexa e globalizadora desta competencia implica que as decisións tomadas neste documento contribúan ao desenvolvemento do resto das competencias básicas, especialmente , a competencia para Aprender a aprender, competencia en Comunicación Lingüística e competencia Social e cidadá.

Pola súa parte na PXA do curso que ven, como documento de concreción do Proxecto educativo, ligaremos parte dos obxectivos coa dixitalización, tanto do centro como da sociedade.

 

Proceso de elaboración.

O primeiro paso para a elaboración deste Plan foi a realización dunha enquisa (SELFIE) e un TEST de comoerencia dixital dos docentes (Test CDD) á comunidade educativa  onde se deron a coñecer as necesidades  e as fortalezas con respecto a competencia dixital. Posteriormente, analizamos os resultados nunha matriz que reflectiu as Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunudades (DAFO)  e propuxemos, en función deles, un plan de acción para alcanzar os obxectivos propostos para mellorar os puntos débiles con respecto á integración do dixital a nivel de toda a comunidade educativa, as instalacións e as infraestruturas.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A información previa que se empregou para poder facer a análise DAFO foron o cuestionario SELFIE e o test CDD, ambas ferramentas deseñadas pola Comisión Europea. Ademáis tamén se tiveron en conta as opinións dos integrantes do equipo redactor do Plan Dixital que coñecen a realidade do centro e por tanto serven para matizar os resultados das enquisas.

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de consciencia sobre os perigos de internet por parte do alumnado. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a actuar de xeito seguro nin responsable en internet. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a verificar a información de internet. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a codificar nin a programar. Alumnado Non
Debilidade Falta de formación e recursos para crear contidos dixitais polo alumnado. Alumnado Non
Debilidade Falta de consciencia do alumnado sobre os perigos de internet. Alumnado Non
Debilidade Falta de formación e recursos para crear contidos dixitais polo alumnado. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Non
Debilidade Equipamento obsoleto. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de espazos físicos que faciliten o ensino con TD. Infraestruturas Non
Debilidade Faltan dispositivo dixitais para o labor docente. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de dispositivos dixitais para docentes e alumnos e adaptados para o ANEE. Infraestruturas Non
Debilidade Non hai portátiles para que o alumnado os leve a casa cando precise. Infraestruturas Non
Debilidade Cursos para os docentes pouco prácticos e non adaptados á realidade educativa. Oferta Si
Debilidade Non hai plan para axudar a identificar as necesidades do alumnado vulnerable para a aprendizaxe mixta. Organización de centro Non
Debilidade Non existe estratexia dixital no centro. Organización de centro Non
Debilidade Non existen repositorios nin bibliotecas en liña con material para o e-a. Outras Non
Debilidade Os docentes non participan en redes profesionais. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo dos docentes para explorar o ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade Non se usan TD para colaborar con outras organizacións. Persoal docente Si
Debilidade Non se usan as TD para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe . Persoal docente Non
Debilidade Falta xeneralizada de autocrítica. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado pode facer un seguimento das tarefas a través da aula virtual do centro ou do EVA do proxecto Edixgal na maioría das materias Alumnado Non
Fortaleza Boa disposición do alumnado para o uso de tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Non hai dificultades para implicar ao alumnado na aprendizaxe mixta. Alumnado Non
Fortaleza Non hai dificultades para asistir ás familias no apoio ao alumnado. Familias Non
Fortaleza A ANPA aboga pola implementación das tecnoloxías dixitais no ensino. Familias Non
Fortaleza Facilítase acceso a internet para o labor docente Infraestruturas Si
Fortaleza O alumnado NEE ten acceso a tecnoloxías asistenciais Infraestruturas Non
Fortaleza O equipo directivo coñece a lexislación sobre adquisición de dispositivos. Organización de centro Non
Fortaleza Disponse de asistencia técnica para problemas coas TD. Organización de centro Non
Fortaleza Existe un adecuado apoio técnico no centro. Organización de centro Non
Fortaleza O centro promove a creación conxunta de coñecemento a través da organización dun Plan de formación en centros do que moitos docentes forman parte. Organización de centro Non
Fortaleza Realízanse avisos e notificacións a través da aplicación abalar Móbil. Organización de centro Non
Fortaleza O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza Creación de recursos dixitais para reforzar o seu método de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de TD para comunicaións relativas ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Uso de actividades dixitais de aprendizaxe que motivan ao alumnado. Persoal docente Non
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza As modalidades de formación non se axustan ás necesidades do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Cursos para os docentes pouco prácticos e non adaptados á realidade educativa (cursos xunta) Administración educativa Non
Ameaza Acceso limitado do alumnado a internet no fogar. Contorna Non
Ameaza Falta de colaboración intercentros para compartir experiencias. Outras Non
Oportunidade Aposta da administración por un cambio no ensino da man das TD. Administración educativa Non
Oportunidade O equipo directivo coñece a lexislación sobre adquisición de dispositivos Lexislación Non
Oportunidade Respéctanse os dereitos de autor e as licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de reutilización, compartición colaboración e mellora continua dos recursos sempre que se atopen en óptimas condicións e actualizados Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dinamizar a aula virtual do centro
O02PD Empregar as pantallas dixitais e as novas PDIs das etapas de Infantil e Primaria como ferramenta habitual de aprendizaxe.
O03PD Continuar co emprego de ABALAR-PRO por parte de todos os docentes como ferramenta de comunicación coas familias (avisos, solicitude de titorías, xustificación de faltas).
O04PD Implementar o programa E- dixgal en 3º E.S.O. e continuar en 1º e 2º E.S.O.
O05PD Continuar coa formación específica en sistemas de comunicación alternativa baseadas nas TIC para alumnado con NEE entre o profesorado novo no centro.
O06PD Continuar co programa de Polos Creativos empregando a cortadora láser e o plotter de corte.
O07PD Empregar un sistema de almacenamento en rede no que aloxar documentos administrativos para ter a disposición da comunidade educativa.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizouse a través das actas das reunións do equipo EDPD e das reunións coa mentora ADIX. Comprobouse en cada reunión o estado dos obxectivos e analizáronse os motivos da evolución de cada un deles. 

1º Trimestre

 As funcións que se levaron a cabo durante este trimestre foron:

  • Nomeamento de novos coordinadores.
  • Funcións de cada equipo.
  • Nomeamento do novo equipo dinamizador.
  • Proposta de novos obxectivos para este curso 23/24.
  • Posta en marcha das accións dos obxectovos, en concreto:
    • Obxectivo 1 (dinamización das AV do centro): Informouse en claustro dos mínimos esixidos aos docentes para cumprir este obxectivo.
    • Obxectivo 2 (emprego dos paneis dixitais en primaria): Creouse un PFPP sobre o uso dos paneis dixitais, Canva e Genially.
    • Obxectivo 4 (Edixgal en 3º ESO): Implementouse Edixgal en 3º ESO. Hai moitos docentes que non están contentos e cabe a posibilidade de que cando remate o compromiso de 4 anos se decida abandoar o programa.
    • Obxectivo 5 (formación inicial en Grid 3): Creouse a liña de PFPP sobre Grid 3 para iniciar aos docentes novos neste software de comunicación alternativa. Os traballos relacionados con esta liña serán recursos elaborados específicamente para as características das NEAE do alumnado co que traballa cada docente. 
    • Obxectivo 6 (Polos Creativos): Creouse un PFPP de forografía e edición de vídeo que da continuidado ao iniciado o curso pasado. Preténdese tamén ao marxe do PFPP explorar as posibilidades que nos ofrece o plotter de corte e a cortadora láser.
2º Trimestre

A evolución dos obxectivos nestre trimestre foi como se indica a continuación:

  • Obxectivo 2 (emprego dos paneis dixitais en primaria): celebrouse a formación do PFPP sobre o uso dos paneis dixitais, Canva e Genially. Marcáronse as datas das entregas dos diferentes traballos empregando estas ferramentas. Agúns xa se entregaron e outros aínda non.
  • Obxectivo 5 (formación inicial en Grid 3): celebrouse a formación do Grid 3. Os traballos relacionados con esta liña van entregándose a bo ritmo, pero non está proposta a súa finalización a ta o terceiro trimestre.
  • Obxectivo 6 (Polos Creativos): os participantes recibiron a formación de fotografía (emprego de cámaras réflex en manual) e edición de vídeo ( Kdenlive e Gimp). Non se comezou co Plotter nin coa cortadora láser.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do centro darase a coñecer a través da páxina web do CPI, ao mesmo tempo que se difundirá entre as familias a través da Asociación de Nais e Pais; Á hora de elaborar os trípticos para as xornadas de acollida do novo alumnado e difusión dos mesmos nas escolas infantís da zona, o Plan Dixital estará presente nel.