Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Mariñamansa é un centro de titularidade pública de atención preferente ao alumnado con deficiencia auditiva situado nunha zona semiurbana, que acolle alumnado de familias con situacións socioeconómicas e familiares especialmente desfavorecidas. De feito, práticamente todo o alumnado posúe determinadas necesidades que caracterizan ao alumnado vulnerable: asistenciais, sociais,escolares,dificultades específicas de aprendizaxe, comunicación, autismo, trastornos de atención e incorporación tardía ao sistema educativo, entre outras.Este centro está situado no barrio de Mariñamansa e conta con dúas unidades de educación infantil (unha delas habilitada), seis de educación primaria e unha aula específica.
 O persoal docente está formado por doce mestres/as de educación infantil e primaria, especialistas das distintas áreas curriculares, tres mestres de pedagoxía terapéutica (dous deles provisionais sendo unha a responsable da aula específica), e tres de audición e linguaxe, debido a que é un centro de atención preferente de alumnado xordo da provincia. Conta tamén cunha Orientadora, compartida con outro centro da provincia. Tamén ten dúas coidadoras.

Neste curso no centro se están levando a cabo os seguintes proxectos e liñas de traballo:

- Liña 1: Inclusión a través dos comunicadores GRID 3 e ENESO Verbo en educación primaria, para a comunidade educativa.

- Liña 2: Fomento da inclusión a través da colaboración na aula virtual. Polos creativos.

- Liña 3: Posta en funcionamento da biblioteca escolar (catalogación en KOHA)

- Liña 4: Da multiculturalidade á dixitalización. Elaboración de recursos a través da ferramenta Stop Motion.

Dentro do programa EduSaude (Contratos Programa/ Innova) vaise a seguir cos talleres de ciberseguridade de forma coordinada co plan director solicitado no centro.

Outros programas:

  • Dentro dos programas de Éxito  Educativo tamén contratos programa Inclúe.
  • Educación Física Proxectos de Vida Activa e Deportiva dentro do Proxecta Plus.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Análise DAFO

Test CDD

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dispositivos dixitais e asistenciais insuficientes, para poder levar a cabo un ensino dixital eficiente. Alumnado Si
Debilidade 1. Non existe un ANPA que poida implicarse no Plan Dixital. 2. Debido á súa situación socioeconómica e cultural, a maior parte das familias non dispón de recursos nin coñecementos dixitais ou son insuficientes. Familias Non
Debilidade 1. Necesidades de mellora de equipamentos e redes. 2. Optimización de espazos físicos que faciliten o ensino dixital. 3. Recursos insuficientes para o alumnado e o profesorado. Infraestruturas Non
Debilidade 1. Tratamento de licenzas e dereitos de autoría. 2. Nedesidade de continuar formándose en dispositivos dixitais dirixidos ao alumnado con necesidades especiais e no ensino mixto. 3. Insuficiente emprego de prácticas de avaliación. Persoal docente Si
Debilidade É preciso reforzar as vías de comunicación e implicación do persoal non docente na estratexia dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado está motivado polos recursos TIC e a aula virtual, como complementos de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza 1. Educación infantil e primaria. 2.Servizo de transporte e comedor. 3. Actividades extraescolares e complementarias. 4. Linguas estranxeiras (inglés e portugués). 5. Aula específica. Oferta Non
Fortaleza O equipo directivo promove o emprego do software libre e a participación en actividades individuais e grupais relacionadas co ensino dixital. Organización de centro Si
Fortaleza 1. Existe reflexión sobre TICs (100% de participación no cuestionario SELFIE e 83% de participación no test CDD). 2. O profesorado usa contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. 3. Grupo de traballo moi participativo e implicado na dinamización do Plan Dixital. Persoal docente Non
Fortaleza As coidadoras colaboran con agrado nas propostas dixitais e cursos que se lles ofertan. Persoal non docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Dificultades para a obtención de novos recursos tecnolóxicos, para atender ás necesidades do centro. Administración educativa Non
Ameaza Non existe un ANPA que poida implicarse no eido dixital. ANPA Non
Ameaza Contorna moi desfavorecida: 1. Unha gran parte do alumnado non dispón de dispositivos axeitados na casa, son insuficientes ou non sabe como utilizalos. 2. O alumnado pertence a grupos de familias moi desfavorecidas, tanto no ámbito económico como no sociocultural. Contorna Si
Ameaza 1. Fenda lexislativa e dixital. 2. Medidas para identificar e abordar retos. Lexislación Non
Ameaza 1.Aspectos derivado da situación COVID, aspectos burocráticos e as obran do centro, que ralentizaron a actualización tecnolóxica e a participación en proxectos. 2. Servizo técnico insuficiente. Outras Non
Oportunidade 1. Oferta de varias actividades formativas e proxectos. 2. Formación e asesoramento, por parte da mentora do centro e a asesora do CEFORE. 3. Colaboración de AMTEGA e a UAC. 4. Marco Europeo de Dixitalización. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Lexislación actualizada, referida á estratexia dixital e ás normas e dereitos de autor, licenzas de uso e protección de datos. 2. Marco Europeo de DIxitalización. Lexislación Non
Oportunidade Marco Europeo de DIxitalización. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Neste curso 2023-2024, a análise do Plan Dixital que se fixo tendo en conta o contexto DAFO e as propostas de mellora do curso pasado, levounos a replantexar uns novos obxectivos para o próximo curso. Estes obxectivos teñen unhas accións cunha temporalización que posteriormente para o seu seguemento serán avaliadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar sistemas de avaliación e retroalimentación en contornas Moodle.
O02PD Realizar tarefas na aula virtual, adaptadas á idade do alumnado.
O03PD Promover a colaboración coa comunidade educativa para desenvolver a competencia dixital.
O04PD Recoller nas programacións actividades dixitais que requiran a colaboración de docentes do mesmo nivel ou etapa educativa.
O05PD Utilizar dispositivos asistenciais e formación, para a atención do alumnado con necesidades específicas en primaria.

Seguimento

Procedemento

Para realizar o seguimento do Plan Dixital, o Equipo Dinamizardor  xuntarase para ver a evolución dos obxectivos e as accións plantexadas e polo tanto poder incidir naquelas que teñan máis dificultades de consecución.

A mentora Adix poderá reunirse coa coordinadora para consultar dúbidas e  valorar os avances de tal maneira que se consigan en maior medida os obxectivos plantexados e polo tanto a avaliación sexa positiva.

A  persoa coordinadora vai ter acceso á ferramenta EduCalidade para ir reflexando o proceso e polo tanto a avaliación do Plan Dixital.

1º Trimestre

Deuselle visibilidade ao Plan Dixital na páxina web do centro. Seguimos desenvolvendo diversas actividades e levando a cabo varias accións de varios obxectivos. Rematamos a formación en ENESO e GRID 3.

Realizáronse as reunións correspondentes ao primeiro trimestre sobre Polos Creativos, recolléronse propostas e aprazouse para o segundo trimestre a posta en práctica das mesmas.

Empréganse como medios de comunicación, coordinación e difusión a páxina web, aula virtual e abalar.

2º Trimestre

Realizáronse as sesións de formación de Polos Creativos sobre impresión dixital en 3D e sobre robótica. Púxose en práctica co alumnado do 3º ciclo e posteiormente co resto do alumnado. Propúxose co alumnado do 3º ciclo faga as actividades co resto do alumnado, actuando como mestres/as, sendo guías.

Iniciáronse os retos que se propuxeron para realizar coas diferentes aplicacións dixitais e continuarán ata final de curso.

Empréganse como medios de comunicación, coordinación e difusión a páxina web, aula virtual, correo electrónico e abalar.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para levar a cabo o seguimento do plan dixital de centro é preciso realizar:

• Unha avaliación procesual, que se realizará ao finalizar cada trimestre, para valorar o estado da
execución das accións propostas e realizar unha análise e valoración dos resultados.
• Unha avaliación final, que se realizará ao final de curso. A través da mesma valorarase o logro
dos obxectivos e as propostas de mellora trimestrais e recollerase un informe final de
avaliación,que recolla os indicadores superados e os non superados e a valoración oportuna.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

É necesario informar a toda a comunidade educativa ( familias, alumnado, profesorado ), a través da páxina web, de todo o que se está a realizar no referido á estratexia dixital. É importante concienciala da importancia do bo uso das TICs, para facelas chegar aos fogares do alumnado. Daremos a coñecer o proxecto, en tódalas aulas e a todo o profesorado do centro, para que poida ser comentado nas reunións coas familias, de cara ás dificultades ou dúbidas que poidan xurdir. Consideramos importante invitar ás familias a informarse na páxina web do Centro e implicarse na supervisión das tarefas dixitais propostas para os/as seus fillos/as, na aula virtual e na páxina web do centro. Para compensar as desigualdades das familias do alumnado, en canto as TICs, ofertaranse outras vías de axuda como: charlas informativas, escola de pais, elaboración de dípticos ou pequenos grupos colaborativos.