Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

 

1.-Breve xustificación do mesmo

A referencia fundamental para que os centros desenvolvan o seu potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competente (DigCompOrg), desenvolto polo Centro Común de Investigación (JRC, Joint Research Centre), da Comisión Europea. Do mesmo xeito, a Comisión Europea desenvolve a ferramenta de auto avaliación SELFIE.

Como base legal para a  elaboración do plan temos:

-A Lei Orgánica 2/ 2006 do 3 de maio de Educación [LOE], modificada pola Lei Orgánica 3/ 2020 do 29 de decembro [ LOMLOE] serve de base legal nos seus artigos: 2.I), 19, 102, 111 bis, 121, 111bis.5, e 132.

-A Resolución do 17 de xuño do 2021.

 

2.-Contextualización do Plan Dixital no centro.Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

 O centro está emprazado no concello de Ourense. En canto as zonas de influencia os alumnos7as proceden a maioría do barrio, aínda que algúns deles desprázanse desde outras zonas da cidade. A procedencia do alumnado é da clase media, traballando a maioría das familias no comercio, na construción e os servizos. Nos últimos anos este barrio converteuse nun barrio cunha gran afluencia de familias estranxeiras nunha precaria situación económica, a maioría dependentes dos servizos sociais, este feito inflúe directamente no perfil do noso alumnado. Á alta porcentaxe de familias que teñen unha baixa competencia dixital agrávase, nalgúns casos, polas súas precarias condiciones socio-económicas, non dispoñendo de recursos e ferramentas TIC máis elementais (só dispoñen de móbil, carecendo de wifi). Hai unha porcentaxe de alumnado que non dispón de equipos adecuados para acceder a internet desde os seus fogares, sendo pouco valorado por parte das familias como un recurso educativo imprescindible máis. O profesorado e alumnado ten unha boa conectividade no centro tanto cos dispositivos do centro como cos propios. No centro existe unha adecuada infraestrutura tecnolóxica, conta cunha boa conectividade tanto wifi como para cable (fibra óptica) en todas as aulas, dispón de puntos wifi en todo o centro, así como de puntos de Ethernet. Todas as aulas están dotadas cun ordenador, proxector e pizarra dixital. Temos unha aula de informática con 22 ordenadores. No noso centro usase no segundo ciclo o programa edixgal, tamen dispomos de 50 tablets a disposición de todo alumnado e os ordenadores abalar do alumnado. Dispoñemos da aula virtual do centro e servizo de mensaxería ABALAR. O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que vén recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos os documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios. Este Plan Dixital de Centro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esa razón, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual. Ademais, é imprescindible dotar ao Plan Dixital dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que dea coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo, o Proxecto de Dirección e a Programación Xeral Anual (PXA).

No centro está matriculados 328 alumnos/as, repartidos na Etapa de Infantil 87 alumnos/as e na Etapa de Primaria 241. A continuación indícase a distribución de alumnos/as por curso:

4ºA de Ed.Infantil: 17, 4ºB de Ed.Infantil: 15, 5ºA de Educación Infantil: 16, 5ºB de Ed.Infantil: 14, 6º de Ed.Infantil: 25.

Ed.Primaria: 1ºA: 14, 1ºB: 13, 2ºA: 18, 2ºB: 16, 2ºC: 18, 3ºA:  21, 3ºB: 22, 4ºA: 18, 4ºB: 19, 5ºA: 16, 5ºB: 14, 6ºA: 17, 6ºB: 18, 6ºC: 17.

3.-Proceso de elaboración.

O deseño do Plan Dixital de Centro recolle as ideas principais, determina as prioridades e establece os niveis de planificación [programas, proxectos e/ou accións] que marcarán o plan de traballo do Centro escolar no seu proceso de cambio e mellora. Así mesmo, a participación do equipo directivo no proceso de deseño e implementación do Plan Dixital de Centro é clave, tanto pola visión global que pode achegar, como pola capacidade para mobilizar recursos da organización e de xerar liderados distribuídos que permitan o cambio atendendo a procesos democráticos. O Plan Dixital de Centro debería permitir á comunidade educativa coa axuda do Equipo de Dinamización do Plan Dixital:

-Visualizar onde quere que chegue o Centro.

- Entender onde está actualmente.

- Trazar o camiño que leve dun estado ao outro

- Planificar uns prazos razoables para que as accións emprendidas teñan realmente un impacto na organización.

- Flexibilizar os prazos para adaptarse ás necesidades do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE.

Ver anexo para ver as fontes empregadas para  a análise DAFO

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade ALUMNADO CON DIFICULTADES EMOCIONAIS E DE ADAPTACIÓN SOCIAL. ALUMNADO INMIGRANTE CON Pax 12 de 34 POUCOS RECURSOS Alumnado Si
Debilidade FAMILIAS DESESTRUCTURADAS. FAMILIAS INMIGRANTES CON DIFICULTADES DE INTEGRACIÓN, COMUNICACIÓN Y MEDIOS. Familias Si
Debilidade DIFICULTADES TÉCNICAS, ORDENADORES E PIZARRAS E PROXECTORES OBSOLETOS E DESFASADOS. Infraestruturas Non
Debilidade PROFESORADO POUCO FORMADO A NIVEL TECNOLÓXICO. Oferta Non
Debilidade FALTA DE RECURSOS HUMANOS PARA A REALIZACIÓN DESTE TIPO DE ACTIVIDADES DENTRO DO HORARIO LECTIVO. Organización de centro Non
Debilidade O MEDO A USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. O USO DAS METODOLOXÍAS TRADICIONAIS E A ACOMODACIÓN.FALTA DE FORMACIÓN E DE TEMPO. SOBRECARGA DE TAREFAS Persoal docente Non
Debilidade POUCA FORMACIÓN DIXITAL Persoal non docente Non
Fortaleza IMPLANTACIÓN EDIXGAL EN 5º E 6º DE PRIMARIA, EMPREGO DE TABLETS E AULA VIRTUAL Alumnado Non
Fortaleza CERTO NÚMERO DE FAMILIAS IMPLICADAS NA COLABORACIÓN CON CENTRO.ANPA MOTIVADA E CON VONTADE DE AXUDAR. COMUNICACIÓN EFECTIVA A TRAVÉS DE MEDIOS DIXITAIS (ABALAR, PÁXINA WEB, INSTAGRAM, BLOG) Familias Non
Fortaleza EQUIPAMENTO A NIVEL DE AULAS: ORDENADOR, PIZARRA DIXITAL E PROXECTOR. AULA DE INFORMÁTICA CON ORDENADORES E PROXECTOR. BIBLIOTECA CON ORDENADOR E IMPRESORA. SALA DE MESTRES CON 6 ORDENADORES E DUAS IMPRESORAS FOTOCOPIADORAS. CONSERXERÍA: FOTOCOPIADORA. DESPACHOS E SECRETARÍA CON ORDENADORES E IMPRESORAS. INTERNET EN TODO O CENTRO. Infraestruturas Si
Fortaleza FORMACIÓN INTEGRAL DESENVOLVEMENTO DE COMPETENCIAS E DESTREZAS BILINGÜISMO E MULICULTURALIDAD Oferta Non
Fortaleza AS FUNCIÓNS DOCENTES ESTÁN BEN REPARTIDAS. BOA RELACIÓN E COORDINACIÓN ENTRE NIVEIS E ESPECIALIDADES. PLANES DE MELLORA. PROXECTOS COMÚNS DE TRABALLO. Organización de centro Si
Fortaleza PROFESORADO CON CERTA FORMACIÓN E VONTADE DE APRENDER E MELLORAR. VONTADE DE TRABALLO EN EQUIPO. CONCIENCIACIÓN POR PARTE DO EQUIPO DIRECTIVO DA IMPORTANCIA DA REALIZACIÓN DUN PLAN DIXITAL. HAI UN EQUIPO DOCENTE BASTANTE ESTABLE E CON BOA RELACIÓN Persoal docente Si
Fortaleza USO DE WHATS UP PARA AS COMUNICACIÓNS COTIAS DO CENTRO. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza IMPOSICIÓN DE BUROCRACIA EXCESIVA QUE RALENTIZA A LABOR DOCENTE. Administración educativa Non
Ameaza CONTINUA MODIFICACIÓN DA XUNTA DIRECTIVA. ANPA Non
Ameaza OFERTA CULTURAL E DEPORTIVA ESCASA. POUCA COMPRENSIÓN DA COMUNIDADE CARA A LABOR EDUCATIVA. Contorna Non
Ameaza CAMBIOS LEXISLATIVOS CONSTANTES QUE IMPIDEN O CORRECTO DESENVOLVEMENTO DA FUNCIÓN DOCENTE. Lexislación Non
Ameaza CENTROS PRIVADOS E CONCERTADOS CERCANOS QUE EXERCECEN COMPETENCIA DESLEAL. Outras Non
Oportunidade APOIO DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA PARA A MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA A TRAVÉS DE MEDIOS DIXITAIS. Administración educativa Si
Oportunidade COLABORACIÓN INCONDICIONAL DENTRO DAS SUAS COMPETENCIAS E POSIBILIDADES ANPA Si
Oportunidade BIBLIOTECA PÚBLICA, AUDITORIO MUNICIPAL E OUTROS CENTROS EDUCATIVOS. Contorna Non
Oportunidade LOMLOE APOSTA CLARA POLA DIXITALIZACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS DENTRO DO MARCO EUROPEO DE REFERENCIA Lexislación Si
Oportunidade COLABORACIÓN DO CEFORE. APOIO DO EQUIPO DIRECTIVO E DA ADMINISTRACIÓN EDUCATIVA. APORTACIÓN DE EXPERIENCIAS DE CENTROS CERCANOS. Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Despois de realizar a analise SELFIE decidimos plantexar as seguintes áreas de mellora:

LIDERADO, COLABORACIÓN E REDES, INFRAESTRUTURAS E EQUIPOS, DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL CONTINUO, PEDAGOXÍA, APOIO E RECURSOS,  IMPLEMENTACIÓN NA AULA, PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN E COMPETENCIAS DIXITAIS DO ALUMNADO, 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD CONSTITUIR O EQUIPO TIC
O02PD MELLORAR OS DOCUMENTOS DE CENTRO EN RELACIÓN COA INTEGRACIÓN TIC
003PD POTENCIAR O COÑECEMENTO E ACCESO A PORTAIS E REPOSITORIOS INSTITUCIONAIS
004PD SEGUIR AVANZANDO NA XESTIÓN CARA A SUPRESIÓN DAS COMUNICACIÓNS E DOCUMENTOS EN PAPEL
005PD CONSOLIDAR A PRESENZA DO CENTRO EN REDES SOCIAIS E INTERNET
006PD REVISAR TODO O EQUIPAMENTO INFORMÁTICO DO CENTRO
008PD INICIAR UN PLAN DE FORMACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE
009PD CREAR DINÁMICAS E MECANISMOS QUE INCLÚAN A PRODUCIÓN E EMPREGO EN REDE
010PD MELLORAR A INTEGRACIÓN DO PLAN TIC NAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS
011PD AVANZAR NO USO DAS FERRAMENTAS TICS COMO MÉTODO DE AVALIACIÓN
012PD CAPACITAR AO ALUMNADO PARA UN USO RESPONSABLE DAS TECNOLOXÍAS

Seguimento

Procedemento

PROXECTOUSE UNHA REUNIÓN DA EQUIPA DO PLAN DIXITAL CADA TRIMESTRE.

NA PRIMEIRA REUNIÓN, REVISÁRONSE OS OBXECTIVOS QUE SE QUERÍAN LEVAR A CABO ESTE CURSO.

1º Trimestre

NO PRIMEIRO TRIMESTRE LEVÁRONSE A CABO ALGÚNS DOS OBXECTIVOS : C0NSTITUIR O EQUIPO TIC,CONSOLIDAR A PRESENZA  DO CENTRO EN REDES SOCIAIS E INTERNET E DISPOR DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA EFICAZ PARA RESOLVER AS INCIDENCIAS DIXITAIS DO CENTRO.

TODAS AS PROGRAMACIÓNS FIXÉRONSE COA APLICACIÓN PROENS, INCLUSO AS ADAPTACIÓN CURRICULARES.

2º Trimestre

MOITOS DESTE OBXECTIVOS NON PODEN SER INCLUIDOS NUN TRIMESTRE EN CONCRETO POIS LEVARANSE A CABO DURANTE TODO O CURSO COMO POR EXEMPLO: SEGUIR AVANZANDO NA XESTIÓN CARA A SUPRESIÓN DAS COMUNICACIÓNS E DOCUMENTOS EN PAPEL.

 TODAS AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES QUE APARECERON DESPOIS DA AVALIACIÓN DO PRIMEIRO TRIMESTRE FIXÉRONSE COA APLICACIÓN PROENS.

3º Trimestre

A MAIOR PARTE DOS OBXECTIVOS QUE CONSIDERAMOS TEÑEN QUE ESTAS ACADADOS AO FINAL DO CURSO ESCOLAR ACTUAL , AINDA QUE HAI OUTROS QUE TEÑEN UNHA DURACIÓN DE DOUS CURSOS, COMO, POR EXEMPLO: CREAR DINÁMICAS E MECANISMOS QUE INCLÚAN A PRODUCIÓN E EMPREGO DE CONTIDOS EN REDE E AVANZAR NO USO DAS FERRAMENTAS TICS COMO MÉTODO DE AVALIACIÓN

Avaliación

Procedemento para a avaliación

PARA PODER AVALIAR O PLAN, SERÁ NECESARIO MEDIR O GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS QUE NOS MARCAMOS EN CADA PERIODO CONCRETO(TRIMESTRAL E ANUALMENTE).

O PLAN DEBE CONTEMPLAR INDICADORES DE LOGRO PARA REALIZAR UNHA AVALIACIÓN DE PROGRESOS DO PLAN DIXITAL DE CENTRO.

PARA LEVALA A CABO, TEREMO OS SEGUINTES INSTRUMENTOS E FERRAMENTAS: INDICADORES ASOCIADOS A CADA UN DOS OBXECTIVOS E ACCIÓN PARA PODER FACER OS AXUSTES E MELLORAS QUE SEXAN PRECISAS, A AVALIACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE A TRAVÉS DE SELFIE,A AVALIACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO A TRAVÉS DE SELFIE, PREFERIBLEMENTE A FINAL DO CURSO, EFICACIA OU UTILIDADE DO PLAN NOS DISTINTOS ÁMBITOS, VALORACIÓN E ANÁLISE DAS ACCIÓNS REALIZADAS.PROPOSTAS DE MELLORA E AS POSIBLES MODIFICACIÓNS

Valoración xeral

NA EVALUACIÓN QUE SE INTENTARÁ FACER , COMO MÍNIMO, UNHA VEZ AO TRIMESTRE TERANSE EN CONTA OS SEGUINTES ASPECTOS: PARTICIPACIÓN,GRAO DO USO DAS TIC, CAMBIO NA METODOLOXÍA DOCENTE, IMPLICACIÓN DO CLAUSTRO E DAS FAMILIAS, EXECUCIÓN DAS ACCIÓNS PROGRAMADAS, EFICACIA DOS PROTOCOLOS E A DIFUSIÓN DO PLAN NA COMUNIDADE EDUCATIVA

Proposta de mellora

INTENTARASE QUE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVE SE IMPLIQUE PARA LEVAR A CABO ESTE PLAN DIXITAL.

INCENTIVAR AO CLAUSTRO PARA QUE PARTICIPE NOS DISTINTOS CURSOS QUE LEVEN A UNHA MELLORA NA SÚA FOrMACIÓN DIXITAL.

ALGUNHA DAS ÁREAS DE MELLORA , AINDA QUE SE SUPOÑEN QUE SE DAN POR FINALIZADAS A FIN DO CURSO 22/23, LEVARANSE A CABO TAMÉN NO SEGUINTE CURSO.POR EXEMPLO: O LIDERADO (MELLORAR OS DOCUMENTOS DE CENTRO EN RELACIÓN COA INTEGRACIÓN TIC); INFRAESTUCTURAS E REDES( CONSOLIDAR A PRESENZA DO CENTRO EN REDES SOCIAIS E INTERNET); INFRAESTRUCTURAS E EQUIPOS ( DISPOR DUNHA ASISTENCIA TÉCNICA E REVISAR O EQUIPAMENTO DO CENTR0); DESENVOLVEMENTO PROFESIONAL  CONTINUO; PEDAGOXÍA : IMPLEMENTACIÓN NA AULA( MELLORAR A INTEFRACIÓN DO PLAN TIC NAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

ALGUNHAS DAS ACCIÓNS QUE SE PODEN LEVAR A CABO PARA A DIFUSIÓN DO PLAN DIXITAL SERÍAN: APROBACIÓN DO PLAN DIXITAL AO REMATE DO CURSO ESCOLAR, COÑECER CALES SON AS FUNCIÓNS DA COMISIÓN DE DINAMIZACIÓN DO PLAN DIXITAL, INFORMAR DOS ASPECTOS RELEVANTES DO PLAN, Poñer en funcionamento AS MEDIDAS NECESARIAS PARA INFORMAR E ASESORAR DOCENTES E INFORMAR O ALUMNADO DOS ASPECTOS DO PLAN QUE MÁIS LLES CONCERNE: AULA VIRTUAL, EDIXGAL, PÁXINA WEB, ETC.

OS DESTINATOARIOS SERÍAN EN XERAL, TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

OS RESPONSABLES DO PLAN SERÍAN O EQUIPO DIRECTIVO, A COMISIÓN DE DINAMIZACIÓN DO PLAN DIXITAL E COORDINADORA TIC E OS MENTORES DO PLAN DIXITAL.

ADXUNTAMOS EN ANEXOS O CADRO DO PLAN DE DIFUSIÓN