Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Para contextualizar o Plan Dixital no centro se indica brevemente o seguinte:

    • As características socioeconómicas e culturais das familias do centro son de nivel medio-baixo cunha gran diversidade étnica e cultural.

    • O PD contribúe ao Proxecto Educativo xa que se traballa na aula virtual do centro, na páxina web do centro e tamén no proxecto Digicraft.

    • O PD contribuirá á Programación Xeral Anual do curso 22/23 xa que se facilitará ao profesorado a utilización de distintas ferramentas dixitais, se fomentará o uso da aula virtual do centro co alumnado e se mellorará a política de protección de datos.

  • O PD do curso 2023/2024 daralle continuidade ao uso das ferramentas dixitais no aula (paneis dixitais e aula virtual principalmente), ao uso da aula virtual polo alumnado e se seguirá tendo en conta a política de protección de datos e a formación do alumnado e das súas familias no referente ao uso seguro das redes e internet. Neste curso potenciaremos o uso de Abalar para a comunicación coas familias,  e tamén se utilizará o programa MEIGA para a dixitalización da biblioteca.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a análise DAFO foron as seguintes:

- Autoavaliación SELFIE (anexo 1).

- Test de CDD (anexo 2).

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7. CREACIÓN DE CONTIDOS DIXITAIS. DEBIDO A FALTA DE EQUIPAMENTO NOS FOGARES A COMPETENCIA DIXITAL É MEDIA-BAIXA. Alumnado Si
Debilidade C1. INFRAESTRUCTURA. FALTA DE RECURSOS ECONÓMICOS PARA REMODELAR DISTINTOS ESPAZOS DO CENTRO. Infraestruturas Non
Debilidade C7. PROTECCIÓN DE DATOS. MELLORAR A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS. Infraestruturas Non
Debilidade A1. ESTRATEXIA DIXITAL. FALTA DE FORMACIÓN DOCENTE PARA FOMENTAR O EMPREGO DE MEDIOS DIXITAIS. Organización de centro Si
Debilidade E2.CARGA DE PROXECTOS E PROGRAMAS NOS MESMOS DOCENTES. DEPENDEMOS NORMALMENTE DE AXUDA EXTERNA. Persoal docente Non
Debilidade E3.FALTA DE INICIATIVA EN MELLORAR A CALIDADE DA ENSINANZA NUN PORCENTAXE ALTO DO CLAUSTRO. ESCASO USO DE ENTORNOS VIRTUAIS PARA O APRENDIZAXE. Persoal docente Non
Fortaleza H3. COMPORTAMENTO RESPONSABLE. RESPECTO AO EQUIPAMENTO DO CENTRO E AOS PROXECTOS E PROGRAMAS INNOVADORES NOS QUE PARTICIPA O CENTRO. Alumnado Si
Fortaleza H1. COMPORTAMENTO SEGURO. RATIO POR MESTRE PEQUENA PARA FACILITAR UNHA ATENCIÓN MÁIS INDIVIDUALIZADA. Alumnado Non
Fortaleza C3.CONEXIÓN A INTERNET BOA PERO CON CORTES EN OCASIÓNS. Infraestruturas Non
Fortaleza C8.BO NÚMERO DE EQUIPOS DIXITAIS POR ALUMNO PERO MOI ANTIGOS. Infraestruturas Non
Fortaleza CC14.INSTALACIÓNS AMPLAS A NIVEL DE AULA E DE PATIO. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. NOVAS MODALIDADES DE ENSINANZA. COMPROMISO COAS NOVAS METODOLOXÍAS, PROXECTOS E PROGRAMAS. UTILIZACIÓN DAS REDES SOCIAIS PARA DAR A COÑECER O CENTRO. Oferta Si
Fortaleza A3.COMPROMISO COAS NOVAS METODOLOXÍAS, PROXECTOS E PROGRAMAS. REDES SOCIAIS PARA DAR A COÑECER O CENTRO. Organización de centro Si
Fortaleza C14.APROVEITAMENTO E USO AXEITADO DAS BOAS INSTALCIÓNS COAS QUE CONTA O CENTRO. Organización de centro Non
Fortaleza B2. DEBATE SOBRE O USO DA TECNOLOXÍA. UTILIZACIÓN DAS REDES SOCIAIS PARA DAR A COÑECER O CENTRO. BOA COMUNICACIÓN COA COMUNIDADE EDUCATIVA. Persoal docente Non
Fortaleza A3. NOVAS MODALIDADES DE ENSINANZA. Persoal docente Si
Fortaleza D3. INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS. COMPROMISO COAS NOVAS METODOLOXÍAS, PROXECTOS E PROGRAMAS. Persoal docente Non
Fortaleza D3. INTERCAMBIO DE EXPERIENCIAS. Persoal non docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. APORTACIÓN ECONÓMICA BAIXA PARA MELLORAR OS ESPAZOS DO CENTRO. Administración educativa Non
Ameaza C1.TRANSPORTE ESCOLAR QUE ABARCA POUCO ESPAZO DE RECOLLIDA AO ALUMNADO. Administración educativa Non
Ameaza C1. AUMENTO DA OFERTA EDUCATIVA DE CENTROS CONCERTADOS DA ZONA. Administración educativa Non
Ameaza C7. PROTECCIÓN DE DATOS. MELLORAR A POLÍTICA DE PROTECCIÓN DE DATOS. Lexislación Non
Oportunidade C14. ESPACIOS FÍSICOS. BOA RELACIÓN COA CONCELLERÍA DE EDUCACIÓN PARA AXUDAR A MELLORAR AS CARENCIAS DO CENTRO A NIVEL DE INFRAESTRUTURA. Administración educativa Non
Oportunidade C14. APOSTA POLA CONSELLERÍA POR UNHA TRANSFORMACIÓN NOS CENTROS RESPECTO AO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS. Administración educativa Si
Oportunidade B3. COLABORACIÓNS. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tras o análise cualitativo respecto das áreas de mellora e tendo en conta o contexto DAFO consideramos priorizar a área de mellora "Pedagoxía: apoios e recursos", sendo o noso obxectivo facilitar ao profesorado a utilización de distintas ferramentas dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe cos nosos alumnos. Outra área de mellora na que incidimos é "Competencias dixitais do alumnado", buscando que os nosos alumnos de 3º a 6º de educación primaria coñezan mellor e utilicen en maior medida a aula virtual do centro. A terceira área de mellora que priorizamos sería "Infraestructura e equipos", co obxectivo de mellorar a política de protección de datos, revisando todos os nosos equipos do centro e actualizando os mesmos e tamén coñecendo as leis relacionadas con dita área de mellora.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD FACILITAR AO PROFESORADO A UTILIZACIÓN DE DISTINTOS SERVIZOS E FERRAMENTAS DIXITAIS (PANEIS, AULA VIRTUAL, ABALAR...).
O02PD FOMENTAR O USO DA AULA VIRTUAL DO CENTRO CO ALUMNADO DE TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO DE PRIMARIA
O03PD DINAMIZAR A DIXITALIZACIÓN DA BIBLIOTECA COA IMPLICACIÓN DO PROFESORADO (LIBROS DE LECTURA, BLOG...).

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre durante o curso 2023/2024. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A avaliación procesual e final levarase a cabo tendo en conta as apreciacións propias do equipo do centro así como as indicacións do equipo ADIX.

1º Trimestre

Informar-recordar ao claustro os 3 obxectivos a levar a cabo do Plan de Acción do Plan Dixital.

Comezar a traballar sobre os 3 obxectivos do Plan Dixital:

Realización de actividades relacionadas con robótica: escornabots en 1º e 2º de primaria e scratch e mbot con 3º e 4º de primaria.

Cambia o ordenador de sobremesa da biblioteca para facilitar o traballo coa dixitalización da biblioteca.

Catalogación e espurgación dos libros da biblioteca.

Posta en marcha do servizo de préstamo da biblioteca.

Matriculación na aula virtual do alumnado e do profesorado.

Reunións mensuais coa mentora ADIX do Plan Dixital.

Reunións mensuais do equipo de dinamización das TIC.

Solicitude de formación para a utilización da aula virtual e dos polos creativos.

Comezo coa formación do profesorado na utilización de distintas ferramentas dixitais a través da liña de PFPP "Aula virtual e polos creativos: creación de contidos".

2º Trimestre

Solicitude de material de préstamo ao CEFORE para o terceiro trimestre.

Comezo coa realización de actividades cos alumnos no aula virtual do centro. Recordar usuarios e contrasinais dos mestres antigos e novos membros do aula virtual do centro. Breve recordatorio da utilización do aula virtual respecto ao uso cos alumnos.

Entrar na aula virtual do centro e anotar dúbidas respecto a creación de actividades por parte do profesorado e para solucionar a través da formación da liña do PFPP do aula virtual.

Realización de actividades para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º.

Realización de actividades relacionadas con robótica: escornabots en 1º e 2º de primaria e scratch e mbot con 3º e 4º de primaria.

Creación da biblioteca de infantil "Pequeteca" e a súa vez posta en marcha do servizo de préstamo dixital.

Creación e posta en marcha das redes sociais relacionadas coa biblioteca y publicación das actividades realizadas na mesma.

Fomento da utilización de notas informativas dixitais para que a información se transmita ás familias.

Reunións mensuais coa mentora ADIX do Plan Dixital.

Reunións mensuais do equipo de dinamización das TIC.

3º Trimestre

Creación de actividades por parte do profesorado na aula virtual do centro.

Realización de actividades para os alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º na aula virtual do centro.

Continuidade e finalización da liña do PFPP de aula virtual e polos creativos.

Préstamo do CEFORE da impresora 3d, escáner 3d, lápices 3d, croma e máquina de coser: realización de múltiples actividades con este material tanto do profesorado coma dos alumnos.

Préstamo do CEFORE de 7 kits diferentes relacionados con material de construcción.

Realización de audiocontos e videomontaxes a través da biblioteca en relación con distintas actividades conmemorativas.

Realización de actividades relacionadas con robótica: escornabots en 1º e 2º de primaria e scratch e mbot con 3º e 4º de primaria.

Actualización do inventario das TIC.

Reunións mensuais coa mentora ADIX do Plan Dixital.

Reunións mensuais do equipo de dinamización das TIC.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre durante o curso 2023/2024. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A avaliación procesual e final levarase a cabo tendo en conta as apreciacións propias do equipo do centro así como as indicacións do equipo ADIX.O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte: no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre durante o curso 2023/2024. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. A avaliación procesual e final levarase a cabo tendo en conta as apreciacións propias do equipo do centro así como as indicacións do equipo ADIX.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

As estratexias ou protocolos para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será o seguinte:

- Páxina web: publicación do plan dixital para o seu coñecemento por parte de toda a comunidade educativa así como da realización de actividades relacionadas con dito plan no centro educativo. O enlace da web é o seguinte: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelacunha/node/409 . Ademais tamén se pode acceder ao Plan Dixital actualizado a través da plataforma de Educalidade coa seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32008793 .

- Claustro: serán informados a través dos claustros que se realicen no centro así como a través do correo electrónico.