Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Disposicións normativas vixentes :
    • A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
       - O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
      - A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

      - En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade  persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino- aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.
    • O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.
      - No Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, faise unha clara aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital e que sexan xeradores de igualdade e de inclusión. Así como, na Estratexia Galicia Dixital 2030 e na Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia, cara a consecución dunha cidadanía dixital plena.
      - Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A contribución do Plan Dixital ao PEC debemos velo desde a perspectiva de como pode reforzar este plan ao uso adecuado das novas tecnoloxías en toda a comunidade educativa. E sempre tendo en conta que a competencia dixital é unha das competencias clave nas que é necesario traballar co alumnado ao longo do seu paso pola educación infantil e primaria.
      Na PXA vemos obxectivos directamente afectados polo plan, tanto do centro como da sociedade:
    • Fomentar a comunicación pais/nais/mestres/alumnado tanto con canles presenciais como     dixitais.
    • Atención personalizada e individualizada do alumnado.
    • Atención especializada ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
    • Desenvolver unha formación integral do alumnado.
    • Desenvolver e mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado.
    • Aproveitar a formación do profesorado en todas as áreas posibles.
    • Fomentar a pluralidade lingüística, dixital e cultural do centro.
    • Maior potenciación das novas tecnoloxías.

FASE I. ANÁLISE E DIAGNOSE
Novembro-Decembro 2021: Aplicación dos cuestionarios SELFIE (instantánea do punto no que se atopan os centros en relación co uso das tecnoloxías dixitais, tendo en conta as opinións do profesorado, o alumnado e o equipo directivo.)  

Febreiro-marzo 2022: Aplicación do  CDD (cuestionario que analiza a  competencia dixital docente, obtendo un resultado individual cada mestr@ e un resultado global do centro).

Marzo 2022: Realizouse unha análise dos  resultados dos cuestionarios anteriores en comparación cos resultados doutros centros de Ed.Primaria e Infantil.
 Abril 2022: Elaboramos un informe DAFO ( D= debilidades, A = ameazas , F= fortalezas O= oportunidades) recompilando datos, reflexionando e realizando análises cuantitativa e cualitativa adaptado á realidade do noso centro.

             FASE II. DESEÑO E ELABORACIÓN DO PLAN DIXITAL
 Maio 2022: En función do informe DAFO, sobre todo baseándonos nas debilidades, establecemos os obxectivos e accións a seguir encamiñadas a conseguilos.
 Xuño 2022: elaboración, redacción  da Versión 1.0 do Plan Dixital  que recolle a situación de partida do centro, o plan de accións cos  obxectivos que se marca o centro, como se avalia e difunde o plan , entre outros datos.

setembro a xuño 2023: implementación do Plan Dixital v 1.0

xuño 2023: seguemento, avaliación e propostas de mellora

setembro-outubro 2023: actualización do Plan

O equipo segue conformado polos mesmos membros e Fran Álvarez como coordinador.

 

 

 

 


      

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

      Novembro-Decembro: Aplicación dos cuestionarios SELFIE (instantánea do punto no que se atopan os centros en relación co uso das tecnoloxías dixitais, tendo en conta as opinións do profesorado, o alumnado e o equipo directivo.)  
      Febreiro-marzo: Aplicación do  CDD (cuestionario que analiza a  competencia dixital docente, obtendo un resultado individual cada mestr@ e un resultado global do centro).
     

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - C8. Insuficientes Dispositivos dixitais para a aprendizaxe ( ainda que se produciron melloras no equipamento do centro é insuficiente para traballar en varias aulas ao mesmo tempo ao ter que compartilos) Alumnado Non
Debilidade - H8. Aprender a comunicarse Alumnado Si
Debilidade - infraestrutura dixital insuficiente C1 Infraestruturas Non
Debilidade - Dispositivos dixitais para o ensino insuficientes (C2) ( aínda que se produciron melloras no equipamento do centro é insuficiente para traballar en varias aulas ao mesmo tempo ao ter que compartilos) Infraestruturas Non
Debilidade - B3. Colaboracións con outras organizacións utilizando TD Persoal docente Si
Debilidade - D3. Intercambio de experiencias a través de TD Persoal docente Si
Debilidade E2. Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade - E3. Emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade - F3. Fomento da creatividade Persoal docente Si
Debilidade G1. Avaliación das capacidades con tecn.dixitais Persoal docente Si
Debilidade - B1. Avaliación do progreso de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Debilidade F6. Proxectos interdisciplinares utilizando Tec.Dix. Persoal docente Si
Debilidade - F5. Colaboración/cooperación do alumnado a través de tec.dixitais Persoal docente Si
Debilidade - G5. Autorreflexión sobre a aprendizaxe con tec dixitais Persoal docente Si
Debilidade - G3. Retroalimentación adecuada con tec.dixitais Persoal docente Non
Fortaleza H1. O alumnado aprende un Comportamento seguro e responsable en internet Alumnado Non
Fortaleza H3. Comportamento responsable Alumnado Si
Fortaleza H4.aprende a Verificar a calidade da información Alumnado Non
Fortaleza - Acceso a internet lento (C3), corrixido coa instalación de puntos wifi en todas as zonas do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza - No noso centro existen sistemas de Protección de datos (C7) Infraestruturas Non
Fortaleza -A1-A2 Elaboración e desenvolvemento da Estratexia dixital do centro Oferta Non
Fortaleza - A3 Apoio ás novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Oferta Non
Fortaleza -A1-A2 Elaboración e desenvolvemento da Estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Fortaleza - Dispoñemos de Asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais (C5) Organización de centro Non
Fortaleza -D1 . Necesidades de DPC Persoal docente Si
Fortaleza - G6. Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo Persoal docente Non
Fortaleza - A3 Existe Apoio ás novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza - D2. Participación no DPC Persoal docente Si
Fortaleza - E1. Búsqueda continua de Recursos educativos en liña Persoal docente Si
Fortaleza -E4. Comunicación coa comunidade educativa a través de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza - F1. Adaptación ás necesidades do alumnado con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Fortaleza - B2.Realízanse debates sobre o uso da tecnoloxía Persoal docente Si
Fortaleza - F4. Inclusión e motivación do alumnado a través de tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C3.Facilítase o Acceso a internet para o ensino aprendizaxe, pero é lento e ralentiza o ensino Administración educativa Non
Ameaza C1. Existe unha Infraestrutura dixital inadecuada Administración educativa Non
Ameaza C2. Existencia no centro de Dispositivos dixitais propios non completamente adecuados para o ensino Administración educativa Non
Ameaza - Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza B3. Colaboracións con outras institucións a través de tecnoloxías dixitais Outras Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade - posibles actuacións e achegas económicas para favorecer o plan dixital do centro Administración educativa Non
Oportunidade Existencia dunha boa relación, comunicación e coordinación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade C7 Existencia se sistemas Protección de datos Lexislación Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

 Marzo: Realizouse unha análise dos  resultados dos cuestionarios anteriores en comparación cos resultados doutros centros de Ed.Primaria e Infantil.
      Abril: Elaboramos un informe DAFO ( D= debilidades, A = ameazas , F= fortalezas O= oportunidades) recompilando datos, reflexionando e realizando análises cuantitativa e cualitativa adaptado á realidade do noso centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover/fomentar a continuidade nos grupos de traballo ou PFPP sobre creación de recursos dixitais
O02PD Fomentar o uso da aula virtual e web do centro por parte do alumnado
O03PD Establecer canles de comunicación e colaboración con outras entidades utilizando tecnoloxías dixitais
O04PD Complementar a avaliación do progreso de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais
O05PD Avaliar capacidades e habilidades do alumnado con tecnoloxías dixitais
O06PD Proseguir co proxecto DIGICRAFT NA ESCOLA, robótica-domótica e programación
O07PD Fomentar a creatividade do alumnado utilizando tecnoloxías dixitais
O08PD Crear proxectos para poñer en práctica os Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

Realizanse reunións mensuais do equipo de dinamización para facer un seguimento e valorar periódicamente o desenvolvemento do Plan. Trimestralmente informase ao claustro.

Realizanse reunións mensuais do coordinador do plan coa persoa mentora para intercambio de información e asesoramento do Plan.

1º Trimestre

Realizáronse 4 reunións do equipo de dinamización para realizalo seguimento do plan, accións a levar a cabo e grao de consecución dos obxectivos informando ao claustro no mes de decembro.

Tamén se mantiveron 3 reunións de asesoramento e coordinación coa persoa mentora.

Infomase ao claustro da evolución do PD

Realizáronse 4 sesións de formación do PFPP Ferramentas para mellora da competencia dixital do profesorado

2º Trimestre

Realizáronse 3 reunións do equipo de dinamización para continuar co seguemento do plan, accións a levar a cabo e grao de consecución dos obxectivos informando ao claustro no mes de marzo.

Participación no Plan Navega con Rumbo : O obxectivo é que as rapazas e rapaces máis novos, que poderiamos definir como nativos dixitais, tomen conciencia dos beneficios e riscos que supón a navegación polo ciberespacio en toda a súa extensión, non só a través de páxinas web senón tamén das redes sociais, das que cada vez son usuarios máis asiduos. Do mesmo xeito búscamos xerar coñecemento entre os pais e titores destes mozos, de xeito que os poidan considerar unha referencia á hora de consultar dúbidas ou situacións comprometidas e mesmo que perdan o medo a introducirse nas novas tecnoloxías.

Tamén se mantiveron  2 reunións de asesoramento e coordinación coa persoa mentora.

Realizáronse 4 sesións de formación do PFPP Ferramentas para mellora da competencia dixital do profesorado

Reunión do coordinador do PD co profesorado por ciclos e Creando de recursos para avaliar competencias do alumnado.

Axuda na creación e elaboración de proxectos para Polos Creativos

Creación de recursos varios para o plan Rapazas emprendedoras nas TIC

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A revisión, avaliación e propostas de mellora levaranse a cabo a través de:
- Avaliación continua/procesual: realizaranse reunións mensuais do equipo de dinamización para facer un seguimento e valorar periódicamente o desenvolvemento do Plan. Trimestralmente informarase ao claustro.
Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
-Avaliación final: ao rematar a temporalización de cada obxectivo realizaremos unha avaliación final do mesmo, así como no mes de xuño se fará unha avaliación final xeral. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Para analizar e avaliar os resultados obtidos utilizaranse as táboas nas que se especifica cada obxectivo, indicadores, responsables.. ademais de enquisas, análise de materiais producidos, rendemento e valoracións sobre a competencia dixital, informes e memorias.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

PROTOCOLOS PARA A DIFUSIÓN DO PLAN

 

Acción

Destinatarios

Canles

Responsable

- Presentación do

plan

- Información dos aspectos máis relevantes do plan.

 

 

- Claustro e Consello Escolar

- Reunións informativas de claustro e consello

- Curso AV

- Web do centro.

- Coordinador do Plan Dixital

- Promoción do plan:

Implementar as medidas necesarias para informar e asesorar aos docentes

- Docentes

- PFPP

- Curso AV

- Traballo cooperativo.

- Equipo directivo , coordinación do Plan e coordinación TIC

- Asesoría Cefore
- docencias:  Ponentes.

- Informar ao alumnado dos aspectos do plan que más lle afecta:
Aulas virtuais, protocolos, uso responsable, protección de datos…
- alumnado- Pizarra dixital.
- Aula Virtual
- Web do Centro.
- Docentes.
- Equipo coordinación do plan
- Difusión    entre a comunidade educativa:
      Acciones
Informativas dirixidas ás familias
Comunidade educativa- Web do centro
-Abalar móvil
-Video tutoriais.
-Video conferencias
-Comisión TIC.
- profesorado
-Administrador AV

ENLACE AO PLAN DIXITAL