Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

INTRODUCIÓN

O Plan Dixital do CEIP Rosalía de Castro enténdese como un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais, tanto nos procesos de ensinanza-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Por esa razón, debe ser un instrumento que se integre no Proxecto Educativo, no Proxecto de Dirección e na Programación Xeral Anual. Ademais, será imprescindible dotalo dun enfoque de centro sobre o uso dos recursos pedagóxicos dixitais dispoñibles para aproveitar ao máximo as súas posibilidades, de modo que se converta nun proxecto compartido por todos os membros da comunidade educativa, que aporte coherencia e guíe o uso das tecnoloxías.

1.1.Datos básicos do centro

O CEIP Rosalía de Castro é un centro público, donde se imparten ensinanzas de Educación infantil e Educación Primaria. Este está situado no Concello de Xinzo de Limia, concretamente no Camiño Rosalía de Castro, 38, 32630 Xinzo de Limia, Ourense, onde podemos atopar información na súa páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/ así como para calquera información no seu E-Mail: ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es Neste curso 2021-2022 conta con catorce unidades de Educación Primaria e seis de Educación Infantil cun total de 387 nenos e nenas e 38 mestras e mestres para atender a todas as necesidades educativas do alumnado. Polo que respecta á estrutura organizativa do centro, contamos cos tres órganos de goberno unipersoais (dirección, xefatura de estudos e secretaría). No tocante aos órganos colexiados de goberno, Claustro do Profesorado e Consello Escolar.

1.2 Plan Dixital no centro

Os centros educativos forman parte dun mundo de cambio permanente e dunha sociedade cada vez más dixitalizado e por esa razón, os centros educativos deben dar respostas a esas necesidades e demandas da sociedad coas competencias necesarias para desenvolverse nun entorno de novas tecnoloxías. Por iso, as organizacións educativas teñen a necesidade de revisar as súas estratexias co obxectivo de mellorar a súa capacidade para promover a innovación e sacar o máximo partido das tecnoloxías da información e comunicación, así como dos recursos educativos dixitais. Non cabe dúbida que as novas tecnoloxías son un elemento diferenciador do noso centro. Ademais dos programas da Consellería nos que participamos e o hardware que temos ao dispor do profesorado e alumnado, a nosa presenza nas redes é moi sinalada a través da nosa páxina web (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/) , que conta con máis de 124.000 visitas e a aula virtual do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/aulavirtual/) onde o profesorado ten todo preparado para continuar coa súa labor docente en caso de que a presencia lidade na escola se vise comprometida e que tamén usa no día a día para complementar e ampliar a actividade docente con outro tipo de actividades onde as tecnoloxías teñen un papel importante. Temos un blog (https://charcalibros.blogspot.com/) da biblioteca escolar “moi vivo” con case 226.000 visitas, onde as actividade de dinamización de todo o centro, non só as relacionadas co fomento da lectura teñen un presenza fundamental. Contamos tamén con perfís nas principais redes sociais, tanto en TWITTER (@ceiprosaliaxinz) como en FACEBOOK (/ceiprosalia.decastro), onde damos difusión e información de todo o relacionado co noso centro, complementado á recibida polas familias a través da ferramenta da Consellería ABALAR MÓBIL (https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/nova/abalarmobil) que ten suposto un gran avance na inmediatez nas comunicacións cos distintos membros da nosa comunidade educativa Somos un centro innovador e participamos en numerosos programas de innovación educativa organizados pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, así como noutros doutras institucións.

Neste curso 2021 – 2022 participamos:

  • Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares o Plan de Biblioteca Creativas
    •  Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.
    • O Plan de Bibliotecas Inclusivas
    • O Proxecto KOHA
  • Introdución á Robótica en Educación Primaria
  • Proxecto ABALAR
  • Plan de Formación Permanente do Profesorado
    •  Programa de Patios Dinámicos
    •  Plan Dixital de Centro
  • Seccións Bilingües
  • Contratos Programa inclúe:
    • IGUÁLA-T
    • QUEDA-T
    • CONVIVE-T
    • INCLÚE-T
    • EMOCIÓNA-T 
  • Contratos Programa Recupéra-T 
    • Programa ARCO
    •  Programa PROA +
  •  Deporte Escolar
  •  Programa Voz Natura

1.3.Breve xustificación do mesmo

A contextualización normativa en relación ao Plan Dixital do noso centro é a seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LOE 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • •  Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD , analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto ca reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital, observanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO sinaladas a a maior parte delas cunha puntuación en base a cal,  de xeito cuantitativo, establácense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de  prioridades as que nos propoñemos atender en difernentes temporalizacións. Aquelas que son de atención más urxente, serán as que  nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convertindo os items en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións.

 

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado aprende a crear contidos dixitais Alumnado Si
Debilidade Asegúrase de que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Si
Debilidade Os espazos físicos facilitan a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade Avaliación dos nosos progresos na ensinanza coas tecnoloxías. Oferta Non
Debilidade Existe unha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Organización de centro Si
Debilidade Diversidade da competencia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Inventario dos equipos dixitais do centro educativo Organización de centro Si
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais Persoal docente Si
Debilidade Reflexión sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Si
Debilidade Úsanse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Si
Debilidade Realización de actividades dixitais que fomentan a creatividade do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias sobre a ensinanza das TIC¿S Persoal non docente Si
Fortaleza O alumnado aprende de forma segura o uso de internet Alumnado Si
Fortaleza O alumnado aprende a comprobar si a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza A infraestructura respalda as aprendizaxes coas TIC. Infraestruturas Si
Fortaleza No centro hai dispositivos dixitais para a docencia Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a internet para a ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza Utilización dos recursos dos Polos Creativos Infraestruturas Si
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza con tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital do centro Organización de centro Si
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Resolución de incidencias técnicas Organización de centro Non
Fortaleza Política de protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza Uso das TIC para adaptar a ensinanza ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha reflexión sobre TIC¿s. Persoal docente Non
Fortaleza Acceso a posibilidade de DPC na ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Busca de recursos dixitais en liña. Persoal docente Si
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación ao centro educativo. Persoal docente Si
Fortaleza Realización de actividades dixitais que implican ao alumnado Persoal non docente Si
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Tempo para que os docentes podian explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. Administración educativa Non
Ameaza Creación de recursos dixitais para reforzar o labor de ensinanza. Administración educativa Si
Ameaza Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Si
Ameaza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado. Administración educativa Si
Ameaza Actuacións da administración educativa. Administración educativa Non
Ameaza Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Ameaza Existe colaboración con outras entidades. Outras Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos. Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal non docente. Administración educativa Non
Oportunidade Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade Relación coa/a ANPA/s ANPA Non
Oportunidade Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Oportunidade Participación das familias. Contorna Non
Oportunidade Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Contorna Non
Oportunidade Lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Outras Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do EDPD de Centro e o conxunto do claustro, obsérvanse unhas fortalezas e debilidades a nivel interno, e unhas oportunidades e ameazas a nivel externo que aparecen recollidas na presentes análise DAFO sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado unha serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do Plan de Acción, convirtindo os ítems en obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. Todo isto reflíctese na seguinte lapela (Obxectivos).

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o DPC en competencias dixitais
O02PD Desenvolver habilidades dixitais nas diferentes materias do alumnado.
003PD Inventariar o equipamento dixital do centro educativo a través da app Inventario da Consellería
004PD Empregar o material dos polos creativos nas aulas
005PD Promover entre a Comunidade Educativa un correcto uso de ferramentas que nos aseguren unha correcta protección de datos

Seguimento

Procedemento

O EDPD do Plan Dixital realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar a evolución deste Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, unha visita trimestral ao centro para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do mesmo. A persoa coordinadora terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan, baixo a supervisión do director.

1º Trimestre

Para traballar o obxectivo "Inventariar o equipamento dixital do centro educativo a través da app Inventario da Consellería" comezamos creando un cartafol no cal iremos recollendo datos, entre os membros do equipo do Plan dixital, acerca do equipamento dixital co que conta o centro.

2º Trimestre

Para traballar o obxectivo "Promover entre a Comunidade Educativa un correcto uso de ferramentas que nos aseguren unha correcta protección de datos" tivemos unha charla en rede o 23 de xaneiro para toda a Comunidade Educativa sobre protección de datos.

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Estableceranse ademáis os mecanismos de control para a avaliación das actividades desenvoltas, así como a adecuación ao centro e ao alumnado, podéndose diseñar instrumentos de avaliación como enquisas e cuestionarios.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

As canales de difusión do Plan Dixital de centro son as seguintes:

  • A páxina web do centro; onde se publica todo o relacionado ao centro, alumnado e familias.
  • Red social: dase difusión ás actividades do noso alumnado e as publicación recentes da nosa páxina web.
  • O Plan Dixital poderá consultarse a través do seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=32004829