Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1.- Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O marco normativo sobre o que se articula este documento é o seguinte:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrución para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021/22
  • Resolución de 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-22.

1.2.- Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O CDAN Lugo é un centro que iniciou a súa andaina no 2003. Dende entón a actividade cultural e a oferta formativa nas escolas de danza da cidade foi incrementándose notablemente. Dende o centro participamos activamente na vida cultural da contorna a partir do “Plan de actividades culturais e de promoción das ensinanzas”; e esta vese complementada coa programación específica de danza ofertada polo Concello, que conta co Ciclo LED.

Trátase dun centro urbano, que linda co Conservatorio de Música Xoán Montes e a Escola Oficial de Idiomas, cos que comparte recinto escolar e, polo tanto, servizos como o aparcamento, a iluminación, as zonas verdes, etc. O barrio está ubicado no sur de Lugo, moi próximo á zona escolar do centro da cidade, así como tamén ao campus universitario.

O centro atende principalmente á poboación lucense aínda que como centro de referencia en Galicia recibimos alumnado doutras cidades, provincias e incluso comunidades autónomas. A composición do alumnado e das súas familias é diversa como reflicto da contorna social, cultural e económica da súa área de influencia.

O Proxecto Educativo (PE) do CDAN Lugo recolle entre outros aspectos a estratexia dixital do centro, na que se promoverá o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital no centro e nas aulas.

O PE do centro, tal e como recolle o Decreto 223/2010, do 30 de decembro, polo que se establece o Regulamento orgánico dos conservatorios elementais e profesionais de música e de danza da Comunidade Autónoma de Galicia, establece dentro dos órganos de coordinación docente que haberá unha persoa responsable da coordinación das tecnoloxías da información e a comunicación. Este será nomeado pola dirección do centro, por proposta da vicedirección. Ademais, debido ás necesidades específicas do conservatorio este conta con outros dous docentes que desempeñan a función de dinamización TIC, encargados da organización e xestión do fondo audiovisual das representacións do centro.

1.3.- Proceso de elaboración.

O Plan Dixital foi elaborado pola maior parte do equipo docente a partir dun grupo de traballo, no curso 2021/22 e implantouse no 2022/23.

Para a elaboración do documento estableceuse un Equipo de Dinamización do Plan Dixital, constituido por: Cristina Lata Villoch (directora) e Emilio Mesías Farías (coordinador) ao que este curso sumaranse os dous docentes que asumen o rol de dinamización TIC: Ana Belén Ferreiro López e Fabio Valiño San Martín.

Como punto de partida realizouse unha análise da situación do centro no eido das TIC, a través da ferramenta de autoavaliación SELFIE, un Test de Competencia Dixital Docente desenvolta pola Comisión Europea ao abeiro do Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg).

O informe resultante deste test SELFIE, así como tamén a análise do contexto e das distintas partes interesadas do CDAN Lugo serviron de información para a elaboración do DAFO (Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades).

Toda a información extraída dos pasos anteriores, así como as propostas de mellora plantexadas a finais do pasado curso, serviron para deseñar un Plan de acción, no que se estableceron os obxectivos concretos, vinculados ás distintas áreas, así como tamén os indicadores de medición, a temporalización e as persoas responsables de cada un deles. 

O documento definitivo resultante deste proceso incardinarase ao estipulado no PE, contribuíndo á mellora da capacidade dixital do alumnado e do profesorado, tal e como marca un dos obxectivos estratéxicos do centro, recollidos no MD62XES02.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE, TCDD e outras fontes.

Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.-Non utilizo a tecnoloxía (AV) para coñecer en maior detalle os meus puntos fortes e débiles como estudante. Alumnado Si
Debilidade 2.-Non aprendo a comprobar se a información que atopo en internet é fiable e precisa. Alumnado Non
Debilidade 3.-Non son coñecedor/a das vantaxes do emprego de software libre no ámbito educativo e non dispoño nin fago uso deste tipo de ferramentas no centro. Alumnado Non
Debilidade 4.-Non dispoño de conta corporativa para conectarme á wifi do centro. Alumnado Non
Debilidade 5.-Non existen dispositivos dixitais suficientes que podo utilizar. Alumnado Si
Debilidade 1.-Teño dificultades para acceder ao sistema de comunicación do centro (CentrosNet). Familias Non
Debilidade 1.-Non hai dispositivos dixitais suficientes para o uso do alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade 3.-O noso centro non dispón dun banco de almacenemento de gravación audiovisuais on line para compartir coa comunidade educativa. Infraestruturas Si
Debilidade 2.-Os espazos físicos non facilitan o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais por mala sinal wifi. Infraestruturas Non
Debilidade 4.-O equipamento de son das aulas prácticas está obsoleto e precisaría renovación. Infraestruturas Si
Debilidade 1.-O noso profesorado non utiliza tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe mediante sistemas de avaliación na AV. Organización de centro Non
Debilidade 2.-O equipo directivo non promove o emprego de software libre no ámbito educativo. Organización de centro Non
Debilidade 1.-Non teño tempo para explorar como mellorar o meu método de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade 2.-A infraestrutura dixital non apoia o ensino e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade 3.-Non existen dispositivos dixitais suficientes para utilizar na miña labor docente. Persoal docente Si
Fortaleza 1.-Utilizo a tecnoloxía en diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza 2.-Desenvolvo habilidades dixitais específicas para o meu campo de estudo Alumnado Si
Fortaleza 1.-Nas aulas teóricas hai equipamento informático para o desenvolvemento da práctica docente. Infraestruturas Si
Fortaleza 1.-Debatemos co noso profesorado sobre as súas necesidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza 3.-Dende o centro educativo promóvese a participación do profesorado en actividades formativas individuais organizadas polas Administración Educativa para a actualización das competencias dixitais do profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza 2.-O noso profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro educativo. Organización de centro Si
Fortaleza 1.-Busco recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza 2.-Facilito que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza 3.-Alta participación do profesorado en formacións dixitais. Persoal docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.-No noso centro non temos un plan para axudar ao profesorado a enfrontar os desafíos que xorden coa aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos alumnos e o seu contexto socioeconómico. Administración educativa Si
Oportunidade 1.- Maior dotación de recursos en todas as aulas do centro para un PD óptimo (ordenador, proxector e acceso a internet). Administración educativa Si
Oportunidade 1.-Precisamos unha lexislación que posibilite a praza para persoal especialista no ámbito TIC, como persoal non docente. Coa finalidade do mantemento, actualización e programación dos recuros dixitais así como de mantemento das rrss. Lexislación Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e
facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital, en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Facer un resumo de como se ve o DAFO

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar o uso dos paneis dixitais
O02PD Reubicar e acondicionar os equipos informáticos nos distintos espazos do centro
O03PD Utilizar, por parte do alumnado, equipos informáticos para realizar actividades da AV
O04PD Dinamizar e optimizar o uso dos foros
005PD Elaborar un formulario para o acceso ao material audiovisual online por parte do exalumnado

Seguimento

Procedemento

O procedemento realízase mediante reunión de equipo do PD e de reunións co Mentor ADIX. No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O obxectivo 01 acadouse completamente segundo estaba temporalizado. Realizáronse as seguintes accións:

- Nomear persoa para realizar o protocolo e formación de uso.

- Elaborar protocolo e aprobalo no claustro.

- Realizar formación didáctica para o profesorado sobre o bo uso dos paneis dixitais.

O obxectivo 02 acadouse completamente segundo estaba temporalizado. Realizáronse as seguintes accións:

- Trasladar 4 ordenadores á biblioteca para o uso do alumnado.

- Reubicar os ordenadores dos departamentos e a sala de profesores e acondicionar os espazos (impresoras, conectores ethernet...).

- Conectar os novos paneis interactivos aos equipos de son las aulas e aos DVDs.

O obxectivo 03 acadouse parcialmente segundo estaba temporalizado. Realizouse a seguinte acción:

- Solicitar a través dunha enquisa voluntarios entre o profesorado e determinar os grupos que van levar a cabo o obxectivo.

 

2º Trimestre

003DP Utilizar, por parte do alumnado, equipos informáticos para realizar actividades da AV. Reaizáronse as accións pendentes e acadouse o obxectivo.

A maiores dos obxectivos previstos, realizouse por parte do equipo TIC´s unha serie de videos explicativos para o profesorado logo de mercar unha nova cámara de video que permite facer gravacións de calidade tanto para as redes sociais, como para o traballo de aula. É de salientar o traballo de Fabio Valiño na edición do material, así como o asesoramento para mercar a cámara.

3º Trimestre

O04PD Dinamizar e optimizar o uso dos foros. Para non saturar as mensaxes nos foros, artellouse outro procedemento de comunicación a través de "avisos" da AV e de comunicados do ED mediante Centros Net. Reformulándose o obxectivo.

005PD Elaborar un formulario para o acceso ao material audiovisual online por parte do exalumnado. Acadóuse o obxectivo. Elaborouse un formulario a través da web incluíndose os links ao material que previamente organizou e subíu o equipo de dinamización TIC á canle de Vimeo.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación do PD á comunidade educativa realizouse mendiante Claustro e Consello Escolar. No caso da difusión creóuse un apartado na web do centro, na cal está pendurado un enlace para acceder ao plan: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=27020707