Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

·       Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación modificada pola lei Orgánica 3/2020 de 29 de decembro.

- Artigo 11 e artigo 14 da orde 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022.

O Plan Dixital integrarase no Proxecto Educativo e na Programación Xeral Anual. Contribuirá marcando obxectivos específicos, de cara á consecución dunha mellora dixital do centro, empezando por un impulso na competencia vencellada ás tecnoloxías, tanto por parte do profesorado como por parte do alumnado. Asemade, tratarase que o PD aporte un enfoque sobre o aproveitamento máximo das posibilidades dos recursos dixitais dispoñibles no centro.

Dende o curso 2019/2020 o centro vén de participar en distintas liñas de traballo dentro do PFPP encamiñadas á análise da competencia dixital, actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes, recursos dixitais para a aula virtual, radio escolar e robótica. A tendencia do claustro é de seguir formándose neste senso para mellorar o seu coñecemento e competencia dixital.

No curso 2023/24 co centro participará no proxecto E-Dixgal en 5º e 6º de educación primaria.

Para a elaboración do Plan Dixital de Centro creouse un grupo de traballo que se foi reunindo periodicamente para a realización e posta e común dos distintos apartados do plan: enquisas, SELFIE, informe DAFO, plan de acción... Dende o curso 2023/24 o Plan Dixital será actualizado e revisado polo equipo de dinamización do devantido plan.

Todo isto, baixo a orientación e pautas marcadas pola mentora Adix da zona.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida que se empregaron para a elaboración do DAFO foron o informe SELFIE (para cada unha das oito áreas que recolle) e o Test de Competencia Dixital Docente.

Interno
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F. Pouca utilización de ferramentas de gamificación na aula Alumnado Si
Debilidade H7. O alumnado non aprende a crear contidos dixitais nin a comunicarse usando as tecnoloxías Alumnado Non
Debilidade G1. Non se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Alumnado Non
Debilidade B. Escaso traballo cooperativo en redes por parte do profesorado Persoal docente Non
Debilidade C. Insuficiente formación do profesorado en competencia dixital. Persoal docente Non
Debilidade E3. Creación escasa de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade E3. Uso insuficiente da aula virtual do centro Persoal docente Si
Fortaleza E4 Boa comunicación coa comunidade educativa ( Abalar móbil, páxina web, redes sociais...) Familias Non
Fortaleza C2/C8 Dispoñemos de dispositivos dixitais para o proceso de ensino aprendizaxe (mercados polo centro e Polos Creativos) Infraestruturas Si
Fortaleza F. Impartirase unha sesión semanal con recursos dos Polos creativos. Organización de centro Si
Fortaleza A3. Empregamos novas modalidades de ensinanza Organización de centro Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza C1. Non están actualizadas as redes (conexión) Administración educativa Non
Ameaza C. Lentitude por parte da administración respecto da atención de averías e dotación/renovación de equipamento tecnolóxico Administración educativa Non
Oportunidade F3. Solicitude de diferentes plans e proxectos: biblioteca creativa, radio na biblio, E-Dixgal... Administración educativa Non
Oportunidade D. Participación en diferentes liñas do PFPP Administración educativa Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO establécense unha serie de áreas prioritarias para  o centro en función das debilidades e ameazas detectadas. Por tanto, os obxectivos que queremos acadar contribuirán a mellorar a capacidade dixital durante o curso académico.

Estas áreas prioritarias de mellora están en relación coas do marco DigCompOrg, e que para o noso centro serán as relativas, principalmente, a:

-Competencia dixital de persoal e alumnado.

-Utilización de recursos do centro.

-Infraestrutura dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Favorecer a formación do profesorado solicitando PFPP sobre Polos Creativos.
O02PD Empregar os recursos dispoñibles no centro vencellados aos Polos Creativos.
O03PD Fomentar o uso da aula virtual do centro
O04PD Incrementar o benestar dixital do alumnado.

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital terá un seguimento mensual por parte dos membros do equipo.

Trimestralmente, o profesorado será informado do estado de cumplimento dos obxectivos.

 

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre, acadáronse todas as accións previstas no Plan.

-Tense xa concecida a formación relativa ao traballo por proxetos e aos Polos Creativos (e-textil) tendo previsto o seu inicio presencial no centro no mes de xaneiro.

-En canto á utilización dos recursos dispoñibles vencellados aos Polos Creativos, cada titoría dispón dunha hora semanal fixa integrada no horario do grupo, polo que xa se empregan, cando menos, unha vez á semana. Ademais, nos tempos de lecer faise un uso libre dos mesmos por parte do alumnado.

-A aula virtual do centro está configurada dende o inicio de curso, sendo empregada por varios mestres e mestras, continuándose con resolución de dúbidas do profesorado por parte da coordinadora da AV.

-En canto ao benestar dixital, realizáronse charlas formativas durante o mes de decembro, tanto para o alumnado como para as familias e profesorado, da man de Pilar Porral (Coeduca), incidindo especialmente en redes sociais e videoxogos.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre, realizáronse as seguintes accións previstas no Plan:

-Inciouse a formación relativa ao traballo por proxetos e aos Polos Creativos (e-textil) tendo xa elaborada xa algunha pequena práctica por parte do profesorado.

-En canto á utilización dos recursos dispoñibles vencellados aos Polos Creativos, cada titoría dispón dunha hora semanal fixa integrada no horario do grupo, polo que xa se empregan, cando menos, unha vez á semana. Ademais, nos tempos de lecer faise un uso libre dos mesmos por parte do alumnado.

-A aula virtual do centro está configurada dende o inicio de curso, sendo empregada por varios mestres e mestras, continuándose con resolución de dúbidas do profesorado por parte da coordinadora da AV. En varias aulas, o alumnado accede e emprega a AV de xeito autónomo, sendo un recurso máis a súa disposición.

-En canto ao benestar dixital, participouse en charlas enmarcadas dentro do Plan Director sobre uso responsable de videoxogos.

3º Trimestre

Trimestralmente, o profesorado será informado do estado de cumplimento dos obxectivos.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, realizarase dende dous contextos:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital será presentado, para a súa aprobación, ao Claustro e ao Consello Escolar e formará parte da PXA do centro.

O plan dixital publicouse na páxina web do centro para deixalo a disposición de toda a comunidade educativa, sendo as familias do alumnado informadas a través da aplicación AbalarMóbil.