Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro.

O Centro:

O equipamento informático do centro mellorou no úlimo curso. Todas as aulas están dixitalizadas. 

Breve xustificación do mesmo.

A LeI Orgánica 3/2020, de 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación., regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como  a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

 

Proceso de elaboración.

O obxectivo final do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

O equipo de dinamización do Plan Dixital está formado pola directora do centro (responsable), a xefa de estudos (coordinadora)  e 5 mestres/as do claustro.

Fases da elaboración do plan:

  • 1. Análise da situación do centro: avaliación dos obxectivos do curso anterior.
  • 2. Diagnose de situación do centro: actualización da DAFO. 
  • 3. Elaboración do Plan Dixital: introdución dos novos obxectivos.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron o Informe Selfie, o tesr CDD e as reunións de equipo.

Interno
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Insuficientes estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non sabe crear contidos dixitais (agás os básicos en 5º e 6º). Alumnado Si
Debilidade O 80% do alumnado de 5º e 6º non emprega a tecnoloxía fóra do centro con fins educativos. Alumnado Si
Debilidade O 65% do alumnado emprega a tecnoloxía para o ocio máis dunha hora ao día. Alumnado Non
Debilidade Exceptuando aos cursos de 5º e 6º, as competencias dixitais do alumnado son insuficientes. Alumnado Non
Debilidade Competencia dixital baixa. Familias Si
Debilidade O sistema de comunicación coas familias (ABALAR) é moi limitado. Familias Non
Debilidade Acceso limitado a dispositivos dixitais (agás 5º e 6º de primaria). Infraestruturas Si
Debilidade Equipo dixital obsoleto na sala de mestres. Infraestruturas Si
Debilidade Non hai asistencia técnica interna suficiente. Infraestruturas Non
Debilidade Equipo dixital insuficiente para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade Conexión á internet pouco fiable ou lenta. Infraestruturas Non
Debilidade Non contamos cunha estratexia dixital no centro. Organización de centro Non
Debilidade Non existe un banco de recursos dixitais do propio centro. Organización de centro Si
Debilidade Non se empregan tecnoloxías dixitais para traballar en equipo. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para a formación. Persoal docente Si
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación axeitada ao alumnado (agás en 5º e 6º de primaria). Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempo para a creación de recursos e nula dispoñibilidade horaria para a coordinación. Persoal docente Si
Debilidade Os especialistas de orientación non teñen grupos asignados de docencia en ABALAR polo que teñen dificultades para o envío de mensaxería. Persoal docente Non
Debilidade O persoal de conserxería non ten acceso á información dixital relevante do centro para atender e informar ás familias. Persoal non docente Non
Debilidade Os/as auxiliares de conversa non teñen acceso á internet a través dunha conta corporativa da Xunta. Persoal non docente Non
Debilidade Os coidadores/as non teñen acceso a dispositivos para realizar rexistros de conduta, alimentación, etc. Persoal non docente Non
Fortaleza O 76% do alumnado de 5º e 6º de primaria sabe usar o sofware e aplicacións sen axuda. Alumnado Non
Fortaleza A maioría emprega a tecnoloxía para realizar as tarefas escolares na casa menos dunha hora ao día (5º e 6º de primaria). Alumnado Non
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º aprenden a crear contidos dixitais básicos (ofimática). Alumnado Non
Fortaleza Acoden ao centro e ás titorías cando teñen dúbidas no uso do Abalar ou da aula virtual. Familias Non
Fortaleza Amosan interese pola formación dixital dos seus fillos/as Familias Non
Fortaleza Os equipos do alumnado de 5º e 6º de primaria e as redes están actualizadas. Infraestruturas Non
Fortaleza Hai dispositivos dixitais para todo o profesorado e para o alumnado de 5º e 6º de primaria. Infraestruturas Non
Fortaleza Todas as aulas contan con proxector e PDI. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais para empregar no labor docente. Infraestruturas Non
Fortaleza Existe acceso á internet. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro participa en numerosos programas da Xunta. Oferta Non
Fortaleza O centro conta con comedor escolar (con cociña in situ) e transporte escolar. Oferta Non
Fortaleza Existe o debate sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e a aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Equipo directivo e profesorado están involucrados no desenvolvemento dunha estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Explóranse novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Existe acceso e posibilidades de FPP. Suficiente participación en proxectos interdisciplinares. Organización de centro Si
Fortaleza Experiencia no uso de contornos virtuais de aprendizaxe (E-Dixgal, AV). Organización de centro Non
Fortaleza Comunicación regular e ben organizada. Organización de centro Non
Fortaleza Suficiente política de protección de datos. Outras Non
Fortaleza O profesorado mostra interese para o uso das TIC. Persoal docente Si
Fortaleza Existe creación de recursos dixitais por parte do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Non
Fortaleza Se utilizan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado de primaria. Persoal docente Non
Fortaleza Se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación axeitada ao alumnado de 5º e 6º de primaria. Persoal docente Non
Fortaleza Se usan contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado de primaria. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado elabora diferentes actividades tecnolóxicas acordes ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado utiliza as tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ao centro. Persoal docente Non
Fortaleza Interese sobre as necesidades da DPC. Persoal docente Si
Fortaleza O personal non docente ten interese polas novas tecnoloxías e valoran positivamente a súa aplicación. Persoal non docente Si
51 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Burocracia e carga de traballo excesivos. Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos e de dotación de recursos dixitais nos centros. Administración educativa Si
Ameaza Lentitude por parte da administración educativa respecto da atención de solicitude de novo equipamento tecnolóxico. Administración educativa Si
Ameaza Acceso limitado a unha conexión de internet estable. Contorna Si
Ameaza Non chega a información de maneira clara aos centros sobre a lexislación e as normativas europeas e estatais en competencias dixitais. Lexislación Non
Ameaza Exceso de lexislación educativa e cambios continuos. Lexislación Non
Ameaza Cobro de comisións por parte da entidade bancaria. Outras Non
Oportunidade A figura do mentor ADIX no centro. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa aposta polo Plan Dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Colabora en todas as actividades do centro e propoñen actividades relacionadas coas competencias dixitais. ANPA Non
Oportunidade Suficiente política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade As diferentes administracións educativas; tanto autonómica, estatal, coma europea; están a realizar un gran esforzo pola dixitalización do ensino e a mellora na competencia dixital para transformar os centros de ensino en entidades dixitalmente competentes. Lexislación Si
Oportunidade O centro participa no Plan Director da Garda Civil para traballar as boas prácticas na internet. Outras Non
Oportunidade Existe colaboracións con outras entidades e ofertas de formación. Outras Non
Oportunidade O centro traballa a través de contornas virtuais coa asociación Meniños mediante o programa Benquerer. Outras Non
15 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO anterior invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Impulsar o uso de recursos dos Polos no recuncho creativo da biblioteca para uso do alumnado.
O02PD Aproveitar ao máximo os paneis interactivos.
O03PD Actualizar e/ou renovar os dispositivos dixitais da sala de mestres e das aulas.
O04PD Organizar o uso das tabletas.
O05PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado ata 4º de primaria e profesorado.
O06PD Elaborar un proxecto de competencias dixitais do alumnado por ciclos.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o seguinte:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

As accións propostas para o primeiro trimestre foron levadas a cabo na súa totalidade.

 

2º Trimestre

As accións propostas para o srgundo trimestre foron levadas a cabo na súa totalidade.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a
valoración do logro dos obxectivos, as dificultades atopadas e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será levada a cabo pola persoa directora. Empregarase a páxina web do centro e as reunións do Consello Escolar.
En canto ao proceso e consecución dos obxectivos será responsable a persoa coordinadora do Plan Dixital xunto coa coordinadora do equipo TIC. Para o análise e distribución das tarefas empregaranse as reunións do equipo TIC e, para achegar toda a información necesaria empregaranse as sesións de claustro.