Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Tipo de centro: Público
Denominación oficial: CEIP Gregorio Sanz
Código do centro: 27010891
Provincia: Lugo
Enderezo: Avenida de Luarca 1, Ribadeo, Lugo.
Código Postal: 27700
Teléfono: 982870704
NIF: Q2768022B
Dirección de correo electrónico: ceip.gregorio.sanz@edu.xunta.es
Páxina Web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipgregoriosanz

O Ceip Plurilingüe Gregorio Sanz atópase no Concello de Ribadeo. Este centro está situado nun amplo recinto valado, limitando polo norte coa rúa Alfredo Deaño e polo leste a Avda. De Luarca. Os edificios máis cércanos ó outro lado da rúa, de Norte a Sur son: o Pavillón Polideportivo Municipal, o CIFP Porta da Auga e o Estadio Pepe Barrera. Polo Sur limita coa estrada de Santa Cruz e, polo Oeste con leiras de cultivo. É un complexo de varias edificacións, de Sur a Norte: casa do conserxe, oficinas, pequenos parques infantís con xogos, aulas comedor, cociña, ximnasio e pista cuberta.

O Concello de Ribadeo está situado ó Leste da Mariña Luguesa. Polo Leste limita co Principado de Asturias do que o separa a Ría de Ribadeo, ó Sur limita co Concello de Trabada e o concello de Vegadeo (Asturias), ó Oeste co Concello de Barreiros e ó Norte co mar Cantábrico.

Ten unha superficie de 112,3 Km2, e acolle unha poboación de arredor de 10.000 habitantes, que residen na capitalidade do Concello e nas parroquias.

A poboación estranxeira representa un 2,8% do total. A poboación activa de Ribadeo distribúese fundamentalmente entre os sectores terciarios (cun 59,3 % dos ocupados) e secundario (24,7%). O sector servizos dá ocupación á maior parte da poboación; sendo o sector primario con un 16% dos ocupados, o que menos peso ten na economía local

Ribadeo conta con oferta de infraestruturas e servizos culturais e deportivos localizados na capitalidade do municipio, das que poden gozar todos os veciños.

Así hai que mencionar a existencia de pistas polideportivas, pavillóns polideportivos e piscina climatizada, todas elas de titularidade Municipal; existen varios clubes e asociacións privadas dedicadas á práctica de deportes como o tenis, remo, fútbol, ciclismo, baloncesto, deportes náuticos, etc.

Ademais conta cunha biblioteca- arquivo municipal cun fondo bibliográfico importante, varias salas de exposicións, Auditorio, Escolas Municipais deportivas e  Escola Municipal de Música , na que se forman os futuros compoñentes da Banda Sinfónica Municipal. Dous Institutos de titularidade pública, o propio Gregorio Sanz que tenta aportar o seu gran de area como motor cultural, e outro centro concertado.

Tamén existen escolas de gaita e danza Galega, escola de Idiomas, de Adultos etc.

En canto ás características do alumnado temos que dicir que procede na súa maioría da capitalidade do concello; recolle alumnado dende os tres, ata os 11/12 anos, é dicir, dende o 4º nivel de Educación Infantil ata o remate da Educación primaria.

Hai alumnado de nacionalidades distintas da española: marroquís, asiáticos e procedentes de América do Sur.

O Plan Dixital presentouse ao centro no curso 2021/2022 a través dun Plan de Formación de Profesorado. O equipo está composto por 9 membros e o seu obxectivo é coñecer e detectar as necesidades que poda ter o centro a nivel dixital, tanto en infraestruturas como de formación do profesorado en competencia dixital, e poder mellorar ditas necesidades a medio e longo prazo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO do noso centro empregouse o SELFIE e o Test CDD, os cales nos permitiron detectar as ameazas, oportunidades, debilidades e fortalezas coas que convivimos día a día.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Moitas familias non teñen competencia dixital suficiente para acceder aos contidos da Aula Virtual ou manexar a ferramenta Abalar. Familias Non
Debilidade Conexión a Internet deficitaria. Infraestruturas Non
Debilidade Non conta con persoal informático externo e o encargado TICS do centro non dispón de horas suficientes. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo para poder formarse nese ámbito. Oferta Si
Debilidade En xeral existe descoñecemento sobre os dereitos de autor e licencias de uso ao utilizar as tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza Contamos cun armario móbil con ordenadores portátiles para traballar individualmente nas aulas. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado está interesado e motivado polas TICS. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria forma parte do programa EDIXGAL e conta con dispositivos propios Alumnado Non
Fortaleza Dispoñen de Abalar para poder comunicarse co profesorado do centro e acceso á Aula Virtual do mesmo Familias Non
Fortaleza O centro conta con Kits informáticos de préstamo para as familias. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro conta con EDIXGAL, con equipamentos para o profesorado e pantallas dixitais na maioría das aulas. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro contra cun Polo Creativo e xa está dinamizado Infraestruturas Si
Fortaleza Ofértanse cursos de formación para o profesorado. Cóntase con EDIXGAL. Oferta Si
Fortaleza Parte do profesorado está formándose e desenvolvemento de estratexias dixitais para poder levar a cabo en todas as etapas educativas do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Promóvese a formación en novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Neste centro lévase a cabo o programa Digicraft de Vodafone. Organización de centro Si
Fortaleza Existe unha boa predisposición para desenvolver unha estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza Hai unha maior implicación na formación básica de conceptos informáticos. Persoal docente Si
Fortaleza Conta cunha parte do profesorado implicado e en constante formación a nivel individual. Persoal docente Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiada burocracia, o que implica falta de tempo para un aproveitamento maior de ofertas de formación que podan xurdir. Administración educativa Si
Ameaza Necesidade de diminuír a carga lectiva e destinar horas para a competencia dixital, para iso mencionamos a Orde do 23 de xuño de 2011 pola que se regula a xornada laboral docente. Lexislación Si
Oportunidade Dotación dun carro de carga con equipos informáticos para emprego de alumnado de infantil a 4º EP. Administración educativa Si
Oportunidade Proporciona formación dixital. Administración educativa Si
Oportunidade Oferta cursos de informática e robótica como actividades extraescolares para o alumnado. ANPA Non
Oportunidade No Concello comezan a crearse actividades de formación dixital para a cidadanía en concreto para os xovenes. Contorna Non
Oportunidade Programa Digicraft de Vodafone. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao claustro en Polos Creativos
O02PD Inventariar o equipamento dixital do centro

Seguimento

Procedemento

A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.

Terán que:

•Avaliar o estado da execución das accións.

•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.

•Valorar posibles propostas.

A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:

•O logro dos obxectivos para o curso.

•Propostas de mellora para o seguinte curso.

1º Trimestre

Neste 1º trimestre, solicitamos o Itinerario 3 do PFPP de Polos Creativos coa temática: Aproveitamento dos recursos de Polos Creativos e organizamos as sesións de traballo. 

Iniciamos a formación do PFPP (ABX, podcast e códigos QR), anulamos os Puntos TIC das aulas que non funcionaban por ausencia de tarxeta gráfica wifi, expurgamos 14 ordenadores, solicitamos 2 paneis dixitais para as dúas aulas novas de 1º e 2º C por desdobles do alumnado, actualizamos a conta wifi dunha parte dos equipos do centro (ordenadores e tablet de polos), localizamos todo o material dixital do centro, actualizamos a aula virtual para o alumnado e para os PFPP do profesorado, participamos no Programa Viravolta de Maker Store Carballo co préstamo do Tren Intelino así como no programa de préstamo da tenda Chafarix de Santiago de Compostela cunha maleta de xogos de pensamento computacional e realizamos xornadas de Polos Creativos en familia cada 15 días.

O Equipo Dinamizador de Polos Creativos, organizou actividades para todo o alumnado, empregando material dixital do centro e da dotación de Polos Creativos.

2º Trimestre

No 2º trimestre, rexistramos nunha folla de cálculo todo o material dixital do centro, instalamos 2 ordenadores novos na sala de mestres, realizamos unha sesión de Polos en familia impartida polo equipo de Polos Creativos da Consellería, continuamos coa formación do PFPP (varios tipos de robots), colaboramos con diversos equipos do centro poñéndolle tecnoloxía aos traballos e cambiamos a lámpara dun proxector.

 Recollimos datos das aulas de 3º a 6º para solicitar paneis interactivos.

O Equipo Dinamizador de Polos Creativos, organizou actividades para todo o alumnado, empregando material dixital do centro e da dotación de Polos Creativos.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación procesual será trimestral e efectuarase polos membros do equipo de dinamización do Plan Dixital.

Terán que:

•Avaliar o estado da execución das accións.

•Analizar os resultados e, de ser o caso, determinar posibles modificacións das accións.

•Valorar posibles propostas.

A avaliación final farase ao final do curso e valorarase:

•O logro dos obxectivos para o curso.

•Propostas de mellora para o seguinte curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Claustro estará informado trimestralmente da execución do Plan e das valoracións que se fagan.

O Plan Dixital, unha vez informado a Claustro e aprobado en Consello Escolar, difundirase a través da páxina web do centro e tamén estará en Educalidade á disposición da comunidade educativa.