Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN DO PLAN

Dentro da contextualización normativa en relación co Plan Dixital temos:

•       LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132

•       RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24.

•       RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo no curso 2023/24.

•       Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital  nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

CONTEXTUALIZACIÓN  DO  PLAN  DIXITAL  NO  CENTRO.  CONTRIBUCIÓN  AO  PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO

O alumnado que accede a estudos do noso centro, non procede soamente da cidade de Lugo, senón que gran parte del é da provincia Lugo, e incluso de outras provincias da comunidade. Por todo isto os estudos demográficos e de actividade abarcan toda a provincia, xa que vai a ser a area de influencia do centro.

O Centro Integrado CIFP Politécnico de Lugo, concíbese como unha institución ao servizo dos cidadáns e do sector produtivo e debe servir á cualificación e recualificación das persoas acomodándose as súas distintas expectativas profesionais. O Centro Integrado pretende así mesmo, atender as necesidades de cualificación inmediatas e emerxentes do sistema productivo, ser un referente orientador para o sector produtivo e formativo do seu entorno, facilitar a integración das ofertas de formación profesional e rentabilizar os recursos humáns materiais e dispoñibles.
Dado que o obxectivo primordial do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Lugo é desenvolver accións formativas derivadas da integración das ofertas de formación profesional, dirixidas á poboación demandante, xóvenes, traballadores en activo ocupados e desempregados, que faciliten o aprendizaxe ao longo da vida, ampliar as ensinanzas que imparte debe ser obxectivo prioritario a corto e medio prazo.
O PD estará integrado dentro do Pan Anual da Area de Calidade, Innovación e Orientarión Profesional do centro, o cal forma parte do Plan Anual 23/24.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Para a elaboración do Plan Dixital formouse un Equipo de Dinamización do Plan Dixital composto por 5 persoas:

•       Responsable do departamento de Calidade

•       Vicedirección

•       Coordinación Tic

•       Coordinación de Formación

•       Unha persoa do profesorado

 

Tendo en conta o DAFO, do primer plan dixital, realizase unha analise do mesmo, e realizase unha actualización do mesmo

Cos resultados do novo DAFO propuxéronse uns obxectivos para acadar no vindeiro curso escolar 23-24.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

No primer plan dixitla, e a partir do Informe SELFIE, TestCDD e outras fontes propias, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. Neste novo plan dixital para o curso 2023/24 e en funcion do análise de datos faise unha actualización do DAFO

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - non todo o alumnado dispón de medios informáticos (wifi na casa, ordenador personal...) Alumnado Non
Debilidade - pouca participación das familias - ausencia de ANPA Familias Non
Debilidade - novas instalacións do centro sen conexión wifi corporativa Infraestruturas Si
Debilidade Non hai Oferta Non
Debilidade - boa parte do arquivo atópase unicamente en papel Organización de centro Non
Debilidade - falta de estabilidade do profesorado: número elevado de provisionais - falta de motivación por parte dun número pequeno de docentes por actualizarse en novas tecnoloxías - coñecemento e uso axeitado sobre a lexislación acorde aos dereitos de autor/a e licencias de uso - coñecemento e uso axeitado sobre o tratamento dos datos audiovisuais dos membros da comunidade eductativa Persoal docente Non
Debilidade - Non hai Persoal non docente Non
Fortaleza interés do alumnado pola formación e aplicación das TICs Alumnado Non
Fortaleza Non hai Familias Non
Fortaleza - rede wifi corporativa - aulas preparadas para streaming - sala de reunións común dotada de sistema de videoconferencias - todas as aulas/talleres/laboratorios do centro están dotadas de ordenador e canón de video - 25 aulas/taller/laboratorio dotadas de ordenador individual para o alumnado - dispor de aula de tecnoloxía aplicada e solicitude dunha máis - o centro ten a política BYOD Infraestruturas Si
Fortaleza - oferta de ciclos formativos A DISTANCIA - dispor de bolsa de emprego dixitalizada Oferta Non
Fortaleza - dixitalización do sistema de compras - dixitalización de parte do arquivo - dixitalización dos partes de avaría (diferenciando na xestión entre partes de avaría xeral e partes de avaría TIC) - dispor de COORDINADOR TIC - o centro dispón de páxina web e está presente nas redes sociais - posibilidade por parte do alumnado de realizar xestións electronicamente: solicitude de certificados... - formación interna en novas tecnoloxías - progresiva dixitalización de trámites - aplicación interna para o sistema de xestión de calidade Organización de centro Non
Fortaleza - aumento da participación en proxectos de formación en innovación tecnolóxica - case o 100% do claustro dispón de aula virtual para os seus módulos - notable aumento da concienciación da necesidade de formación neste eido e nas vantaxes das tecnoloxías para o exercicio da nosa labor - dispor de profesorado disposto a colaborar e apoiar aos compañeiros/as Persoal docente Si
Fortaleza - conserxería: ordenador persoal con conexión a internet para cada un dos 4 postos de traballo - administración: ordenador persoal con conexión a internet para cada un dos 4 postos de traballo, así como sistemas periféricos (scaners, impresoras..) - conserxería: formación en TIC¿s dun dos seus integrantes o que supón unha grande axuda na xestión diaria do centro (resolucións incidencias, xestión partes avarías TIC¿s...) Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - imposiblidade de actualizar windows en horario de mañá - dificultade de impartir ensinanzas de carácter práctico de xeito telemático sen afectar ás competencias prácticas esenciais - -lentitude da administración na resolución de incidencias - -sobrecarga de traballo nalgúns docentes polas esixencias da administración (exemplo:as coordinacións dos cursos AFD son colaboradores obrigados para realizar tramites para o alumnado) - -sobrecarga de traballo dos docentes para a atención das tarefas derivadas das novas tecnoloxías (mantemento aulas virtuais...) Administración educativa Non
Ameaza - non procede nun CIFP ANPA Non
Ameaza - falta de formación tecnolóxica nalgúns sectores (candidatos á acreditación competencias, alumnado AFD...) para a realización de trámites telemáticos esixidos pola administración - emprego polos axentes externos do correo electrónico do centro para ofrecer servizos, publicidade...cada vez maior, o que conleva perda de tempo, horas de traballo... Contorna Non
Ameaza - esixencia da realización de trámites de xeito electrónico cada vez maior sen que se acompañe de medios e/ou formación - designación como colaboradores obrigados para a realización de trámites dos nosos administrados - sobrecarga de accións e proxectos que chegan ó centro Lexislación Non
Ameaza - dificultade para o centro para a tramitación electrónica de convenios coas empresas coas que se relaciona (ausencia de firma electrónica, de medios informáticos, de formación...por parte das empresas) Outras Non
Oportunidade - posición favorable da administración educativa no impulso das TIC¿s (formación, orzamentos...) - dotación para o centro dun número de equipos informáticos para préstamo para o alumnado - posibilidade de desenvolver proxectos de formación propios no CIFP (convocatorias de proxectos de innovación, proxectos de formación, grupos de traballo...) Administración educativa Non
Oportunidade - non procede nun CIFP ANPA Non
Oportunidade Non hai Contorna Non
Oportunidade Non hai Lexislación Non
Oportunidade existencia cada vez maior de materiais (ofrecidos polas editoriais, bancos de recursos, ...) Outras Si
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Con independencia das necesidades ou propostas de mellora suxeridas, en cada curso escolar o Plan de Acción deberá ter en conta os recursos  materiais e humanos no momento de elaboración do Plan Dixital.

Incidirase en obxectivos que supoñan unha mellora relativa do uso que se fai dos recursos dispoñibles, tendo en conta que o catálogo dos mesmos está en constante evolución.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Manter o equipo de dinamización TIC
002PD Migración de toda a plataforma AV no antigo aloxamento, á AV da conselleria.
003PD Elaborar un caderno de aula dixital

Seguimento

Procedemento

Reunións mensuais do equipo do plan dixital.

Reunión presencial con mentor ADIX, bimensualmente

1º Trimestre

Seguimento dos obxectivos:

Manter o equipo de dinamización TIC: obxectivo acadadoxa que se dispuxo dunha persoa tanto para a páxina web, plataforma AV, RRSS e PD; ademais do horario correspondente.

Migración de toda a plataforma AV no antigo aloxamento, á AV da conselleria: durante os meses de setembro, outubro conseguimos a migración total de todos os cursos que tiñamos na aula virtual antiga (www.politecnicolugo.net) cara o novo aloxamento dentro da consellería:  https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppolitecnicolugo/aulavirtual/

Elaborar un caderno de aula dixital: atopase en fase de elaboración

 

 

2º Trimestre

Seguimento dos obxectivos:

Manter o equipo de dinamización TIC: obxectivo acadadoxa que se dispuxo dunha persoa tanto para a páxina web, plataforma AV, RRSS e PD; ademais do horario correspondente.

Migración de toda a plataforma AV no antigo aloxamento, á AV da conselleria: durante os meses de setembro, outubro conseguimos a migración total de todos os cursos que tiñamos na aula virtual antiga (www.politecnicolugo.net) cara o novo aloxamento dentro da consellería:  https://www.edu.xunta.gal/centros/cifppolitecnicolugo/aulavirtual/

Elaborar un caderno de aula dixital: elaborado. Estase distribuir entre o profesorado e dar asistencia sobre o manexo do mesmo

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase ca seguinte frecuencia:

•       No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán  o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

•       No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

Os obxetivos plantexados para o curso 2022/23 acadaronse na sua maioria, quedando pendentes ..

Se trasladou a UAC ó 21/10/2022, as necesidades de renovacion de equipos informárticos, sendo a resposta "A súa solicitude foi rexistrada co número ed tícket: 1006858"

Proposta de mellora

- Continuar coa dxitalización de procesos administrativos

- Seguir a fomentar o emprego da AV entre o profesorado.

- Demandar, unha ver mais, a renovación dos equipamentos informáticos obsoletos

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Na convocatoria do Claustro no que se requirirá o informe favorable, mandarase unha copia do mesmo, así como se poñerá tamén na web do Centro: http://www.politecnicolugo.org/index.php?option=com_content&view=article&id=704&Itemid=571

Como  un  dos  obxectivos  é  a  creación  do  equipo  de  dinamización  TIC  tamén  se difundirá para buscar persoal que o forme.