Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro.

CEIP A PONTE (27006383) Enderezo: Paseo Álvaro Cunqueiro, s/n.  Mail: ceip.aponte@edu.xunta.gal

Cursos: Educación infantil (4º,5º,6º) Educación primaria (1º a 6º). Alumnado: 219 aproximadamente. Profesorado: 26 

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

       1.2.1 Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro.

O colexio de educación infantil e primaria "A PONTE" está situado na periferia da cidade, nun barrio coñecido polo mesmo nome “Barrio da Ponte”, pertencente á parroquia de San Lázaro. Atópase nun enclave paisaxístico inmellorable, ás beiras do Río Miño, fronte do Balneario Termal e moi preto do club Fluvial da capital lucense, centro deportivo e de ocio. É un colexio dependente da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. O núcleo inicial desta agrupación, foron dúas escolas unitarias de nenos/as e unha de párvulos. Por mor do alto número de alumnos/as matriculados e pola zona onde estaba, decidiron as autoridades competentes, a fundación dun grupo escolar no que se integrarían ademais das xa mencionadas outras escolas achegadas da zona rural. A poboación activa da zona pertence maioritariamente ao sector primario (agricultura e gandaría) e ao sector servizos. Se ben son poucos os nacementos aínda son menos os servizos que hai para este sector da poboación sendo o noso Centro o que aporta, xogos, actividades, instalacións deportivas e biblioteca para o barrio. Desde o punto de vista socioeconómico este centro está situado nunha zona considerada de nivel medio-baixo, aínda que esta consideración pode non ser totalmente axeitada, posto que os parámetros polos que o medio rural é analizado para a consideración das rendas, non se pode comparar cos dunha zona industrial. Pero podemos considerar que o colexio é dinamizador da vida cultural da contorna na que se atopa.

       1.2.2 Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e Proxectos do Centro.

O Plan Dixital que se está a desenvolver, incide e comparte puntos con outros Plans e Proxectos nos que o centro participa, especialmente no Proxecto E-Dixgal e Plan de Integración das TICs na aula e tamén con PFPP nos que se participou nos últimos cursos, aínda que debido a Pandemia da COVID19, algún deles puido ter algún retraso. Entre eles podemos citar no curso 2020-21 o PFPP (L2031019) e no curso 2022-23 PFPP (L2231038) que tivo como liñas primordiais de actuación as iniciativas formativas no ámbito STEM e a Integración didáctica das TIC. Traballo corporativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital. Tamén no curso 20-21 se desenvolveu un Seminario sobre o Aproveitamento didáctico da aula Virtual, así como un Grupo de Traballo sobre a Integración Curricular da Robótica e a programación, e un curso de Aproveitamento Didáctico de Ferramentas Institucionais para o ensino mixto. Cabe citar que este centro participou e foi admitido na primeira convocatoria que se fixo do Proxecto Abalar, logo transformado en E-Dixgal, este feito fixo que o noso centro tivera que actualizar a conexión de banda ancha ás necesidades destes programas, o que supuxo un desembolso importante no que se refire aos custos, posto que a administración non se facía cargo deles. Na actualidade o emprego dos recursos dixitais na aula é algo habitual e proba de todo isto é o interese do profesorado pola formación neste campo, ben é certo, que botamos en falta recursos e material actualizado, así como outros elementos que quedan reflexados no Plan de Acción requerido para a posta en marcha do Plan Dixital.

Nos meses de setembro e outubro levouse a cabo en colaboración coa mentora ADIX a actualización do Plan Dixital tendo en conta as propostas de mellora do curso pasado, a continuidade dalgún obxectivo parcialmente conseguido e de interese para o Centro.

      1.2.3 Contextualización do Plan Dixital na normativa vixente.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte: 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Empregáronse como instrumentos de recollida de información previa: TEST SELFIE E TEST CDD.

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1. O alumnado con NEAE ten escaso acceso ás tecnolxías de apoio. (C15). (C15). Alumnado Non
Debilidade 2. Non se fomenta o traballo interdisciplinar do alumnado utilizando tecnoloxías dixitais. (F6). Alumnado Si
Debilidade 3. Non facilitamos ao alumnado o uso das tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe, nin utilizamos datos dixitais sobre estudantes individuais para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade 1. A infraestrutura dixital nas aulas non Edixgal de 3º e 4ºEP e espazos comúns non é adecuada para o correcto desenvolvemento dos procesos de ensino-aprendizaxe no contexto dixital. (C1-C2). Infraestruturas Si
Debilidade 2. Non existen dispositivos dixitais propios ou xestionados polo centro e que o alumnado pode utilizar cando os precise fora do equipamento Edixgal (C8-C10). Infraestruturas Non
Debilidade 1. A asistencia técnica profesional é un docente NON dispomos dun profesional cualificado dispoñible no noso centro cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais nas aulas non Edixgal. (C5). Oferta Si
Debilidade 3. Maioritariamente utilizamos novas tecnoloxías ao mesmo tempo. (ATIC1). Oferta Non
Debilidade 2. Non se garante que os estudantes desenvolvan habilidades dixitais para as diferentes materias. (H10) Oferta Si
Debilidade 1. Non existe colaboración con outros centros para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. (B3). Organización de centro Non
Debilidade 3. Non temos un plan para axudar ao persoal docente a afrontar os retos que supón a aprendizaxe mixta, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e a súa orixe socioeconómica. (C12). Persoal docente Non
Debilidade 4. Escaso uso das tecnoloxías dixitais para avaliar as competencias do alumnado. (G1- G5-G6) Persoal docente Non
Debilidade 1. Insuficiente tempo para que os/as docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. (A4). Persoal docente Si
Debilidade 2. Non avaliamos o noso proceso no ensino e na aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais (B1). Persoal docente Non
Fortaleza 1. Facilidade para buscar recursos en liña e crealos. (E1-E2). Alumnado Si
Fortaleza 2. O alumnado aprende a actuar con seguridade responsable en Internet. (H1-H3) Alumnado Si
Fortaleza 3. Valoramos as competencias dixitais que o alumnado desenvolveu fóra do centro educativo. (C10) Alumnado Non
Fortaleza 1. Infraestrutura dixital nas aulas de 5º e 6º (C1-C2). Existe unha aula virtual xeral e a aula virtual Edixgal totalmente operativas. (E3) Infraestruturas Si
Fortaleza 3. Dispoñemos de servizos educativos corporativos para difundir información sobre o centro educativo de maneira virtual e participamos en actividades formativas individuais organizadas pola administración. Oferta Si
Fortaleza 1. Acceso a Internet en todas as aulas por Ethernet. (C3) Oferta Non
Fortaleza 2. A asistencia técnica está dispoñible só nas aulas Edixgal (C5). Oferta Si
Fortaleza 2. Utilizamos as tecnoloxías dixitais para a comunicación relacionadas co centro educativo, e usamos recursos dixitais en aberto. (E4- E5) Organización de centro Non
Fortaleza 1. Existen debates e reflexión sobre as vantaxes e inconvenientes de ensinar e aprender coas tecnoloxías dixitais. (B2) Organización de centro Si
Fortaleza 1. Fomentamos e abordamos a estratexia dixital, colaborando equipo directivo e profesorado (A1). Persoal docente Si
Fortaleza 2. Coñecemos e respectamos as licenzas de autor (A5). Persoal docente Si
Fortaleza 3. O claustro conta co apoio do equipo directivo para o desenvolvemeto do PD. (D1- D2) Persoal docente Si
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Formación ofrecida pola administración improdutiva por excesiva burocracia e traballo extra que non axudan a formarnos. (D1-D2-D3). Administración educativa Non
Ameaza 2. Carga lectiva elevadísima sen tempo para a formación. (D). Administración educativa Si
Ameaza 3. Imposibilidade de mercar tecnoloxía con recursos propios axeitada ás nosas necesidades. (A1). Administración educativa Non
Ameaza 4. Descoñecemento e pouca utilización do software libre no ámbito educativo. (PE5). Administración educativa Si
Ameaza 1. Escaso equipamento dixital no fogar e uso da tecnoloxía con fins educativos. (UTIC1-3). ANPA Non
Ameaza 1. Escasa utilización de tecnoloxías dixitais á hora de colaborar con outras organizacións ou entidades. (B3). Contorna Non
Ameaza 1. Cambios lexislativos constantes. (A-D-F-G). Lexislación Si
Ameaza 2. Demasiada burocracia e pouca pedagoxía. (F). Lexislación Non
Ameaza 3. Número elevado de alumnado. (F-G-H). Lexislación Non
Ameaza 1. Escaso equipamento dixital no fogar e uso da tecnoloxía con fins educativos. (UTIC1-3). Outras Si
Oportunidade 1. Actualización equipamento dixital para a aprendizaxe obsoleta do Centro. (C1-C2) Administración educativa Si
Oportunidade 2. Asistencia técnica, didáctica e contar no propio centro con persoal docente competente dixitalmente e disposto a desenvolvela coa liberación horaria correspondente (C5). Administración educativa Si
Oportunidade 1. Creación de canles de colaboración e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna. (B-E). ANPA Non
Oportunidade 1. Creación de canles de colaboración e asesoramento entre o profesorado do noso centro e da contorna (B-E). Contorna Non
Oportunidade 3. Queremos usalas e somos conscientes das vantaxes de empregar a tecnoloxía con solvencia para a preparación das clases, impartición das clases, retroalimentación, apoio e comunicación. (SMT1-2-3-4). Lexislación Non
Oportunidade 1. Regular o uso de dispositivos persoais do centro tanto do alumnado como do profesorado. (C13). Lexislación Non
Oportunidade 2. Formación dixital continua no propio centro. (D1-D2-D3). Lexislación Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise do DAFO elaborouse o Plan de Acción cos distintos obxectivos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover e consolidar o uso xeneralizado da aula virtual por parte do profesorado (B2-E2)
O02PD Dispoñer de asistencia técnica suficiente no centro para dar solución as incidencias diarias (C5).
O03PD Elaborar un protocolo para crear produtos multimedia con imaxe, vídeo e/ou son dentro da estratexia dixital do centro. (A1).
O04PD Participar no programa de Innovación Polos Creativos.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

O noso Plan Dixital vai segundo o establecido para este 1º trimestre, no que se refire aos obxectivos e accións poden comprobarse o seu estado de execución en cada unha delas.

2º Trimestre

O noso Plan Dixital vai segundo o establecido para este 2º trimestre, no que se refire aos obxectivos e as accións, pode comprobarse o seu estado de execución en cada unha delas.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando: no contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Dada a transcendencia do Plan Dixital, é moi importante que toda a Comunidade Educativa sexa coñecedora da existencia del e ademais do procedemento e secuenciación da súa posta en marcha. Entendemos que calquera Plan no eido educativo, incide en moitos máis aspectos ca os referidos ao recinto escolar, polo que todos/as os/as axentes que poidan ter relación co medio familiar e da contorna do alumnado, han de ser non só coñecedores senón tamén participantes directos no desenvolvemento del. Deste xeito para a súa difusión, empezaremos pola lectura pausada e interpretativa do que supón este Plan dentro do Claustro de mestres e mestras. Por outra parte será o Consello Escolar quen en definitiva o aprobe e como órgano no que participan tanto mestres/as, pais/nais, representante do Concello e persoal non docente, tamén será un medio que contribúa á súa difusión. Os medios de difusión masivos como poden ser a web do centro ou os que están dentro da Rede Corporativa da Xunta como o espazo Abalar tamén servirán para que ninguén se quede sen coñecelo. 

Enlace ao PD