Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Como centro educativo que forma parte dun mundo en cambio permanente e dunha sociedade que cada vez está máis dixitalizada. Consideramos, que debemos de dar respostas ás necesidades e demandas que van xurdindo para así poder formar homes e mulleres que sexan “bos cristiáns e honrados cidadáns”, cunha serie de competencias necesarias que lles axuden a desenvolverse nunha contorna dixitalizada de maneira segura e fiable.

Para poder xustificar o plan, decidimos asentar todo o proceso partindo da análise que realiza a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) no Proxecto DeSeCo (Desenvolvemento e Selección de Competencias básicas) e que ten como obxectivo determinar as competencias nas que debemos concretar os nosos esforzos para os estudantes das próximas xeracións.

Esta análise, ofrece tres amplas categorías de competencias claves:
 

  • Usar ferramentas de maneira interactiva: os individuos deben poder usar un amplo rango de ferramentas para interactuar efectivamente co ambiente: tanto físicas como na tecnoloxía da información e socioculturais como no uso da linguaxe. Necesitan comprender ditas ferramentas amplamente, como para adaptalas aos seus propios fins, usar as ferramentas de maneira interactiva.
     
  • Interactuar en grupos heteroxéneos: nun mundo cada vez máis interdependiente, os individuos necesitan poder comunicarse cós outros, e debido a que atoparán persoas de diversas orixes, é importante que poidan interactuar en grupos heteroxéneos.
     
  • Tomar a responsabilidade de manexar as súas propias vidas: os individuos necesitan poder situar as súas vidas nun contexto social máis amplo e actuar de maneira autónoma.

Si sumamos estas tres categorías á análise do desenvolvemento e selección de competencias vemos que son o eixo vertebrador do noso centro e por tanto, o noso plan dixital pretende dar resposta ás necesidades que se observan na aula, para posibilitar tanto ao noso alumnado como ao profesorado momentos de ensino-aprendizaxe ricos, creativos, cooperativos e reflexivos que nos permitan un desenvolvemento competencial acorde á súa idade, independentemente da súa situación social e familiar.

Para que todo isto teña lugar, precisamos un cambio metodológico, onde as TICS sexan a ferramenta e o alicerce fundamental onde se asente a aprendizaxe durante o traballo diario, non só nas aulas de informática ou na materia de Informática, senón en todas as áreas de coñecemento, espazos e etapas educativas do noso centro. Por este motivo, vemos que o reto fundamental do noso centro, é asumir que o desenvolvemento tecnolóxico supón un cambio na cultura pedagóxica e organizativa do mesmo, na que non debemos esquecer os diversos ritmos de aprendizaxe, capacidades e intereses do noso alumnado e profesorado. 

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

O que recollen ditos artigos é o seguinte:

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento dos anteriores Decretos, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Ainda que se levaba tempo traballando en aspectos a mellorar dentro da dixitalización do centro sobre todo en temas de infraestructura e formación do profesorado, non é ata setembro do 18 cando se plantexa de forma máis activa o proceso de dixitalización a través dun plan de centro. ëste tivo que ser modificado e restructurado por mor da PAndemia dando lugar a un cambio nas prioridades para dar unha pronta resposta as necesidades que se estaban a vivir.

Entre o curso 20-21 e 21-22, o plan de dixitalización foi collendo forma dentro do equipo de comunicación e Tics do centro, dando un último empuxón cos requerimentos enviados por parte da xunta.

Despois disto, ve a luz este plan para levar adiante o proceso tan necesario.

Interno
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H7: Fomento da creación de co ntidos dixitais por parte do alumnado. Alumnado Si
Debilidade H6: Otorgar recoñecemento ao traballo doutras persoas que se atope en internet. Alumnado Non
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade C5: Vese que o continuo crecemento neste ámbito levanos a plantexar un problema que ata agora estábase a solucionar polo profesorado ou encargado das TICs. Infraestruturas Si
Debilidade Establecer unha estratexia dixital acorde ao noso alumnado. Organización de centro Non
Debilidade C5: Vese que o continuo crecemento neste ámbito levanos a plantexar un problema que ata agora estábase a solucionar polo profesorado ou encargado das TICs. Organización de centro Si
Debilidade G6: Uso da tecnoloxía para que o alumnado poida avalair e facer observacións sobre os compañeiros Persoal docente Si
Debilidade F6: Fomento dos proxectos interdisciplinais por mor dos protocolos Covid. Persoal docente Si
Debilidade F5: Traballo colaborativo do alumnado a través da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade B2: implicar ao alumnado no debate do uso, ventaxas e desventaxes do uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade F4: Fomento da creatividade do alumnado a trevés da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade G5: Uso da tecnoloxía para facer unha autoreflexión por parte do alumnado sobre o seu aprendizaxe Persoal docente Si
Debilidade F5: Facilitar coa tecnoloxía dixital a colaboración entre o alumnado. Persoal non docente Si
Fortaleza C8: Uso por parte do alumnado dos dispositivos dixitais xestionados polo centro. Alumnado Si
Fortaleza Fomento do BYOD (Traer o propio dispositivo ao centro) Alumnado Si
Fortaleza H1: Labor educativa para o uso dos dispositivos dixitais e navegación segura en internet polo alumnado. Alumnado Si
Fortaleza H3: Fomento do comportamento responsable en internet por parte do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza H8: Aprendizaxe do alumnado para comunicarse usando as tecnoloxías dixitasi dunha maneira resposable. Alumnado Si
Fortaleza Acceso a dispositivos dixitais fora do centro Familias Si
Fortaleza Moitas familias coa plataforma do centro coa que mantemos unha mellor comunicación. Familias Si
Fortaleza C7:Estase a levar un traballo extenso en politica de protección de datos. preciso. Inversión e actualización dos equipamentos nos últimos anos para esta labor, así coma o estudo dun mapa wifi do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza C2: Existen Dispositivos dixitais para a labor do profesorado e do alumnado enfocado a ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza C8: Hai dispositivos dixitais do centro para o uso das necesidades da comunidade educativa cando sexa Infraestruturas Si
Fortaleza Fomento da comunicación dixital coa administración do centro para o traballo de pedidos e pagos. Oferta Non
Fortaleza A2: Estase a involuclar todo o claustro no proceso de dixitalización e no estudo desta estratexia. Organización de centro Si
Fortaleza A1: Estase a traballar nunha estratexia dixital dende fai un tempo. Organización de centro Si
Fortaleza B1: Avaliamos o noso progreso con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza B3: Utilizase a tecnoloxía dixital para colaborar con outras organizacións. Persoal docente Si
Fortaleza E1: Buscase diferentes recursos en liña para o raballo co alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza E4: A tecnoloxía é unha ferrementa imprescindible na comunicación dentro do centro e coas familias. Persoal docente Si
Fortaleza A3: Apoiase a formación en novas metodoloxias a través do traballo dixital. Persoal docente Si
Fortaleza D2: Amplia oferta no Desenrolo Profesional Continuo tanto dende o centro-inspectoría coma Persoal docente Si
Fortaleza B1: Avalaiase o noso progreso en materias de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza E2: Creación de recvursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza E1: Posibilidade de buscar recursos en liña para fomentar a súa labor. Persoal non docente Si
Fortaleza E2: Creación de recursos dixitais para reforzar o método de ensinaza. Persoal non docente Si
36 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo, recursos humanos e económicos para unha mellor integración dixital. Administración educativa Si
Ameaza Banco de libros - non hai intención de cambiar a libros de texto dixitais por parte da Xunta. Administración educativa Non
Ameaza C5: Vese que o continuo crecemento neste ámbito levanos a plantexar un problema que ata agora estábase a solucionar polo profesorado ou encargado das TICs. Administración educativa Si
Ameaza Barrio con pouco crecemento económico. Contorna Non
Ameaza Crise económica motivada pola pandemia. Contorna Si
Oportunidade Formación de cara as familias sobre adqusición de competencias dixitais básicas coas familias. ANPA Si
Oportunidade Posibilidade de autopromocionarnos aproveitando as nosas redes sociais e páxina web. Contorna Non
Oportunidade C7: A implicación de todos no traballo de protección de datos a pesar das restriccións en moitos programas dixitais. Lexislación Si
Oportunidade B3: Continuar co traballo en liña con outras organizacións Outras Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e TCDD, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Resposta rápida e efectiva ante incidentes técnicos.
O02PD Ampliar a creación de contidos dixitais nas diferentes materias.
O03PD Formar ao profesorado en tecnoloxía dixital.
O04PD Ofrecer recursos formativos co obxectivo de mellorar a competencia dixital das familias.
O05PD Potenciar o uso das aulas virtuais implementadas (EI-EP)
O06PD Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais colaborativas (EI-EP)
O07PD Desenvolvemento profesional continuo
O08PD Creación das aulas Polos Creativos e o grupo de dinamización

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital será levado a cabo polo claustro de profesores e o equipo directivo

1º Trimestre

Continuamos traballando nos obxeivos que nos faltan e mantendo os que xa temos realizados.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O plan dixital será difundido á comunidade educativa a través da páxina web do centro.