Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
  • Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021- 2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.

En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensinoaprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.

O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais, CVE: 3tRd0kXzY0 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve 2 que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.

 

  • Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo.

O CEEPR AMICOS atópase situado no centro da comarca costeira do Barbanza, no concello de Ribeira. Limita cos concellos de Porto do Son e Pobra do Caramiñal. O centro está situado nunha contorna que permite dispor de distintos recursos sociais e naturais.

En canto ás características socioeconómicas do CEEPR AMICOS, podemos destacar que a maioría das familias posúe un poder adquisitivo medio. A principal fonte de ingresos das distintas localidades próximas ó centro baséase no sector pesqueiro e servicios.

A raíz da creación do Plan Dixial de centro durante o curso 21/22 será necesario actualizar o noso Proxecto Educativo, de cara a enriquecer e fomentar futuros proxectos.

Pero cabe destacar o proxecto TICNEATE, o cal ten como obxectivo principal  o aproveitamento de calquera situación para utilizar as novas tecnoloxías como uso lúdico e formativo. Ofrecéndolle o noso alumnado un novo modelo de vida adaptado os tempos que corren, onde se fomente valores e coñecementos propios da sociedade a través da creatividade, os aspectos lúdicos.. pero sempre cunha finalidade de aprendizaxes significativos.

Tamén podemos resaltar que o profesorado foise reciclando en diferentes formacións do CAFI, como deseño e impresión 3D, actividades interactivas inclusivas, creación de contidos interactivos, e gamificación.

 

  • Proceso de elaboración.

Tendo en conta o Plan Dixital e o DAFO realizados o curso pasado, a partir de ahí levarase a cabo o presente PD: https://amicos.org/centros/ https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanActioncodPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15032674

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida da información previa empregáronse o Informe SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente (CDD), así como o coñecemento que ten o profesorado do centro do entorno do mesmo.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H. Alumnos con competencias dixitais insuficientes. Alumnado Si
Debilidade 1. Baixa competencias dixital das familias. Familias Si
Debilidade 2. Dificultade para implicar as familias. Familias Si
Debilidade C16. Falta de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade C11. Ausencia dunha estratexia dixital adaptada. Organización de centro Si
Debilidade E2. O profesorado carece de tempo para desenrolar material para o aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade D3. Falta dun coodinador TIC con coñecementos e preparación nas últimas tendencias dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza C8. Disposición para o uso de dispositivos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C1. Variedade nos dispositivos dixitais para a enseñanza (tablets, pantallas dixitales, etc.). Infraestruturas Non
Fortaleza C7. Política de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Cada alumno/a ten o seu propio dispositivo dixital para un uso personalizado e adaptado as súas propias necesidades. Infraestruturas Non
Fortaleza A3. Atención temperá e atención especializada. Oferta Non
Fortaleza 1. Fomento do uso das novas tecnoloxías. Organización de centro Non
Fortaleza E2. Implicación para a formación en novas tecnoloxías, creación e uso de recursos en liña. Persoal docente Si
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1. Sobrecarga de traballo burocrático. Administración educativa Non
Ameaza 1. Baixa competencia dixital das familias. ANPA Si
Ameaza A5. Cambios continuos na lexislación vixente. Lexislación Non
Oportunidade 1. Apoio por parte da consellería de educación. Administración educativa Non
Oportunidade 2. Incentivo para a mellora la calidade educativa. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Comunicación fluidas coas familias a través de aplicacións dixitais. ANPA Non
Oportunidade C7. Política de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade B3. Facilidade de colaboración e visibilidade. Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez elaborado o DAFO e tendo en conta os ítems anteriores, procedemos a elaborar o Plan Dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente de acordo as necesidades do contexto educativo.
O02PD Comunicarse a través do uso de ferramentas dixitais coas familias.
O03PD Mellorar a competencia dixital do persoal docente do centro.
O04PD Fomentar o uso de ferramentas e aplicacións dixitais para traballar a comunicación tendo en conta as necesidades individuais do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Dentro do proceso de seguimento e avaliación do Plan dixital faremos un seguimento mensual do mesmo, xa que moitas das accións dos obxectivos repártense nos diferentes trimestres, o cal axudaranos a ter unha perspectiva real da realización das accións e a análise e resultado das mesmas e se fora necesario da realización de modificacións das accións ou propostas de mellora.

1º Trimestre

Neste primeiro trimestre, dende o inicio do curso, realizáronse reunións mensuais coa dirección do centro, co profesorado e coas especialistas para detectar as necesidades do alumnado e as dificultades do mesmo. Isto permitéunos buscar e crear recursos máis adaptados as necesidades individuais de cada neno/a, ademais de poder traballar de maneira máis interactiva os contidos. Do mesmo xeito, reunímonos profesorado e especialistas para buscar ferramentas coas que  traballar con aquel alumnado que necesitaban dun sistema alternativo de comunicación. Por outra banda, nas reunións tamén detectamos as carencias do profesorado en canto á competencia dixital e solicitouse, a través da persoa coordinadora do CAFI, a formación a realizar neste curso académico que levaremos a cabo nos seguintes trimestres do curso. 

2º Trimestre

No segundo trimestre, ao igual que no primeiro, estivéronse a realizar diversas reunións tanto co equipo directivo do centro como co prefesorado e especialistas do mesmo. De esta maneira podemos seguir unha liña de traballo común no referido as necesidades e dificultades, tanto individuais como colectivas, do noso alumnado. Así, seguimos na liña de traballo do primeiro trimestre, xa que debido ao perfil do alumnado do centro, os materiais elaborámolo principalmente os docentes e especialistas para, posteriormente, traballar no aula os diferentes contidos. Tamén, a través da app "TokAPP" continuamos a comunicarnos activamente coas familias para dar e recibir información de diversa índole en relación ao centro ou alumnado. Ademáis, neste segundo trimestre algúns dos materiais elaborados, a través de diversas aplicacións como canva e kahoot, para conmemorar o 8M, compartímolos cos centros da Xunta das porvincias da Coruña e de Pontevedra. Por outra banda, neste trimestre realizáronse as distintas formacións que tiñamos solicitadas a través do CAFI, permitíndonos ampliar os nosos coñecementos en canto aos contidos das mesmas. 

3º Trimestre

Neste último trimestre seguimos traballando na liña dos anteriores, realizamos reunións mensuais entre o equipo directivo o profesorado e as persoas especialistas para acadar uns obxectivos de traballo común en canto ao noso alumnado. De este xeito todos e todas traballamos nunha mesma liña que nos permite afianzar contidos do alumnado, e valorar que actividades/tarefas e accións realizar en determinados momentos. Como xa se comentou, dende o inicio de curso usamos unha aplicación para comunicarnos coas familias e titores/as legais do noso alumnado, "TokApp", que seguimos usando con fins de comunicación, solicitude e envío de información. Tamén continuamos a elaborar material específico para traballar as necesidades individuais dos nosos alumnos e alumnas, a maioría dos materiais que empregamos no noso día a día son recursos dixitais que empregamos para traballar contidos lóxico-matemáticos, linguaxe, etc. Ademáis, comezamos a facer uso de diversas app que nos permiten traballar a comunicación alternativa con algún do noso alumnado. Finalmente, en relación coas formacións recibidas puidemos poñelas en práctica no noso día a día na escola, sobre todo no patio co noso alumnado. Pese a isto, en relación á formación "Metodoloxía e posibilidades un polo creativo", ao non chegarnos o material non puidemos ampliar e afianzar os nosos coñecementos, esperamos que cara o vindeiro curso académico poidamos aplicar os nosos coñecementos respeto á formación nas aulas.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación final, tivemos en conta o logro dos obxetivos e a observación dos resultados de todo o curso. Durante o curso escolar, de maneira trimestral, avaliarase a execución das ccións propostas, para poder analizar posteriormente os resultados acadados e así poder incluir as nosas propostas de mellora. 

Valoración xeral

Como valoración xeral do Plan Dixital de este curso académico, pódese dicir que se han acadado a meirande parte dos obxetivos e accións propostas. A avaliación ao longo do curso permiteunos ter unha perspectiva real da realización das acións e visualizar o resultados das mesmas. Porén a valoración xenérica de cada obxetivo é a seguinte: en canto ao obxetivo: 1. "Crear recursos dixitais para empregar na práctica docente de acordo as necesidades do contexto educativo", e a súa respetiva ación A01.1, puidemos elaborar materiais e recursos a través de recursos dixitais, sobre todo material adaptado as necesidades de cada alumno/a que posteriormente imprimimos e plastificamos, puidendoo reutilizar en mais ocasións, é o método que usa a meirande parte do profesorado debido á casuística do noso centro e das necesidades do noso alumnado. No tocante ao segundo obxetivo proposto: "Comunicarse a través do uso de ferramentas dixitais coas familias" e asúa respetiva ación A02.1, dende a escola facemos uso de este medio, pero ben é certo que as familias non participan tan activamente a través desta app. En canto ao obxetivo 3 de "Mellorar a competencia dixital do persoal docente do centro" e a súas respetivas acións A03.1, A03.2, A03.3 e A03.4, dende o centro, o profesorado tivo a oportunidade de facer dúas formacións e ampliar os seus coñecementos en diferentes ámbitos e cara o próximo curso é importante seguir traballando nesa liña para chegar a acadar o obxetivo de nivel proposto "B2". Finalmente, respeto ao obxetivo 4 de "Fomentar o uso de ferramentas e aplicacións dixitais para traballar a comunicación tendo en conta as necesidades individuais do alumnado" e encanto as súas acións propostas A04.1, A04.2 e A04.3, como docentes debemos seguir traballando e formándonos para usar este tipo de ferramentas con fins comunicativos mellorando a calidade de vida do noso alumnado e ofrecéndolle mais oportunidades de interacións sociais. 

Proposta de mellora

De cara o próximo curso estaría ben contar con mais formación en relación á Competencia Dixital Docente para acadar un nivel igualitario para todo o profesorado. Ademáis de contar con formacións que poidan poñerse en práctica na aula, xa que neste curso coa formación de "Metodoloxía e posibilidades de traballo nun Polo Creativo", pese a permitirnos aprender novos saberes respeto ao mesmo, non nos permiteu afianzar os coñecementos expostos na formación no noso día a día debido á falta de material.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia definida de cara a difusión do Plan Dixital do centro centrarase en tres vías de actuación, as cales serán a seguintes:

  • Primeiro, para a difusión do PD do centro engadirémolo o Plan educativo do mesmo, actualizándoo e revisándoo.
  • Segundo, a entidade a que se vincula o centro educativo conta cun equipo de comunicación, o cal se encarga unha vez a semana de difundir todas as novidades, e actividades que acontecen e se realizan  no CEEPR, sendo tamén un canle de difusión para o PD.
  • E por último para facer participe as familias dos nosos alumnos as cales tamén forma parte da comunidade educativa farase uso da ferramenta Tokapp a través da cal se lles poderá informar das diferentes actividades vinculadas a realización dos obxectivos plantexados.

Pódese acceder a dito Plan Dixital a través da seguinte ligazón: