Datos básicos do centro
Nome :IES de Brión
Enderezo:Paseo Pedrouzos, 3 - San Fins - 15865 - Brión (A Coruña)
Correo electrónico: ies.brion@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesbrion/
Etapas educativas: ESO e Bacharelato
nº de alumnado: 371 en ESO e 129 en bacharelato. En total 500
n.º de profesorado:47
Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
O centro participa no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) en todos os cursos de ESO que contribúe á incorporación das novas tecnoloxías ao sistema educativo en todos os seus ámbitos.
Cabe resaltar que o Proxecto Dixital está vencellado ó Proxecto Educativo contribuíndo a alcanzar as áreas de mellora a partir da análise de fortalezas e debilidades dixitais do Centro.
Breve xustificación do mesmo
O Plan Dixital do noso centro está baseado na seguinte normativa:
• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
• Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022
Proceso de elaboración
Seguindo as instruccións que nos indica a normativa anteriormente mencionada, a partir dos datos que se obtiveron do SELFIE e do TestCDD elaborados no curso 2021-22 analizáronse as debilidades e fortalezas do Centro dando lugar ó DAFO, e a partir del propuxéronse os obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital
que serven de punto de partida para a elaboración do Plan dixital de Centro