Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Plurilingüe Gándara-Sofán,é un centro dunha liña, cunha plantilla de profesorado definitivo que abrangue dende os dezaseis aos vinte mestres, dependendo das necesidades do centro ano a ano.

Ubicado na zona rural do Concello de Carballo, o alumnado é moi heteroxéneo, xa que ven tanto da vila de Carballo como das parroquias de Sofán, Artes e Verdillo; polo que proceden de entornos familiares tamén moi heteroxéneos, predominando a clase media-baixa, tanto no ámbito social como económico.

O centro conta con servizo de madrugadores, comedor, actividades extraescolares e transporte. Nestes últimos cursos o centro ten varios proxectos en marcha, entre eles, por destacar algúns, Erasmus+, lingua de signos, prensa e radio dixital, proxecta, contratos-programa, entre outros.

Neste curso 2023/2024 son 157 alumnos de Ed.Infantil e Primaria.

  1. CONTRIBUCIÓN DO PLAN DIXITAL AO PROXECTO EDUCATIVO

    O Plan Dixital de Centro,  ten que formar parte das liñas fundamentais e polo tanto contribuír e formar parte do PE.
    O alumnado do CEIP Plurilingüe Gándara Sofán, debe ser un alumnado formado en todas as competencias que establece a lei educativa e polo tanto, a competencia dixital ten que traballarse a todos os niveis. O Plan Dixital ten que establecer estratexias para que o alumnado adquira os aprendizaxes a través de medios dixitais e teña estes medios como recurso para a súa aprendizaxe.
    Non podemos esquecer que dentro das liñas que marca  no PE, temos un amplo alumnado de atención a diversidade para o cal, os recursos que podemos ofrecer a través de medios dixitais serán claves para traballar e lograr un maior éxito académico e social.

    A comunicación coas familias nos tempos nos que vivimos xa non pode estar limitada aos medios escritos, o plan dixital ten que aportar ao noso PE, un sistema de información e comunicación moito máis completo que o que ata agora se mantiña.

  2. É fundamental establecer unha estreita relación entre a Biblioteca e o Plan Dixital. Dentro do noso Plan Dixital contemplamos unha mellora dos medios dixitais dispoñibles para a biblioteca do centro.

  3. Con respecto a outros plans, a difusión do noso idioma e o traballo de actividades e recursos a través das novas tecnoloxías educativas, farán que a difusión do Plan de Dinamización da Língua Galega acade maior calado.

  4. O Plan Dixital contribúe á Programación Xeral Anual do curso 2023/2024 , atendendo a: dotación de medios e dispositivos dixitais para fomentar a lectura, dotación de medios e recursos para o profesorado e alumnado para a mellora académica, repositorio de contidos dixitais e integración no PFPP  do centro de liña TIC, polos creativos  e outros.

MARCO NORMATIVO:

  1. Instrucións para elaborar o plan dixital de centro:  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021/2022.

  2. LeI Orgánica 3/2020, do 29 de diciembre, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, no seu preámbulo.

  3. Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 7.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE

Test CDD

Outras fontes (anual):

  1. Enquisas realizadas ás familias no inicio do curso sobre o uso de tecnoloxías no entorno familiar  e tamén da dispoñibilidade das mesmas na unidade familiar.

  2. Conectividade nos domicilios e participación no entorno dixital do centro educativo. Todos os cursos se pasa esta enquisa ás familias.

  3. Enquisas ao profesorado, ao  inicio do curso para coñecer a situación de partida en formación e necesidades ou inquedanzas acerca de recursos tecnolóxicos.

 

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxetivos
Debilidade Alumnado de ámbito rural, onde a conexión a internet é baixa ou mala. Alumnado moi expostos ás tecnoloxías no seu tempo de lecer e con escasa posibilidade de supervisión da familia.Exceso de información carecendo de criterios obxecti-vos. Alumnado Non
Debilidade Familias de ámbito rural, onde a conexión é mala ou baixa; e de ámbito socio-cultural medio baixo. Familias nas que os membros traballan polo que dei-xan a cargo dos avós o tempo de lecer dos seus fillos. Emprego das tecnoloxías coma entretemento e lecer sen obxectivos educativos Familias Non
Debilidade Somos un centro do ámbito rural, polo que a conexión ás veces non é boa. Cando falla algo dependemos que persoal externo veña arranxalo. Instalacións non unificadas, en canto ás conexións e cableado, en to-das as aulas.Equipos e instalacións anticuadas algunhas clases Infraestruturas Non
Debilidade Somos un centro pequeno e rural, fronte aos centros urbanos do noso concello estamos en desvantaxe. Falta de horario para darlle máis saídas e visibilidadesaos proxectos.A maioría das formacións son enfocadas a niveis su-periores e non serven para aplicar no día a día, sobre todo na etapa infantil.Os mestres comentaron que precisan formación so-bre: facer as súas propias actividades en plataformas como Genially ou CANVA (tendo en conta que moitas ferramentas son de pago), elaborar vídeos recompi-lando actividades, fotos.. Oferta Non
Debilidade Falta de horario para as coordinacións entre os mes-tres, entre mestres e familias, e entre os respectivos membros da comunidade educativa, non hai un "tem-po" para adicar á reflexión e organización no uso de ferramentas dixitais de xeito conxunto, nin para a ela-boración de repositorios. Organización de centro Non
Debilidade Falta de formación de nivel na tecnoloxía dixital no profesorado. Falta de tempo no horario lectivo para adicación ás tecnoloxías dixitais. Falta de horario para coordinación de actividades con-xuntas no ámbito dixital. Esquecemos como facer cou-sas que xa sabíamos polo que necesitamos un reposi-torio de todos os procedementos básicos que necesi-tamos saber facer cada ano e tamén para cando ven profesorado novo poida acceder a el (aula virtual, ra-dio, web e blog do centro...) Persoal docente Non
Debilidade Non é persoal propio da consellería, polo que ás ve-ces a xornada está limitada para certas actividades. Falta de formación de nivel na tecnoloxía dixital Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado ten mentalidade aberta cara as novas tecnoloxías, así como unha motivación extra hacia ac-tividades relacionadas cas competencias dixitais. As aprendizaxes son máis motivadoras e participativas para o alumnado Alumnado Non
Fortaleza Familias implicadas na educación dixital.Colaboración entre familias e resto da comunidade educativa. Esforzo por parte das familias no dominio das tecnolo-xías dixitais no ámbito educativo. Familias Non
Fortaleza Somos un centro Edixgal (5º/6º teñen ordenadores), existe un grupo de traballo cun proxecto relacionado coas competencias dixitais, dotación de 25 tablets (unha por alumno). En relación á programación informática e robótica, te-mos varios equipos maker para todos os niveis educa-tivos. Todas as aulas están dotadas con PDI, portátil, altofalantes e proxectores. Infraestruturas Non
Fortaleza Oferta de proxectos con distintas competencias dixi-tais (prensa, radio, fotografía, etc.) No traballo de aula, utilízanse as TIC, na medida que se pode, en canto a tempo e recursos. Fíxose un esforzo por parte do centro, en canto á adquisición de equipos, tablets e dispositivos dixitais. Oferta Non
Fortaleza Planificación de horario. Planificación de recursos humanos. Planificación de recursos materiais. Existe un grupo de traballo para a mellora na xestión do centro, de ahí naceron os novos proxectos dixitais.Mudamos no xeito administrativo diario e tamén na in-mersión dixital da nosa comunidade educativa. Pro-xecto Erasmus+ SOFAN DIXITAL. Organización de centro Non
Fortaleza Persoal xoven e aberto á innovación. O 80% do profe-sorado é definitivo no centro. Implicación nos proxec-tos dixitais do centro. Persoal docente Non
Fortaleza Implicación e colaboración coa actividade lectiva e complementaria do centro. Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxetivos
Ameaza Desconexión dixital ou mala cobertura para manter plataformas de video conferencia.Cambios de profesorado ou calquera integrante na pla-taformaeducativaque poida dar lugar a unha reestrutu-racióndos proxectos que se levan a cabo ao longopra-zo.Faltadeoferta pública de formacióndixital adaptada ao nivel de primaria e infantil,é de pago. Actualización nos recurso dixitaisqueofrecenaswebsoficiaisdoscentros Administración educativa Non
Ameaza Amaioría das familias asociadas apenas van asreunións que soen realizar a directiva polo que apartici-pación na vida escolar é escasa. Necesidadede vincular ás familias nos proxectos dixi-tais. ANPA Non
Ameaza Falta de infraestruturas para ter unha boaconexión a banda dixital.Existen tamén as súas desvantaxes (illamento) con res-pecto a actividades ofertadas nos centros urbanos. Contorna Non
Ameaza Cambios de lexislación cada certo tempo. o quenos pri-va dunha continuidade educativa para levar acabo certos proxectos.Nonsempreseofertanrecursosoficiaispara contidos que precisan deplataformas externas (YouTube). Lexislación Non
Ameaza Falta de infraestruturas para ter unha boaconexión a banda dixital, que permitenrealizarasactividadespro-postasneseintre. Outras Non
Oportunidade Diversificacióndeproxectoseducativos.Centro pequenopero con oferta dixital(prensa+radio), Erasmus+ SOFANDIXITAL. Administración educativa Non
Oportunidade CoordinaciónmoiboaentreaANPAeosdistintos secto-res da comunidadeeducativa. Planificación de actividadescoordinadacosmestres. ANPA Non
Oportunidade Colexio pequeno ubicado no ámbitoperiurbanoerural,ondeoalumnadopodevivir de cerca os distintos lados: urbano erural.,coasvantaxesdorural. Contorna Non
Oportunidade Amparo legal para a realización dasactividadespropos-tas,nonentodososcaso. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración con diversas entidadespara levar a cabo os proxectos do centro,xasexapresencialmenteoudixi-talmente. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e as outras fontes (enquisas), o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver, tamén de utilidade e actualizado neste curso 2023/2024.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxetivo Opcións
O01PD 1. Implementar, para este curso escolar, un novo plan de formación permanente, adaptado ás necesidades reais do centro ,profesorado e proxectos do centro
O02PD 2. Continuar co repositorio de recursos dixitais e titoriais para o uso das ferramentas máis utilizadas no ámbito educativo, en todos os niveis.
O03PD 3. Mellorar a conectividade do centro e instalar novo equipamento nas aulas que non o teñen.
O04PD 4. Creación da nova páxina web do centro.

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizará as reunións necesarias para facer un seguimento e valorar as evolucións deste Plan Dixital do curso 2023/2024.

O procedemento de avaliación será continuo e final.

Continuo (avaliación procesual) pois mínimo unha vez por trimestre, se reunirá os integrantes da Comisión de seguimento (equipo directivo e equipo TIC) para revisar e constatar a súa boa evolución tanto na execución como nos resultados, para iso comprobarase a análise e valoración destes (a través dun feeback) polos medios que se definirán para realizalo.

Tanto se a evolución da execución dos obxectivos é boa ou mala, sempre se poderá introducir as melloras que así se consideren oportunas cambiar, ou cales remarcar aínda máis.

Final; esta avaliación se fará ó rematar o curso, para comprobar se os logros e obxectivos se levaron a cabo, tendo en conta, as revisións feitas na avaliación procesual, incluíndo as melloras, de seres o caso, introducidas para alcanzar os obxectivos.

Éstes marcarán o punto de partida do seguinte plan dixital, que se implantaría o vindeiro curso, que no caso de non alcanzarse os obxectivos propostos, serán revisados en profundidade para saber o porqué e como poder adquirilos.

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:

  • No contexto da avaliación procesual, a frecuencia do seu seguimento será dunha

  • reunión de equipo todos os primeiros luns de cada mes en horario de 17:00 en adiante. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será ao rematar o mes de maio e antes do comenzo das avaliacións e a execución de memorias, para poder recoller estes datos para o seu análise e posterior aplicación nos seguintes plans.

Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora en cada área.

 

1º Trimestre

Según tabla de obxectivos e plans de accións, temporalización realizada.                                                                                                                           Logo do seguimento realizado pola asesora do Plan dixital mediante videoconferencia o día 7/2/24, acordouse o seguinte:                                                          1. En canto ao obxectivo1 están feitas as enquisas e subidas a Educalidade e xa se fixo  consenso en que as ferramentas dixitais se vaian engadindo no apartado correspondente da aula virtual. Realizada a formación Edixgal e aulas virtuais así como as ferramentas dixitais específicas utilizadas nos proxectos de centro (radio, prensa dixital e edición de videos e fotos para a web). Está pendente a formación de polos creativos a realizar no mes de marzo.

2. En canto ao obxetivo 2 seguimos co repositorio, se estableceron os grupos de traballo por ciclos e o equipo TIC e o que fai o seguimento.

3. En canto ao obxectivo 3, solicitamos wifis integrales novas e tamén conexións a través de AMTEGA, seguimos á espera das wifis.

4. En canto ao obxectivo 4, realizamos a formación co asesor de AMTEGA, de E-dixgal e páxina web na cal xa se comenzou a modifica a estructura e a facer limpeza de contidos.

2º Trimestre

Según tabla de obxectivos e plans de accións, temporalización realizada.

3º Trimestre

Según tabla de obxectivos e plans de accións, temporalización realizada.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será:

  • No contexto da avaliación procesual, a frecuencia do seu seguimento será dunha

  • reunión de equipo todos os primeiros luns de cada mes en horario de 17:00 en adiante. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será ao rematar o mes de maio e antes do comenzo das avaliacións e a execución de memorias, para poder recoller estes datos para o seu análise e posterior aplicación nos seguintes plans.

Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora en cada área.

 
Valoración xeral
Propostas de Mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O abeiro da reforma do ROC, e a súa implantación , serán reformados toda a documentación pertinente do centro, a saberdes, PE, NOF, e tamén os distintos plans de actuación ; polo que o Plan Dixital será incluído xa, dentro dos documentos educativos do centro, ademáis de ser revisado e aprobado anualmente en sesión de claustro e consello escolar e incluido na PXA.

Toda esta documentación, incluída o Plan Dixital, está a disposición de toda a comunidade educativa na páxina WEB do centro, así como se insta a toda comunidade educativa para botarlle unha ollada e preguntar as dúbidas que poidan xurdir despois da súa lectura, para que sexan resoltas, tamén estarán a disposición na aula virtual do centro, onde se abrirá unha caixa de suxestións, dúbidas e comunicación con toda a comunidade, neste caso difundirase adecuadamente a toda comunidade educativa a través de Abalarmóbil, no primeiro claustro e consello escolar do curso, a profesorado, alumnado e membros do consello.

A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a esta ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e a avaliación deste plan baixo a supervisión da persoa directora do centro.