Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

No CIFP Ánxel Casal-Monte Alto ofrécense estudos de Formación Profesional das ramas Sanitaria e Servizos Socioculturais e á Comunidade, Seguridade e Saúde ambiental e Química. Abrangue tanto o réxime ordinario coma o de adultos, nas modalidades presencial, semipresencial ou a distancia e dual, sendo o centro de Formación Profesional con maior alumnado matriculado da área metropolitana de A Coruña.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O contexto socioeconómico e laboral do centro ven derivado das claves xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e da configuración da oferta formativa do Centro, con familias de alta demanda que atraen o interese do alumnado de toda a Comunidade: Sanidade e Servizos Socioculturais e á Comunidade. Ademáis, no centro impartese un ciclo da familia profesional Seguridade e medioambiente, e un curso de especialización da familia profesional de Química.

  • No ámbito da familia de Sanidade mantense relación con todos os centros asistenciais, públicos e privados da cidade, onde desenvolve o módulo de Formación en Centros de Traballo o alumnado do centro, e realiza visitas durante o curso como actividades complementarias a formación.
  • No ámbito da familia de Servizos Socioculturais e á Comunidade, mantense relación cos Concellos, en especial o de A Coruña, así como os limítrofes, e co sector privado de escolas infantís que ofertan prazas para a FCT de todo o alumnado do Centro.
  • No ámbito da familia de Seguridade e medioambiente, manterase a relación coas mesmas empresas, nas que o alumnado do extinguido CS Saúde ambiental realizaba a formación en centros de traballo.
  • No ámbito da familia de Química, impártese dende o curso académico 2021-2022 o curso de especialización Cultivos Celulares, o que levou a estreitar a relación coas entidades que traballan neste ámbito tanto na cidade da Coruña, como no resto da comunidade, para garantir a mellor formación para o alumnado.

Dende o curso 2016-2017, recóllense obxectivos nos Plans Anuais do centro, encamiñados a mellorar as infraestructuras dixitais do centro entre as que se atopan a mellora da conexión wifi, o incremento da dixitalización coa posta en marcha dun servidor interno e dunha intranet para xestión do centro, a consolidación da infraestructura hardware/software do centro, a creación e actualización constantes da web. Tras a pandemia de COVID'19, o uso das aulas virtuais de Moodle para a impartición dos módulos de cada ciclo está plenamente extendida entre o profesorado, sendo o seu uso ben valorado polo alumnado, se ben é un sistema onde compre realizar melloras para un mellor funcionamento.

O Centro tamén ten presencia nas principais Redes Sociais do momento.

Contextualización normativa en relación co Plan Dixital do centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO tivéronse en conta os resultados extraídos do SELFIE e do Test CDD

Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1. Pautas de actuación pouco seguras no acceso e manexo de internet. Alumnado Si
Debilidade G5. Escasa autorreflexión sobre a aprendizaxe, e comentarios sobre o traballo dos compañeiros. Alumnado Si
Debilidade B2. Baixo debate sobre as ventaxas/desvantaxas do ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade A6. Dificultade para a implicación das empresas na estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade F6. Escaso fomento da participación do alumnado nos proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade G5. Avaliación das actividades do alumnado e fomento de autorreflexión sobre a aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza - Facilidade para aprender a comunicarse coa tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza C2. Elevado número de dispositivos dixitais para ensinanza. Alumnado Non
Fortaleza - Capacidade para verificar e recoñecer a calidade da información atopada na internet. Alumnado Non
Fortaleza C7. Existencia de sistemas protección de datos: intranet, servidores propios. Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Elevado número de dispositivos dixitais empregados no proceso ensinanza/ aprendizaxe Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Dispoñibilidade de asistencia técnica Infraestruturas Non
Fortaleza - Novas modalidades de ensinanza que promoven a competencia dixital do profesorado. Oferta Non
Fortaleza - Desenvolvemento dunha estratexia dixital dende o curso académico 2016-2017. Organización de centro Si
Fortaleza - Avaliación do progreso na ensinanza/aprendizaxe Organización de centro Non
Fortaleza - Dispoñibilidade de asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza - Colaboración con outras organizacions. Persoal docente Non
Fortaleza - Práctica habitual para busca de recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza - Novas modalidades de ensino que promoven a competencia dixital do profesorado Persoal docente Non
Fortaleza - Posibilidade de Desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Non
Fortaleza - Implicación e retroalimentación do alumnado na aprendizaxe Persoal docente Non
Fortaleza - Intercambio de experiencias Persoal non docente Non
Fortaleza - Implicación e colaboración co alumnado. Persoal non docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Baixa participación das empresas na estratexía dixital. Outras Non
Oportunidade C2. Cesión de dispositivos dixitais e acceso a internet para préstamo ao alumnado. Administración educativa Non
Oportunidade C1. Melloras na infraestructura de rede por parte da Administración. Administración educativa Si
Oportunidade - Adaptación aos cambios lexislativos relativos aos Sistemas de protección de datos Lexislación Non
Oportunidade - Posibilidade de actualizar bases de datos de proveedores de formación Outras Non
Oportunidade - Posibilidade de fomentar a colaboración con outras entidades. Outras Non
6 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das linguas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Proporcionar ferramentas e estratexias ao alumnado para actuar de xeito seguro en internet (H1)
O02PD Empregar as tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe (G5)
O03PD Fomentar o emprego do caderno dixital como instrumento de avaliación e seguimento do alumnado (G1)
O04PD Promover a dixitalización de procesos (E)
O05PD Adaptar os espazos para mellora da dixitalización (C)
O06PD Promover o emprego das ferramentas dixitais dispoñibles para o alumnado (G5)

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento dos obxectivos plantexados no plan dixital, levarase a cabo coa supervisión do asesor de ADIX.

1º Trimestre

Dende o inicio do curso e ata finais de Outubro, o traballo do equipo TIC estivo focalizado case ao 100% no soporte e resolución de dúbidas e problemas coas Aulas Virtuais de presencial e distancia tanto do profesorado como do alumnado. Actualizáronse os protocolos de uso para tratar de cubrir dúbidas habituais. Coas primeiras actividades a publicar en pantallas/RRSS/web tamén apareceron dúbidas de uso, formatos, etc que xa foron incluidas tamén nos protocolos de publicación para o profesorado.

O proceso de optimización da AV da modalidade presencial levou á eliminación de aproximadamente 1500 usuarios inactivos e xa deu comezo o proceso de borrado de cursos antigos, apreciándose xa un mellor comportamento no uso diario do sistema. Tamén se compartiron co profesorado as instrucións de uso da WiFi_Abalar.

Xa están planificadas as sesións do Plan Director para a concieciación do uso seguro de Internet por parte do alumnado para Marzo de 2024.

O equipo TIC continúa a traballar no proceso contínuo de divulgación tanto interna (pantallas do centro) como externa (RRSS e Web) das diferentes actividades realizadas polo alumnado e profesorado do Centro. Engadíronse novas funcionalidades na Intranet relativas á Xestión económica e Seguimento de programacións de Departamentos Didácticos.

Respecto á actualización tecnolóxica dos espazos docentes, está a piques de rematar a Aula Tecnolóxica de Educación Infantil.

2º Trimestre

Seguimos a resolver dúbidas do profesorado respecto do uso das Aulas Virtuais, ainda que menos grazas aos protocolos compartidos no 1º trimestre. Tamén están surxindo moitas dúbidas na configuración da WiFi_Abalar por parte do profesorado.

O cuestionario enviado ao profesorado respecto do emprego do caderno dixital, xunto coas dúbidas que resolvemos habitualmente dende o equipo TIC, lévanos á conclusión de que é preciso realizar píldoras informativas para o profesorado non só respecto do uso das ferramentas de avaliación de Moodle senon tamén de boas prácticas a seguir no manexo das aulas virtuais (principalmente para o profesorado de nova incorporación/sustitutos)

Tras a eliminación de usuarios inactivos, o proceso de optimización da AV da modalidade presencial levou á eliminación de aproximadamente 200 cursos antigos, apreciándose xa un mellor comportamento no uso diario do sistema. 

Realizáronse as sesións do Plan Director para a concieciación do uso seguro de Internet por parte do alumnado no mes de Marzo. Queda pendiente o envío das enquisas ao alumnado participante.

O equipo TIC continúa a traballar no proceso contínuo de divulgación tanto interna (pantallas do centro) como externa (RRSS e Web) das diferentes actividades realizadas polo alumnado e profesorado do Centro. O equipo TIC está a traballar coa Vicedirección na reorganización de certas seccións da páxina web do centro.

Respecto á actualización tecnolóxica dos espazos docentes, rematouse a Aula Tecnolóxica de Educación Infantil.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

  • No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan dixital foi difundido entre toda a comunidade educativa do centro e está publicado na páxina do centro, na seguinte ligazón