Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital (PD) en relación coa normativa vixente:

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo:

O plan dixital pretende por unha banda, dar estrutura a todas aquelas actividades encamiñadas a elevar a competencia dixital da nosa comunidade educativa e, por outra banda, dar soporte ao proceso de ensinanza e aprendizaxe e potenciar a consecución dos obxectivos do centro. Nesta liña, partindo do respecto á identidade do centro, ao modelo pedagóxico que nos define e en harmonía cos demais plans e proxectos que levamos a cabo, o plan dixital ten como finalidade última aumentar a eficacia dos procesos educativos, administrativos e de relación coa comunidade.

 

Proceso de elaboración:

Este plan foi elaborado polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital seguindo as instrucións proporcionadas polo Equipo de Apoio Dixital da zona de Ribeira (ADIX Ribeira). Para a súa elaboración levamos a cabo unha revisión e actualización das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidade (DAFO), tanto a nivel interno como externo. Cabe recordar que a elaboración inicial do DAFO é o resultado de analizar e valorar a información obtida na enquisa de autoavaliación SELFIE e no test de competencia dixital docente (TCDD) realizados en cursos anteriores. 

En consecuencia, deseñamos un plan de acción que constitúe un apartado esencial na elaboración final do plan dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Partimos da análise e actualización das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) existentes, incorporando achegas doutras fontes como son o contacto diario coas familias, o traballo co alumnado, as suxestións, necesidades e preferencias do profesorado ou as relacións con outras corporacións.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de desenvolvemento de destrezas no alumnado que lle permita actuar de xeito responsable, seguro e crítico cando emprega internet e medios dixitais. Alumnado Si
Debilidade Uso moi reducido de tecnoloxías dixitais para a avaliación do alumnado, así como para a reflexión sobre a nosa propia práctica docente. Persoal docente Si
Debilidade Escaso emprego de contornas virtuais de ensinanza e aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Pouca iniciativa e interese en grande parte do profesorado por explorar novas formas de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Ausencia de traballo colaborativo e interdisciplinar entre o profesorado, entre o profesorado e o alumnado e o alumnado entre si. Persoal docente Si
Debilidade Baixa competencia dixital en parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza ANPA colaborativa e aberta a propostas. Familias Si
Fortaleza Equipamento dixital suficiente e de utilidade para o desenvolvemento da ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza Participación do centro en programas de innovación educativa. Organización de centro Si
Fortaleza Alta porcentaxe do profesorado con destino definitivo no centro. Persoal docente Si
Fortaleza Claustro heteroxéneo, unido e comprometido. Persoal docente Si
Fortaleza Parte do profesorado interesado, motivado e con habilidades e coñecementos relacionados coas novas tecnoloxías. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Presión por traballar un excesivo número de contidos curriculares, na meirande parte pouco relacionados con habilidades ou destrezas dixitais. Administración educativa Si
Ameaza Incremento continuado da carga de traballo sobre o persoal docente. Administración educativa Si
Ameaza Proporción alumnado/profesorado demasiado elevada. Administración educativa Si
Ameaza Falta de aplicacións e plataformas educativas corporativas, atractivas e intuitivas, que sirvan á comunidade educativa. Administración educativa Si
Ameaza Exceso de tarefas administrativas e burocráticas, carentes de funcionalidade real e con nulo carácter pedagóxico. Administración educativa Si
Ameaza Baixa competencia dixital por parte dalgunhas familias. Contorna Si
Ameaza Parte do alumnado provén de contornas sociais desfavorecidas. Contorna Si
Ameaza Dificultade de certa parte do alumnado para acceder a dispositivos dixitais e a unha conexión a internet estable. Contorna Si
Oportunidade Actualización e mellora progresiva das contornas dixitais e do equipamento. Administración educativa Si
Oportunidade Acceso a formación continua no relativo á ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade Interese das institucións por impulsar o desenvolvemento dixital do profesorado e dos centros educativos. Administración educativa Si
Oportunidade Alumnado nativo dixital, motivado e interesado polo uso das tecnoloxías e contornas dixitais. Contorna Si
Oportunidade Marco estable que aporta continuidade e referencias comúns para todas as etapas educativas. Lexislación Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O estudo e a posterior avaliación da situación actual e futura do noso contexto educativo orientou ao Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro no deseño dun plan de acción cuxos obxectivos trataremos de acadar ao longo do curso académico 2023/2024. Para alcanzar as metas propostas, desenvolveremos un plan estratéxico que inclúe a realización de diferentes formacións e actividades.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Levar a cabo actividades de realidade aumentada co alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación infantil (E3).
O02PD Empregar cuestionarios dixitais de avaliación en primeiro de educación primaria (G1).
O03PD Crear imaxes empregando ferramentas impulsadas pola Intelixencia Artificial (IA) en segundo de educación primaria (E1).
O04PD Utilizar aplicacións impulsadas por Intelixencia Artificial (IA) para a conversión de texto a son en terceiro de educación primaria (E1).
O05PD Dotar ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria de ferramentas, estratexias e criterios de validación que lle axuden a analizar a fiabilidade e a veracidade da información que atopan en internet (H4).
O06PD Facer uso da mensaxería da Aula Virtual para ofrecer ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria unha canle de comunicación directa e máis persoal coas persoas titoras (E3).
O07PD Poñer en práctica as normas de comportamento xeral en internet a través de debates entre o alumnado nos foros do EVA E-Dixgal, nos cursos de quinto e sexto de educación primaria (B2).
O08PD Introducir ao alumnado de quinto de educación primaria na linguaxe da programación (F6).
O09PD Proporcionar soporte á implementación de E-Dixgal en quinto de educación primaria (A3).
O10PD Deseñar unha estratexia global para a recepción e introdución dos Polos Creativos nas dinámicas do centro (C2).

Seguimento

Procedemento

Con carácter trimestral faremos un seguimento das accións previstas a desenvolver en cada período, reflexionando sobre o que estivo ben e o que é preciso mellorar, analizando os resultados obtidos e en que medida estes contribúen á consecucións dos obxectivos propostos.

 

1º Trimestre

OBXECTIVO 1

Levar a cabo actividades de realidade aumentada co alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación infantil (E3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- O equipo de educación infantil reuniuse para facer unha busca, análise e selección de títulos de realidade aumentada axeitados para o alumnado dos tres niveis de infantil.

- Solicitóuselle á coordinadora do PLAMBE a compra dos seguintes libros: iSistema solar, iDinosaurios e iTormenta.

 

OBXECTIVO 2

Empregar cuestionarios dixitais de avaliación en primeiro de educación primaria (G1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- A titora de 1º de educación primaria elaborou varios cuestionarios dixitais empregando a ferramenta Kahoot!.

- Realizouse co alumnado unha sesión de traballo empregando cuestionarios dixitais.

 

OBXECTIVO 3

Crear imaxes empregando ferramentas impulsadas pola Intelixencia Artificial (IA) en segundo de educación primaria (E1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- Creouse un banco de imaxes dixitais clasificando as imaxes en: esculturas clásicas, esculturas contemporáneas e obxectos do día a día. 

 

OBXECTIVO 4 

Utilizar aplicacións impulsadas por Intelixencia Artificial (IA) para a conversión de texto a son en terceiro de educación primaria (E1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- Buscouse unha ferramenta baseada en IA para a conversión de texto a son. Dita ferramente é naturalreaders.com

 

OBXECTIVO 5

Dotar ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria de ferramentas, estratexias e criterios de validación que lle axuden a analizar a fiabilidade e a veracidade da información que atopan en internet (H4).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- Reviusouse e actualizouse a rúbrica que servirá de guía para o desenvolvemento da actividade.

- Seleccionáronse catro retos de diferente dificultade xa existentes e deseñouse un novo reto a maiores. 

 

OBXECTIVO 6

Facer uso da mensaxería da Aula Virtual para ofrecer ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria unha canle de comunicación directa e máis persoal coas persoas titoras (E3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Actualizáronse os manuais e videotitoriais sobre o funcionamento da Aula Virtual do centro e puxéronse a disposición de todo o profesorado.

 

OBXECTIVO 7

Poñer en práctica as normas de comportamento xeral en internet a través de debates entre o alumnado nos foros do EVA E-Dixgal, nos cursos de quinto e sexto de educación primaria (B2).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Actualizáronse os manuais e videotitoriais sobre o funcionamento da Aula Virtual do centro e puxéronse a disposición de todo o profesorado.

- O coordinador do Plan TIC creou os foros nas AV das aulas de 5º e 6º de primaria.

 

OBXECTIVO 8

Introducir ao alumnado de quinto de educación primaria na linguaxe da programación (F6).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Levouse a cabo unha reunión entre o titor de quinto de educación primaria e o coordinador do Plan Dixital para estruturar as diferentes sesións e a metodoloxía a seguir durante os obradoiros. 

 

OBXECTIVO 9

Proporcionar soporte á implementación de E-Dixgal en quinto de educación primaria (A3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Levouse a cabo a ENAPA sobre o funcionamento do EVA E-Dixgal.

 

OBXECTIVO 10

Deseñar unha estratexia global para a recepción e introdución dos Polos Creativos nas dinámicas do centro (C2).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Valoráronse diferentes espazos do centro nos que instalar o equipamento dos Polos Creativos. Finalmente, chegouse ao acordo recepcionar os diferentes equipos na sala de usos múltiples á espera de de crear unha aula-obradoiro na que actualmente é a aula de informática.

2º Trimestre

OBXECTIVO 1

Levar a cabo actividades de realidade aumentada co alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación infantil (E3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- O equipo de educación infantil reuniuse para probar o funcionamento da aplicación móbil e dos libros de realidade aumentada e familiarizarse con eles, antes de levar a cabo os obradoiros nas aulas.

 

OBXECTIVO 2

Empregar cuestionarios dixitais de avaliación en primeiro de educación primaria (G1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Realizouse co alumnado a sesión de traballo empregando cuestionarios dixitais correspondente ao segundo trimestre.

 

OBXECTIVO 3

Crear imaxes empregando ferramentas impulsadas pola Intelixencia Artificial (IA) en segundo de educación primaria (E1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- A titora de segundo de primaria e o coordinador do Plan Dixital reuníronse para probar o funcionamento da ferramente cloud.lambdalabs.com baseada en IA e familiarizarse con ela, antes de levar a cabo os obradoiros nas aulas.

 

OBXECTIVO 4 

Utilizar aplicacións impulsadas por Intelixencia Artificial (IA) para a conversión de texto a son en terceiro de educación primaria (E1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- A titora de cuarto de primaria e o coordinador do Plan Dixital reuníronse para probar o funcionamento da ferramenta naturalreaders.com baseada en IA e familiarizarse con ela, antes de levar a cabo os obradoiros nas aulas.

- Levouse a cabo un obradoiro no que o alumnado de cuarto de educación primaria experimentou o funcionamento e o potencial da intelixencia artificial, en concreto a capacidade de conversión de texto a son.

 

OBXECTIVO 5

Dotar ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria de ferramentas, estratexias e criterios de validación que lle axuden a analizar a fiabilidade e a veracidade da información que atopan en internet (H4).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- Leváronse a cabo sesións de concienciación e información sobre as pautas a seguir para analizar a fiabilidade das informacións que recibimos por distintas canles e detectar noticias falsas. 

- Desenvolvéronse obradoiros nos que o alumnado puxo en práctica as habilidades e destrezas adquiridas nas sesións anteriores para discriminar se unha información é falsa ou se pola contra é veraz.

 

OBXECTIVO 6

Facer uso da mensaxería da Aula Virtual para ofrecer ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria unha canle de comunicación directa e máis persoal coas persoas titoras (E3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Abriuse a canle de comunicación privada entre o alumando e as súas persoas titoras.

 

OBXECTIVO 7

Poñer en práctica as normas de comportamento xeral en internet a través de debates entre o alumnado nos foros do EVA E-Dixgal, nos cursos de quinto e sexto de educación primaria (B2).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Reviusouse e actualizouse a rúbrica que servirá de guía para o desenvolvemento da actividade, ampliando a Netiqueta ao uso de dispositivos móbiles, redes sociais, mensaxería instantánea e correo electrónico.

 

OBXECTIVO 8

Introducir ao alumnado de quinto de educación primaria na linguaxe da programación (F6).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

(Á espera de que desenvolva o obradoiro)

 

OBXECTIVO 9

Proporcionar soporte á implementación de E-Dixgal en quinto de educación primaria (A3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Estableceuse o grupo de traballo e os obxectivos a conseguir ao longo das distintas reunións.

 

OBXECTIVO 10

Deseñar unha estratexia global para a recepción e introdución dos Polos Creativos nas dinámicas do centro (C2).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Recibimos unha docencia externa sobre metodoloxía maker en relación cos Polos Creativos.

3º Trimestre

OBXECTIVO 1

Levar a cabo actividades de realidade aumentada co alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación infantil (E3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Leváronse a cabo obradoiros nas aulas de educación infantil nas que o alumnado puido experimentar co funcionamento e o potencial da realidade aumentada.

 

OBXECTIVO 2

Empregar cuestionarios dixitais de avaliación en primeiro de educación primaria (G1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Realizouse co alumnado a sesión de traballo empregando cuestionarios dixitais correspondente ao terceiro trimestre.

 

OBXECTIVO 3

Crear imaxes empregando ferramentas impulsadas pola Intelixencia Artificial (IA) en segundo de educación primaria (E1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

- Leváronse a cabo 3 obradoiros no que o alumnado de segundo de educación primaria puido experimentar o uso e o potencial da intelixencia artificial, en concreto a capacidade da crear imaxes orixinais a partir da fusión de imaxes reais.

 

OBXECTIVO 4 

Utilizar aplicacións impulsadas por Intelixencia Artificial (IA) para a conversión de texto a son en terceiro de educación primaria (E1).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

-  Todas as accións relacionadas con este obxectivo desenvolvéronse no primeiro e no segundo trimestre.

 

OBXECTIVO 5

Dotar ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria de ferramentas, estratexias e criterios de validación que lle axuden a analizar a fiabilidade e a veracidade da información que atopan en internet (H4).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO:

-  Todas as accións relacionadas con este obxectivo desenvolvéronse no primeiro e no segundo trimestre.

 

OBXECTIVO 6

Facer uso da mensaxería da Aula Virtual para ofrecer ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria unha canle de comunicación directa e máis persoal coas persoas titoras (E3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

-  Todas as accións relacionadas con este obxectivo desenvolvéronse no primeiro e no segundo trimestre.

 

OBXECTIVO 7

Poñer en práctica as normas de comportamento xeral en internet a través de debates entre o alumnado nos foros do EVA E-Dixgal, nos cursos de quinto e sexto de educación primaria (B2).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- O alumnado de quinto e sexto de educación infantil empregou os foros da AV para debater e poñer en práctica as normas de comportamento en internet.

 

OBXECTIVO 8

Introducir ao alumnado de quinto de educación primaria na linguaxe da programación (F6).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Realizáronse distintos obradoiros nos que o alumnado de quinto de educación primaria puido ter un primeiro achegamento ao mundo da robótica, experimentando con diferentes automatismos.

 

OBXECTIVO 9

Proporcionar soporte á implementación de E-Dixgal en quinto de educación primaria (A3).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Creouse un curso no EVA-Edixgal con propostas de actividades de todas as materias para aquel alumnado que remate as tarefas antes de tempo. O curso leva por nome "Profe xa acabín".

 

OBXECTIVO 10

Deseñar unha estratexia global para a recepción e introdución dos Polos Creativos nas dinámicas do centro (C2).

ACCIÓNS LEVADAS A CABO

- Recibimos unha docencia interna sobre o uso e funcionamento do plóter de corte Rotutex C41.

- Levamos a cabo as sesións de traballo do seminario nas que puxemos en práctica as destrezas e as habilidades adquiridas sobre o funcionamento e o potencial educativo que ofrece o plotter de corte.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O obxectivo O01PD Levar a cabo actividades de realidade aumentada co alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación infantil (E3) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O02PD Empregar cuestionarios dixitais de avaliación en primeiro de educación primaria (G1) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O03PD Crear imaxes empregando ferramentas impulsadas pola Intelixencia Artificial (IA) en segundo de educación primaria (E1) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O04PD Utilizar aplicacións impulsadas por Intelixencia Artificial (IA) para a conversión de texto a son en terceiro de educación primaria (E1) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O05PD Dotar ao alumnado de cuarto, quinto e sexto de educación primaria de ferramentas, estratexias e criterios de validación que lle axuden a analizar a fiabilidade e a veracidade da información que atopan en internet (H4) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O06PD Facer uso da mensaxería da Aula Virtual para ofrecer ao alumnado de quinto e sexto de educación primaria unha canle de comunicación directa e máis persoal coas persoas titoras (E3) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O07PD Poñer en práctica as normas de comportamento xeral en internet a través de debates entre o alumnado nos foros do EVA E-Dixgal, nos cursos de quinto e sexto de educación primaria (B2) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O08PD Introducir ao alumnado de quinto de educación primaria na linguaxe da programación (F6) alcanzouse parcialmente debido a que non se nos facilitou o empréstito do Kit de robótica do CAFI e tampouco chegaron os kits de robótica da dotación de Polos Creativos polo que só puidemos chegar a traballar de xeito teórico e práctico o concepto de autómata e automatismo. 

O obxectivo O09PD Proporcionar soporte á implementación de E-Dixgal en quinto de educación primaria (A3) alcanzouse na súa totalidade.

O obxectivo O10PD Deseñar unha estratexia global para a recepción e introdución dos Polos Creativos nas dinámicas do centro (C2) alcanzouse parcialmente. Pola que respecta á formación e á introdución do Polos no centro comezamos de xeito positivo con distintas formacións, mais ao non recibir o equipamento non se puido crear a aula-obradoiro pensada nun inicio.

Proposta de mellora

Entre as propostas de mellora están:

  1. Reformular dos obxectivos O08PD e O10PD que se alcanzaron de forma parcial.
  2. Perfeccionar as propostas de actividade para cada nivel educativo: actualizando recursos, ampliando temáticas e optimizando contidos e tempos.
  3. Promover a incorporación de novas persoas ao equipo de Plan Dixital que estean motivadas e teñen interese no proxecto.
  4. Continuar establecendo maior coordinación cos demais equipos de traballo ao cargo das diferentes dinamizacións coa finalidade de crear sinerxías, deseñar propostas en común e perseguir e alcanzar obxectivos de forma conxunta.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Logo de informar ao Claustro e da aprobación por parte do Consello Escolar, o Plan Dixital do CEIP Plurilingüe de Frións publicarase na páxina web do centro, a través dunha ligazón a EduCalidade, coa fin de darlle publicidade e difundilo entre toda a comunidade educativa.