Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO:

CPR PLURILÍNGÚE LA MILAGROSA-JOSEFA SOBRIDO  sito en C/ Gándara 8, Oleiros-Ribeira

cpr.milagrosa.sobrido@edu.xunta.gal

www.milagrosaoleiros.com

A súa oferta educativa é a seguinte: Unha liña de Educación Infantil, primaria e ESO, con servizo de comedor e transporte. Os alumnos usuarios deste centro pertencen a familias de nivel socioeconómico medio. O número de alumnos no colexio é de 284, e 25 profesores.

Pertence á congregación de las Hijas de la Caridad de San Vicente de Paúl e está integrado na Provincia de España Norte da Congregación.

O centro atópase en Oleiros, parroquia do Concello de Ribeira, con arredor de 1000 habitantes, situado a sete quilómetros de Ribeira, a preto dun quilómetro do Hospital comarcal da Barbanza e cerca do centro de educación especial AMICOS.

 

NORMATIVA:

A elaboración deste Plan Dixital de Centro é a consecuencia da seguinte normativa: 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación. 

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022. 

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • Artigo 34.1 doDECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia. 

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa. 

ELABORACIÓN:

A elaboración do PD foi levada a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital formado polas seguintes personas: 

- Directora do centro: Manuela M.ª Rama Seráns 

- Coordinador TIC: J. Domingo Orellán Olveira 

- Profesora: M.ª del Mar García Míguez 

Para coñecer a situación inicial do centro no plano da dixitalización, empregáronse as ferramentas SELFIE e test CDD  dispoñibles na web facilitada para o caso. Desta análise obtívose a información para elaborar o DAFO correspondente e a partir de él fixáronse os obxectivos coas correspondentes accións de mellora que está reflexados no PDC.

INFRAESTRUTURA, EQUIPAMENTO E SERVIZOS DIXITAIS

• O centro dispón de conexión a internet a través de fibra óptica con velocidade de 1Gb/s. Os equipos de dirección, administración e aula de informática dispoñen de conexión cableada e os de aula mediante puntos de acceso WIFI. Os 5 terminais de telefonía son terminais IP. 

• O equipamento dispoñible é o seguinte: 

- Aulas: Ordenadores portátiles con acceso a internet a través de WIFI, proxector e encerado dixital. 13 Aulas. Dende o curso 2022-23,  2 aulas da ESO substituiron os proxectores por pantallas interactivas. 

- Equipos de administración: 3 equipos de sobremesa con conexión ethernet. 

- Equipos de acceso público: 1 equipo de sobremesa na biblioteca con conexión WIFI 

- Aula de informática: 24 equipos de sobremesa con conexión por cable. 

• Servizos dixitais educativos: O centro utiliza a plataforma educativa EDUCAMOS tanto para a xestión académica coma económica. Así mesmo o alumnado e familias fan usa da mesma plataforma para as comunicacións co centro e para acceder ao correspondente EVA. 

• A xestión do equipamento tecnolóxico e mantemento lévao a cabo unha empresa externa. 

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os documentos de informe SELFIE e do test CDD (realizados ao longo do curso 2021-2022), actuaron como documentos de referencia para xerar a análise DAFO

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade Otorgar recoñecemento ao traballo dos demais. Alumnado Non
Debilidade Verificar a autenticidade da información. Alumnado Si
Debilidade Xestión das credenciais de acceso ao entorno dixital do centro. Familias Non
Debilidade Dispositivos de aula obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade Escaso uso de software libre. Organización de centro Non
Debilidade Creación de recursos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Fomento da creatividade. Persoal docente Non
Debilidade Tempo limitado para a creación de contidos dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Emprego de entornos dixitais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación ás necesidades e implicación por parte do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza Acceso ao entorno dixital do centro por parte de todas as familias. Familias Non
Fortaleza Conectividade en todo o centro, Infraestruturas Non
Fortaleza Adopción da tecnoloxía para a docencia e a aprendizaxe. Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia dixital co profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa Comunidade Educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Participación e intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza Disposición do profesorado para a formación en competencias dixitais. Persoal docente Non
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de carga de traballo burocrático do persoal docente. Administración educativa Non
Ameaza Dotación de equipos tecnolóxicos. Administración educativa Si
Ameaza Escasa e ríxida dotación orzamentaria. Administración educativa Si
Ameaza Falta de boa conectividade por parte das familias. Contorna Non
Ameaza Cambios contínuos na lexislación. Lexislación Non
Oportunidade Estabilidade na situación laboral do persoal docente. Administración educativa Non
Oportunidade Apoio técnico por parte da UAC. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración coas institucións alleas ao sistema educativo. Contorna Non
Oportunidade Participación das familias. Contorna Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Da información extraída do anterior DAFO elaboráronse os apartados correspondentes ao PLAN DE MELLORA.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar o EVA de Educamos para a realización de probas ou cuestionarios de avaliación en liña. (Prácticas de avaliación)
O02PD Mellorar a competencia Dixital Docente (Desenvolvemento profesional)
O03PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a Competencia Dixital. (Colaboración e traballo na rede).
O04PD Actualizar os dispositivos dixitais de ESO (Infraestrutura)
005PD Implantar sistemas de protección de datos e seguridade nas contornas dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será o seguinte:

- Avaliación procesual: Avaliarase unha vez por trimestre o estado de execución das accións de mellora e de ser o caso modificaranse as accións ou os prazos de execución.

- Avaliación final: Realizarase ao finalizar o curso escolar e valorarase a consecución dos obxectivos tendo en conta os indicadores establecidos.

1º Trimestre

No O01PD realizouse a acción AO01.1 cumpríndose na data prevista.

No O02PD realizouse a acción AO02.1.

No O04PD realizáronse as accións AO04.1 e AO04.2 modificando o destino dos equipos, que ían en principio para as aulas da ESO, e finalmente destinaranse para a aula de informática.

No O05PD realizouse a acción AO05.1

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

 Ao rematar o curso o equipo de coordinación do PD reunirase para facer unha valoración final, ver os obxectivos acadados, e os non acadados. A partir desta valoración proporanse accións de mellora para o vindeiro curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro inicial está publicado na web do centro, na lapela de DESCARGAS. A actualización correspondente ao curso 2023-24 ten acceso público  na seguinte URL:  www.edu.xunta.gal/educalidade --> PLANS DOS CENTROS