Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

Ficha técnica de interese:

Nome do centro: CEIP Plurilingüe A Magdalena    
Enderezo do centro: Rúa Monte Caxado, S/N, As Pontes de García Rodríguez, 15320
Teléfono: 881 93 00 36
Código do centro: 15013643
Correo electrónico: ceip.magdalena@edu.xunta.gal
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmagdalena

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao PE
Nas súas proximidades do centro encontramos un gran patrimonio cultural, natural e social, debido en gran parte pola influencia do Eume e a gran biodiversidade que o acompaña. A localidade é coñecida tamén pola central térmica, a industria enerxética centrada na biomasa e eólica ademais do sector lácteo. Na actualidade moito do movemento turístico débese á riqueza paisaxística e ao gran lago creado na antiga mina de lignito.
A realidade socioeconómica é variada, dedicándose unha gran parte da poboación á industria, agricultura e gandería, mais tamén nos atopamos con traballadores de empresas do pequeno e mediano comercio. En canto ao coñecemento tecnolóxico, a competencia dixital das familias é variado, demostrándose unha melloría significativa dende o confinamento. Pola súa parte, a dotación de recursos é notable xa que na maioría das casas existe conexión á Rede e aparellos intelixentes. 
A nivel lingüístico a poboación maioritaria usa o castelán como idioma habitual aínda que tamén posúe competencia, cando menos verbal, para expresarse en lingua galega. Con isto, a lingua vehicular do centro é o galego.
Neste contexto o presente Plan Dixital atenderá ás circunstancias que rodean a situación ambiental do centro, respectando as directrices enmarcadas no Proxecto Educativo e no Plan Xeral Anual para o curso 2022/2023. É por iso que a mellora da competencia tecnolóxica será un pilar neste ano académico desenvolvendo iniciativas que, integradas nos demais plans e proxectos do colexio, serán fundamentais no cumprimento de obxectivos establecidos en materia dixital. De cara ao vindeiro curso o presente Plan Dixital conformará un apartado específico para a descrición do proceso de implementación, dentro da PXA.
Algunhas destas iniciativas van dirixidas a combater certas problemáticas observadas ao longo destes anos de pandemia, como poden ser a fenda e a competencia dixital. A COVID-19 deixou ver o baixo nivel educativo que existe na adquisición desta competencia, acentuando así mesmo a chamada fenda dixital, que ante a necesidade imperante do momento fixo que se acrecentase máis se cabe as desigualdades e o contraste no manexo de novas tecnoloxías. 
Esta situación reforza o noso afán de involucrar a toda a comunidade educativa no desenvolvemento deste Plan Dixital. Dende o CEIP Plurilingüe A Magdalena sempre nos implicamos na integración das TIC na aula, por iso participamos en diferentes formacións e programas que axudan ao alumnado e profesorado a formarse e coñecer este novo paradigma educativo. Demostración disto é a nosa participación no programa EDixgal ou a creación de gran número de grupos de traballo para o desenvolvemento de dita temática.
A modo de resumo, no actual curso o centro participa nos seguintes programas educativos en relación coas TIC:

- Abalar / EspazoAbalar / AbalarMóbiles: uso principal para a comunicación familia-escola e obtención de recursos educativos.
- Edixgal: para o desenvolvemento diario e a mellora competencial co alumnado de 5º e 6º.
- DigiCraft ou Polos Creativos.
 

1.3. Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital de centro é un documento a través do cal os centros analizan a súa realidade en relación ao uso das tecnoloxías dixitais e, a partir desta situación de partida,  definen un plan de actuación que incluirá os obxectivos a conseguir, as actuacións específicas para implementar este plan, a súa avaliación e difusión. O obxectivo final da posta en marcha do Plan Dixital é mellorar o desenvolvemento da competencia dixital do alumnado e o uso das tecnoloxías dixitais na aprendizaxe a través do desenvolvemento da competencia dixital do profesorado -tanto individual como colexiada- e da transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes.

A Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOMLOE), establece que nos centros educativos se promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo tarefas de ensino – aprendizaxe utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas (Art. 111 bis). Este proceso respectará o proxecto educativo do centro onde se recolle a estratexia dixital do centro (Art. 121).
Do mesmo modo, a Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, implanta a elaboración de Plans Dixitais nos centros seguindo as directrices recollidas na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

A partir do Informe SELFIE, o Test CDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Creación de contidos dixitais (H7) Alumnado Si
Debilidade Infraestrutura (C1) Infraestruturas Si
Debilidade Protección de datos (C7) Infraestruturas Non
Debilidade Estratexia dixital (A1) Organización de centro Si
Debilidade Avaliación do progreso (B1) Organización de centro Non
Debilidade Necesidades de CPD (D1) Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencias (D3) Persoal docente Non
Debilidade Proxectos interdisciplinares (F6) Persoal docente Si
Debilidade Autorreflexión sobre a aprendizaxe (G5) Persoal docente Non
Debilidade Avaliación do progreso (B1) Persoal non docente Non
Debilidade Intercambio de experiencias (D3) Persoal non docente Non
Debilidade Creación de recursos dixitais (E2) Persoal non docente Non
Debilidade Recursos educativos en liña (E1) Persoal non docente Non
Debilidade Colaboración do alumnado (F5) Persoal non docente Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Alumnado Non
Fortaleza Comportamento seguro (H1) Alumnado Non
Fortaleza Comportamento responsable (H3) Alumnado Non
Fortaleza Aprende a comunicarte (H8) Alumnado Non
Fortaleza Verificar a calidade da información (H4) Alumnado Non
Fortaleza Acceso a Internet (C3) Infraestruturas Non
Fortaleza Asistencia técnica (C5) Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (C8) Infraestruturas Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza (A3) Oferta Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza (A3) Organización de centro Non
Fortaleza Desenvolvemento da estratexia co profesorado (A2) Organización de centro Non
Fortaleza Colaboracións (B3) Persoal docente Non
Fortaleza Participación no DPC (D2) Persoal docente Non
Fortaleza Recursos educativos en liña (E1) Persoal docente Non
Fortaleza Comunicación coa comunidade educativa (E4) Persoal docente Non
Fortaleza Novas modalidades de ensinanza (A3) Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre o uso da tecnoloxía (B2) Persoal docente Non
Fortaleza Implicación do alumnado (F4) Persoal docente Non
Fortaleza Avaliación da capacidade (G1) Persoal docente Non
Fortaleza Retroalimentación adecuada (G3) Persoal docente Non
Fortaleza Fomento da creatividade (F3) Persoal docente Non
Fortaleza Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo (G7) Persoal docente Non
Fortaleza Implicación do alumnado (F4) Persoal non docente Non
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Infraestrutura (C1) Administración educativa Non
Ameaza Dispositivos dixitais para a docencia (C2) Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a Internet (C3) Administración educativa Non
Oportunidade Asistencia técnica (C5) Administración educativa Non
Oportunidade Protección de datos (C7) Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O centro educativo enfronta desafíos significativos relacionados coa súa infraestrutura, protección de datos e estratexia dixital, pero conta con fortalezas na dispoñibilidade de tecnoloxía, seguridade en liña e habilidades de comunicación. As oportunidades inclúen a asistencia técnica, o acceso a Internet e a capacidade e compromiso do profesorado. Con esta información os obxectivos do centro irán encamiñados a superar as debilidades detectadas.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OBX1 Promover a formación permanente do profesorado en material dixital.
OBX2 Aproveitar eficientemente os recursos dixitais do centro.
OBX3 Realizar proxectos interdisciplinares nas clases coa axuda de tecnoloxías dixitais.
OBX4 Centralizar a actividade do centro na páxina web corporativa.
OBX5 Potenciar no alumnado a competencia dixital e creación creativa a través de medios dixitais.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase baixo o uso de indicadores para a avaliación trimestral e das actuacións. Neste sentido usaranse unha serie de descriptores para a integración das tecnoloxías dixitais nas dimensións organizativa, pedagóxica e tecnolóxica. Cada un dos descriptores foi asignado a unha das competencia que buscamos mellorar no centro, aínda que é certo que, sendo as áreas da competencia dixital integrais e transversais, algúns deles poderían responder a preguntas doutros elementos. Os devanditos indicadores poderán ser utilizados e revisados a principios de cada trimestre, para adecualos ás condicións concretas do contexto educativo.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre do curso escolar, avanzouse na promoción da formación dixital do profesorado, optimización de recursos do centro, desenvolvemento de proxectos interdisciplinares con tecnoloxías dixitais, e centralización de actividades na páxina web corporativa. Ademais, potenciouse a competencia dixital e creativa do alumnado. Aínda que todos os obxectivos están en proceso, obsérvase un compromiso e progreso significativo en cada unha destas áreas.

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos marcados comprobando a efectividade das actuacións levadas a cabo. O Equipo de dinamización do Plan dixital elaborará un documento para incluír na memoria final do centro. Este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso. Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.
Neste proceso de avaliación empregaranse os seguintes instrumentos e ferramentas (Como imos avaliar?):
- Os indicadores de avaliación asociados a cada un dos obxectivos e accións.
- A ferramenta de avaliación SELFIE a través da cal poderemos facer unha análise da competencia dixital do Centro. Recoméndase realizar anualmente a final de curso.
- O plan avaliarase en función dos resultados obtidos no marco dos obxectivos e prazos previstos. O informe de progreso formará parte da Memoria anual do Centro.

Que imos avaliar?
- Eficacia do plan nos distintos ámbitos.
- Participación.
- Grao de uso das TIC.
- Cambio na metodoloxía docente.
- Implicación: familias e claustro.
- Redución fenda dixital.
 
Cando imos avaliar?
- Avaliación procesual: será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- Avaliación final: será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan Dixital de centro buscará chegar a toda a comunidade educativa para dar a coñecer o proceso seguido na dixitalización das nosas aulas. Para unha mellor difusión serán varias as accións a emprender co fin de implicar a todos os membros na consecución das metas propostas.

Acción 1:
Presentación do plan: 
- Información dos aspectos máis relevantes do plan.
- Buscar a participación do profesorado no logro dos obxectivos marcados.    Claustro    - Reunións informativas de claustro.
- Páxina web do centro.
Destinatarios: Claustro
Canle:
- Reunións informativas de claustro.
- Páxina web do centro.

Acción 2:
Promoción do plan:
- Implementar as medidas necesarias para informar e asesorar aos docentes do centro.
Destinatarios: Docentes
Canle:
- Plan de Formación de Centro.
- Traballo cooperativo.
- Educaidade.

Acción 3:
Informar ao alumnado dos aspectos do plan que máis lle concirnen: Aulas Virtuais, Edixgal, uso responsable, protección de datos...
Destinatarios: Alumnado
Canle: 
- Conferencias grupais con cada grupo – clase ao inicio de curso.

Acción 4:
Difusión entre a comunidade: 
- Información e asesoramento sobre os plans de centro en materia dixital.
- Accións formativas dirixidas ás familias.
- Ensino e uso adecuado das RRSS.
- Coidado dos equipos emprestados.
Destinatarios: Familias
Canle: 
- Reunión coas familias a inicio de curso.
- Formacións externas.
- Páxina web do centro.

Unha vez aprobado o Plan Dixital será publicado en aberto no sitio web do centro. Informarase á comunidade educativa seguindo os procedementos habituais:
- Profesorado: tratarase o tema na primeira reunión de claustro do curso do contido do plan e da localización do texto do mesmo para a súa consulta.
- Familias: Serán informadas a través de comunicado pola aplicación AbalarMóbil. Será presentado ás familias nas reunións de principios de curso.

Unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para a consulta.