Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital

A necesidade de incorporar as tecnoloxías dixitais ao ámbito educativo, co obxectivo de mellorar os procesos e a calidade da aprendizaxe en unha realidade incontestable. En Galicia puxéronse en marcha dous proxectos encamiñados a facilitar dita incorporación. O primeiro foi o Proxecto Abalar, ao que se sumou o centro na súa primeira convocatoria, e, máis recente, o proxecto EDIXGAL, ao que o centro se incorpora o vindeiro curso. Alén disto, e como consecuencia da pandemia provocada polo SARS-CoV-2, houbo que estender e acelerar a sua utilización. A necesidade dunha estratexía dixital clara e ben definida converteuse nunha necesidade perentoria, que xustifica os esforzos realizados para elaborar o Plan Dixital do Centro (en diante PD), en consonancia coa lexislación existente.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias da dirección, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

O marco de referencia da Competencia Dixital Docente estableceuse na Conferencia Sectorial de Educación do 14 de maio de 2020 e actualizouse na súa reunión do 20 de marzo de 2022, publicada no BOE de 15 de maio.

Na disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022, os centros docentes elaborarán no curso 2021/22 o seu plan dixital de acordo coas instrucións que se diten. Estas recóllense na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implantación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O PD e o Proxecto Educativo

O PD deséñase atendendo principalmente as seguintes liñas de actuación do Proxecto Educativo: “O noso centro debe ser:

  • Organizado, só dende a planificación e organización institucional, pedagóxica e, de xestión e administración dos recursos pódese acadar o éxito.

  • Dinámico e emprendedor, no que a participación en proxectos e tarefas, na utilización responsable das novas tecnoloxías, permita unha aprendizaxe significativa académica e extraescolar.

O PD e a Programación Xeral Anual

Os obxectivos incluídos no PD están integrados nas accións propostas na PXA e detalla e desenvolve algunhas das liñas de actuación da mesma:

“2. Dinamizar os procesos de xestión, organización e mellorar a publicidade dos mesmos.”

d) Formación de usuarios responsables e útiles no manexo das Tic para os procesos de xestión, ensinanza e acceso á información.

3. Mellorar os procesos de ensino-aprendizaxe.

b) Formación e publicidade do funcionamento dos espazos virtuais (Aula Virtual, Classroom, Falemos). Usuarios alfabetizados e responsables seguros no emprego das Tics.

10. Mellorar a Convivencia.

d) Charlas sobre acoso e ciberacoso e emprego seguro das novas tecnoloxías para alumnado e familias. Plan Director.”

Proceso de elaboración

Constituíse o equipo de Dinamización do Plan Dixital quedando formado por:

  • Belén Buño Fernández
  • Francisco Canoura Quintana
  • Pilar Garabana Barro
  • José Manuel García Casal
  • María Gromaz de los Santos
  • Andrés Piñón Fernández

O primeiro paso deste equipo foi analizar a situación na que se atopa o centro en relación á integración das tecnoloxías dixitais na docencia, na aprendizaxe e na avaliación do alumnado, como ferramenta utilizouse o test SELFIE. Aínda que as preguntas estaban redactadas dunha maneira pouca clara e non eran as máis acordes coa realidade do noso centro, pasouse a enquisa a todo o alumnado e ao profesorado na terceira e cuarta semana de novembro de 2021.

Posto que as indicacións do equipo ADIX chegaron despois de ter realizada a enquisa, non se distinguiu entre alumnado de ESO e Bacharelato, facendo unha única enquisa como alumnado de Educación Secundaria. As preguntas propias propostas foron elaboradas polo equipo do Plan Dixital do centro.

O segundo paso foi facer a análise da competencia dixital docente do profesorado do centro. A ferramenta utilizada foi o test de Competencia Dixital Docente (en diante CDD), no mes de febreiro a maioría do profesorado cubrir a enquisa proporcionada e a principios de marzo recibiuse o informe do centro sobre os resultados obtidos.

En base aos informes obtidos dos test SELFIE e CDD, recollidos no apartado 2.2, e o coñecemento propio sobre o contexto no centro, o equipo do PD realizou un análise de Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) que queda recollida na táboa do apartado 2.3 deste proxecto.

Logo de ter o informe DAFO, o equipo analizou cales eran as áreas máis relevantes nas que traballar. Tivéronse en conta as debilidades e ameazas detectadas e as fortalezas e oportunidades máis claras, que se contrastaron coa situación real do centro e as expectativas creadas, co fin de deseñar un Plan Dixital realista e alcanzable. O produto desta fase recóllese no Plan de Accións que se recolle no apartado 3.

Con todo este material elaborouse este proxecto que pretende establecer as liñas de acción e as regras de cumprimento e avaliación da estratexia dixital do centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe de autoavaliación SELFIE

A participación no test foi moi alta, de xeito especial no alumnado cun 82 % de participación, o equipo directivo un 100% e o profesorado un 57%, a as respostas nas distintas areas non ofreceron diferencias significativas polo que se considera que son bastante relevantes.

Informe do test CDD

A participación no test non foi moi alta, un 50.7 %, sen embargo si se considera representativa da situación real no centro.

Achégase un resumo do informe grupal obtido, incorporando os apartados máis relevantes do mesmo.

Outras fontes

Incorpórase a información obtida dunha enquisa interna que se realizou ao profesorado sobre a utilización de ferramentas dixitais de comunicación e docencia.

Interno
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade C16. O repositorio Abalar é pouco operativo e so se pode utilizar nas aulas Abalar. Infraestruturas Si
Debilidade B3. Falta colaboración con outros centros. Organización de centro Non
Debilidade H8. Insuficiencia na promoción do uso das canles de comunicación establecidas. Organización de centro Non
Debilidade A1. Ata o de agora non tiñamos unha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade B4. Carencia de iniciativas e proxectos que favorezan o aprendixase mixto. Persoal docente Non
Debilidade F6. Pouca participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Debilidade B1. Carencias na avaliación do progreso do alumno enfocado á avaliación formativa. Persoal docente Si
Debilidade A5. Falta de concienciación sobre os dereitos de autoría. Persoal docente Non
Fortaleza C8. A gran maioría ten á súa disposición dispositivos dixitais e conexión á rede. Alumnado Si
Fortaleza H. Máis de dous terzos do alumnado sabe utilizar as apliacións sen axuda. Alumnado Non
Fortaleza F4. Alta implicación do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza C1. O centro conta cunha infraestrutura adecuada. Infraestruturas Si
Fortaleza C2. Hai suficientes dispositivos dixitais para a ensinaza. Infraestruturas Si
Fortaleza C3. Recentemente instalaron a rede integral wifi. Infraestruturas Si
Fortaleza C11. Non se detecta que haxa problemas relacionados coa fenda dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade, facilitada a través do AbalarMóbil e o sitio web do centro. Organización de centro Non
Fortaleza E3. Un gran número de profesorado utiliza contornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza A3. Un bo número de profesorado está aberto a incorporar novas metodoloxías. Persoal docente Si
Fortaleza D2. Unha boa parte do profesorado amosa interese na participación en programas de desenvolvemento profesional continuo. Persoal docente Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A3. Continuos cambios nos sistemas educativos. Administración educativa Si
Ameaza A4. Fata de tempo especifico, para explorar recursos e actividades, dentro do horario laboral. Administración educativa Si
Oportunidade C13. Traer o propio dispositivo. (Proxecto EDIXGAL concedido) Administración educativa Non
Oportunidade D1. Oportunidade para desenvolver plans de formación do profesorado. Administración educativa Si
Oportunidade A6. Participación en proxectos eTwinning. Outras Non
Oportunidade E5. Incremento dos recursos educativos abertos. Outras Non
Oportunidade E1. Dispoñibilidade de multitude recursos en liña. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do análise DAFO realizado e do coñecemento dos recursos materiais e humanos dos que dispoñemos identificáronse as áreas de actuación prioritarias.

Poñendo os resultados obtidos do DAFO en correlación coa situación actual do centro deducíronse que as debilidades máis relevantes eran a ausencia dunha estratexia dixital definida, a falla de colaboración entre o profesorado e a falta de homoxeneización dos recursos dixitais manexados.

Como aspectos positivos, tendo en conta as fortalezas e oportunidades detectadas, consideráronse máis relevantes para o centro o feito de contar cunha infraestrutura axeitada, ter suficientes dispositivos dixitais dispoñibles para docencia, utilizar AbalarMobil de forma xeneralizada e que a maioría do profesorado dispón de aulas virtuais para as súas materias.

Os obxectivos fixados son:

  1. Mantemento dun equipo estable para a implantación, xestión e avaliación do Plan Dixital do centro (PD).

  2. Facilitar á incorporación ao proxecto EDIXGAL.

  3. Contribuír á diminución da fenda dixital.

  4. Dotar de dispositivos dixitais axeitados a biblioteca para o seu uso en horario lectivo.

  5. Xeneralizar o uso das Aulas Virtuais na Moodle do centro.

  6. Crear repositorios en Moodle para cada un dos departamentos.

  7. Estender o uso do Espazo Abalar para comunicación entre o profesorado e as familias.

Uns dos aspectos a abordar é a elaboración de recursos propios por cada departamento: unidades didácticas, actividades ou situacións de aprendizaxe relacionadas coas competencias establecidas para cada nivel. Estes recursos compartiranse a través da aula virtual do centro, para que sexan accesibles para a comunidade educativa do propio centro. Noutra fase da estratexia dixital tratarase de compartir este material fora do centro, en forma de Recursos Educativos Abertos (REA).

Alén disto, tratarase de crear e manter unha base de datos con fontes de información fiables, relevantes e legalmente utilizables, persoas ou recursos interesantes e organizacións que podan axudar a desenvolver o PD.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Manter dun equipo estable para a implantación do Plan Dixital
02PD Formar ao profesorado no uso das novas pizarras dixitais
03PD Atender as posible situacións de falta de dispositivos dixitais e acceso á rede que poidan aparecer.
04PD Xeneralizar o uso das aulas virtuais utilizando a Moodle E Eva Edixgal.
05PD Evaluar por competencias usando Eva Edixgal

Seguimento

Procedemento

Ao rematar cada trimestre farase o seguimento, análise e valoración das accións de cada un dos obxectivos previstas para ese período utilizando o modelo do anexo I.

1º Trimestre

No primeiro trimestre, realizáronse enquisas  ao profesorado de nova incorporación do centro en relación á implantación do plan Dixital, uso e operatividade do programa Eva Edixgal e dos cursos da aula virtual.

Tamén se constituiron os seguintes grupos de traballo:

1.- Avaliación por competencias nos entornos virtuais do centro  

2.- Elaboración de recursos educativos no marco do programa E-Dixgal:

2º Trimestre

No segundo trimestre puxéronse en marcha as sesións docentes e a realización individual de tarefas dos seguintes grupos de traballo

 

1.- Avaliación por competencias nos entornos virtuais do centro  

2.- Elaboración de recursos educativos no marco do programa E-Dixgal:

 

Non se recibiu o material para a formación do profesorado no uso das novas pizarras dixitais.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

A avaliación é un dos elementos fundamentais do plan, entendéndoa como un proceso de autorregulación , de reflexión e de recoñecemento dos logros acadados.

Trátase de coñecer o grao de consecución dos obxectivos e o nivel de satisfacción da comunidade educativa coa súa aplicación e, en coherencia coas accións deseñadas, tomar decisións para corrixir os posibles desaxustes no seu desenvolvemento.

Avaliación procesual

Ao rematar cada trimestre farase a análise e valoración das accións de cada un dos obxectivos previstas para ese período utilizando o modelo do anexo I.

A persoa responsable de cada acción entregará ao equipo do PD a información necesaria para realizar a valoración da mesma. Esta quedará reflectida nun informe de seguimento trimestral que se baseará no Plan de Accións.

En caso de que xurdise algunha diverxencia, introduciríanse as modificacións necesarias para procurar a consecución dos obxectivos establecidos e as propostas de mellora que se deriven.

4.2.Avaliación final

Ao finalizar o curso o equipo do PD analizará os seguintes aspectos:

  • Grao de consecución dos obxectivos, tendo en conta os indicadores de logro sinalados. Modelo no anexo II

  • Nivel de satisfacción do profesorado, utilizando unha enquisa ou unha lista de cotexo, que se pasará ao remate das clases. Modelo no anexo III 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital do Centro será presentado ao Claustro para recoller as opinións e suxestión suscitadas, e levarase a aprobación ao Consello Escolar.

Logo da aprobación, o PD farase público utilizando as canles de comunicación establecidas no centro.

  • Publicación na páxina web do centro do Plan Dixital

  • Publicación no espazo web Educalidade.

Por outra banda, e a nivel interno, toda a información relacionada co PD estará dispoñible para o profesorado nun aula virtual creada a tal fin.