Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan dixital do noso centro desenvólvese en base ao disposto na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O centro sitúase en Cerceda, concello da provincia da Coruña de aproximadamente 5000 habitantes se temos en conta os últimos datos do INE. Segundo este mesmo organismo, a pirámide de poboación do Concello queda definida do seguinte xeito:

-Poboación menor de 20 anos: 14%

-Poboación entre 20 e 40 anos: 18%

-Poboación entre 40-60 anos: 30%

-Poboación maior de 60 anos: 37%

Servíndonos destas porcentaxes aproximadas, obxervamos que o rango de menos porcentaxe é o dos menores de 20 anos, mentres que o rango de persoas maiores de 60 anos conforma máis dun tercio total da poboación do Concello. Son cifras que poden resultar significativas respecto ao nivel de formación da poboación no uso de ferramentas dixitais, por motivos obvios relacionados co contexto xeracional de cada rango. Coidando de non caer en tópicos nin sesgos, cremos que estes datos poden ofrecernos unha primeira orientación á hora de comprender o contexto social do que partimos no concello.

Nesta liña, pode ser interesante tamén unha breve ollada á actividade económica no concello, onde destaca tanto o sector servizos coma un sector industrial que durante as últimas décadas centrouse fundamentalmente arredor da actividade da central térmica e que hoxe xira arredor da planta de xestión de residuos de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente).


O centro está incluído no programa Edixgal nos cursos de 5º e 6º de Educación Primaria, así como en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Entre as actividades habituais do centro en relación ao uso de ferramentas e medios dixitais, poderiamos destacar: realización de materiais e-learning; participación en proxectos europeos relacionados co fomento de medios e competencias dixitais; participación en programas autonómicos que contribúen á adquisición das competencias dixitais do alumnado; uso da radio escolar como medio de expresión do alumnado; uso da web do centro como ferramenta de comunicación entre o centro e a comunidade educativa; uso das RRSS como medio de difusión da actividade diaria do centro entre os membros da comunidade educativa; así como outras actividades que se definirán con máis detalle no desenvolvemento deste plan.

A través deste plan pretendemos non só manter este tipo de actividades, senón optimizalas e fomentar outras novas que contribúan á adquisición das competencias dixitais do alumnado, baseándonos no establecido tanto na Lei Orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei 2/2006, do 3 de maio, de Educación, como na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O profesorado responsable, baseándose na lexislación citada, pretende elaborar e poñer en marcha este Plan Dixital a través de 3 liñas de acción principais:

1. Análise da situación do centro e definición de obxectivos.

2. Programación de actividades e medidas que contribúan á materialización dos obxectivos establecidos.

3. Seguemento e avaliación do plan e do nivel de consecución dos obxectivos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do DAFO empregáronse os seguintes instrumentos de avaliación que permitiron obter ampla información variada e de carácter obxectivo: Informe SELFIE e test CDD.

O primeiro permitiu ter unha visión da comunidade educativa: profesorado, equipo directivo e alumnado da ESO acerca da estratexia dixital do centro en termos xerais. O test CDD aportou información relativa ao nivel de competencia dixital do profesorado determinante para establecer a devandita estratexia dixital.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado non ten as ferramentas axeitadas para poder resolver problemas de carácter tecnolóxico. Alumnado Si
Debilidade Nivel baixo de competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade Imposibilidade do alumnado para empregar os seus propios dispositivos. Infraestruturas Si
Debilidade Escaseza de proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade Pouco emprego de ferramentas tecnolóxicas coas que o alumnado pode autoreflexionar sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza Dispoñibilidade dunha boa infraestrutura técnica. Infraestruturas Si
Fortaleza Robótica en Educación Primaria. Oferta Si
Fortaleza Clube de lectura. Oferta Si
Fortaleza Clube de ciencia. Oferta Si
Fortaleza Radio escolar. Oferta Si
Fortaleza Empleo das ferramentas corporativas de Webs Dinámicas. Organización de centro Non
Fortaleza Bo nivel de capacitación tecnolóxica do profesorado. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Existe un déficit moi agudo no apoio técnico que imposibilita facer un uso axeitado das infraestruturas das que dispón o centro. Administración educativa Si
Ameaza Limitacións de espazos físicos do centro. Administración educativa Non
Ameaza Non se dispón de tempo para a investigación e reflexión sobre a tecnoloxía e a súa inclusión no proceso de E-A. Administración educativa Si
Oportunidade Oferta de programas e proxectos nos que participa o centro. Administración educativa Si
4 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A anláise DAFO será a guía que nos permita vertebrar e establecer os obxectivos do Plan Dixital de Centro.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover a comunicación entre os titores e as familias a través de ferramentas dixitais.
O02PD Actualizar progresivamente os dispositivos dixitais do centro en función das necesidades identificadas.
O03PD Crear recursos dixitais que poidan ser utilizados pola comunidade educativa.
O04PD Potenciar a radio escolar como medio de expresión para o alumnado, ferramenta de avaliación para o profesorado e vía de comunicacion entre o centro e a comunidade educativa.
005PD Utilizar plataformas dixitais de uso común como medios de difusión de actividades que poidan resultar de interese aos diferentes membros da comunidade educativa.
006PD Mellorar a competencia dixital do profesorado a través de programas de formación docente.
007PD Involucrar ao alumnado en programas ou proxectos que contribúan á mellora da súa competencia dixital.

Seguimento

Procedemento

A persoa Adix mentora do centro no eido do Plan Dixital levará a cabo visitas trimestrais para coñecer a evolución e desenvolvemento do Plan Dixital.

A persoa coordinadora do Plan Dixital levará a cabo o seguimento das accións encamiñadas á consecución dos obxectivos establecidos.

1º Trimestre

Reúnense a persoa Adix mentora do centro e a persoa coordinadora do Plan Dixital para facer un esbozo dos principais membros do equipo docente implicados no desenvolvemento dos obxectivos e as accións definidas no plan.

2º Trimestre

Reúnense a persoa Adix mentora do centro e a persoa coordinadora do Plan Dixital para valorar o nivel de seguemento das accións relacionadas cos obxectivos establecidos a comezo de curso.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O proceso de avaliación do Plan Dixital do noso centro será, en principio, responsabilidade do equipo a cargo da elaboración do plan e realizarase a través de dúas vías principais:

-A avaliación continua, que se realizará, de xeito ordinario, trimestralmente. Valorarase o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados acadados ata o momento e, de ser o caso, as posibles modificacións necesarias ou propostas de mellora.

-A avaliación final, que se realizará a final de curso. Nela valorarase, principalmente, o nivel de consecución dos obxectivos marcados, recollendo as correspondentes conclusións no apartado de Valoración Xeral do plan. Igualmente, estableceranse as posibles propostas de mellora para o curso seguinte.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Como calquera outro documento de centro, o Plan Dixital está a disposición da comunidade educativa na propia páxina web do centro.