Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro
O CEIP Plurilingüe Eladia Mariño é un centro rural situado no Concello de Cabanas, na provincia da Coruña. Estamos situados no Lugar Barreiros no14 de Cabanas. O noso correo electrónico é ceip.eladia.marino@edu.xunta.gal, e a páxina web do cole https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipeladiamarino/.

O noso centro é o único centro educativo co que conta o municipio e o 95% do alumnado do noso centro pertence a este concello.

Trátase dun centro dunha liña cun total de 9 unidades (3 de Educación Infantil e 6 de Educación Primaria) cun total de 131 nenas e nenos.

Con referencia ao claustro do profesorado temos que indicar que neste curso contaremos cun 100% de persoas definitivas o que dá estabilidade ás actividades que se promoven no mesmo dándolle continuidade ao longo dos cursos. Formamos un claustro de 16 mestras e mestras.

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O alumnado que acude ás nosas aulas ten un nivel socioeconómico medio, aínda que nos últimos tempos esta situación mudou consideradamente xa que as dificultades sanitarias e económicas do país afectan tamén a estas familias. Esta característica supón tamén un aumento das necesidades educativas do noso alumnado, atopándose un nivel do alumnado socialmente vulnerable máis elevado.

A nivel xeral, as familias do noso centro, contan con conexión a internet e algún dispositivo (tableta ou ordenador) ao que teñen alcance o alumnado. Así mesmo, a competencia dixital das familias é medio-alta, exceptuando algún caso no que solicitan axuda aos mestres e mestras, para levar a cabo xestións administrativas.

Este Plan Dixital é o instrumento que facilitará o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado.
É fundamental dar un enfoque de centro ao uso dos recursos pedagóxicos dixitais, aproveitando as posibilidades e recursos dispoñibles, de maneira que se convirta nun proxecto compartido polos membros da comunidade educativa que dé coherencia e guíe o uso das tecnoloxías. Será un instrumento que forme parte do Proxecto Educativo e da Programación Xeral Anual. Desta maneira será tido en conta no Proxecto de Educación Responsable, Proxecto L.Ó.V.A... e outros proxectos do centro.

En canto aos proxectos relacionados coas tecnoloxías dixitais, o noso centro forma parte dos seguintes: AbalarMobil, E-Dixgal, Webs Dinámicas, Plan de Mellora de Bibliotecas escolares. Así mesmo o noso claustro participou/participa nos seguintes grupos de formación: SEMGal, Piteas.

1.3. Breve xustificación do mesmo

Normativa aplicable utilizada para a elaboración do Plan Dixital:

-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

-Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

Ao inicio do curso escolar 21/22, en setembro de 2021, 5 mestras e mestres que nos presentamos de forma voluntaria, creamos o grupo do “Plan Dixital” por petición do CEFORE de Ferrol. Formamos parte do grupo Adix Ferrol 2. A coordinadora de dito grupo é a Secretaria do Centro, o resto de integrantes foron: unha representante do Departamento de Orientación, unha representante da etapa de Infantil, un representante da etapa de Primaria e unha representante de Lingua Estranxeira.

Comezamos facendo o SELFIE, para unha análise detallada do noso centro. A continuación participamos no test CDD, posteriormente elaboramos o DAFO con toda a información previa. Gracias a este documento, puidemos marcar os nosos obxectivos futuros, elaborando o Plan de acción. Xa por último redactamos o noso Plan Dixital con toda a formación previa.

Todo este traballo iniciou varios debates entre o profesorado, os cales serviron para marcar un camiño a seguir.

Tras a revisión e avaliación en xuño de 2023 por parte do equipo docente, continuaremos cos dous obxectivos que non conseguiron acadarse, modificando un deles, concretándoo máis para que durante o curso 2023/2024 poida levarse a cabo finalmente. Ademais, chegouse ao acordo de engadir un novo obxectivo relacionado co inventariado de material dixital do que dispón o centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información pervia foron o informe de autoavaliación SELFIE e o Test CDD elaborados no curso 2021/2022 e os datos de seguemento e avaliación do curso 2022/2023.

Interno
49 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade I8: O alumnado carece de coñecemento técnico en canto ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade A2:Desenvolvemos estratexias dixitais do centro. Organización de centro Si
Debilidade I3: Carecemos de acceso a recursos dixitais en línea ben organizados. Organización de centro Si
Debilidade B1: Non levamos a cabo avaliación dos nosos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade I3: Non temos aula virtual operativa. Persoal docente Si
Fortaleza E3: Empregamos entornos virtuais de aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza H8: O alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza F1: Adaptación do método de ensinanza ás necesidades individuais do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F3: Fomentamos a creatividade do alumnado a través das tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza F4: Levamos a cabo actividades de aprendizaxe con tecnoloxías dixitais para motivar ao alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F5: Empregamos tecnoloxías dixitais para facilicitar a colaboración entre o alumnado. Alumnado Si
Fortaleza F6: Proxectos interdisciplinares do alumnado empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza G3: Retroalimentación adecuada do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza G5: Reflexión do propio alumnado sobre o aprendizaxe empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Fortaleza G6: Empregamos tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo doutros compañeiros. Alumnado Si
Fortaleza H6: O alumnado da crédito ao traballo de outras persoas que encontran en internet. Alumnado Non
Fortaleza H7: O alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza E4: As comunicacións coa comunidade educativa é a través de tecnoloxías dixitais. Familias Non
Fortaleza I2: Boa competencia dixital das familias. Familias Non
Fortaleza I7: Acceso a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Familias Si
Fortaleza C1: No noso centro a infraestrutura dixital respalda a ensinanza e o aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza C2: O noso centro ten dispositivos dixitais para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza C3: Facilitamos acceso a internet para a ensinanza e aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C5: Dispoñemos de asistencia técnica cando xurden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza C7: Temos sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza C8: No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro e que o alumnado pode empregar cando o precisa. Infraestruturas Si
Fortaleza B2: Levamos a cabo debates sobre as vantaxes e desvantaxes de empregar a tecnoloxía para a aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza H3: No noso centro ensinamos a actuar de xeito responsable e a respetar aos demais no uso de internet. Organización de centro Si
Fortaleza B3: Empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Organización de centro Si
Fortaleza H1: No noso centro ensinamos a actuar de xeito seguro en internet. Organización de centro Si
Fortaleza H4: No noso centro ensinamos a comprobar se a información que encontra o alumnado en internet é fiable e precisa. Organización de centro Si
Fortaleza A1: Contamos con estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza E2: Creamos recursos dixitais para reforzar o método de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza F6: Proxectos interdisciplinares do alumnado empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G5: Reflexión do propio alumnado sobre o aprendizaxe empregando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza I5: Empregamos con seguridade as tecnoloxías no noso traballo. Persoal docente Si
Fortaleza A3: Exploramos novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D1: Debatimos sobre a necesidade de DPC no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza D3: Intercambiamos experiencias dentro da comunidade educativa sobre a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Buscamos recursos educativos dixitais en internet. Persoal docente Si
Fortaleza E3: Empregamos entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza E4: As comunicacións coa comunidade educativa é a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza F5: Empregamos tecnoloxías dixitais para facilicitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza G1: Evaluamos as habilidades do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza G3: Retroalimentación adecuada do alumnado a través de tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza G6: Empregamos tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo doutros compañeiros. Persoal docente Si
Fortaleza I4: Levamos a cabo un desenvolvemento profesional tanto presencialmente coma en linea, así como a través de colaboracións, redes profesionais... Persoal docente Non
Fortaleza E4: As comunicacións coa comunidade educativa é a través de tecnoloxías dixitais. Persoal non docente Non
Fortaleza E1: Buscamos recursos educativos dixitais en internet. Persoal non docente Si
49 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza I1: O profesorado ten falta de tempo para o uso das tecnoloxías. Administración educativa Non
Ameaza Apoio técnico limitado ou inexistente. Administración educativa Non
Ameaza I6: A tecnoloxía fóra do centro non é empregada con fins de aprendizaxe. Contorna Non
Oportunidade Equipo dixital suficiente. Administración educativa Si
Oportunidade D2: Acceso a posibilidades de DPC no relativo á ensinanza con tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade A1: Contamos con estratexia dixital. Lexislación Si
Oportunidade B3: Empregamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
OB1 Implementar e promover a aula virtual en 3º e 4º de Primaria; aproximar a aula virtual ao alumnado de 1º e 2º de Primaria. (I3)
OB2 Favorecer o intercambio de información para a elaboración dunha secuencia de contidos dixitais por etapa/ciclo. (I8)
OB3 Elaborar un inventario dos dispositivos e materiais dixitais ou relacionado dos que dispón o centro.

Seguimento

Procedemento

O equipo que conforma o Plan Dixital levou a cabo diversas reunións ao longo de todo o curso, especialmente a inicio e fin de trimestre para valorar o seguimento do Plan no centro.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre realizáronse as seguintes accións con respecto ao Plan Dixital do centro:

- Reunións do equipo para elaboración do Plan Dixital 23/24, reparto e seguemento de tarefas.

- Reunión co responsable Adix da zona.

- Actualización da aula virtual co novo alumnado e profesorado de nova incorporación, así como o avance nos diferentes cursos.

- Comezo de elaboración dun inventario dos dispositivos dixitais e relacionados dos que dispón o centro.

- Constitución da comisión para a elaborción de contidos dixitais por etapa e ciclo: un representante de cada ciclo e etapa de infantil.

2º Trimestre

Durante o segundo trimestre realizáronse as seguintes accións con respecto ao Plan Dixital do centro:

- Reunións do equipo para o seguemento do Plan Dixital 23/24.

- Reunión co responsable Adix da zona.

En canto aos obxectivos do Plan Dixital:

-OB1: A aula virtual está operativa e o obxectivo marcado neste ámbito está en proceso

-OB2: A comisión para a elaboración de contidos dixitais por etapa e ciclo está en proceso de elaborar a listaxe de contidos dixitais.

-OB3: O inventario dos dispositivos dixitais e relacionados dos que dispón o centro está xa elaborado a falta de pasalo a un documento e poñelo a disposición do profesorado.

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Cada unha das accións propostas neste plan ten uns indicadores específicos que axudarán a determinar se o obxectivo proposto foi acadado e se é necesario realizar variacións no plantexamento destas accións durante o curso para que as propostas se materialicen. Co análise destes indicadores, elaborarase un informe avaliativo final no que se recollerán os resultados, os aspectos negativos, os positivos e as propostas de mellora para cursos posteriores.

A avaliación será continúa e procesual, a súa frecuencia vai ser como mínimo unha vez ao trimestre que coinciderá coas sesións de valiación, deste caso dentro do documento da avaliación da practiva docente elaborado polo centro. Ao final de curso ralizarase o informe final comentado no paragrafo anterior.

O Equipo do Plan Dixital reunirase para facer unha avaliación final do plan. Teranse en conta a consecución dos obxectivos, a valoración das actuacións e as dificultades para concretar o Plan Dixital.

Así mesmo, o Equipo, elaborará un documento para incluír na memoria final do centro, este documento tamén recollerá propostas de mellora para o seguinte curso. Poderán terse en conta para a avaliación do Plan Dixital os datos obtidos de futuras aplicacións de SELFIE e o test de competencia dixital docente.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

En xeral o centro conta con bastantes sistemas de comunicación:

- a comunicación da información que se colga na página web e as actualizacións das redes sociais.

O plan dixital, unha vez aprobado no Consello Escolar, publicarase en aberto no sitio web do centro. Posteriormente enviarase dende o centro unha comunicación á comunidade educativa a través da plataforma AbalarMóbil co fin de informar sobre a difusión do Plan Dixital.

Enviaráselle ao profesorado do centro a través do correo electrónico, haberá un tabloleiro na sala de mestres, así como cartaces no exterior.

Será presentado ás familias nas reunións de principios de curso. Unha copia en papel do Plan Dixital estará dispoñible no centro para a consulta.

Por outra banda, tamén está dispoñible o Plan Dixital do centro co acceso público á ligazón en educalidade, que terá un espazo na web do centro, igual que o Plan Dixital do primeiro ano.