Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Este Plan dixital é un instrumento de planificación integrado no futuro Proxecto Educativo do centro que persegue fundamentalmente o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Tendo en conta o mundo actual no que vivimos, é necesario planificar e desenvolver accións que fomenten o uso da tecnoloxía dende unha perspectiva máis global, mirando o centro educativo como a unidade de transformación e deseñando plans de mellora que poidan ser desenvoltos co impulso do equipo directivo dun centro e tódolos membros da súa comunidade educativa. 

O Marco de Competencia para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes permítenos facer unha análise da realidade do noso centro e deseñar un plan de acción.

O Plan Dixital do Centro recolle as accións para desenvolver e mellorar a competencia dixital da organización. Aínda que o proceso de desenvolvemento e difusión de tecnoloxías é imparable, parece que xa se consolidan unha serie de recursos, ferramentas e servizos que permiten mellorar os procesos educativos, non só os que ocorren na aula, senón tamén todos aqueles que contribúen a que os centros educativos cumpran coa súa función formativa.


 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe Selfie realizado en decembro de 2021 e test de CDD realizado en febreiro de 2022. Ambos documentos recollidos nos anexos a este documento.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade A maioría do alumnado no Bacharelato non percibe que estea a adquirir competencias dixitais básicas sobre como: actuar de xeito responsable e con respecto na Internet, comunicarse empregando a tecnoloxía, crear contidos dixitais ou actuar de xeito seguro. Alumnado Si
Debilidade O alumnado fóra do centro educativo asocia as tecnoloxías con actividades de ocio e un 35% non as emprega nunca en actividades de aprendizaxe non relacionadas co instituto. Familias Non
Debilidade O profesorado e o alumnado, nunha parte sinificativa, consideran que se precisan máis dispositivos dixitais para o alumnado no Bacharelato e nos ciclos formativos, xa que na ESO o equipamento dixital do centro é amplo, aínda que pode ser mellorable. Infraestruturas Non
Debilidade Na oferta educativa do centro existen diferenzas no uso de recursos dixitais, mentras que na ESO todo o alumnado dispón de equipo dixital individual (EDIXGAL) en bacharelato non se dispón de ditos recursos dixitais. Oferta Non
Debilidade A estratexia dixital do centro deberá estar apoiada a través dun plan de comunicación e uso das TIC, ampliando as liñas de formación do profesorado para un maior emprego das TIC na metodoloxía da aprendizaxe e avaliación na aula. Organización de centro Si
Debilidade O profesorado considera que, pola falta de tempo, non ten oportunidade de debater, intercambiar e implementar as capacidades e habilidades adquiridas na formación na súa estratexia de aprendizaxe dixital e na súa avaliación na aula. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado considera que ten pouca capacidade para a creación de contidos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Case o 80% do alumnado poder realizar na casa o traballo escolar ó dispor de dispositivos dixitais adecuados e ter aceso a Internet. Alumnado Non
Fortaleza Unha maioría das familias ten aceso na casa a un dispositivo dixital adecuado para realizar o traballo escolar Familias Non
Fortaleza Existen plans, programas, protocolos e sistemas de protección de datos no centro Infraestruturas Non
Fortaleza O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos. Destacando entre alumnado e familias a aplicación AbalarMobil e a Aula Virtual. Oferta Non
Fortaleza A totalidade do equipo directivo promove e apoia ao profesorado para que investigue en novas formas de ensino co uso das tecnoloxías dixitaiss como medio de participación na organización do centro. Organización de centro Si
Fortaleza Foméntase no centro o intercambio de experiencias sobre o ensino aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais, principalmente a través das liñas de formación do profesorado (PFPP, CFR, CAFI, etc...) e outras actividades formativas Persoal docente Si
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A administración educativa está a implantar a LOMLOE nos distintos niveis educativos e na oferta educativa da formación profesional. Administración educativa Non
Ameaza Na actualidade é escasa a participación da ANPA nas actividades, programas do centro. ANPA Non
Ameaza A implantación da LOMLOE desenvolve nova lexislación e inflúe tanto na organización do centro como na oferta educativa da ESO, bacharelato e actualizacións na formación profesional. Lexislación Non
Oportunidade A administración educativa está a promover e mellorar as liñas de formación do profesorado e, ademais está a crear espazos dixitais corporativos e colaborativos (Grupos de traballo, Seminarios,..) Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA está a desenvolver un cambio na implicación nas actividades do centro e poderase potenciar a escola de pais/nais e facer actividades coas familias que fomenten o correcto uso das TIC no alumnado tanto dentro como fóra do centro. ANPA Non
Oportunidade A complementación de plans e programas de innovación educativa que permitan mellorar as capacidades do profesorado e o uso das ferramentas dixitais na avaliación do ensinoaprendizaxe do alumnado. Lexislación Non
Oportunidade Fomentar, ademais das liñas de formación coa administración educativa, o desenvolvemento de acordos, programas e actividades co concello e outras entidades locais e empresariais para traballos colaborativos no uso das TIC. Outras Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Continuamos a impulsar as RRSS para comunicarnos co alumnado e as familias. Tamén impulsaremos o traballo colaborativo entre o profesorado  mediante creación dixital (Polos Creativos)

detectamos que é necesario mellorar a  documentación da xestión do centro e adaptar os formatos ao requerido pola conselleria.

O curso pasado  non foi posible impulsar a competencia dixital das familias, co que neste curso trataremos de iniciala  ao través de cursos na Aula Virtual do centro .

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado
O02PD Crear grupo de profesorado para o traballo colaborativo a través de proxectos interdisciplinares que involucren ferramentas de creación dixital (Polos Creativos)
O03PD Dixitalizar os procesos documentais da xestión do centro
O04PD Mellora da competencia dixital das familias a través de cursos na Aula Virtual do centro
O05PD Empregar canles dixitais de comunicación no centro

Seguimento

Procedemento

O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será realizado mediante : - Avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Os resultados desta avaliación quedarán recollidos na Programación Xeral Anual do centro. - Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos para considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Os resultados desta avaliación quedarán recollidos na Memoria final Anual do Plan dixital do centro.

1º Trimestre

Estase a colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado

Foi creado o grupo de profesorado para o traballo colaborativo
Comezouse a dixitalizar os procesos documentais da xestión do centro
Estanse a recopilar información para crear cursos na Aula Virtual do centro dirixida a familias

Empreganse as canles dixitais de comunicación no centro e creanse contidos nos mesmos

2º Trimestre

Continuaase a colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital do alumnado: Plan Director

O grupo de profesorado para o traballo colaborativo xa ten dixitalizado e formateado gran parte da docuementación do centro.
Estase a rematar a creación dos cursos na Aula Virtual do centro dirixida a familias e en breve se difundiran.

Continuase a xerar contidos nas canles dixitais de comunicación no centro.

3º Trimestre

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, será realizado mediante : - Avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Os resultados desta avaliación quedarán recollidos na Programación Xeral Anual do centro. - Avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos para considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Os resultados desta avaliación quedarán recollidos na Memoria final Anual do Plan dixital do centro.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será inicialmente coa súa presentación ó Claustro do profesorado e Consello escolar para a súa posterior aprobación. Unha vez sexa aprobado o Plan dixital do centro, será publicado na web do centro como os demais documentos e plans aprobados e implementados no centro.