Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES do Barral é un centro público localizado na vila de Ponteareas, no lugar de Barral, a 1 km do centro urbano da vila, nun contorno semiurbano. Ponteareas é unha vila con 23.000 habitantes que funciona como centro comarcal do Condado e Paradanta, zona de influencia en maior ou menor medida do centro. A vila ten unha economía diversificada, pero está moi influenciada pola proximidade a Vigo. A poboación traballa maioritariamente no sector servizos (48%) e na industria (28%) que se atopa espallada por todo o concello, ademais da zonas industriais de Porriño e Vigo. Tamén hai unha porcentaxe importante de poboación que traballa na construción (20%,) en pequenas empresas deste sector existentes no municipio. O sector agrícola é minoritario (4%) a pesar de ser un concello cun gran número de habitantes nas zonas rurais. A actividade agrícola, salvo algunha excepción, é unha actividade familiar que complementa os ingresos obtidos noutras actividades.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso22/23.

Nas programacións faise referencia ás competencias dixitais e inclúense recursos dixitais de actividades tipo, sitios web e plataformas. Inclúense criterios para a avaliación da competencia dixital, baseados no marco educativo vixente. As actividades que impliquen o uso de tecnoloxías dixitais por parte do alumnado incorporan aspectos creativos e colaborativos.

O Plan Dixital do Centro encaixará no contexto institucional máis amplío que ven recollido noutros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro e ambos documentos deben estar en total concordancia e ser complementarios.

Xustificación

A referencia fundamental para que o noso centro desenvolva o seu potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), desenrolado por o Centro Común de Investigación (JRC, Joint Research Centre), da Comisión Europea.

Este Marco é parte do estudio Furthering Innovative Education, posto en marcha pola Dirección Xeral de Educación Cultura da Comisión Europea e o Centro Común de Investigación–Instituto de Estudios de Prospectiva Tecnolóxica (IPTS).

Proceso de elaboración

A referencia fundamental para que o noso centro desenvolva seu potencial dixital a través dun plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), desenrolado polo Centro Común de Investigación  (JRC, Joint Research Centre) da Comisión Europea.

Do mesmo xeito, e conectado con este marco, a Comisión Europea desenvolvéu a ferramenta de auto avaliación SELFIE, dispoñible de forma gratuíta para todos os centros educativos.

No ámbito nacional, consultáronse programas e experiencias que se están a desenvolver a nivel autonómico, como é o caso da Comunidade Autónoma Galega.
 
Lexislación aplicable 
 
A normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:
  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do Plan Dixital do centro tivemos en conta as tres áreas do informe Selfie (Infraestruturas e equipamento,Pedagoxía: implantación na aula e Pedagoxía: apoios e recursos) que máis se acomodaban á nosa realidade como áreas de mellora, desenvolvendo dende a realidade do noso DAFO e do Test CDD.

A nosa intención e a maior dixitalización posible da docencia directa así como a organización dos procesos administrativo e burocráticos así como a relación coa administración, que está bastante dixitalizada; intentando empregar sempre os canles oficiais na medida das posibilidades.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado NON aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Debilidade Necesidade dunha aplicación na web do centro para a matrícula online do alumnado, que elimine as colas no centro nas datas de matriculación, e facilite a xestión de documentación do alumnado do centro. Familias Si
Debilidade A rede non chega a algunhas partes do edificio e noutras chega con deficiente calidade. Protección de datos. Infraestruturas Non
Debilidade Ao pasar de secundaria a bacharelato, coa falta de ordenadores Edixgal, faise regresión ao método tradicional. Oferta Si
Debilidade Tempo INSUFICIENTE para que os docentes poidan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital. SOBRECARGA do equipo Edixgal/Plan Dixital. Organización de centro Non
Debilidade NON se aproveita o nivel de dixitalización do centro todo o que se podería para o envío de documentación. Organización de centro Non
Debilidade Parte do profesorado considerase como conservadora na adopción da tecnoloxía para a docencia e a aprendizaxe. Baixo uso da tecnoloxía para avaliar ao alumnado e para a retroalimentación nos seguintes aspectos: autoavaliación e a avaliación entre iguais, destrezas dixitais, autoaprendizaxe, destrezas propias da materia,competencias. Non se promove polo equipo directivo o uso das tecnoloxías dixitais con fins de avaliación Persoal docente Si
Fortaleza Hai un plan de acción de formación inicial básica do alumnado de nova incorporación no que se refire a coñecementos dixitais Alumnado Non
Fortaleza Existencia de alumnado de cursos superiores formado en programación. Existencia dunha conta de Google Education para todo o alumnado que facilita a comunicación entre eles, cos docentes, e o traballo colaborativo. Alumnado Non
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital clara. Equipamento e-dixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza Fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. Participación en proxectos interdisciplinares Oferta Non
Fortaleza Existencia da páxina web do centro con información interesante actualizada: información sobre actividades, calendario de exames, procedementos administrativos de importancia para as familias (prescrición, matrícula) Comunicación interna entre o equipo Edixgal/Plan dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Existencia dunha conta de Google Education para todo o profesorado, na que se comparten documentos de pre-avaliación do alumnado e documentos de avaliación de competencias. Existencia de cultura de traballo colaborativo en redes por parte do profesorado. Realización de cursos de Formación para o profesorado de introdución ao Edixgal e funcionamento do equipamento dixital do centro ao inicio de cada curso. Persoal docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Implicación das autoridades educativas respecto do Plan Dixital Insuficientes repositorios de contidos en formatos dixitais. Situación laboral da plantilla docente, moi itinerante Administración educativa Non
Ameaza Hai moitas diferenzas no nivel de apoio/recursos das familias en relación ao eido dixital. ANPA Non
Ameaza Non existe colaboración con outros centros. Contorna Non
Ameaza Non existe certificación en competencias dixitais. Lexislación Non
Ameaza INSUFICIENTE espazo físico que facilite a ensinanza e a aprendizaxe con tecnoloxías dixitais nos cursos de bacharelato. Outras Non
Oportunidade Grao de implantación dos recursos dixitais para desenvolver as distintas tarefas administrativas Nivel de financiación externa. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración da ANPA. Boa disposición das familias para unha formación dixital e comunicación co centro. ANPA Non
Oportunidade Proximidade a centros de ensino superior con emprego de tecnoloxías dixitais. Posibilidade de realizar colaboracións con outros centros. Posibilidade de contar con colaboración de persoas expertas alleas ao centro na realización de proxectos didácticos. Contorna Non
Oportunidade Existencia de mantenemento exterior das instalacións/equipos dixitais. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO.

A análise DAFO indícanos que debemos mellorar en: 

  • Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás contornas virtuais de parendizaxe.
  • Mellorar a rede WiFi do centro.
  • Dixitalización das aulas de bacharelato.
  • Alixeirar a carga horaria do equipo Edixgal/ Plan Dixital.
  • Promover o uso das TIC con fins de avaliación.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Obtención dun nivel B1 de acreditación da CDD por parte do 70% do profesorado do centro.
O02PD Diminución do uso de papel para o envío de documentación aproveitando o alto nivel de dixitalización do centro.
O03PD Dotar ao Bacharelato de medios TIC

Seguimento

Procedemento

O equipo de dinamización do PD ralizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, cómo mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar, xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da perosa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre acadamos as accións que tiñamos previstas:

  • En primeiro lugar, co que respecta ao O01PD, realizouse a enquisa de CDD entre o profesorado e se lles enviou información acerca dos cursos de certificación.
  • O segundo obxectivo, reducción de papel en trámites administrativos, atópase en proceso de realización. Os formularios de matrícula electrónica están creados. As accións 2-3-4 estanse a desenvolver conforme ao previsto. Unha das medidas tomadas é o envío das copias dos exames solicitadas polas familias a través de correo electrónico.
  • O tercer obxectivo está parcialmente acadado. O material para bacharelato está solicitado a AMTEGA pero aínda non o enviaron. A AV está en uso.
2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No contexto da avaliación procesual,a frecuencia da súa realización, será cada mes, onde se fará referencia á execución das accións, a análise e valoración dos resultados e as posibles propostas de mellora.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital estará dispoñible en EduCalidade para a súa consulta. Ademais, a través da páxina web de centro, darase a coñecer a toda a comunidade educativa.

A persoa coordinadora do PD ten  acceso á ferramenta EduCalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.