Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

    Incardinación e contribución do PD ao P.E.C.(Proxecto Educativo de Centro):

  •  Obxectivos xerais do centro (punto 3 do PEC):

“Incrementar o uso de novas tecnoloxías da información e da comunicación que lle permitan ao alumnado progresar autonomamente e ir construíndo o seu coñecemento.”

  •           Estrutura organizativa: Finalidades (punto 3 do PEC):

“Proporcionar ao profesorado os medios e condicións que lle permitan desenvolver unha acción educativa de calidade.”

     Proceso de elaboración:

 Durante o curso 2021/22 un grupo de nove profesores integráronse no Equipo de Dinamización do Plan Dixital, coa presenza de todos os membros do equipo directivo, todo o departamento de Lingua Galega e dous membros do departamento de Xeografía e Historia, co único obxectivo de elaborar o Plan Dixital de centro.

O Plan foi elaborado desde novembro de 2021 até xuño de 2022, en distintas fases:

a)Avaliación Selfie.

b)Test de competencia dixital docentes.

c)Elaboración  do DAFO (debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades).

d)Establecemento de áreas prioritarias a traballar no vindeiro curso.

e)Elaboración final do documento do Plan Dixital.

 Para a elaboración do Plan Dixital participamos nun PFPP (Plan de Formación Permanente do Profesorado) e contamos co asesoramento de AdixTui.

Durante o curso 2022/23 continuamos a desenvolver o Plan Dixital facendo as actualizacións necesarias.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

-Autoavaliación Selfie: novembro de 2021.

-Test CDD (Competencia Dixital Docente): febreiro de 2022.

Interno
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade -Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Debilidade -Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Alumnado Si
Debilidade -Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade - Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade - Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Infraestruturas Non
Debilidade -Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade -Tipoloxía da oferta educativa do centro ( por exemplo familias de FP) Oferta Non
Debilidade -Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Organización de centro Non
Debilidade -Diversidade da competencia dixital. Organización de centro Non
Debilidade -Existencia dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade -Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Non
Debilidade -Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Non
Debilidade -Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas. Persoal docente Non
Debilidade -Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Debilidade -Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Non
Debilidade -Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado. Persoal docente Si
Debilidade -Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Si
Fortaleza -Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Non
Fortaleza - Resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza -Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Infraestruturas Non
Fortaleza -Características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Non
Fortaleza -Uso activo e creativo de aulas virtuais. Infraestruturas Non
Fortaleza -Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Oferta Non
Fortaleza -Tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Organización de centro Non
Fortaleza -Política de protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza - Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza -Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza -Transformación da práctica docente co uso da ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza -Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Persoal docente Non
30 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza -Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Si
Ameaza -Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Non
Ameaza -Lexislación educativa. Lexislación Non
Ameaza -Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Ameaza Existencia de proxectos externos. Outras Non
Oportunidade -Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade -Estabilidade laboral do persoal docente e non docente. Administración educativa Non
Oportunidade -Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Oportunidade -Actuacións da administración educativa. Administración educativa Non
Oportunidade -Relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade -Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Contorna Non
Oportunidade -Participación das familias. Contorna Non
Oportunidade -Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro Educativo. Contorna Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Durante o curso 2022/23 fumos facendo as adaptacións necesarias no noso Plan Dixital para adaptanos as circunstancias concretas dese curso. Cara este vindeiro curso teremos que ter en conta as particulares circunstancias xa que estamos inmersos en importantes obras para a creación dun novo edificio, o que fai que este ano dispoñamos de importantes condicionamentos para o desenvolvemento dixital.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Trazar un plan para a mellora do software do centro.
O02PD Profundizar no uso da Aula Virtual: implementación da avaliación.
O03PD Plantexar proxectos interdisciplinares.
O04PD Mellorar a resolución de problemas técnicos de dispositvos dixitais por parte do alumnado.
O05PD Emplear educativamente as tablets/teléfonos móbiles do alumnado.
O06PD Desenvolver unha estratexia dixital de centro.
O07PD Aumentar o equipamento tecnolóxico do centro por parte da administración educativa.

Seguimento

Procedemento

A persoa coordinadora do PDC reunirase como mínimo unha vez por trimestre coa persoa mentora ADIX do noso ámbito xeográfico, para realizar o seguimento do proxecto.

A persoa coordinadora do PDC terá acceso a ferramenta EduCalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre
2º Trimestre

 

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos será o que se indica a continuación:

 - No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao final de cada trimestre (decembro de 2023 e marzo-abril de 2024). Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

 - No contexto da avaliación final o Plan Dixital será avaliado, revisado e actualizado cara o curso seguinte no mes de xuño de 2024. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do Plan Dixital seguirá a estratexia ou protocolo habitual do IES Pedras Rubias para a publicidade e difusión de todos os plans entre toda a comunidade educativa: darase a coñecer no Claustro de Profesores e no Consello Escolar; así mesmo terá lugar preferente na páxina web do instituto, canle oficial do centro.

Pódese acceder no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36024628