Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O presente documento elabórase para o CRA de Meis, un centro da provincia de Pontevedra de titularidade pública dependente da Consellería de Educación situado, como o seu nome indica, no concello de Meis, na parroquia de San Lourenzo e na aldea de Rialdonio, número 19.

A estrutura do centro é diferente á de un colexio convencional, pois componse de 6 escolas de Educación Infantil con 7 aulas funcionando. Nestes momentos, o centro escolariza a 68 alumnos e alumnas de todo o segundo ciclo de Infantil.

O equipo docente do CRA está formado por 14 mestres definitivos e 3 mestres compartidos.

A finalidade dun centro educativo é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, a propia organización vai mellorando a través de súa práctica e da reflexión sobre ela, así como das relacións que establece co seu contorno. O Plan Dixital de Centro debe encaixar no contexto institucional máis amplo que ven recollido en outros documentos institucionais, como o Proxecto Educativo de Centro ou a Programación Xeral Anual e ambos documentos deben estar en total consonancia e ser complementarios.

A traxectoria do centro no ámbito das novas tecnoloxías comeza dende fai uns anos impulsada a través do Plan Proxecta Nos tamén creamos! onde nos iniciamos no mundo audiovisual acadando moi bos resultados. Máis tarde e a través do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares, creouse un maker espace, un laboratorio audiovisual, que a día se hoxe segue funcionando con notable éxito na escola de Paradela. A día de hoxe tamén participamos no Contrato-Programa Calidade, que está integramente relacionado coas Tics.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

Articulado concreto dos Decretos autonómicos no que se recolle a obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. 

O que recolle dito artigo é o seguinte: “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

Nas normativa de desenvolvemento do anterior Decreto, concrétase a estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.


Para elaborar este Plan formouse un grupo de traballo composto polo equipo directivo, xa que o noso centro ten menos de oito unidades. Unha vez constituído o grupo de traballo trasladáronse indicacións ao claustro:

Primeiro fíxose unha análise e diagnose da situación do centro, para iso o claustro cubriu as enquisas do Test Selfie para saber a Competencia Dixital dos docentes do centro.

Despois con todos eses datos trazouse a DAFO do centro (Dificultades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades)

Unha vez analizada a DAFO, elaborouse o Plan de Acción, que consta dunha serie de obxectivos a alcanzar o curso que vén, así como as actuacións necesarias para acadar ditos obxectivos. Este Plan de Acción foi revisado e aprobado polo Claustro.

E por último, con todos estes documentos elaboramos este Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron o informe Selfie e o Test CDD. Ademais fixemos unha recollida de información acerca da insfraestrutura, equipamento e servizos dixitais cos que contabamos.

Para que a tecnoloxía poida contribuír a potenciar o proceso de ensino-aprendizaxe é necesario que a infraestrutura dixital do centro estea operativa e sexa fiable e segura.

Neste caso, o centro conta cunha infraestrutura dixital adecuada; a conectividade é aceptable en tódalas aulas xa que o CRA está incluído dentro do programa escolas conectadas, e polo tanto a conexión é rápida e sen fíos. Ademais, tódalas aulas contan cun punto de acceso á Wifi, incluída a sede, a biblioteca e a aula de Xuntanzas.

A dotación do centro é bastante ampla, xa que se foron repoñendo equipos segundo as necesidades do centro, pero a pesar diso hai algúns equipos que compre renovar e moitas veces, debido aos roubos que suceden nas aulas, fai que teñamos que retirar equipos dun departamento para suplir a demanda creada, mentres non chega un equipo de reposto da Consellería (aspecto que soe tardar anos). Todas as aulas contan con encerado dixital, canón proxector, ordenador portátil, altofalantes e robot. Ademais, na Sede temos ordenador portátil de dirección e pantalla, ordenador de sobremesa de secretaría, 2 portátiles na sala de profesores, 1 portátil para uso da mestra de AL, 1 Ipad do Departamento de Orientación, mini proxector, cámara de fotos e 2 focos de luz negra. Na biblioteca dispoñemos de ordenador de sobremesa, multifunción, ordenador portátil obsoleto (a tarxeta de son non funciona), tablet pequena, encerado dixital, canón proxector, altofalantes. Na aula de Xuntanzas (Maker Space) contamos con encerado dixital, canón proxector, ordenador portátil, 2 altofalantes grandes, mesa de son pequena, lector de documentos, panel croma. No estudo de 'Radio na Biblio' hai un ordenador portátil, Ipad, mesa de son mediana, 2 altofalantes pequenos azuis, altofalantes 2.1, 1 reproductor-mesturador de CD, 1 distribuidor de sinais de audio estéreo, 5 micros de mesa, 5 auriculares, 2 micros para actuacións, outros 2 micrófonos inalámbricos con receptor, cámara de vídeo, 2 focos portátiles para vídeo/fotografía, 2 focos de fotografía de luz estática (un deles sen lámpada), trípode de cámara con adaptador para Ipad.  

En canto aos servizos dixitais, o centro dispón de varias plataformas e servizos dixitais para a comunicación entre a administración e o profesorado, entre os membros do Claustro e entre o profesorado e as familias. Ben é certo, que con frecuencia esta variedade de medios entorpece a capacidade para acceder a información, pero non é posible prescindir de ningún deles.

Como medio de comunicación entre a administración e o profesorado e como ponte de enlace entre a Consellería de Educación e o equipo directivo e/ou o profesorado, dispoñemos do correo corporativo da Xunta co dominio edu.xunta.gal

Tamén dispoñemos dunha carpeta en Google Drive para compartir material, información de interese e recursos entre o profesorado do centro.

No caso de ter que comunicarnos coa familia para transmitir algún tipo de información referente a calquera aspecto relevante ao desenvolvemento da actividade educativa, dispoñemos do servizo de mensaxería Abalar.

Outras plataformas e servizos son os seguintes:

  • Páxina web do centro: plataforma oficial na cal se recolle información de interese sobre o centro e as súas actividades.

  • Facebook do centro: app para dar visibilidade ao traballo do centro así como transmitir información de interese ás familias.

  • Twitter da Biblioteca: app para dar visibilidade ao traballo de biblioteca.

  • Pinterest da biblioteca: app na cal se plasman as últimas novidades adquiridas pola biblioteca así como propostas de compra.

  • Trello: app para organización interna do profesorado.

  • Xade: app de xestión administrativa do alumnado e do profesorado.

En canto aos documentos de centro relacionados coas TICs, hai que subliñar que tódolos anos o coordinador TIC elabora un documento, o Plan TIC, que se inclúe dentro da Programación Xeral do Centro, no cal se recollen os obxectivos e as liñas prioritarias de actuación así como os criterios e os procedementos de avaliación.

Interno
77 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade No noso centro o alumnado aprende a resolver problemas técnicos que xorden ao empregar tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación adecuada (feedback) ó alumnado. Alumnado Si
Debilidade No noso centro o alumnado aprende a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade No noso centro o alumnado aprende a codificar ou programar. Alumnado Non
Debilidade Competencia por parte do alumnado para a resolución de problemas técnicos dos dispositivos dixitais. Alumnado Non
Debilidade No noso centro o alumnado aprende a crear contidos dixitais. Alumnado Non
Debilidade Competencia por parte do alumnado para codificar, programar en relación ás tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Alumnado Non
Debilidade Habilidades dixitais adquiridas polo alumnado en diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade Uso activo e creativo de aulas virtuais. Familias Non
Debilidade O noso centro valora as habilidades dixitais que o alumnado desenvolve fóra do centro educativo. Familias Si
Debilidade No noso centro existen repositorios ou bibliotecas en liña que conteñen materiais de ensino aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade O noso centro posúe e administra dispositivos portátiles que o alumnado pode levar á casa en caso de que sexa necesario Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro temos medidas para identificar os retos que xorden co aprendizaxe mixto, relacionados coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o seu contexto socioeconómico. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro, o alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso á tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro colaboramos con outros centros e/ou organizacións para apoiar o uso das tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade Características do software instalado nos equipos. Infraestruturas Si
Debilidade No noso centro contamos cun plan para axudar ao profesorado a abordar os retos que xorden co aprendizaxe mixto, relacionados coas necesidades de aprendizaxe dos estudantes e o seu contexto socioeconómico. Infraestruturas Non
Debilidade No noso centro o alumnado pode traer os seus propios dispositivos portátiles e utilizalos durante as clases. Infraestruturas Non
Debilidade Características das plataformas e aplicativos online utilizados. Infraestruturas Si
Debilidade Existencia de estratexias de comunicación con outros centros educativos. Oferta Non
Debilidade No noso centro utilizamos tecnoloxías dixitais ao colaborar con outras organizacións. Oferta Si
Debilidade Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. Oferta Non
Debilidade Tipoloxía da oferta educativa do centro ( por exemplo familias de FP) Oferta Non
Debilidade Diversidade da competencia dixital. Oferta Si
Debilidade Transformación da práctica docente co uso de ferramentas dixitais. Oferta Si
Debilidade Incorporación nas diferentes materias de conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Oferta Non
Debilidade Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Oferta Si
Debilidade No noso centro temos tempo para explorar como mellorar o noso método de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade No noso centro avaliamos os nosos progresos en materia de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Debilidade No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade No noso centro axudamos a utilizar tecnoloxías dixitais para fins de avaliación. Organización de centro Non
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso da tecnoloxía. Organización de centro Si
Debilidade Dinámicas para reflexionar sobre o uso de recursos dixitais (tratamento da imaxe, protección de dereitos, licenzas, software libre, plaxio etc) Organización de centro Si
Debilidade Tempo do que dispón o profesorado para explorar novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Debilidade Formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Debilidade Extensión e promoción entre o profesorado de innovacións educativas. Persoal docente Non
Debilidade Utilización de recursos dixitais para observar e documentar os progresos. Persoal docente Non
Debilidade Incorporación por parte do profesorado de tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro realízanse actividades dixitais que implican ao alumnado. Alumnado Non
Fortaleza O noso centro utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o método de ensino ás necesidades individuais do alumnado. Alumnado Si
Fortaleza O noso centro utiliza tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro foméntase a participación do alumnado en proxectos interdisciplinarios empregando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observacións sobre o traballo dos seus compañeiros. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro asegúrase que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para diferentes maneiras. Alumnado Non
Fortaleza No noso centro hai dispositivos dixitais que son propiedade do centro ou están xestionados por él e que o alumnado pode utilizar cando os necesita. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro existen dispositivo dixitais que podemos utilizar na nosa labor docente. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro facilítase o acceso a internet para o ensino aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro disponse de asistencia técnica cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro a infraestrutura dixital respalda o ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Si
Fortaleza Resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Si
Fortaleza No noso centro existen sistemas de protección de datos. Infraestruturas Non
Fortaleza No noso centro, os espazos físicos facilitan o ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza Existencia dunha estratexia dixital. Oferta Si
Fortaleza Utilización no centro de equipos dixitais propiedade do alumnado. Oferta Non
Fortaleza O noso centro facilita que o alumnado utilice tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Oferta Non
Fortaleza No noso centro contamos cunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza O noso centro apoia ao profesorado para que explore novas formas de ensino coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro créanse recursos dixitais para reforzar o método de ensino. Organización de centro Non
Fortaleza No noso centro empréganse contornos virtuais de aprendizaxe co alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza No noso centro utilízanse recursos educativos abertos. Organización de centro Si
Fortaleza Creación de espazos para compartir recursos educativos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza No noso centro búscanse recursos educativos dixitais en liña. Organización de centro Si
Fortaleza O noso centro utiliza datos dixitais sobre alumnos/as concretos/a s para mellorar a súa experiencia de aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza Tratamento das licenzas e dereitos de autoría Organización de centro Non
Fortaleza Política de protección de datos. Organización de centro Si
Fortaleza No noso centro axúdase a intercambiar experiencias dentro da comunidade educativa sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Adopción de innovacións educativas por parte do profesorado. Persoal docente Si
Fortaleza O noso centro noso centro involucra ao profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital do centro. Persoal docente Si
Fortaleza No noso centro debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro reflexiónase sobre as nosas necesidades de DPC no relativo ao ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en proxectos interdisciplinares. Persoal docente Si
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado. Persoal docente Si
77 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira responsable en internet. Administración educativa Non
Ameaza No noso centro o alumnado aprende a dar crédito ó traballo doutras persoas que atopou en internet. Administración educativa Non
Ameaza No noso centro o alumnado aprende a comprobar se a información que encontra en internet é fiable e precisa. Administración educativa Non
Ameaza Oferta de actividades formativas e as condicións para a participación. Administración educativa Non
Ameaza Participación das familias. ANPA Si
Ameaza Condicións socioeconómicas da contorna. Contorna Si
Ameaza No noso centro o alumnado aprende a actuar de maneira segura en internet. Lexislación Non
Ameaza Estabilidade laboral do persoal non docente. Outras Non
Oportunidade Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia de proxectos externos. Administración educativa Non
Oportunidade Actuacións da administración educativa. Administración educativa Non
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico. Administración educativa Non
Oportunidade Relación coa/a ANPA/s. ANPA Si
Oportunidade No noso centro utilízanse tecnoloxías dixitais para a comunicación relativa ó centro educativo. Contorna Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Contorna Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Contorna Non
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Si
Oportunidade No noso centro respectamos os dereitos de autor e as licenzas de uso ao utilizar tecnoloxías dixitais para o ensino aprendizaxe. Lexislación Non
Oportunidade Lexislación educativa. Lexislación Non
Oportunidade Lexislación non educativa que afecta ao sistema educativo. Lexislación Non
Oportunidade Relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Outras Si
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE e do Test CDD, o centro xerou unha análise DAFO que nos permitiu coñecer a realidade do centro no eido dixital, así como facilitar a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez definido o noso horizonte (cara onde queremos que vaia o noso centro educativo) e analisada a situación de partida, chega o momento de definir o Plan de Acción. Tanto o traballo de análise dos datos do informe SELFIE, e a análise da DAFO do centro, como o deseño do Plan de Acción foi realizado por un grupo de traballo composto polo equipo directivo e supervisado en todo momento polo responsable Tic do centro e polos demais membros do claustro.

Unha vez analisada a información e identificadas as áreas de mellora, o deseño das actuacións do Plan Acción supuxo a realización dos seguintes pasos:

¿ Determinar os obxectivos que imos seguir. Estes obxectivos teñen que ser:

  • Específicos, é dicir, deben ser o máis concretos posibles. A lectura do obxectivo por parte de calquera membro do claustro debe permitir entender exactamente qué se pretende facer e como.
    • Medibles: Deben responder a metas cuantificables. Se o obxectivo non é medible non podemos saber cando o conseguiremos.

    • Realizables, é dicir, poden e deben ser ambiciosos, pero posibles.

    • Realistas: Debemos plantexarnos obxectivos que estean dentro das nosas posibilidades (tanto polos recursos dispoñibles como pola motivación para logralos).

    • Definidos no tempo: Isto facilitaranos identificar as etapas que nos permitirán chegar a eles.

¿Definir os indicadores que permitirán avaliar a consecución ou non dos obxectivos. Os indicadores deben responder a escalas numéricas, e deben ir acompañados dun valor obxectivo ou meta que é o que nos marcamos segundo ao obxectivo ó que fan referencia.

Definir accións (polo menos para cada ámbito) necesarias para alcanzar os obxectivos. As accións incluirán:

  • Recursos (humanos, materiais e económicos) necesarios para levalos a cabo.

  • Prazo de execución.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Utilizar as plataformas de comunicación dixitais promovidas pola administración educativa: Abalarmóbil.
O02PD Dinamizar a páxina web do centro.
O03PD Utilizar a biblioteca en liña E-LBE.2 para uso e disfrute das familias.
004PD Mellorar a competencia dixital do profesorado

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan. A persoa mentora Adix realizará unha ou máis visitas por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do Plan Dixital, o desenvolvemento do proxecto. A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

 

 

2º Trimestre

 

 

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos propostos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo.

Para iso, a avaliación desenvolverase de dous momentos:

  • Primeiro levarase a cabo unha avaliación procesual que se realizará como mínimo unha vez ao trimestre. Nesta avaliación, os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

  • Despois levarase a cabo unha avaliación final que se realizará como mínimo unha vez ao ano. Nesta avaliación, os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora 

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital é un documento público do centro que estará a disposición das autoridades educativas e poderá ser consultado por calquera membro da comunidade educativa. Dito plan será obxecto de difusión da seguinte maneira:

  • Presentarase en claustro a todo o persoal docente.

  • Presentarase en consello escolar a tódolos seus membros.

  • Publicarase na web e informarase por AbalarMobil.

  • Será enviado á Anpa para que utilice nas súas canles de difusión.

  • Haberá unha copia en papel na sede do CRA.

Plan Dixital publicado na páxina web do centro:

http://www.edu.xunta.gal/centros/crameis/taxonomy/term/106

Ou accede directamente a él, pinchando neste enlace:

educalidade (xunta.gal)