Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O C.R.A. “María Zambrano “ e unha agrupación das antigas escolas unitarias de Couso, Fornelos, Marzán, Novás, Paradela (trasladada temporalmente a Eiras por obras)  e Pías, situadas en distintas entidades de poboación. Foi constituído como tal o día 7 de setembro de 2000 en un só colexio baixo unha dirección e uns métodos de traballo comúns.
As nosas escolas atópanse incluídas e dispersas no medio rural do Concello de O Rosal (Pontevedra).
O noso centro está constituído por 6 edificios escolares, cun total de oito aulas de Educación Infantil, tres de E. Primaria e unha sede administrativa sita en Pías.
Todas as aulas de infantil e primaria son de escolarización mixta, é dicir, as aulas de infantil contan con alumnos de 3, 4 e 5 anos e as de primaria con alumnado de 1o e 2o curso.
O claustro do centro está formado por un total de 20 mestras/es, dos cales 11 son titores/as, 3 son apoios de educación infantil, 6 mestras/es especialistas (AL, PT, inglés, relixión, psicomotricidade e música) e unha orientadora.
Como persoal non docente contamos cunha coidadora.

A poboación do Concello, formada polas parroquias de Sta. Marina de O Rosal, S. Xoán de Tabagón, S. Bartolomé de Eiras e S. Miguel de Tabagón, está bastante diseminada, ocupando a parte baixa do Val e as beiras do río Miño. É de carácter rural e a ocupación fundamental das súas xentes é a agricultura, con especial dedicación ó viño e ós cultivos de invernadoiros con unha importancia crecente do emprego asalariado.
As características socio-económicas-culturais son dun nivel medio-baixo.

O Plan dixital do CRA María Zambrano é unha ferramenta de planificación integrada no Proxecto Educativo e tamén na PXA e que busca o desenvolvemento do tratamento da información e competencia dixital e a integración das TIC como ferramenta didáctica nos procesos de ensinanza-aprendizaxe.
Para elo é moi necesario analizar as vantaxes e inconvenientes do seu uso dende a perspectiva do proceso de ensinanza e aprendizaxe, de aí que hoxe é moi necesario
dominar as ferramentas básicas nas “novas tecnoloxías”. Partindo de todo isto, para conseguir que a incorporación plena das TIC no centro sirva de maneira decidida para mellorar o proceso E-A, é necesario adoptar unha serie de medidas que van máis alá da dotación de recursos e ten que ir acompañado de políticas de formación do profesorado e da elaboración de materiais, en distintos soportes, para o desenvolvemento ao máximo das potencialidades.
É por elo que este plan vai dirixido a toda nosa Comunidade Educativa: alumnado, familias e mestres/as.
A Competencia Dixital no noso alumnado é semellante entre infantil e 1o-2o de primaria: facendo uso das TIC de maneira manipulativa, para reforzar contidos e actividades traballadas na aula, e na busca, selección e creación de información.
Necesitando sempre unha supervisión ou acompañamento por parte do profesorado e familias.
A Competencia Dixital das familias, a nivel xeral é básica: saben navegar e buscar información, comunicarse por redes sociais,.. Acceden a enlaces para a realización
de entrevistas co profesorado, enviar email para comunicarse co centro... A maioría accede a Internet cos seus dispositivos móbiles. Reciben tamén notificacións do Centro por Abalar. A maioría carecen de estratexias básicas para acompañar aos seus fillos e fillas na nova cultura dixital e posen un descoñecemento de uso seguro e responsable para o desenvolverse na rede.

No aspecto legal tiveronse en conta:

  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

que rezan:

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

e desenvoltos nos seguintes artigos no tocante a estrutura do Plan Dixital:

  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información previa empregado para elaborar o informe DAFO foron o Informe SELFIE e o TCDD.

Interno
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Algunha das familias non realizan o uso axeitado e outras abusan sa súa utilización en alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º primaria (adición ás pantallas). Familias Si
Debilidade Non temos dispositivos dixitais suficientes en todas as aulas para o seu uso na ensinanza. Infraestruturas Si
Debilidade Non temos acceso a internet en todas as aulas Infraestruturas Si
Debilidade Pouca actualización da páxina web e difusión da mesma. Oferta Si
Debilidade Non favorecemos o traballo en grupo coas tecnoloxías dixitais nin empregamos ditos recursos. Persoal docente Si
Fortaleza Aprenden a actuar de xeito seguro na Internet de xeito guiado. Alumnado Non
Fortaleza Creación do instagram do centro para visibilizar propostas de aulas. Oferta Non
Fortaleza Dáse liberdade ao profesorado á hora de empregar tecnoloxías dixitais como novas formas de ensinanza/aprendizaxe. Debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes da ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Formámonos en tecnoloxías dixitais para a ensinanza/aprendizaxe. Buscamos recursos educativos dixitais en internet. Comunicámonos con medios dixitais no centro. Persoal docente Si
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Uso incorrecto dos medios dixitais no ámbito doméstico. Outras Si
Oportunidade Recursos en liña (repositorios abalar), formación e programas ofertados. Administración educativa Si
Oportunidade Colaboración das familias nas propostas do centro e do Concello. Contorna Non
3 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez recollidos os datos do SELFIE e do TCDD, o equipo TIC reuniuse para elaborar o informe DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Acadar unha participación significativa do claustro (50%) en actividades do PFPP relacionadas coa aplicación didáctica das TICs co fin de mellorar o emprego das TICS no día a día da aula.
002PD Acadar unha competencia dixital docente nunha porcentaxe significativa do profesorado (70%) no coñecemento e manexo das pantallas dixitais ao longo do curso para un proceso de ensino ¿ aprendizaxe máis diverso e integrado nas TIC
003PD Acadar unha competencia dixital docente nunha porcentaxe ampla do profesorado (60%) no coñecemento e uso das ferramentas dixitais proporcionadas pola administración (abalar móbil, abalar box, aula virtual, etc. ) con vistas a unha mellor xestión tanto da comunicación coma do intercambio de arquivos e información¿ ao longo do curso
004PD Facer unha avaliación o máis exhaustiva posible (entorno ao 80%) das necesidades TIC do centro, tanto a curto como a longo prazo, ao longo do ano escolar, co fin de mellorar, corrixir ou adaptar as aulas do mellor xeito posible aos retos educativos que vaian afrontar no futuro
005PD Levar a cabo unha avaliación (ao menos do 50%) das ferramentas dixitais proporcionadas pola administración a final de curso, facendo fincapé en diferentes aspectos das mesmas (facilidade de uso, fiabilidade, eficiencia, compatibilidade con diferentes dispositivos dixitais, etc.) co fin de valorar a súa integración e uso no traballo diario do centro
006PD Difundir a manter actualizada a páxina web, cun deseño atractivo e intuitivo, que permita un acceso a información sinxelo e interactivo co fin mellorar a comunicación entre os diferentes axentes da comunidade educativa.
007PD Promover ao longo do curso o emprego das TIC no proceso de ensino - aprendizaxe na aula e na casa, de xeito responsable, con vistas a acadar unha porcentaxe de entre 10-15% en Educación Infantil e do 20% en Educación Primaria de actividades que impliquen o uso das TIC

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital foi levado a cabo polo equipo de Dinamización do uso das TICS.

1º Trimestre

Reunión con Jacob:

Primeira toma de contacto, na que procedemos a materializar o acceso a Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantennos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).

Navegamos polos distintos apartados da aplicación, facendo principal fincapé nos seguintes puntos:

 •       lntrodución

Data de aprobación do Consello

Data de aprobación/ información Claustro

Contexto DAFO

Obxectivos

Comunicación e difusión

Seguimento

Avaliación

Anexos

 

Coincidimos en que o 15 de outubro é un prazo moi ambicioso para pechar o PDC do 2023_2024.

 

 

2º Trimestre

Proxecto dunha curtametraxe usando medios relacionados cos polos creativos.

3º Trimestre

Profundización se é posible da tecnoloxía de polos creativos e valoración no ámbito do CRA.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  •  No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. 

  • No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Qué vamos a avaliar:

Eficacia ou utilidade do plan nos distintos ámbitos.

Tamén avaliarase o grao de consecucións dos obsxectivos propostos.

Acción ao procedemento para a avaliación: 

Recollerase as observacións realizadas ao longo do curso e quedarán plasmadas nunha memoria.

Procedemento para o análise dos resultados: 

Observación directa e comunicación constante co equipo docente.
 

 

Valoración xeral

Farase unha valoración ao final do terceiro trimestre.

Proposta de mellora

Dentro de esa valoración final, valoraránse e formularánse distintas propostas de mellora.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Acción: Presentación do plan. - Coñecemento de cales son as funcións da comisión e coordinador/a TIC. Destinatarios: Claustro. Canal: Reunións informativas do Claustro. Web do centro. Responsable: Comisión e Coordinador/a TIC

Acción: Promoción do plan: Implementar as medidas necesarias para informar e asesorar os/as mestres/as do centro. Destinatarios: Mestres/as. Canal: Plan de Formación do Centro. Traballo cooperativo. Responsable: Comisión. Coordinador/a TIC. Poñentes.

Acción: Informar ao alumnado e as familias da web como espazo onde consultar as actividades que se realizan ao longo do curso no CRA.

Acción: Difusión entre a comunidade educativa: - .Destinatarios: Comunidade Educativa.

 

Ligazón para acceso ao plan: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36024173