Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución
NOME DO CENTRO: CRA DE VALGA
DIRECCIÓN: A TORRE, 69, CAMPAÑA.
CORREO: cra.valga@edu.xunta.gal
PÁXINA WEB: www.edu.xunta.gal/centros/cravalga/
OFERTA EDUCATIVA: Educación Infantil (de 3 a 6 anos de idade).
ALUMNADO: 89 alumnos/as (curso 2023-24).
PROFESORADO: 6 titoras, 2 mestras de apoio, 1 mestra de música, 1 mestre de educación física, 1 mestra de inglés, 1 mestre de AL, 1 orientador compartido, 1 mestra de relixión compartida, 1 mestre de PT compartido e 1 mestra de AL compartida.
 
Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro:
O CRA de Valga é un Colexio Rural Agrupado constituído por Orde da Consellería de Educación do 28 de xullo de 2000, publicado no DOG de 7 de decembro de 2000, por seis
escolas (Campaña, Chenlo, Ferreirós, Forno, Vilarello e Xanza) espalladas por distintas aldeas e parroquias do Concello. Valga é un concello rural da provincia de Pontevedra,  cunha extensión de 40,72 km2. Conta con 5768 habitantes, distribuídos en cinco parroquias  (Cordeiro, Setecoros, Campaña, Xanza e Valga). O Concello de Valga está delimitado ao
norte polos municipios de Dodro e Catoira, Catoira e Caldas de Reis polo sur, Cuntis polo este e Dodro polo oeste. Valga conta cunha gran oferta cultural nas distintas instalacións
das que dispón como a biblioteca, museo ou auditorios, así como festexos e eventos de gran interese turístico como a Festa da Caña e da Anguía ou o Belén Artesanal. Respecto
ao patrimonio histórico e natural, é de gran riqueza (petróglifo Pedra da Serpe, Praia  Fluvial de Vilarello, Lagoa Mina Mercedes, Mirador Monte de Beiro, Parque Irmán Dios
Mosquera, Fervenzas de Parafita…). Cómpre sinalar, tamén, que polo concello discorren dúas rutas do Camiño de Santiago: o Camiño Portugués e a ruta marítima-fluvial.
 
Contribución do PD ao Proxecto Educativo. Relación con outros Plans e proxectos do centro:
Na lexislación vixente establécese que o Proxecto Educativo recollerá a estratexia dixital  do centro. Confórmase este Plan como unha ferramenta fundamental no noso centro para
o fomento da investigación e innovación, a formación do profesorado, a xestión e organización interna, a compensación de desigualdades e a inclusión, etc. Ten un papel
importante no desenvolvemento dos proxectos elaborados a nivel de centro e en coordinación con outros Equipos como o de Biblioteca escolar. Nos últimos anos, dende o  CRA de Valga apostouse fortemente polo emprego das TIC no día a día, non só como recursos de aprendizaxe para o alumnado, senón tamén como estratexia de organización
interna e de apertura á contorna. Nos últimos anos o CRA de Valga desenvolveu un PFPP  vinculado ao Plan Dixital. Actualmente contamos cunha liña de Polos Creativos.
 
Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24.
O Plan Dixital servirá como ferramenta para alcanzar os obxectivos que se plantexen na PXA do próximo curso.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- AUTOAVALIACIÓN SELFIE

- TEST CDD

- TÉCNICA DOS 3 PORQUES.

Interno
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Abuso dos tempos de uso dos dispositivos TIC e, en ocasións, frustración cando se limita o seu uso. Alta dependencia dunha guía do adulto. Non é facilmente realizable polo alumnado de xeito autónomo. Alumnado Si
Debilidade Algunhas familias non teñen acceso a Internet e, polo tanto, o uso dalgunhas plataformas está limitado. Familias Si
Debilidade Dependencia de empresas privadas para ofertar servizos como comedor e transporte. Familias Non
Debilidade A dispersión xeográfica require dunha maior inversión e gasto (necesitamos ter os recursos multiplicados por 6 para as 6 escolas). Dotación de material insuficiente por parte da Consellería. Infraestruturas Non
Debilidade As pautas da Consellería para a elaboración do Plan Dixital non se adoitan axustar á etapa de Educación Infantil nin á nosa tipoloxía de centro (por exemplo os Ítems do SELFIE e Test CDD). Percepción non compartida pola totalidade do Claustro da implicación do Equipo Directivo. Organización de centro Non
Debilidade Necesidade de formación específica para un mellor aproveitamento dos recursos dixitais na Educación Infantil. As características da aprendizaxe mixta non se adaptan á Educación Infantil. Persoal docente Si
Fortaleza Implicación do alumnado en todas as propostas relacionadas coas TIC. Materiais adaptados ao alumnado con nee. Alumnado Si
Fortaleza Boa resposta ao uso das tecnoloxías e uso activo das canles de comunicación operativas no centro (Instagram, Whatsapp, Blog, Web do centro, Facebook¿). Familias Si
Fortaleza Excelente dotación (pantallas multitáctiles, tabletas, smartphones, portátiles, robots, mesas de luz, luz negra, retroproxectores, teclados inalámbricos¿) Espazos amplos, versátiles e ben equipados. Repositorio de recursos en liña de elaboración propia e de acceso para todo o profesorado. Infraestruturas Si
Fortaleza Aproveitamento dos recursos TIC dos que dispón o centro nas sesións de biblioteca polas tardes: espazo creativo, robótica, contacontos co uso de pantalla, son. Oferta Si
Fortaleza Emprego de ferramentas TIC para a comunicación da Comunidade Educativa, elaboración de material e documentos do centro, creación de redes de traballo¿ Existencia dun Equipo Directivo proactivo, moi implicado. Organización de centro Si
Fortaleza Boa predisposición e uso dos recursos dispoñibles. Creación de recursos en liña abertos ao profesorado. Adaptación ás necesidades e características do alumnado atendendo á diversidade e garantindo a inclusión. Existencia dun Proxecto interdisciplinar compartido por todo o centro. Persoal docente Si
Fortaleza Intercambio multicultural cunha persoa auxiliar de conversa (emprego das TIC para achegar esta diversidade cultural ao alumnado). Persoal non docente Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Pouca adaptación á etapa de Educación Infantil e tipoloxía do noso centro (CRA) da formación ofertada. Inversións como EDIXGAL, pantallas multitáctiles, aulas virtuais, moodle¿ están adicadas a outros tipos de centro, que exclúen CRA. Pouca inversión en TIC para infantil e CRA. Pouca practicidade para o noso centro educativo dos programas corporativos da Consellería, tanto de sofware como plataformas (Abalar, XADE, Web, Escolas na Nube...), tendo que complementar con outro tipo de aplicacións (Blog, Facebook, Instagram, Canva, Google Drive...). Administración educativa Non
Ameaza Dispersión xeográfica: ao tratarse de zonas rurais dificulta o acceso fluído á conexión e a unha boa velocidade. Necesidade de empregar recursos persoais para xerar, en ocasións, un bo acceso. ANPA Non
Ameaza Carencia de bancos de imaxes e recuros corporativos funcionais para a realidade das nosas aulas, polo que se recorre a imaxes de buscadores ou bancos de imaxes alternativos. Lexislación Si
Oportunidade Existencia de asesoría dixital de zona. Administración educativa Si
Oportunidade Existencia na contorna de establecementos que ofrecen soporte TIC de cara a poder solventar con inmediatez pequenas averías ou adquisición de subministros. ANPA Si
Oportunidade Colaboración activa da ANPA para a adquisición de novos materiais e recursos. Contorna Non
Oportunidade Solicítase ás familias do alumnado autorización expresa para o tratamento de uso da imaxe, son e datos, de acordo á lexislación vixente, o que permite traballar con diferentes plataformas, recursos¿ a pesar de non ser corporativos da Consellería. Lexislación Si
Oportunidade Cesión de equipamento entre centros (Escola Infantil, IES, CODI) segundo necesidades. Existencia no Concello de aula CEMIT para uso do centro baixo demanda. Colaboración do punto limpo e o Concello na recollida de material obsoleto ou danado. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Manter operativos e en bo estado os recursos TIC do centro e adquirir ou solicitar novos recursos cando sexa preciso.
O02PD Motivar ao mestrado a formarse para mellorar a súa competencia dixital coa fin de coñecer e empregar os recursos tecnolóxicos dispoñibles, incidindo nas novas pantallas multimedia interactivas.
O03PD Colaborar entre todo o mestrado en organizar un banco común de recursos dixitais propios e outros xa creados (respectando os dereitos de autor) para desenvolver o Proxecto de centro.
O04PD Crear e difundir a organización, documentación, programacións, actividades realizadas... de centro mediante as canles corporativas e/ou outras.

Seguimento

Procedemento

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Todo isto verase reflectido na memoria final de cada curso.

 

1º Trimestre

No primeiro trimestre danse por alcanzados os obxectivos e accións propostas, co compromiso de continuar na mesma liña de acción, vixiancia, innovación e formación.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Todo isto verase reflectido na memoria final de cada curso.

 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión
Este documento será difundido á Comunidade Educativa trala súa aprobación, mediante a
Páxina Web do centro e/ou aula virtual.