Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo

O IES de Meaño ten unha traxectoria moi asentada no eido de dixitalización, xa que logo, levamos moitos anos a traballar xa inicialmente co PLAN ABALAR e posteriormente co PLAN EDIXGAL, ademais de que a metodoloxía de traballo co alumnado procurando poñelo no centro do aprendizaxe fai que a tecnoloxía dixital estea presente no noso centro de xeito natural e diario.

O centro  participa e participou  en diferentes plans e proxectos que incardinan directamente con este plan dixital xa que a implantación dos mesmos require dunha estratexia dixital completa e asentada. Entre outros programas que ten implantado o centro están os seguintes:

  • Plan Proxecta
  • Edixgal
  • ImpulsaTAC: Talleres de actualización TAC para o profesorado
  • Sección Bilingüe
  • STEAM / ESPAZOS MAKER
  • Aula Creativa
  • ABP: proxectos desenvolvidos en cada materia e curso e integrados nas programacións didácticas
  • PLAMBE: Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares    
  • Proxecto Interdisciplinario (PDI) de aprendizaxe-servizo a comunidade (APS)
  • Club de Lectura, Programa Fomento da Lectura

Na programación xeral anual (PXA= do curso teranse en conta os obxectivos marcados neste plan dixital para que a súa implantación sexa eficiente e efectiva, se ben é certo que os recursos humanos son sempre limitados nos centros educativos, máis se cabe nun centro pequeno coma este, e en moitos casos vense obrigados a ocupar boa parte do seu tempo en tarefas de eido máis burocrático e polo tanto pouco efectivas para a aprendizaxe do alumnado.

Polo tanto dedicarase algún dos obxectivos do plan anual da dirección a implantación do PD para o vindeiro curso.

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O plan dixital pretende ser unha ferramenta de traballo que axude nunha estratexia que permita mellorar a competencia dixital da comunidade educativa  en xeral 

A normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da L.O. 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (L.O.M.L.O.E.).
  • Obrigatoriedade de facer o PD:
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022.
  • Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro.
  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro.
  • Estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:
  • Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro.
  • Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro.
  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro. 

Proceso de elaboración

Para a elaboración deste Plan Dixital de centro estableceuse ao comezo do curso (2021/2022) unha comisión formada por un membro do equipo directivo e 2 profesores do centro (o coordinador do Plan Dixital e o coordinador Edixgal) que se reuniron en numerosas ocasións ao longo do curso para ir seguindo os pasos establecidos polos asesores para a elaboración do citado plan:

  • César Fernández Riádigos (equipo directivo)
  • Francisco Javier Pérez Carral (coordinador Edixgal)
  • Roberto Taboada Puig (coordinador Plan Dixital)

Os pasos na elaboración del Plan Dixital foron os seguintes:

  • SELFIE
  • TestCDD
  • DAFO
  • Plan de acción
  • Redacción do Plan Dixital

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

As fontes empregadas para a análise DAFO foron:

  • Informe SELFIE
  • Test de Competencia Dixital Docente (CDD)
Interno
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se lle facilita a retroalimentación a través dos medios dixitais Alumnado Si
Debilidade Dificultade para a boa xestión de acceso a recursos dixitais Alumnado Si
Debilidade Baixa formación en competencia dixital Familias Si
Debilidade Baixa conciencia da necesidade de dotación tecnolóxica destinada á educación Familias Non
Debilidade Non sempre se dispón dunha asistencia técnica inmediata cando xorden problemas coas tecnoloxías dixitais Infraestruturas Non
Debilidade Falta de cursos tipo "Iniciación á programación á robótica" ou "Programación" Oferta Non
Debilidade O profesorado non se apoia en tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado Persoal docente Si
Debilidade Baixa formación en competencia dixital Persoal non docente Non
Fortaleza Todo o alumnado ten un equipo informático de uso individual á súa disposición Alumnado Si
Fortaleza Formación dixital para o ensino virtual e comunicación co equipo docente Alumnado Si
Fortaleza O 98% das familias do centro empregan ABALAR móbil Familias Si
Fortaleza Conexión a 200 Mbps Infraestruturas Non
Fortaleza Kits de equipos con conexión para as familias que o precisen Infraestruturas Non
Fortaleza Armarios de carga Infraestruturas Non
Fortaleza Dotación cunha antigüidade máxima de 6 anos Infraestruturas Non
Fortaleza Espacios didácticos dotados con kits dixitais (equipo informático, proxector, pizarra dixital) Infraestruturas Si
Fortaleza Impresoras 3D Infraestruturas Si
Fortaleza Obradoiros sobre impresión 3D Oferta Si
Fortaleza O correo electrónico é a ferramenta de comunicación do centro Organización de centro Non
Fortaleza As titorías empregan ABALAR móbil para a comunicación confidencial co equipo docente Organización de centro Si
Fortaleza Cadro de persoal estable Persoal docente Si
Fortaleza Liña de formación no centro Persoal docente Si
Fortaleza Cadro de persoal estable Persoal non docente Non
23 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Duplicidade de plataformas de formación en liña (E-dixgal, aula virtual de Moodle) Administración educativa Non
Ameaza Polígonos industriais con empresas tecnolóxicas non cerca Contorna Non
Ameaza O centro educativo está situado nunha área de perfil socioeconómico medio-baixo Contorna Si
Ameaza Cambios constantes na normativa educativa Lexislación Non
Ameaza Falta de colaboración con outras entidades (Universidades, Escolas Técnicas, empresas técnicas ou tecnolóxicas) Outras Non
Ameaza Dificultade de acceso á biblioteca municipal por parte do alumnado menor de idade Outras Non
Oportunidade Oferta de plans que facilitan o acceso a ferramentas dixitais (E-dixgal, dotación para fenda dixital) Administración educativa Non
Oportunidade Fomento da competencia dixital do alumnado e profesorado Lexislación Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os datos obtidos a través do SELFIE, permitiron detectar algúns aspectos dixitais do IES que teñen marxe de mellora:

  • Colaboración e redes
  • Prácticas de evaluación

Tamén identificáronse algúns aspectos nos que o IES destaca positivamente:

  • Infraestrutura e equipos
  • Desenvolvemento profesional continuo 

O test CDD (cun 82,61% de participación do profesorado) permitiu averiguar cal á o nivel de competencia do centro: Integrador/a (B1). Tamén permitiu discriminar os diferentes niveis do profesorado:

  • A1 (0%)
  • A2 (36,8%)
  • B1 (57,9)
  • B2 (0%)
  • C1 (5,3%)
  • C2 (0%)

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Empregar espazos creativos que permitan unha aprendizaxe máis competencial
O02PD Promover a comunicación entre os/as titores/as e as familias mediante o uso da ferramenta Abalar
O03PD Empregar rúbricas para a avaliación de tarefas e facer retroalimentación co alumnado
O04PD Fomentar un comportamento seguro e responsable no emprego das TIC
O06PD Mellorar a alfabetización dixital do alumnado

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital (PD) realizará, polo menos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións do Plan. A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas por trimestre para analizar coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto. A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances deste plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

O plan dixital desenvolveuse segundo a temporalización establecida e sen incidencias relevantes.

2º Trimestre

O plan dixital desenvolveuse segundo a temporalización establecida e sen incidencias relevantes.

3º Trimestre

O plan dixital desenvolveuse segundo a temporalización establecida e sen incidencias relevantes.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, está desglosado nas táboas anteriores pero en todo caso realizarase unha avaliación procesual cada trimestre a través dunha reunión da comisión encargada de elaborar este Plan Dixital. Ademais de que nalgunha CCP se realizará unha posta en común co resto do profesorado, para realizar unha  análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións ao plan dixital.
Por outra banda realizarase unha avaliación final para  a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora. Esta avaliación dará lugar a unha memoria do PD que será presentada ao resto do profesorado no claustro de final de curso
 

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital unha vez sexa oído polo claustro e aprobado polo consello escolar do centro; será publicado na páxina web do centro e informarase á comunidade educativa, a través de correo electrónico e abalar (para os responsables do alumnado) da súa publicación.