Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan Dixital.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da L.O. 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica la Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación (L.O.M.L.O.E.).

Obriga de inclusión do PD no Proxecto Educativo:

  • Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Estrutura, que como mínimo debe contemplar o PD, no seguinte articulado:

  • Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
  • Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O Plan Dixital do Centro será o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensinanza aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado.

As tecnoloxías da información, comunicación e coñecemento, son unha realidade na nosa sociedade, e polo tanto, tamén o son na educación. Estas preséntanse como unha disciplina transversal, que crece de forma exponencial en canto aos avances que presentan, podendo ser aplicadas a calquera rama do coñecemento. A capacidade que nos ofrecen para levar a cabo a xestión, así como a comunicación entre profesorado, alumnado e familias é moi potente. Polo tanto, a integración das mesmas permite mellorar os procesos de xestión académica e comunicación, dentro da comunidade educativa. A aplicación das TIC nos procesos de ensinanza aprendizaxe, cobra un protagonismo excepcional debido á demanda da sociedade, e polo tanto do noso alumnado. Ben é certo, que segue existindo unha fractura dixital por parte dun alto porcentaxe de profesorado, que haberá de ser corrixida a través da formación específica necesaria. A idea fundamental é a consolidación dos coñecementos, por parte do alumnado, para que no exista unha brecha dixital e para que as ensinanzas sexan competitivas e atractivas para os mesmos.

Require especial atención por parte do profesorado e dos responsables, o uso ético e educativo das tecnoloxías no centro e no entorno familiar; unha correcta integración pode supoñer a potenciación da motivación do alumnado, unha busca fácil da información que debe aprender a manexar e transformar en coñecemento dentro dun aprendizaxe significativo; a utilización dun recurso innovador na tarefa diaria permitirá diferentes aplicacións didácticas, o deseño de novos materiais de traballo, etc

O plan dixital supón unha oportunidade na detección de necesidades de mellora para o centro, así como a posta en práctica dun procedemento para implantar esas melloras, algo que resulta de vital importancia tendo en conta o proxecto educativo do centro.

 

Proceso de elaboración

Unha vez realizada a enquisa SELFIE e o test CDD fíxose unha análise dos resultados de cara á elaboración da matriz DAFO, datos que supuxeron o punto de partida para a elaboración dos distintos apartados do Plan Dixital por parte do Equipo de Dinamización

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Autoavaliación DAFO.

- Test de Competencia Dixital Docente.

Interno
73 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade As habilidades dixitais adquiridas polo alumnado nas diferentes materias considéranse insuficientes. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non fai uso dos seus propios dispositivos no centro. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non resolve problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non aprende a programar nin codificar. Alumnado Non
Debilidade Non se realizan suficientes dinámicas sobre a reflexión no emprego no uso da tecnoloxía. Alumnado Si
Debilidade Non se incorporan nas diferentes materias conceptos como a verificación da calidade da información, comportamento seguro e responsable do alumnado na Internet etc. Alumnado Non
Debilidade Non existe diversidade na competencia dixital. Alumnado Non
Debilidade O software instalados nos dispositivos non é bo ou insuficiente. Infraestruturas Si
Debilidade A asistencia técnica non funciona axeitadamente. Infraestruturas Si
Debilidade A tecnoloxía asistencial non é axeitada. Infraestruturas Si
Debilidade Non existen recursos suficientes na biblioteca/ repositorio en liña. Infraestruturas Non
Debilidade A oferta educativa no centro é escasa. Oferta Non
Debilidade Non existen sinerxias sobre o aprendizaxe mixto. Organización de centro Non
Debilidade Non existen recursos suficientes na biblioteca/ repositorio en liña. Organización de centro Si
Debilidade Non existe un uso activo e creativo da aula virtual do centro. Organización de centro Non
Debilidade O centro non conta cunha boa estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade A asistencia técnica no centro é mellorable. Organización de centro Si
Debilidade Non se conta con suficiente apoio para abordar a brecha dixital. Organización de centro Si
Debilidade Non existe suficiente formación sobre novas modalidades de aprendizaxe do uso da tecnoloxía dixital. Organización de centro Non
Debilidade Non se conta con tempo suficiente para explorar a ensinanza dixital. Organización de centro Non
Debilidade A tecnoloxía asistencial non é axeitada. Organización de centro Non
Debilidade No centro non se empregan dispositivos dixitais propiedade do alumnado. Organización de centro Non
Debilidade O persoal docente non conta con tempo suficiente para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Si
Debilidade O profesorado non participa en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Debilidade O alumnado non participa suficientemente na autoavaliación e coavaliación empregando ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se realizan suficientes Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continúa do profesorado. Persoal docente Non
Debilidade Existen necesidades no DPC. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non avalía as capacidades acadadas polo alumnado fóra do centro. Persoal docente Non
Debilidade Entre o profesorado non se estenden nin promoven innovacións educativas. Persoal docente Si
Debilidade O persoal docente ten dificultades á hora de transformar a práctica docente co emprego da tecnoloxía dixital. Persoal docente Si
Fortaleza O alumnado conta con suficientes dispositivos dixitais para o aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado participa na creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado realiza un emprego seguro a responsable das tecnoloxías. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado adquire habilidades dixitais para distintas materias. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado verifica a calidade da información. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado outorga recoñecemento ó traballo dos demais. Alumnado Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais para a ensinanza. Infraestruturas Si
Fortaleza Existe suficiente espacio físico. Infraestruturas Non
Fortaleza Empréganse plataformas dixitais promovidas pola administración educativa. Infraestruturas Si
Fortaleza As infraestruturas son axeitadas. Infraestruturas Non
Fortaleza O acceso a internet no centro é bo. Infraestruturas Si
Fortaleza A oferta de aplicativos online e plataformas é suficiente. Oferta Si
Fortaleza Existe oferta de novas modalidades de ensinanza. Oferta Non
Fortaleza O centro conta co profesorado no desenvolvemento da estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza No centro avalíase o progreso do alumnado. Organización de centro Si
Fortaleza Existen medidas para identificar retos no relativo á brecha dixital. Organización de centro Non
Fortaleza Empréganse recursos dixitais para documentar e observar os progresos. Organización de centro Si
Fortaleza O centro conta con suficiente espacio físico. Organización de centro Non
Fortaleza Existe documentación sobre o aprendizaxe. Organización de centro Non
Fortaleza O centro aposta por novas modalidades de ensinanza. Organización de centro Si
Fortaleza O persoal docente aposta por novas modalidades de ensinanza. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal docente avalía o progreso do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente publica emprega recursos educativos en liña. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente crea recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Existe implicación por parte do persoal docente. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente colabora co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente considera que existe colaboración entre todas os membros da comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Entre o persoal docente existe debate sobre o emprego da tecnoloxía. Persoal docente Si
Fortaleza Existe participación no DPC. O profesorado realiza intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse contornas virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal docente emprega recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxía para realizar a avaliación do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Existen recursos para a comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente fomenta a creatividade. Persoal docente Non
Fortaleza No centro realízanse proxectos interdisciplinares. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado implementa innovacións educativas. Persoal docente Si
Fortaleza O persoal docente adáptase ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente avalía as capacidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Existe unha retroalimentación axeitada. Persoal docente Non
Fortaleza O persoal docente realiza unha boa autorreflexión sobre o aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado realiza comentarios co alumnado sobre o aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega datos para a mellora do aprendizaxe. Persoal docente Si
73 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A dotación de equipamento tecnolóxico é escasa. Administración educativa Si
Ameaza Non existe ANPA no centro. ANPA Non
Ameaza A participación das familias é escasa ANPA Non
Ameaza Non existen ou non son suficientes os proxectos externos. Contorna Si
Ameaza As condicións socioeconómicas non son boas en xeral. Contorna Non
Ameaza O acceso a dispositivos dixitais fóra do centro por parte do alumnado é difícil nalgúns casos. Contorna Si
Ameaza Non existe a suficiente comunicación por parte das persoas que non forman parte da comunidade educativa. Contorna Si
Ameaza Non existen estratexias de comunicación axeitadas con outros centros educativos. Outras Si
Ameaza A oferta de actividades formativas non é suficiente. Outras Si
Oportunidade O centro conta cunha suficiente achega económica. Administración educativa Non
Oportunidade Existen espazos para compartir recursos dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade Existe estabilidade no persoal docente e non docente do centro. Administración educativa Non
Oportunidade A administración educativa actúa cando é preciso. Administración educativa Non
Oportunidade Existe lexislación no relativo a tratamento das licenzas e dereitos de autoría. Lexislación Si
Oportunidade Existe unha política de protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade Existen normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Si
Oportunidade Existe colaboración con institucións alleas ao centro educativo. Outras Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise DAFO levada a cabo e do Test de Competencia Dixital Docente establecéronse unha serie de obxectivos que se consideraron prioritarios atendendo ás particularidades do centro, da comunidade educativa e da contorna.

Estes obxectivos establécense no seguinte apartado, así como o procedemento que se leva a cabo na procura da súa consecución.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Mellorar a conectividade do equipamento TIC do centro
002PD Mellorar a xestión de incidencias do equipamento Edixgal do alumnado.
003PD Potenciar o emprego das ferramentas corporativas entre o profesorado.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital realizarase de xeito simultáneo a través de tres procedementos.

- De xeito trimestral cunha reunión co coordinador do Plan Dixital co equipo ADIX.

- Mediante un seguimento trimestral da situación na que se atopa cada un dos plans de acción que procuran acadar cada obxectivo proposto.

- Unha vez elaborada a redacción do Plan Dixital na plataforma Educalidade, empregaremos tamén esta plataforma para realizar un seguimento.

1º Trimestre

Comezamos o curso iniciando os procedementos establecidos no Plan Dixital para cada un dos obxectivos propostos. 

Deste xeito:

- No primeiro obxectivo, que corresponde a mellorar a conectividade do equipamento TIC do centro, durante o primeiro trimestre detectáronse as carencias na conectividade do equipamento do centro. Nomeadamente, coa fotocopiadora, para avanzar nunha maior capacidade de xestión de recursos educativos impresos desde todas as aulas.

- No segundo obxectivo creouse un equipo de traballo, dirixido pola coordinadora de E-Dixgal do centro, que foi atendendo as incidencias que foron aparecendo nos equipamentos do alumnado e do profesorado. Ao mesmo tempo, colocáronse caixas de correo no recibidor do IES para que o alumnado poida depositar alí formularios coas súas incidencias ou suxestións.

 

- O terceiro obxectivo fai referencia a potenciar o emprego das ferramentas corporativas entre o profesorado. Nel, procuráronse titoriais e recursos para o emprego e instalación das principais ferramentas corporativas por parte do profesorado e incidiuse na necesidade da súa utilización no día a día.

 

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, seguiranse dous procesos de avaliación e seguimento:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será dunha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será de xeito anual, ó remate do curso 2022-2023. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.


 

Entre as actuacións tendentes a avaliar o alcance e eficacia deste plan, podemos destacar as seguintes:

  • Enquisa de satisfacción ao alumnado, sobre a adecuación dos materiais TIC e seu aproveitamento.

  • Enquisa de satisfacción ao profesorado sobre o aproveitamento e progreso alcanzado nas súas materias.

  • Enquisa de satisfacción aos responsables do alumnado, referentes ao nivel de aproveitamento das novas tecnoloxías e a integración dos novos aprendizaxes no entorno familiar.

  • Valoracións recibidas do claustro de profesorado, e na CCP, sobre o avance no uso das novas tecnoloxías.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

No que respecta ó procedemento de difusión deste plan entre toda a comunidade educativa, este será publicado na web do centro para a consulta das familias e facilitaráselle ao profesorado un enlace que dea acceso ao mesmo na plataforma de Educalidade a través do correo electrónico corporativo.

 

Unha vez que a comunidade educativa coñeza o Plan de Acción este deberá ser aprobado en consello escolar.