Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
A avaliación do Plan corre a cargo do Equipo TIC e do Equipo Directivo.
Para a avaliación do mesmo, contarase coa información que lle sea facilitada polo Equipo Directivo, os titores e a CCP.
Os aspectos a valorar na avaliación procesual, que se realizará como mínimo tres veces ao ano, incluirán:
- estado da execución das accións
- a análise e valoración dos resultados, e, de ser o caso,
- modificacións das accións, e
- propostas de mellora
No 1º trimestre comprobamos o acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).
Tamén comprobamos o acceso á aplicación EduCalidade con permisos de edición. Revisamos os distintos apartados da aplicación no PDC, facendo principal fincapé nos seguintes puntos:
• Introdución
¿ Data de aprobación do Consello
¿ Data de aprobación/ información Claustro
• Contexto DAFO
¿ Revisión e actualización
• Obxectivos
¿ Procedemento de borrado
¿ Procedemento para a creación de novos Obxectivos
¿ Introdución das Accións
• Comunicación e Difusión
¿ Revisión e actualización
• Seguimento
¿ Borrado/Actualización dos cadros de texto
• Avaliación
¿ Borrado/Actualización dos cadros de texto
• Anexos
Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito público na aplicación EduCalidade.
No centro xa están moi claros, e incorporados na aplicación, os Obxectivos de cara o vindeiro curso polo que unicamente realizamos a actualización da lexislación vixente achegada no Taboleiro da AV ADIX Tui, a transcrición da Introdución que o curso pasado estaba achegada nos Anexos e a revisión dalgún dos cadros de texto con modificacións pendentes, como o borrado do recollido do curso pasado.
Revisamos a situación actual (Pendente – Parcialmente - Acadado) de cada un dos Obxectivos do PDC e editamos o estado dos mesmos na aplicación EduCalidade.
Para cada unha das Accións particulares de cada Obxectivo realizamos o seu seguimento achegando cando é posible evidencias documentais, quedando recollidas na aplicación EduCalidade (Lapela Obxectivos). Pendente de realizar as executadas ao final de curso tales como as accións de Valoración.
Indicamos nos 3 trimestres todas as accións levadas a cabo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital e lideradas pola coordinación do PDC. Quedando recollido na aplicación EduCalidade (Lapela Seguimento). Pendente de achegar aquelas accións executadas ata que finalice o curso.
Avaliación
Ao remate do curso, na avaliación final, que se realizará unha vez a o ano, incluiranse os seguintes aspectos:
- valoración do logro dos obxectivos.
- propostas de mellora.
Esta avaliación final servirá, para informar ao Claustro de Profesores e ao Consello Escolar, da evolución dos obxectivos programados para o curso, para a redacción da Memoria Anual do Equipo TIC e tamén para o desenrolo de novas propostas para o novo Plan Anual TIC, que se realiza cada curso.
Comunicación e difusión
No contexto do Plan de Comunicación Colexial, o Equipo de Comunicación velará para que as accións acometidas no Plan Dixital sexan coñecidas por medio das RRSS do Centro.
Ademáis temos que ter ne conta:
- A presentación ao Consello Escolar na última reunión do curso actual.
- A CCP e ao ED como corresponsables da dinamización do plan entre o profesorado, a través das reunións de claustros e de etapas, así como de Equipos de Traballo.
- O Plan Dixital será público na seguinte ligazón que proporciona a aplicación Educalidade https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36019876