Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.1. Datos básicos do centro

O IES de Rodeira está situado no concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra). Nel impártense unha gran variedade de ensinanzas. ESO e a ESA en réxime presencial, tamén Bacharelato nas ramas de Ciencias, Humanidades e Ciencias Sociais, así como diferentes especialidades de Ciclos Formativos. A oferta formativa complétase con Obradoiros para adultos en horario vespertino (educación non formal) e Aula Mentor.mais no centro tamén hai unha delegación da Escola Oficial de Idiomas de Vigo.

Os Datos de contacto do Centro son os seguintes:

  • Datos de Contacto
    • IES de Rodeira
    • Dirección: Avda. De Ourense s/n – 36940 – Cangas
    • Correo: ies.rodeira@edu.xunta.gal
    • Páxina web: www.iesrodeira.gal

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro.

Contribución ao Proxecto Educativo do Centro O instituto está situado no concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra). Escolariza alumnos/as procedentes na súa maioría da vila de Cangas e arredores onde se combina unha actividade relacionada coa pesca xunto con outros traballos, principalmente nos sector servizos.

O nivel socioeconómico do concello de Cangas sitúase no tramo medio a nivel galego: a renda dispoñible bruta per cápita para o 2022 era de 14.623€ en Cangas (14.238€ en Bueu, 14.570€ en Moaña), fronte os 15.719€ de media galega (IGE. Renda municipal dos fogares. Revisión estatística 2019; IGE Cifras poboacionais de referencia.)

Referente á lingua e usos lingüísticos, o castelán é principalmente a lingua de comunicación do alumnado, aínda que tamén existe unha minoría galegofalante. Polo xeral, a predisposición ao uso do galego na aula é limitada.

O centro está implicado en varios Plans e Proxectos tanto da Consellería de Educación como de outros organismos.

En canto ás relacións co exterior, o Centro participa no Programa Erasmus+, sendo posuidor da carta ECHE e da acreditación para o novo período 2021-27, tendo creado contactos con numerosos centros de Europa, ademais de ser centro receptor de alumnado para realizar as súas prácticas profesionais en empresas da zona. É de destacar a actividade realizada polo grupo de formación da aprendizaxe cooperativa na que participa un terzo do claustro de profesorado, como un Plan de Formación Permanente de Profesorado. Xa por último, sen ser exhaustivo, non podemos esquecer o torneo de fútbol-sala que se organiza nos recreos ao longo do ano académico, así como os clubes de lectura (para adolescentes e para adultos), Teatro, Manga ou Música desenvolvidos nos tempos de recreo e nalgunhas tardes e que axudan a dinamizar e vincular ao alumnado na vida do centro.

A biblioteca do IES de Rodeira é un nucleo fundamental das actividades lectivas e debe seguir tendo un papel predominante na vida do centro. Arredor artellánse os clubes de lectura e o proxecto competencial na biblioteca para todo o alumnado da ESO que non curse relixión católica.

En todos este proxectos é fundamental o uso de ferramentas dixitais xa que gracias a elas se pode avanzar dunha maneira máis dinámica e facilita a difusión das actividades entre a comunidade educativa para que cheguen a toda a contorna e non queden únicamente dentro do instituto.

A implantación do presente Plan Dixital insírese dentro das prioridades do novo equipo directivo que inicia a súa andadura no próximo curso A idea é iniciar unha liña de formación para a mellora da competencia dixital do profesorado e a renovación e adquisición do equipamento informático do centro. Un dos obxectivos que aparecen no proxecto de dirección é “Implementar a renovación pedagóxica que atenda a diversidade co uso das novas tecnoloxías e do traballo en equipo” potenciando a liña de formación no centro sobre a inclusión e a atención á diversidade e a elaboración e difusión de propostas e materiais de dinámicas e estruturas para os procesos de ensino- aprendizaxe, todo esto apoiándose e axudándose das novas tecnoloxías facendo un uso responsable das mesmas.

1.3. Breve xustificación do mesmo.

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

1.4. Proceso de elaboración

Para a realización do Plan Dixital seguíronse as pautas marcadas polo equipo do sector de Pontevedra, baixo a tutela de José Manuel Sánchez Moure que nos axudou na elaboración de cada un dos pasos a seguir ata a concreción do mesmo:

  1. Proceso de autoavaliación SELFIE.
  2. Realización do test CDD.
  3. Análise DAFO.
  4.  Establecemento de obxectivos do Plan de Acción.
  5. Redacción final do Plan Dixital de Centro.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a realización do Plan Dixital seguíronse as pautas marcadas polo equipo de ADIX Pontevedra 2, baixo a tutela de José Manuel Sánchez Moure que nos axudou na elaboración de cada un dos pasos a seguir ata a concreción do mesmo:
1. Proceso de autoavaliación SELFIE.
2. Realización do test CDD.
3. Análise DAFO.
 

Interno
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.A estratexia dixital é mellorable Organización de centro Si
Debilidade 4.Os alumnado non considera suficiente fomento da creatividade Persoal docente Non
Debilidade 6.O profesorado non considera satisfactorio o número de proxectos interdisciplinares Persoal docente Non
Debilidade 7.O alumnado non está satisfeito co grao de autoreflexión sobre o aprendizaxe. Persoal docente Non
Debilidade 1.Pouco debate sobre o emprego da tecnoloxía no centro Persoal docente Si
Debilidade 3.Recoñecemento da necesidade de DPC Persoal docente Si
Debilidade 5.O alumnado non considera que a súa colaboración é suficiente Persoal docente Non
Debilidade 8.Tanto o alumnado como o profesorado non están satisfeitos cos comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo Persoal docente Non
Debilidade 2.Baixo intercambio de experiencias entre os profesores do claustro Persoal docente Si
Fortaleza 1.Satisfactorio grao de creación de contidos dixitais por parte da comunidade educativa Alumnado Si
Fortaleza 2.Comportamento seguro e responsable do alumnado Alumnado Si
Fortaleza 3.Adecuado grao de recoñecemento ó traballo dos demais, pero podería mellorarse por parte do alumnado Alumnado Non
Fortaleza 4.Moito marxe de mellora na capacidade de comunicación do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza 3.Bo acceso a Internet Infraestruturas Si
Fortaleza 1.Boa infraestrutura no centro Infraestruturas Si
Fortaleza 5.Adecuada política de protección de datos Infraestruturas Si
Fortaleza 2.Boa cantidade de dispositivos dixitais dispoñibles Infraestruturas Si
Fortaleza 4.Satisfeitos coa asistencia técnica en caso de problemas Infraestruturas Si
Fortaleza 1.Emprego de novas modalidades de ensinanza Oferta Si
Fortaleza 2.O centro educativo ten unha comunicación regular e ben organizada coas familias Organización de centro Non
Fortaleza 1.Colaboración entre o profesorado e dirección para a elaboración dunha estratexia dixital de centro conxunta Organización de centro Si
Fortaleza 1.Alto grao de participación no DPC Persoal docente Non
Fortaleza 6.Adecuada avaliación das capacidades Persoal docente Non
Fortaleza 3.Alto emprego de entornos virtuais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza 2.Alto emprego de Recursos Educativos en Liña Persoal docente Si
Fortaleza 4.Alto grao de comunicación coa comunidade Educativa Persoal docente Si
Fortaleza 5.Satisfactorio grao de adaptación ás necesidades do alumnado Persoal docente Non
27 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.En ocasións, problemas coa conexión a Internet Administración educativa Si
Ameaza 2.Falta de tempo para o profesorado Administración educativa Si
Ameaza 3.Alumnos con con competencias dixitais insuficientes Administración educativa Non
Ameaza 4.O profesor carece de tempo para dar retroalimentación o alumnado Administración educativa Non
Oportunidade 1.Mellorar a colaboración entre os membros da comunidade educativa Outras Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados do DAFO, o equipo do plan dixital acordou traballar cos obxectivos que aparecen no apartado seguinte.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a estratexia dixital do centro
O02PD Mellorar a rapidez de resposta na resolución de problemas TIC
O03PD Mellorar a conexión a internet e a wifi dende todos os puntos do centro
O04PD Mellorar o cumprimento da LOPD

Seguimento

Procedemento
  • Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
  • O estado das avaliacións quedará reflectido no apartado de seguimento
  • As reunións trimestrais co Mentor Adix
  • Reunións co equipo do Plan Dixital e co equipo directivo.
1º Trimestre
  • O01PD - Mellorar a estratexia dixital do centro - Parcialmente
    • AO1.1: Formación interna do profesorado nas ferramentas e plataformas dixitais dispoñibles no centro - En Proceso
  • O02PD - Mellorar a rapidez de resposta na resolución de problemas TIC
    • AO2.1: Crear unha conta de correo soportetic onde centralizar as incidencias, e poder marcalas como completadas, e informar ós solicitantes. - Acadado
    • AO2.2: Creación dunha aula virtual con documentación sobre o emprego do equipamento informático para mellorar a competencia do profesorado - Acadado
  • O03PD - Mellorar a conexión a internet e a wifi dende todos os puntos do centro
    • AO3.1: Revisión dos puntos de acceso e de conexión á rede - Acadado
    • AO3.2: Comunicación a UAC dos fallos detectados - Acadado
    • A03.3: Non quedan zonas sen cobertura no centro - En Proceso
  • O04PD - Mellorar o cumprimento da LOPD
    • AO04.1: Curso de Formación do profesorado dentro dos PFPPs sobre a seguridade en Internet e a importancia de cumprir a LOPD - En Proceso
    • AO04.2: Formar ao profesorado no emprego de pendrives encriptados - Acadado
    • AO04.3: Repartir pendrives encriptados ao profesorado para eliminar o risco de perda de datos sensibles. - En Proceso
2º Trimestre
  • O01PD - Mellorar a estratexia dixital do centro - Parcialmente
    • AO1.1: Formación interna do profesorado nas ferramentas e plataformas dixitais dispoñibles no centro - Acadado
      As demáis accións son para realizar no 3º trimestre.
  • O03PD - Mellorar a conexión a internet e a wifi dende todos os puntos do centro - Acadado
    • AO3.1: Revisión dos puntos de acceso e de conexión á rede - Acadado
    • AO3.2: Comunicación a UAC dos fallos detectados - Acadado
    • A03.3: Non quedan zonas sen cobertura no centro - Acadado (Quedan zonas sen cobertura xa que a UAC non resolveu nin vai a resolver as peticións feitas)
  • O04PD - Mellorar o cumprimento da LOPD - Parcialmente
    • AO04.1: Curso de Formación do profesorado dentro dos PFPPs sobre a seguridade en Internet e a importancia de cumprir a LOPD - Acadado
    • AO04.2: Formar ao profesorado no emprego de pendrives encriptados - Acadado
    • AO04.3: Repartir pendrives encriptados ao profesorado para eliminar o risco de perda de datos sensibles. - En Proceso
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación
  • Unha avaliación procesual unha vez ao trimestre no que se valorará: estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
  • Unha avaliación final ao finalizar o curso académico no que se valorará: a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
  • O estado das avaliacións quedará reflectido no apartado de seguimento
  • As reunións trimestrais co Mentor Adix
  • Reunións co equipo do Plan Dixital e co equipo directivo.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente Plan dixital, unha vez aprobado polo Claustro e Consello escolar,
difundirase a través da web do centro o mesmo que os demais documentos oficiais, para coñecemento de toda a comunidade educativa.
 

A versión díxital do plan díxital pode consultarse na web do centro na seguinte ligazón