Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O noso Plan dixital responderá a normativa vixente que ven regulada pola Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022. Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

CARACTERÍSTICAS XERAIS DA EEI RÚA HERNÁN CORTÉS

As notas de identidade empezan por recoñecer que o noso Centro, como todo centro público, é independente de todo grupo político, económico ou relixioso. Todos nós entendemos á educación como un servizo a unha sociedade plural. O Centro atópase na Rúa Hernán Cortés en Vigo. Esta rúa está encravada na parte antiga da cidade e mesmo no centro da mesma. Nesta zona podemos atopar abundante oferta comercial, de servizos e ocio. O noso Colexio é o único centro público de 2º ciclo de educación infantil da zona, aínda que nela podemos atopar unha ampla oferta de centros privados concertados que tamén posúen este ciclo educativo. Neste curso acolle un gran número de inmigrantes, chegados sobre todo de América Latina, e países do Leste, por este motivo a matricula flutúa ao longo do curso, tendo numeroso alumnado que se matricula fora de prazo. Temos tamén alumnado procedente de familias españolas que viven ou traballan no contorno próximo. A variedade de alumnado dota ao centro dunha característica moi enriquecedora, a interculturalidade. Practicamente todos os/as alumnos/as viven no barrio e acoden ao colexio andando ou no automóbil familiar, xa que o centro non conta con transporte escolar. O alumnado procede de familias de diferentes niveis socioculturais, resaltando que a maioría das familias inmigrantes contan con poucos medios e uns recursos socioculturais e económicos escasos. Desde a escola intentamos facer unha intensa labor social e educativa, compensatoria e integradora con este tipo de alumnado e as súas familias. A maioría das familias non conta con recursos e unha boa educación dixital ( moitas se limitan ao móbil con conexión a Internet), sobe todo as familias de procedencia estranxeira. O castelán é maioritariamente a lingua vehicular do alumnado que acode ao centro. Algunhas familias teñen dificultades co galego, e outras non dominan ningún dos nosos idiomas, sobre todo os procedentes de países do leste de Europa e os procedente do norte de África, entre outros. É polo tanto, un elemento fundamental na nosa escola a inmersión lingüística e apoio educativo individualizado. No desenvolvemento da vida escolar empregamos o castelán, así como o galego , respectado en todo momento a normativa en vigor. INCLUSIÓN DO PLAN DIXITAL NO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO Na actualidade o noso Proxecto Educativo xa conta cun apartado onde se propoñen medidas e actuacións para o desenvolvemento das TIC na escola. As tecnoloxías dixitais de información e comunicación forman parte da nosa vida en todos os seus aspectos, traballo, ocio, coñecemento... son por tanto parte integrante do noso desenvolvemento como persoas. Non se pode imaxinar un futuro sen o apoio ou soporte destas tecnoloxías .A escola, pois, non pode quedar ao marxe destas novas ferramentas, senón que debe ser a canle para integralas fomentando a participación de toda a comunidade educativa no seu uso. Neste novo Plan Dixital que pasará a formar parte do Proxecto Educativo do centro, estableceranse como obxectivos prioritarios: Aplicar as ferramentas dixitais en todas as áreas e aulas como unha estratexia educativa esencial na educación.  Utilizar os dispositivos dixitais ( ordenador, tablet, pizarra dixital) como medios de creación, integración, cooperación e expresión das propias ideas, de adquisición de coñecementos e destrezas e , como medio de comunicación coas familias e o contorno. Mellorar o uso das novas tecnoloxías dixitais no alumnado, o profesorado, as familias e o contorno.

Para a elaboración do noso plan Dixital seguimos a temporalización das accións que se nos ían marcando dende a Rede Dixital Gal, contando co apoio dos mentores ADIX. Os pasos seguidos para a elaboración do PD foron: - Configuración e análise do SELFIE realizado polo persoal docente da escola . - Realización do Test CDD por parte de todo o profesorado que forma parte do claustro da nosa escola. - Recompilación de datos , reflexión e análise dos mesmos e elaboración do DAFO. - Definición de obxectivos e accións a seguir, así como a forma de avalialos e temporalizalos. - Elaboración do Plan Dixital ( versión 1.0) realizado polo Equipo de Dinamización e Seguimento do Plan Dixital.

 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

- Configuración e análise do SELFIE realizado polo persoal docente da escola .

- Realización do Test CDD por parte de todo o profesorado que forma parte do claustro da nosa escola.

- Recompilación de datos , reflexión e análise dos mesmos e elaboración do DAFO.

- Definición de obxectivos e accións a seguir, así como a forma de avalialos e temporalizalos.

- Elaboración do Plan Dixital ( versión 1.0) realizado polo Equipo de Dinamización e Seguimento do Plan Dixital.

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Difícil colaboración do alumnado debido á súa idade. Moitas limitacións na etapa educativa na que se atopan. Alumnado Si
Debilidade Falta de participación e colaboración co centro. Falta de materiais no entorno familiar. Carencia de formación por parte das familias. Familias Si
Debilidade Falta de mantemento para os equipos mercados polo centro ou pola ANPA. Falta de tempo para formarse e utilizar os recursos dixitais. Non contamos con aula específica de informática. Falta de orzamento específico para material dixital e o seu mantemento. Infraestruturas Non
Debilidade Etapa educativa sen autonomía para desenvolver este tipo de actividades. Dependemos do interese das familias para realizar tarefas dixitais fora da aula. Oferta Si
Debilidade Falta de tempo para explorar o ensino dixital. Dificultades para resolver problemas técnicos. Falta de tempo de formación no horario lectivo Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo en horario escolar. Dificultade de aplicación de recursos dixitais na etapa educativa na que impartimos docencia. Dificultade para adaptar os recursos ás necesidades do noso alumnado. Dificultade para manterse actualizado no uso de todas as ferramentas dixitais que constantemente están aparecendo. Dificultade de asesoramento puntual cando aparecen dificultades no manexo de determinadas ferramentas dixitais (plataformas, apps,¿) Persoal docente Si
Debilidade Horario incompatible coa docencia. Falta de tempo para participar nas actividades do centro. Persoal non docente Si
Fortaleza Motivación e interese no que se lles propón. Ilusión á hora de realizar novas actividades usando contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Motivación e interese no que se lles propón. Ilusión á hora de realizar novas actividades usando contidos dixitais. Familias Non
Fortaleza Existencia de abundante material (PDIs, tabletas, cámara de vídeo e fotos, reprodutores de música, microscopio dixital, pantallas de proxección e ordenadores). Bo acceso a internet (wifi e cable). Contamos coa asistencia técnica da Xunta para os equipamentos que nos proporciona. Infraestruturas Non
Fortaleza Espazos de traballo atractivos. Dispoñibilidade de diferentes tipos de equipamento. Oferta de interacción co centro a través da páxina web, aula virtual e instagram da escola. Oferta Non
Fortaleza Organización semanal de todas as tarefas da escola. Interese no uso das redes sociais como medio de comunicación (videoconferencias, e-mail, mensaxes directos de Instagram,¿) O centro facilita a adquisición de material dixital que se precise, dentro do seu orzamento Organización de centro Non
Fortaleza Integración do uso das TICS en calquera área de aprendizaxe. Traballo coordinado e en equipo do profesorado. Creatividade para realizar as propostas. Traballo innovador en técnicas audiovisuais e dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Participación positiva en todo o que se lles propón (contamos con persoal de limpeza e comedor). Persoal non docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Excesivo número de planes e proxectos que se levan a cabo nos centro, o que impide que se poidan desenvolver de xeito sistemático e riguroso. Falta de orzamento específico. Excesiva imposición da burocracia, que diminúe o tempo de dedicación á creación de recursos dixitais. Percíbese unha sobrecarga de traballo do profesorado. Non hai horario específico dentro do horario lectivo para que o profesorado poida investigar, recompilar ou crear contidos dixitais. Administración educativa Si
Ameaza A nosa ANPA soamente está dous ou tres cursos no centro polo que é difícil que desenvolva proxectos con continuidade a longo prazo. Moitas familias non dispoñen de tempo e recursos dixitais para realizar algunha das actividades que ofertamos dende o centro para o noso alumnado. Debido a que é un centro con pouco alumnado e de moi diverso tipo de familias non hai boa resposta para participar nas charlas, actividades,¿ que se lles propoñen ANPA Si
Ameaza Debido á curta idade do noso alumnado non podemos utilizar moitos dos recursos que nos ofrece a nosa contorna. Contorna Si
Ameaza Dificultade para atopar material dixital de licencia libre para utilizar na etapa de Infantil. Dificultade para xestionar o uso que as familias fan das imaxes e vídeos tomados do noso alumnado durante a saída, entrada, visitas escolares, excursións ou festas Lexislación Si
Ameaza A idade e a dificultade de desprazamento do noso alumnado impiden acceder a moitas ofertas educativas. Falta de recursos económicos para poder acceder a actividades que oferta o noso contorno (contratar obradoiros, autobuses, pago de entradas,¿) Outras Si
Oportunidade Oferta educativa por parte da administración para o profesorado. A dirección do centro informa de todas as ofertas de formación, públicas e privadas, que se lle ofrecen ao profesorado. A dirección e órganos de coordinación do centro favorecen e facilitan o traballo coordinado e en equipo do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade A ANPA colabora, tanto nas tarefas propias da asociación, como nas actividades organizadas dende o centro. A dirección do centro colabora coa ANPA ofrecendo información sobre as diferentes actividades e cursos que se lle ofertan ás familias dende entidades externas (Concello, FOANPAS, asociacións culturais,¿ ANPA Non
Oportunidade Dispoñemos de institucións, asociacións e organismos cos que podemos interactuar de forma dixital (museos, conferencias, CEFORE, FOANPAS,¿). Utilizar o contorno para obter recursos e contidos dixitais. Contorna Non
Oportunidade A dirección do centro e o profesorado coñece e utiliza a lexislación respecto dos dereitos de autoría, licenzas e canles de comunicación dixital. Utilízase a lei de protección de datos no centro. Lexislación Non
Oportunidade intercambiamos recursos dixitais con outros centros educativos. Bibliotecas e librerías da zona ofrecen actividades gratuítas para o alumnado. Ofertamos dende o centro obradoiros, contacontos e experiencias nas que se utilizan ferramentas dixitais. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Ver anexos 2.3 ANÁLISE DAFO.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1PD Integrar as TICs na programación de todas as áreas do currículo de forma sistemática, utilizando como mínimo tablets, pizarra dixital e rato do ordenador.
O2PD Desenvolver actividades na escola de pais e nais, para concienciar do uso responsable das tics en alumnado de 3 a 6 anos.
O3PD Dotar ao profesorado de coñecementos e habilidades para atopar e crear recursos dixitais que podan utilizar habitualmente na súa tarefa docente.
O4PD Ofrecer ás familias recursos didácticos dixitais a través da aula virtual para o alumnado en períodos de vacacións longos, e orientacións educativas para as familias.

Seguimento

Procedemento

Ao longo do curso integráronse as tics como recurso de traballo en cada unha das aulas da nosa escola, as mestras contaron co apoio da súa mentora adix en todo momento, para resolver aquelas dúbidas que ían xurdindo para levar a cabo a creación de material e recursos para a súa tarefa docente. E as familias dispuxeron de información continua a través de plataformas dixitais empregadas na escola.

1º Trimestre

1ºNon hai accións dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes ao 1º trimestre para valorar, todas exténdense ao longo do curso, polo tanto o seguimento farase no 3ºT.

2º Trimestre

1ºNon hai accións dos obxectivos do Plan Dixital correspondentes ao 1º trimestre para valorar, todas exténdense ao longo do curso, polo tanto o seguimento farase no 3ºT.

3º Trimestre

Integráronse as TICs na programación de todas as áreas do currículo coa utilización das tablets, pizarra dixital e rato do ordenador. Ademáis os alumnos e alumnas de 5º e 6º de EI introduciron o uso de varias aplicacións do ordenador no 2º e 3º trimestre do curso.

Desenvolvéronse actividades na escola de pais e nais, para concienciar do uso responsable das tics en alumnado de 3 a 6 anos. Realizouse una charla sobre " O bo uso das pantallas en idades temperás".

Dotouse ao profesorado de coñecementos e habilidades para atopar e crear recursos dixitais que podan utilizar habitualmente na súa tarefa docente a través de reunións do profesorado, con resolución de dúbidas e propostas para un mellor uso dos recursos.

  Programáronse e organanizáronse unha serie de recursos didácticos a través da aplicación Genially na aula virtual, para ter acceso a elas no caso  períodos de vacacións longos, e orientacións educativas para as familias.

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral despois de reunirme coas miñas compañeiras, continúa tendo o mesmo tema debate que os anos anteiores, a idade do noso alumnado dificulta moito a implementación dos recursos dixitais na escola.

Os tempos de adicación son reducidos e os resultados escasos. Si que é verdade que oa lumnado de 6º de EI tivo un bo achegamento ao uso dos recursos, ademáis do seu interese e disposición, pero sempre coa supervisión e axuda das mestras, xa que a súa autonomía non é a suficiente.

É imporatnte indicar que a organizción do profesorado foi boa e positiva, tendo en conta que este ano contamos cun maior número de persoas no equipo e así poder adicarlle maior tempo a esta tarefa.

Proposta de mellora

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión