Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O noso centro está situado na zona máis próxima ao mar da Guarda. A poboación escolar que ven á escola é principalmente de barrios próximos ao porto. O estatus social das familias que envían os seus fillos/as á escola pode ser considerada como media e clase media baixa.

Somos un centro de liña 1 con 10 unidades; repartidos en 3 grupos de Infantil e 7 de Primaria. Está composto por dous edificios estando separados pola Escola Municipal Infantil de A Guarda. No curso actual, o claustro está formado por 16 profesores e profesoras dos que 10 teñen destino definitivo. Completamos o claustro de profesores cunha mestra en itinerancia e outra compartida cos outros dous centros públicos da vila.

O Plan Dixital ven completar os proxectos de centro e pasará a formar parte da Programación Xeral Anual do vindeiro curso cos nosos obxectivos dixitais para o curso escolar.

Breve xustificación do mesmo

Normativa do Plan Dixital do noso centro:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

O equipo de dinamización do Plan Dixital está constituído polos  seguintes membros Gloria María Baz Rodríguez, Gema María Carrero Rodríguez, Alexandra García Millán, Rebeca González Guisantes, María Isabel Lorenzo Carrero, Lucía Opazo Rodríguez, María Teresa Ozores Ventoso, María Pérez Otero, Nerea Sanmartín Blanco, Fabiola Isabel Vicente Velasco (coordinadora) e Iris Gómez Alfonso (Responsable)

O equipo traballará nun grupo de traballo dentro do PFPP do centro seguindo a temporalización marcada pola Consellería para a súa creación e desenvolvemento.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Información obtida do Test CDD e o Informe Selfie

Interno
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Falta de proxectos interdisciplinares empregando tecnoloxías dixitais. Non teñen competencia dixital e fan mal uso das tecnoloxías. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Reticencia ao uso das TIC. Familias Non
Debilidade Falta de dispositivos, conectividade, asistencia técnica e espazos habilitados para o traballo coas TIC. Infraestruturas Si
Debilidade Escaseza de oferta de repositorios de recursos dixitais en liña. Falta de cursos e formación interna. Oferta Non
Debilidade Busqueda de comunicación regular entre docentes e familias. Uso e actualización da páxina web de todo o profesorado. Implicación do equipo directivo en todos os programas e actuacións do centro. Organización de centro Non
Debilidade Falta de tempo para explorar como mellorar o meu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Escasa avaliación dixital. Falta de tempo para o intercambio de experiencias. Falta de creación de rescursos dixitais polo profesorado Persoal docente Si
Fortaleza Adaptación método de ensinanza a necesidades do alumnado con tecnoloxías dixitais. Falta de uso de datos dixitais para experiencia aprendizaxe. Alumnado Si
Fortaleza Emprego de recursos publicados na rede. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado e o alumnado fai un uso responsable en internet. Organización de centro Si
Fortaleza Coñecemento sobre os dereitos de autor e licenzas. Debatimos sobre as ventaxas e desventaxas da ensinanzas dixitais. Existen sistemas de proteción de datos. Acceso a DPC. Profesorado activo en búsqueda de recursos dixitais. Persoal docente Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Sobrecarga de traballo administrativo. Falta de infraestructuras dixitais. Falta tecnoloxías dixitais para avaliar habilidades do alumnado. Administración educativa Non
Ameaza Maior colaboración. Necesidade de estabilidade dos membros da ANPA. ANPA Non
Ameaza Nivel socioeconómico medio baixo Mal uso das TIC nos fogares. Baixa competencia dixital das familias. Dificultades de recursos e conectividade nas casas. Contorna Non
Oportunidade Recursos en liña para o profesorado (repositorio Abalar), programas e formación da oferta. Administración educativa Non
Oportunidade Búsqueda de actividades para unha maior colaboración. Necesidade de estabilidade dos membros da ANPA. ANPA Non
Oportunidade Oportunidades de formación e colaboracións co concello. Familias competentes no eido dixital. Espazos públicos onde poder desenvolver a CD. Contorna Non
Oportunidade Normativa do Plan dixital Lexislación Non
Oportunidade Formación e colaboracións con outras entidades (empresas, asociacións...) Outras Non
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

3.2.Necesidades de equipamento e de infraestruturas tecnolóxicas

Infraestrutura dixital:

Infraestrutura de datos (conectividade a internet):

Infraestrutura de voz (telefonía): no edificio de infantil colocouse un teléfono no primeiro andar, onde están as  aulas, co que mellorou a comunicación entre ambos edificios ao non ter o profesorado de infantil que ausentarse das aulas para desplazarse á planta baixa para coller o teléfono.

Non dispomos de circuito de resposta telefónica.

Precisariamos teléfonos para as 4 aulas.

  1. Conexións cableadas, sen fíos e electrónica de rede en todo o centro escolar: está sen conectar a aula da natureza e o pavillón do centro. Calquera actividade a realizar no exterior non se podería levar a cabo.

    Necesitaríamos conexión ou rede wifi na aula da natureza e pavillón.

    Equipamento:

_ Aulas dixitalizadas: con conectividade e posibilidade de visualización e interacción. Non temos PDI nas aulas para traballar. Non dispomos de dispositivos audios de calidade para escoitar calquera proxección.

Necesitamos 3 EDI (encerado dixitais interactivos) ou panéis dixitais para as aulas de 5º e 6º.

Postos de traballo de xestión e administración do centro: so temos duas fotocopiadoras para todas as xestións do centro, unha en cada edificio, o que dificulta o traballo cando algunha está inoperativa. E temos a necesidade de alomenos unha mais para o Departamento de Orientación (pola confidencialidade da información coa que traballan).

Uso na biblioteca: non dispomos de ordenadores de consulta para o alumnado.

Necesitamos mínimo 5 ordenadores de consulta para o alumnado e poder facer un recuncho de procesamento da información e investigación.

_ Equipos para uso na sala de profesorado e departamentos: para un claustro dunha media de 18-20 persoas só temos un ordenador na sala de profesores, polo que xeralmente temos que facer quendas para traballar nel.

Requírense 2 ordenadores máis.

Equipos ultraportátiles para aula móbil: o alumnado non dispón de equipamentos para mellorar a súa competencia dixital. Non dispomos de ningún dispositivo para infantil e temos poucos para primaria.

Aula de informática: o centro non dispón dun espazo dixital  fixo con recursos. E contamos con poucos recursos itinerantes.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Posta en marcha da Aula de audiovisuais do centro.
O02PD Creación de guías e compendio de instrucións para o uso dos recursos dos panéis dixitais interactivos.
O03PD Elaboración dunha guía metodolóxica para iniciar ao alumnado de 4º (próximo curso Edixgal) no manexo dun ordenador e aplicalo na aula.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre
  • Posta en marcha da Aula de audiovisuais do centro.
  • Investigación e práctica dos recursos dos panéis dixitais interactivos.
  • Comezamos coa elaboración de guías e manuais de uso dos recursos existentes nos panéis dixitais interactivos.

 

11/10/23 Reunión presencial
Reunión con Jacob Seijas adix do noso ámbito xeográfico.
Xa temos acceso á Aula Virtual ADIX_Tui que empregaremos como principal medio de comunicación, en todo caso mantemos abertas todas as posibles liñas (correo electrónico, comunicación telefónica co centro e móbil persoal, vídeo conferencia,...).
Temos tamén acceso á aplicación EduCalidade, na que xa estivo traballando nos distintos apartados actualizando os cadros de texto herdados do curso pasado e estudando a incorporación dos novos
Obxectivos.
Repasamos os distintos apartados da aplicación:
• Introdución
• Contexto DAFO
• Obxectivos
• Comunicación e Difusión
• Seguimento
• Avaliación
Temos de prazo ata o vindeiro 06 de novembro para pechar a elaboración do PDC 2023-24, previa información/aprobación en Claustro e a aprobación en Consello Escolar.
Tamén comprobamos como os nosos PDC xa son visibles e de ámbito público na aplicación EduCalidade.

 

2º Trimestre
  • Rematamos a elaboración de guías e manuais de uso dos recursos existentes nos panéis dixitais interactivos.
  • Comezamos coa creación e organización das pautas de uso dos ordenadores e de internet e da elaboración das guías .

 

07/02/24 Reunión presencial
Reunión con Fabiola CPD do centro. Nesta 2ª reunión, tras deixar o PDC correctamente trasladado á aplicación EduCalidade, o obxectivo principal é realizar o seguimento de cada un dos Obxectivos analizando as Accións particulares dos mesmos.
Na reunión seguimos a seguinte Orde do día:
1. Sinatura da acta anterior.
2. Corrección de posibles eivas do PDC na aplicación EduCalidade.
Revisado todo o trasladado na aplicación EduCalidade non se aprecia ningunha incidencia.
3. Recollida das RRSS utilizadas polo centro educativo. As RRSS utilizadas quedan recollidas nesta acta no apartado correspondente.
4. Recollida da planificación de formación específica sobre competencia dixital (través dun PFPP). A formación específica en competencia dixital solicitada no PFPP do
centro queda recollida nesta acta no apartado correspondente.
5. Revisión do estado dos Obxectivos O01PD, O02PD...

O01PD Posta en marcha da Aula de audiovisuais do centro.
Pendente Parcialmente Acadado

O02PD Creación de guías e compendio de instrucións para o uso dos recursos dos panéis dixitais interactivos.
Pendente Parcialmente Acadado

O03PD Elaboración dunha guía metodolóxica para iniciar ao alumnado de 4º (próximo curso Edixgal) no manexo dun ordenador e aplicalo na aula.
Pendente Parcialmente Acadado

6. Seguimento particular das Accións vencidas en cada obxectivo A01.1, A01.2...
Marcamos en grosa as accións levadas a cabo e que recollen no seu seguimento particular a súa execución e, no caso de telas, as evidencias documentais:

AO1.1: Organización e revisión dos materiais Tics inventariados no centro, dando de baixa os que estén estragados ou non funcionen; e posible modificación do inventario.
AO1.2: Organizar os ordenadores nun recuncho para o uso no mesmo polo alumnado e cunha infraestrutura de cableado para a súa carga.
AO1.3: Organización dos recursos itinerantes (tabletas) revisando os que funcionen e os que non. Tentando reparar os que dan erros. E idear un modo de carga tralo uso ou previo ao mesmo.

AO2.1: Investigación e práctica cos panéis dixitáis para coñecer o seu potencial
AO2.2: Elaboración das guías de uso e dunha clasificación por matérias ou temáticas que facilite o seu uso
AO2.3: Creación dun grupo de traballo para a elaboración das guías e manuais de uso dos recursos e apps dispoñibles nos panéis dixitais

AO3.1. Elaboración dunha guía básica para o manexo dos ordenadores
AO3.2: Elaboración dunhas pautas do uso seguro e responsable de internet
AO3.3: Aplicación na aula de 4º das guías cunha sesión semanal de informática no mes de maio.

7. Evidencias documentais para acreditar o cumprimento das nosas Accións (cando sexa posible) e que podemos achegar no seu Seguimento.
Se achegan as evidencias documentais existentes no seguimento particular de cada Acción na aplicación EduCalidade.

8. Actualización na lapela Seguimento --> 1º trimestre.
Actualizamos o apartado 1º trimestre dentro da lapela Seguimento na aplicación EduCalidade, recollendo toda a actividade relacionada coa coordinación do PDC.

3º Trimestre

Aplicación na aulda de 4º de Primaria do preparado para formalos no manexo dos ordenadores e uso seguro de internet.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

4.Avaliación do plan

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Difusión do plan

O protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa será na páxina web e en todos os órganos de goberno do centro educativo: aprobación do plan en Claustro e aprobación en Consello Escolar.

Enlace ao PDC en Educalidade