Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O obxectivo do Plan Dixital do centro vai en consonancia cos principios e valores que o centro marca no seu PCE, que vela polo desenvolvemento das competencias e habilidades do século XXI no alumnado, que favorezan a inclusión e igualdade e que proporcionen unha transformación dixital do centro, que promova un alumnado competente dixitalmente, que desenvolva o pensamento crítico e a creatividade, e que sexa quen da resolución de problemas nun contexto de convivencia positiva.

Os obxectivos do Plan Dixital que aquí se elabora, tentan promover a formación do profesorado e alumnado en competencias dixitais e metodoloxías que fomenten o seu uso, apoiar a colaboración do profesorado do centro en pequenos proxectos interdisciplinares, para os que se definen accións de mellora das infraestruturas para que isto sexa posible, e promove unha reflexión constructiva do alumnado respecto da tecnoloxía e a reducción do papel nos procedementos administrativos que se poida.

O Plan Dixital, parte dun centro nun estadío moi maduro no emprego de tecnoloxías dixitais (como se pode ver no apartado Fontes empregadas para a análise DAFO (o 40% do profesorado que realizou o test, está en nivel B2, C1 e C2 do marco de competencia dixital docente, o cal é un porcentaxe moi favorable ao emprego de tecnoloxías), ademais tanto nos ciclos formativos da familia de informática, coma na ESO prácticamente o 100% do profesorado emprega a aula virtual do centro e de Edixgal (no caso da ESO) como repositorio de contidos dixitais, recollida e elaboración de actividades do alumnado e comunicación co mesmo. Cunha alta porcentaxe de profesorado do centro moi cualificado non so no emprego de ferramentas dixitais, senón na creación e xestión das mesmas. E cunha infraestrutura, tanto hardware como de rede moi tolerante a erros (cunha porcentaxe de valoración alta nas enquisas por parte de toda a comunidade educativa), debido ao traballo do equipo de mantemento de sistemas informáticos do centro, que vela porque o equipamento e os servizos do mesmo funcione sempre correctamente.

Nas accións propostas a curto prazo, pretende potenciar o emprego das aulas virtuais, como recurso dixital e comunicación co alumnado xunto co AbalarMóbil, coñecer as posibilidades que ofrece o equipamento Edixgal, de xeito que se empreguen metodoloxías que integren elementos dixitais, que favorezan a aprendizaxe entre iguais, a autoaprendizaxe e o uso ético dos recursos dixitais, que repecte ás persoas, á economía e ao medio ambiente. Mellorar a colaboración en proxectos dixitais interdisciplinares no centro, a mellora da difusión do realizado nas aulas, a colaboración coas familias en relación ao emprego da tecnoloxía e a formación do profesorado en ferramentas oficiais que permitan integrar os novos currículos da ESO e do Bacharelato, ao tempo que tenta dar resposta as necesidades formativas do profesorado en relación á actualización científica, que tan importante é sobre todo nos módulos dos ciclos formativos que se imparten no centro.

Xustificación do mesmo:

Segundo o indicado na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, este Plan Dixital de Centro, atende á clasificación dos obxectivos a acadar e as accións a realizar coa clasificación que proporciona o marco europeo baseada en sete elementos. Que se poden ver no apartado 3. Plan de Acción.

Para a elaboración do plan, partiuse dos resultados das enquisas do programa SELFIE realizado de forma independente, polo profesorado e alumnado da ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de FP, e do test CDD.

Analizáronse os resultados e realizouse un diagrama DAFO, que se pode ver no apartado 2.3Análise DAFO.

O deseño deste plan, vai en consonancia no que nos indica na Lei Orgánica 3/2020, de 29 de diciembre, pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de mayo, de Educación, onde indica que “o uso xeneralizado das tecnoloxías de información e comunicación en múltiples aspectos da vida cotiá ha acelerado cambios profundos na comprensión da realidade e na maneira de comprometerse e participar nela, nas capacidades para construír a propia personalidade e aprender ao longo da vida, na cultura e na convivencia democráticas, entre outros. Este cambio de enfoque require dunha comprensión integral do impacto persoal e social da tecnoloxía, de como este impacto é diferente nas mulleres e os homes e unha reflexión ética acerca da relación entre tecnoloxías, persoas, economía e medioambiente, que se desenvolva tanto na competencia dixital do alumnado como na competencia dixital docente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida de información foi o informe SELFIE:

  • Liderado:
    • Equipo Directivo: ESO (3.7) - Bacharelato (4.1) - FP (4)
    • Profesorado: ESO (3) - Bacharelato (2.9) - FP (3.2)
  • Colaboración e redes:
    • Equipo Directivo: ESO (3.2) - Bacharelato (3.6) - FP (4)
    • Profesorado: ESO (2.7) - Bacharelato (2.6) - FP (3.1)
    • Alumnado: ESO(3) - Bacharelato (1.4) - FP (2.8)
  • Infraestrutura e equipos:
    • Equipo Directivo: ESO (4.1) - Bacharelato (4.3) - FP (4.7)
    • Profesorado: ESO (3.5) - Bacharelato (3.5) - FP (4)
    • Alumnado: ESO(3.4) - Bacharelato (3.3) - FP (3.4)
  • Desenvolvemento profesional continuo:
    • Equipo Directivo: ESO (3.7) - Bacharelato (4.3) - FP (3.9)
    • Profesorado: ESO (2.9) - Bacharelato (3.3) - FP (3.6)
  • Pedagoxía: Apoio e recursos:
    • Equipo Directivo: ESO (4) - Bacharelato (4.3) - FP (4.3)
    • Profesorado: ESO (3.5) - Bacharelato (4.6) - FP (4.5)
    • Alumnado: ESO(3.8) - Bacharelato (3.2) - FP (4.1)
  • Pedagoxía: Implementación na aula:
    • Equipo Directivo: ESO (3.3) - Bacharelato (3.9) - FP (3.9)
    • Profesorado: ESO (2.9) - Bacharelato (4.4) - FP (3.6)
    • Alumnado: ESO(3.1) - Bacharelato (2.2) - FP (3.5)
  • Prácticas de avaliación:
    • Equipo Directivo: ESO (3.2) - Bacharelato (3.7) - FP (4)
    • Profesorado: ESO (2.9) - Bacharelato (3.5) - FP (3.3)
    • Alumnado: ESO(2.9) - Bacharelato (2.3) - FP (3.2)
  • Competencias dixitais do alumnado:
    • Equipo Directivo: ESO (3.7) - Bacharelato (3.6) - FP (3.5)
    • Profesorado: ESO (3.2) - Bacharelato (2.9) - FP (3.9)
    • Alumnado: ESO(3.1) - Bacharelato (2.4) - FP (3.4)

Fonte cuestionario de competencia dixital:

  • ESO
    • 73.4 Principiante A1 segundo a Puntuación media do test (192)
    • 79.2 Integrador B1 segundo a Puntuación media do test en Galicia (192)
  • ESO Adultos
    • 29 Integrador B1 segundo a Puntuación media do test (192)
    • 75.9 Integrador B1 segundo a Puntuación media do test en Galicia (192)
  • FP Curso especialización:
    • 102 Experto (B2) segundo a Puntuación media do test (192)
    • 94.8 Integador B1 segundo a Puntuación media do test en Galicia (192)
  • BAC
    • 77.3 Integador B1 segundo a Puntuación media do test (192)
    • 77.9 Integador B1 segundo a Puntuación media do test en Galicia (192)
  • FP
    • 85.4 Integador B1 segundo a Puntuación media do test (192)
    • 80.3 Integador B1 segundo a Puntuación media do test en Galicia (192)

 

Interno
80 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade - Poucas posibilidades de ver o traballo doutro alumnado e facer unha coavaliación e autoaprendizaxe. Alumnado Si
Debilidade - Non se adica tempo suficiente ao debate sobre o uso da tecnoloxía. Nin entre o profesorado nin entre o alumnado. Alumnado Si
Debilidade - Alumnado da ESO con poucas competencias dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Alumnado da ESO e Bacharelato crean poucos contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade - Alumnado da ESO e Bacharelato pouca competencia para resolver problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade - Pouca formación ás familias sobre o uso e educación dixital. Alumnado Si
Debilidade - Falta de involucración do alumnado por parte do profesorado en redes profesionais no caso dos ciclos e no caso da ESO na difusión a través das redes. Alumnado Non
Debilidade - Fóra do centro o alumnado da ESO fai un curto emprego da tecnoloxía con fines de aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade - Baixa competencias dixital das familias Familias Si
Debilidade - Servizo de préstamos de portátiles coas características que requiren os equipos do alumnado de ciclos. Infraestruturas Non
Debilidade - Emprego de software libre nos espazos comúns do centro, aula de profesores por exemplo. Infraestruturas Non
Debilidade - Falta de espazos para que o alumnado dalgúns niveis educativos dispoña de equipos propios. Infraestruturas Si
Debilidade - Deixar traer equipos persoais ao alumnado. Infraestruturas Non
Debilidade - Revisión da información publicada na Web do centro con utilidade para o alumnado. Infraestruturas Si
Debilidade - Falta de centros adscritos que melloren as matriculacións de alumnado en ESO e Bacharelato. Oferta Non
Debilidade - Pouca visibilidade do centro nas redes e lugares de mostra de experiencias de aula. Oferta Si
Debilidade - Escasa colaboración do profesorado con outros centros. Organización de centro Si
Debilidade - Centro moi grande e diverso con moita necesidade de coordinación. Organización de centro Si
Debilidade - Pouca conexión entre as distintas etapas para a realización de proxectos interdisciplinares. Organización de centro Si
Debilidade - Falta de deseño dunha estratexia dixital máis clara de centro ou etapa. Organización de centro Si
Debilidade - Demasiada información enviada a través do centro a diario, posibilidade dun filtrado. Organización de centro Si
Debilidade - Poucas oportunidades de ver ou compartir sesións con outros docentes (intercambio de experiencias). Persoal docente Non
Debilidade - Falta de intercambio de experiencias entre o profesorado. Persoal docente Si
Debilidade - Pouco fomento da creatividade. Persoal docente Non
Debilidade - Pouco tempo para explorar novas posibilidades do ensino dixital. Persoal docente Non
Debilidade - Baixa participación das empresas na estratexia de ensino dixital en ciclos formativos. Persoal docente Non
Debilidade - Poucos proxectos interdisciplinares e pouca colaboración entre o alumnado das diferentes aulas e niveis educativos. Persoal docente Si
Debilidade - Non se adica tempo suficiente ao debate sobre o uso da tecnoloxía. Nin entre o profesorado nin entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade - A cantidade e diversidade do profesorado do centro (110 docentes) con diferentes intereses. Persoal docente Non
Debilidade - Necesidade de formación no emprego de metodoloxías que fomenten a autoreflexión e a retroalimentación do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade - Poucos espazos e tempos para coordinarse entre todo o profesorado do centro. Persoal docente Si
Debilidade - Falta dunha estratexia común para o aprendizaxe mixto e aunar sinerxias para o mesmo. Persoal docente Non
Debilidade - O profesorado de FP, demanda formación máis específica para as súas ramas. Persoal docente Non
Debilidade - Na mellora das tecnoloxías o máis limitante e a falta de tempo do profesorado para explorar novos medios. Persoal docente Si
Debilidade - Na ESO, mellora da avaliación dixital e emprego de medios dixitais dun xeito máis adecuado. Persoal docente Si
Debilidade - Desde o centro non hai formación específica para este persoal. Persoal non docente Non
Fortaleza - As competencias dixitais do alumnado superan a media en todos os apartados, están por riba do 3 todas. Alumnado Non
Fortaleza - Proporciónaselle ao alumnado software libre, que poidan empregar na casa. Alumnado Non
Fortaleza - Moito alumnado do centro participa no programa de radio escolar. Alumnado Non
Fortaleza - Alumnado desenvolve a competencia dixital dado que se empregan as aulas virtuais en prácticamente todos os niveis educativos, e gran parte do alumnado do centro dispón dun equipo informático no centro de uso individual. Alumnado Non
Fortaleza - Disposición de moitos recursos educativos en liña, seguimento do profesorado a través das plataformas institucionais e non institucionais. Emprego de entornos persoais de aprendizaxe diversos. Alumnado Non
Fortaleza - Establece unha boa comunicación coa comunidade educativa a través dos canles dirixidos a iso. Alumnado Non
Fortaleza - Existe unha autoreflexión do aprendizaxe, mais podería mellorarse tanto a autoreflexión coma a retroalimentación. Alumnado Non
Fortaleza - Unha porcentaxe alta de alumnado ten acceso aos dispositivos fóra do centro. Alumnado Non
Fortaleza - Boa disposición de cara ao uso de tecnoloxías dixitais. Familias Non
Fortaleza - Participación do proxecto EDIXGAL de 1º a 4º da ESO. Infraestruturas Non
Fortaleza - Fomento do software libre e da cultura do Free Software. Infraestruturas Non
Fortaleza - Disponse de equipos e persoal para axudar ás familias a realizar os trámites administrativos dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza - Disponse dun servidor de ficheiros e de directorio activo de todo o profesorado do centro e do alumnado de FP de tódolos ciclos de informática, de xeito que cada profesor ten unha nube persoal estea donde estea dentro do centro. Infraestruturas Non
Fortaleza - Servizo de préstamo de equipamentos ao alumnado no momento do confinamento. Infraestruturas Non
Fortaleza - Servizo de p¿estamo de portátiles sinxelos a alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza - Web do centro actualizada e con información diversa. Infraestruturas Non
Fortaleza - Disponse de radio escolar. Infraestruturas Non
Fortaleza - Equipamento do centro é bo. Tanto en FP coma na ESO e Bacharelato. Infraestruturas Non
Fortaleza - Infraestructura de rede segura e robusta, cun equipo de mantemento áxil e que resolve as incidencias de equipos informáticohas e de rede con celeridade. Infraestruturas Non
Fortaleza - Acceso á Internet é bo. Infraestruturas Non
Fortaleza - Amplia oferta educativa nos ciclos de formación profesional tanto da familia de estética e perruquería coma na de informática. Oferta Non
Fortaleza - Aula virtual con moita información e documentación do centro, accesible a todo o profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza - Envío de información actualizada e en tempo por parte do equipo directivo. Organización de centro Non
Fortaleza - Profesorado implicado en proxectos e motivado. Organización de centro Non
Fortaleza - Páxina Web actualizada con toda a documentación do centro, blogues, aula virtual e novas que ocorren no centro. Organización de centro Non
Fortaleza - Facilidade para a realización de actividades extraescolares. Organización de centro Non
Fortaleza - Partición noutros programas educativos externos Liga Maker Dron, Regata Solar. Organización de centro Non
Fortaleza - Equipo directivo comprometido coa mellora do centro e a participación en proxectos. Organización de centro Non
Fortaleza - Participación en programas institucionais Biblioteca Escolar, Edixgal, Club de ciencias. Organización de centro Non
Fortaleza - Realización dunhas Xornadas anuais de orientación e emprego, prácticas , con experiencia de antigos alumnos e participación de empresas e con obradoiros para todo o alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza - Profesorado da especialidade de informática e de tecnoloxías con habilidades e coñecementos para formar, informar ao resto do profesorado. Persoal docente Non
Fortaleza - O profesorado incorpora novas redes de comunicación que permiten o acercamento ao alumnado (discord, whatsapp, ..) en ciclos formativos. Persoal docente Non
Fortaleza - Parte maioritaria do profesordo adáptase de forma básica ás necesidades do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza - Interese e motivación do profesorado na mellora continua. Persoal docente Non
Fortaleza - Impartición de pildoras formativas en metodoloxías activas e participativas a través do departamento de orientación. Persoal docente Non
Fortaleza - Foméntase a participación do profesorado en actividades formativas individuais e de centro. Persoal docente Non
Fortaleza - Bastante profesorado formado no uso de licenzas de uso e dereitos de autor. Persoal docente Non
Fortaleza - O profesorado emprega os espazos de colaboración, aula virtual, agueiro, abalar móbil, páxina Web, Edixgal dos que se dispoñen no centro. Persoal docente Non
Fortaleza - Bo manexo do profesorado en xeral coas ferramentas dixitais tanto na preparación das clases, coma na impartición das mesmas, a retroalimentación e a comunicación. Persoal docente Non
Fortaleza - O profesorado e o centro adáptase as novas necesidades de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza - Moito persoal formado en aula virtual e empregando a aula a diario. Persoal docente Non
Fortaleza - Profesorado da ESO emprega a aula Edixgal. Persoal docente Non
Fortaleza - Participación en formación no estranxeiro a través do proxecto ERASMUS. Persoal docente Non
Fortaleza - Capacitado para axudar as familias e ao alumnado que o necesita para realizar os trámites administrativos dixitais. Persoal non docente Non
80 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza - Escasez de centros adscritos ao centro educativo. Ameaza cunha diminución drástica do alumnado da ESO de do Bacharelato. Administración educativa Si
Ameaza - Mellorar un espazo de colaboración con ferramentas estilo Drive. Administración educativa Si
Ameaza - Dada a baixa matriculación na ESO no centro hai ameaza de que desapareza a ANPA ANPA Non
Ameaza Novas na prensa que provocan unha falta de matriculación do alumnado na ESO e Bacharelato. Contorna Non
Ameaza Incorporación de novos ciclos sen o tempo suficiente de que o profesorado se forme nos mesmos. Lexislación Non
Ameaza Formación para os novos ciclos é tarde e deficitaria. Lexislación Non
Ameaza - Introdución de novos ciclos no centro sen dispor dos medios e os espazos para inicialos. Lexislación Non
Ameaza - Dificultade na colaboración con empresas para facer a FP Dual. Outras Non
Oportunidade - Dispoñer dunha infraestructura propia de aula virtual, Abalar Móbil, Agueiro, Rede Wifi institucional, Rede Abalar, Web institucional. Administración educativa Non
Oportunidade - Moi boa disposición dos membros da AMPA para a coordinación e comunicación co centro. ANPA Non
Oportunidade - Existencia de plataformas empresariais que necesitan dos profesionais formados no centro. Contorna Non
Oportunidade - Modificacións que afectan positivamente á incorporación das TIC na práctica docente. Lexislación Non
Oportunidade - Colaboración con empresas locais e extranxeiras para a realización das prácticas do alumnado. Outras Non
Oportunidade - Entidades que ofrecen formación ao alumnado específica nos ciclos de FP. Outras Non
Oportunidade - Contacto coas empresas a través da oferta formativa de FP Dual. Outras Non
Oportunidade - Colaboración con empresas en pequenas píldoras formativas ao alumnado de ciclos. Outras Non
16 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A análise feita é a seguinte:

  • Infraestrutura: O obxectivo é “Incrementar o número de equipos a disposición do alumnado”: principalmente para o alumnado de Bacharelato e ciclos de perruquería e estética, así coma o alumnado do resto do centro en períodos non lectivos para eles. Hai que ter en conta que o centro ten unha ocupación máxima en horario de mañá e tarde, polo que é importante poñer a disposición do alumnado algunha aula ou equipos aos que podan acceder en horario de tarde (o alumnado da mañá) e en horario de mañá o alumnado da tarde. Para este curso ter a disposición tamén unha nova aula para poder impartir a formación de Capacitación Dixital Ciudadana.

  • Colaboración e traballo na rede: Obxectivo Reflexionar sobre o emprego da tecnoloxía e o seu uso de forma ética.”. Tanto nas enquisas do alumnado coma do profesorado indícase que non se fala moito de tecnoloxía no centro educativo. Polo que se desenvolverán charlas/coloquios/talleres coas familias e o alumnado, para fomentar un pensamento reflexivo e crítico sobre o emprego ético da tecnoloxía e o consumo que facemos da mesma. 

  • Colaboración e traballo na rede: Obxectivo “Empregar as canles institucionais para difundir traballo nas aulas” No resultado das enquisas obsérvase a importancia que da o alumnado a traballar de forma colaborativa, polo que unha das accións que se propón é poñer en funcionamento blogues de Agueiro, onde o alumnado, ben da mesma aula ou de diferentes fagan unha difusión das aprendizaxes logradas nas aulas, de forma que ademais da colaboración trabállase a difusión, a ética de que difundir e cómo facelo sen que sexa invasivo, ao tempo que se fomenta traballo en equipo e aprendizaxe entre iguais, o cal redundará tamén no apartado de avaliación aínda que aquí non se indique. Proponse a acción de facer un proceso de escoita sobre a información que esperan atopar tanto alumnado, coma familias e profesorado na Web, co obxectivo de elaborar un informe de melloras para realizar en accións próximas. Isto ben motivado porque tanto o alumnado coma o profesorado manifesta nas enquisas que non atopa todo o que busca.

  • Colaboración e traballo en rede: Obxectivo “Colaborar entre diferentes niveis educativos na realización de pequenos proxectos”

  • Curriculos e Contidos: Obxectivo “Adaptar os currículos da ESO e do Bacharelato ao formato dixital”

  • Desenvolvemento profesional: Obxectivo “Continuar coa participación no PFPP nas necesidades do profesorado e do centro. Do que o curso pasado (22/23)participou e certificou o 50% do claustro”

  • Prácticas de ensinanza aprendizaze | Curriculo e contidos: Obxectivo “Deseñar actividades que melloren a competencia dixital, que promovan o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a mellora da comunicación participando no proxecto Polos creativos

  • Prácticas de ensinanza aprendizaze | Curriculo e contidos: Continuar e incrementar o número de participantes ou o número de proxectos interdisciplinares do alumnado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O1 Empregar as canles institucionais para difundir traballo nas aulas
02 Colaborar entre diferentes niveis educativos na realización de pequenos proxectos ou proxectos colaborativos fóra do centro
03 Continuar co deseño de actividades que melloren a competencia dixital, que promovan o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a mellora da comunicación na acción POLOS CREATIVOS.
04 Reflexionar e poñer en práctica talleres sobre o emprego da tecnoloxía e o seu uso de forma ética.
05 Mellorar as competencias profesionais docentes do profesorado do IES de Teis
06 Mellorar o equipamento e dotación das aulas para responder ás necesidades do alumnado, materias e módulos do IES de Teis
07 Reducir o emprego de papel en documentos de xestión entre o profesorado e o centro
08 Incementar o número de persoas participantes nas accións formativas de Competencia Dixital da Ciudadanía.

Seguimento

Procedemento

Realizarase un seguimento por trimestre, onde se mostrarán os indicadores que se acadaron.

1º Trimestre

Accóns que se realizaron para algúns dos obxectivos:

- Reflexionar e poñer en práctica talleres sobre o emprego da tecnoloxía e o seu uso de forma ética. Charlas "Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" para alumnado da ESO o 31 de octubro.

- Mellorar as competencias profesionais docentes do profesorado do IES de Teis. O centro participa nun PFPP e dous PFFP.

- Mellorar o equipamento e dotación das aulas para responder ás necesidades do alumnado, materias e módulos do IES de Teis. Dotouse a aula 107 de ordenadores novos e en condicións, portátiles para o ciclo de caracterización de Imaxe Persoal con armario de carga e armario de carga para os cursos de Capacitación con 21 Pcs.

- Reducir o emprego de papel en documentos de xestión entre o profesorado e o centro. Desde o Departamento de Informática, o máis numeroso do centro, toda a información co alumnado e familias envíase por AbalarMobil e aula virtual, incluso os apercibimentos de perda de avaliación continua. So se imprimen notas do alumnado que o solicita.

- Incementar o número de persoas participantes nas accións formativas de Competencia Dixital da Ciudadanía. Realizouse un curso básico de competencia Dixital Ciudadana.

2º Trimestre

Obxectivos acadados neste trimestre:

- Empregar as canles institucionais para difundir traballo nas aulas

- Colaborar entre diferentes niveis educativos na realización de pequenos proxectos ou proxectos colaborativos fóra do centro. ESte obxectivo, aínda que está xa acadado, séguese traballando en proxectos na área de polos creativos, e tamén nos proxectos de fin de grado entre a familia de informática e imaxe persoal, este proxectos finalizarán a finais de xuño.

- Continuar co deseño de actividades que melloren a competencia dixital, que promovan o pensamento crítico, a resolución de problemas, o traballo en equipo e a mellora da comunicación na acción POLOS CREATIVOS. Este obxectivo segue traballándose no seo dos polos creativos, onde traballa profesorado e alumnado diverso.

 

3º Trimestre

- Reflexionar e poñer en práctica talleres sobre o emprego da tecnoloxía e o seu uso de forma ética. Acccións como Xornadas de Ciberseguridade o 5 de abril, Navega con Rumbo o 23 de maio, Taller de Ciberseguridade para ciclos o 30 de abril.

- Incementar o número de persoas participantes nas accións formativas de Competencia Dixital da Ciudadanía. Realizouse un curso básico de competencia Dixital Ciudadana e outro de nivel intermedio.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizaranse varios momentos de avaliación do plan:

1) Inicio do segundo trimestre

2) Finais do curso 23/24

En cada unha destas avaliación particiais, mediranse os indicadores de logro que foron indicados en cada un dos obxectivos.

Unha avaliación final a finais do curso 2023/24, despois da que se elaborará o próximo calendario de accións.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A comunicación e difusión realizarase a través da páxina Web, na aula virtual de Documentación de Centro. Tamén se realizará a través dos órganos do centro:

- Claustro de profesorado

- CCP

- Xefes de departamento en reunións de departamentos

- Correo aos membros do claustro

As accións realizadas difundiranse a través das redes sociais do centro, a páxina Web do mesmo.