Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Conforme ao artigo 132  c) da O 2/2006, de 3 de  maio, de Educación en relación coa disposición adicional quinta da Resolución  do 17 de  xuño de 2021 e disposición adicional  terceira dá Resolución do 18 de xuño de 2021, ambas as da Secretaría  Xeral de Educación e Formación Profesional,  pola que se  ditan  instrucións para o desenvolvemento dás ensinanzas de  EI,  EP, ESO e  bacharelato no curso académico 2021-2022, será o director ou directora do centro educativo a persoa responsable de elaborar e implementar durante o curso 2023/2024, o plan dixital do centro conforme ás instrucións de deseño, elaboración e implementación aprobadas por Resolución  do 3 de  setembro de 2021, da Secretaría  xeral de Educación e Formación Profesional.

Así mesmo, ao amparo do artigo 121 en relación co artigo 111 bis.5., ambos da LO 2/2006, de 3 de  maio, de Educación, é responsabilidade da dirección do centro educativo incorporar no curso 2023/2024 o plan dixital ao plan educativo do centro, como vimos facendo dende o curso 2020/2021.

Nestes anos que estivemos implementando o Plan Dixital, as modificacións en materia normativa foron cambiando que hoxe temos un sistema moito máis completo, no que cabe destacar o seguinte articulado consultado e fundamental para o desenvolvemento do plan, como son:

• Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.
• Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
• Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Por último, a Administración e o equipo directivo do centro educativo, serán responsables de promover o uso das tecnoloxías da información e comunicación na aula, garantindo en termos de igualdade o acceso das/os estudantes aos recursos dixitais necesarios, adoptando as medidas necesarias encamiñadas a eliminar situacións de violencia na rede, así como a desaparición de estereotipos de xénero.

Respecto á contextualización do Plan, cabe decir que Vigo ten unha poboación de 300.000 habitantes aínda que en realidade cada día viven, traballan e estudan nesta cidade case medio millón de persoas, representando o 32% da poboación da provincia de Pontevedra e o 12% da poboación de Galicia. O centro conta cun proxecto de innovación educativa para incluír as TICs no proceso de ensinanza-aprendizaxe. Cuxos obxectivos principais son:

  • Formar ao noso alumnado no uso responsable das TIC como fonte de información, de coñecemento e de autoaprendizaxe.
  • Mellorar os procesos de ensinanza-aprendizaxe que se desenvolven no Centro.
  • Mellorar a atención á diversidade.
  • Potenciar a educación en valores.
  • Mellorar a calidade da atención que se presta ó alumnado e ás súas familias no ámbito da xestión e administración.
  • Cambiar progresivamente a utilización de software propietario por software libre

Os seguintes son obxectivos baseados noutros documentos do centro:

  • Facilitar o acceso de xeito mais directo e doado aos diferentes documentos do centro.
  • Facilitar a orientación académica e profesional a través do uso das novas tecnoloxías á hora de realizar tests, probas psicométricas, na avaliación psicopedagóxica (Recollido no PO, pax 10, 2.3.1. Avaliación de necesidades.)
  • Establecerse como soporte de comunicación entre os titores e o alumnado, recollido no PAT.
  • Favorecer un acceso igualitario ás novas tecnoloxías e dispositivos entre rapaces e rapazas, evitando as brechas de xénero. (Plan de igualdade).
  • Permitir un acceso en condicións de igualdade a todo o alumnado ao curriculum, empregando novas tecnoloxías como ferramenta de acceso ao mesmo no caso do alumnado con NEE ou NEAE (PXAD).

Este plan, na súa primeira versión, foi elaborado por tres membros do profesorado e unha persoa do departamento de administración e servizos.A primeira tarefa realizada foi un reparto dos puntos de este plan de maneira equitativa, a continuación varias reunións para intercambio de información e, finalmente, unha revisión grupal. 

Ademais das reunións dos membros do equipo encargado do plan dixital, estes se reunirón co claustro para comentar os resultados da enquisa e as aportacións feitas en materia de necesidades dixitais, e se fan reunións periodicas co obxectivo de enmendar erros e desenvolver os obxectivos propostos cada curso.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Una vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do programa/software SELFIE e do Test CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión feita de xeito colectivo polo Equipo de Dinamización do Plan Dixital do Centro, e polo conxunto do Claustro, obsérvanse unha serie de peculiaridades que paga a pena comentar utilizando o xa dado pola propoa ferramenta, análise DAFO (afoutezas/fortalezas e debilidades de carácter internno, e oportunidades e ameazas de carácter externo). 

Quedan todas elas recollidas no análise, sinaladas cunha puntuación en base a cal e de xeito cuantitativo, establécense unhas prioridades que fixemos pasar tamén por un filtro cualitativo dando como resultado una serie de prioridades ás que nos propoñemos atender en diferentes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do 'Plan de acción', convertIndo os puntos en obxetivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso, mediante a realización de diferentes accións. Todo isto recollerase na pestana "Obxectivos".

Interno
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Non se avalían fóra do centro as competencias dixitais adquiridas. Alumnado Si
Debilidade A tecnoloxía usada non permite coñecer detalladamente os puntos fortes e débiles como estudante. Alumnado Si
Debilidade O alumnado non dispón dunha intranet que restrinxa o acceso a contidos non relevantes para a materia. Alumnado Si
Debilidade Pouca involucración das familias na vida do centro, nin dixital nin presencialmente. Familias Si
Debilidade O centro non dispón de repositorios con materiais de ensino ou aprendizaxe. Infraestruturas Si
Debilidade Parte do alumnado carece de acceso a dispositivos dixitais. Infraestruturas Si
Debilidade O centro non usa tecnoloxías dixitais en materia de orientación profesional. Organización de centro Si
Debilidade Non hai unha estratexia dixital definida. Organización de centro Si
Debilidade Non comparte experiencias dentro da comunidade educativa. Persoal docente Si
Debilidade Carece de tempo para explorar modos de mellorar a calidade do ensino con medios dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non existe debate sobre a forma de aproveitar adecuadamente as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Carece de tempo para facer cursos de actualización e coñecemento dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza Aprende a comunicarse de forma responsable usando tecnoloxía dixital. Alumnado Non
Fortaleza Adquire competencias para crear contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Desenvolve habilidades dixitais acordes á súa cualificación profesional. Alumnado Non
Fortaleza O centro garante o acceso a Internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Disponse de asistencia técnica cando xurden problemas. Organización de centro Si
Fortaleza Utiliza entornos virtuais de aprendizaxe e explora novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Usa tecnoloxías dixitais na comunicación interna do centro. Persoal docente Si
Fortaleza Usa tecnoloxías dixitais na comunicación interna do centro. Persoal non docente Non
Fortaleza Utiliza as ferramentas dixitais da Consellería para os trámites administrativos. Persoal non docente Non
21 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A Admin. Educativa vai tarde na axuda aos centros e moitos teñen/temos xa uns protocolos de actuación dixital. Cambialos supón tempo, exforzo e cartos, por iso teñen que estar ben definitivos e ser o máis definitivos posible. Administración educativa Non
Ameaza As AFAs na FP están pouco involucradas a nivel colectivo ou individual. ANPA Non
Ameaza Hai un descoñecemento xeralizado do uso de ferramentas dixitais. ANPA Non
Ameaza O nivel de recursos das familias é, en xeral, baixo. Contorna Si
Ameaza O alumnado da FP cursa contidos dixitais específicos de cada ciclo aos que, con frecuencia, as empresas non están adaptadas. Contorna Non
Ameaza Pouca ou nula información sobre as opcións que dará a LOMLOE de desenvolver itinerarios cruzados. Lexislación Non
Oportunidade Constitución da Rede Galega de Educación Dixital que permite a mentores asesorar os centro educativos en materia dixital. Administración educativa Si
Oportunidade No curso 2021/22 a Conselleria de Emprego e Igualdade concedeu o centro unha axuda para adquisición de equipamento informático e para o desenvolvemento da páxina web e de software. Administración educativa Non
Oportunidade Grazas á Covid-19 as empresas detectaron a necesidade da dixitalización e agora sinten que necesitan persoal con coñecementos. Contorna Si
Oportunidade A LOMLOE establece que a competencia dixital convértese nun principio pedagóxico na educación básica. Lexislación Non
Oportunidade O programa Abalar pretende a integración plena das TIC na práctica educativa de Galicia incrementando os recursos existentes. Lexislación Si
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os principais problemas que atopamos unha vez feito o DAFO teñen que ver co tempo.

O claustro, o profesorado do centro e tamén o persoal non docente, temos unha carga de traballo importante coa actualización de adaptación dos contidos tanto polo tema dixital como pola necesidade de motivar ao noso alumnado a través de materias, traballos e informacions que sexan útiles. Non atopamos estar ao día e cada vez que temos que actualizarnos en ferramentas ou metodoloxías, non pode ser ao mesmo tempo para todas e todos, pero tampouco pode ser no tempo de lecer, polo que calqueira mellora ten que vir acompañada de tempo que poidamos destinar ao tema dixital.

Doutra banda o perfil do noso alumnado, das súas familias, e a importancia de que estas prácticamente son inexistentes posto que moitas veces están fartas dos seus fillos, motivo polo cal os seus fillos rematan na FP. Non lle dan importancia a ter contacto co centro e tampouco teñen nocións dos perigos de estar todo día conectados ao móbil, pero rexeitan mercar ordenadores, e non poñen límites as conexións ou dispositivos de xogo.  Para rematar, o nivel socio-cultural-económico é baixo, o que fai que sexan máis laxos cos susensos e coas faltas do alumnado.

É importante señalar tamén as dificultades que temos por non ter un  servizo de orientación, é o centro quen ten que pagalo e quen ten que 

Como centro e despois de solicitar distintas formas de crecemento que consideramos necesarias para o colexio así como para o profesorado, especialmente melloras cara ao profesorado de FP Básica polas súas consideracións especiais, vemos estas opcións imposibles ou case inexistentes. Non atopamos opcións de crecemento.

A parte positiva é a entrega do profesorado botando horas non lectivas e non de traballo para mellorar os contidos que ofrecer ao alumnado, a súa entrega á hora de facer clases nas súas vacacions para mellorar os seus coñecementos e a mellora continua que fan de xeito persoal; a boa saída dos ciclos, especialmente tras o seu paso polas FCT no que a porcentaxe de alumnado que mantén o posto de traballo é alto. Tamén a posibilidade de conexión a internet que ten o centro, os equipos dos que dispone e a comunicación e actividades que realiza.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
0.01PD Crear un banco de ordenadores para o alumnado.
0.02PD Elixir, implementar e ensinar unha plataforma dixital para o centro educativo.
0.03PD Formar e actualizar os coñecementos dixitais do profesorado para mellorar a práctica docente no contexto da transformación dixital.

Seguimento

Procedemento

Trimestralmente levaremos a cabo reunións de xeito presencial para confirmar que os obxectivos descritos no plan están sendo acadados, ou polo menos estarán no camiño de ser acadados.

1º Trimestre

A 01.1 Determinar as necesidades dos equipos a mercar e solicitar orzamentos dentre os proveedores habituais. Acción ACADADA.

 A 02.1 Investigar e recadar información de Google Workspace for Education, Apple Teacher, Moodle. Elixir unha delas. Acción ACADADA.

A 03.1: Definir as necesidades tanto de ferramentas como de metodoloxías dixitais que sexan útis para a nosa tipoloxía de ensino e alumnado.Acción ACADADA.

2º Trimestre

A O1.2  Mercar os equipos e facer o arranque dos mesmos para usalos. Os equivos foron mercados, están xa en proceso de instalación do sistema operativo e programas necesarios para o seu uso a partires do curso 2023/2024.

A O2. 2 Implementar a plataforma dixital elixida para control de asistencia, comunicación co alumnado, volcado de contidos e avaliación. Creación das contas dixitais co dominio do centro: En proceso aínda.

AO3.2: Recibir unha formación específica e práctica en metodoloxías e ferramentas dixitais. Elaborar un repositorio con todo o ensinado. En proceso.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de avaliación comeza por definir cales son as distintas avaliacións por cada un dos obxectivos marcados, así podemos señalar o seguinte:

Obxectivo 1, creación dun banco de ordenadores.

  • A avaliación procesual vai estar marcada pola recepción dos orzamentos para a merca dos ordenadores. A merca dependerá dos cartos que poidamos ter xa sexa por axudas ou outros ingresos.
  • A avaliación final vai darse o día que recibamos os equipos informáticos e probemos que funcionan correctamente; tendo este obxectivo data de cumplimento continuada, entendendo que nunca imos deixar de usalos.

Obxectivo 2, elección dunha plataforma dixital que aune todalas necesidades do claustro e do centro en materia docente, incluindo o rexisto de asistencia, as probas escritas, a corrección, as rúbricas de avaliación e a compartición de recursos entre o claustro e entre as distintas materias.

  • A avaliación procesual está desenvolvéndose, xa que o máis importante para a implementación deste obxectivo é ter tempo de implementado. Necesitamos tempo sen clases,  tempo de calidade e tempo de traballo eficiente para poder implementar un programa informático que cubra todas as nosas necesidades.
  • A avaliación final corresponderá ao mes no que esté implementado e no que todo terá que funcionar correctamente. O claustro terá que ter coñecementos no uso da plataforma, e ter todo listo e todos os datos volcados para empezar o curso que sexa, coa plataforma probada e lista para a súa utilización única por parte de todo o claustro e todo o alumnado.
  • Non atopamos ter tempo próximamente polo que imos ir actualizando os traballos que facemos coa aplicación que usamos, sen previsión de ter un  correo corporativo, etc. agás que contratemos externamente a implementación.

Obxectivo 3, formación específica dixital para o profesorado co fin  de que se actualicen os seus coñecementos a aplicar nas aulas.

  • A avaliación procesual terá tamén dúas datas pendentes de confirmar co docente que contratemos para dar a formación específica ao profesorado. Vai ser máis complicado atopar unha data para dar esta formación que confirmar co claustro a adquisición dos coñecementos.
  • A avaliación final deste derradeiro obxectivo terá que estar presente na redacción das programacións de cara aos próximos cursos, a súa introducción cara aos próximos cursos e a actualización constante a nivel dixital.
Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A nosa estratexia ten que ver cos medios que temos ao noso alcance e coa comunidade educativa que formamos o profesorado, os traballadores e traballadoras, o alumnado do Colexio Mendiño e as súas familias.

Na nosa experiencia na Formación Profesional, as familias do alumnado teñen unha implicación menor que noutras etapas educativas, agás as familas dos menores de idade, polo que a principal canle de difusión van ser os receptores das melloras, que é o alumnado e o profesorado, así coma a difusión a través da comunicación e aprobación por parte do Consello Escolar e os diferentes departamentos dentro do Colexio, que a súa vez poderán comunicarlle aos membros dentro destes, e cunha comunicación dixital feita pola dirección do centro ao claustro.

Doutra banda será traballo de Xefatura de estudos e Dirección a través das reunións, charlas e outros eventos de xeito educativo e formativo, quen podrán compartir os obxectivos marcados polo colexio e o seu cumplimento así como as melloras dixitais que estes supoñen para o centro, especialmente coa consecución dos mesmos.

Para rematar, o departamento de orientación será o encargado de difundir a mensaxe entre a comunidade que forma co outros departamentos de orientación, con academias de ensino e con asociacións coas que normalmente temos relación, contacto e compartimos experiencias e melloras no ámbito educativo.

Queremos facer unha mención especial á consulta que pode facer calqueira persoa, e da que nós sentímonos fachendosos coa publicación do Plan na nosa páxina web, que podedes atopar nesta ligazón, así como a súa publicación nas canles ao noso alcance, como son redes sociais, actualmente Facebook e Instagram, ambalas dúas propiedade de META.