Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Os piares nos que se asenta o noso centro son a mellora da calidade do ensino e a Innovación Educativa  apoiándonos na mellora das competencias do alumnado, en especial:

•   a Biblioteca escolar como axente dinamizador de aprendizaxes innovadores ,

•   un programa específico de Expresión Oral,

•    a potenciación da lingua galega

•   unha adecuada Educación Emocional,

•    e a Educación Mediática e Informacional como medio para acadar un desenvolvemento axeitado das competencias clave.

Neste senso o profesorado ven participando en diferentes cursos e xornadas de formación para a mellora da práctica educativa, co obxectivo final de propiciar cambios metodolóxicos no proceso de ensino aprendizaxe, coa introdución desde os primeiros niveis educativos das tecnoloxías da información como recurso educativo, canle de comunicación e ferramenta para a elaboración de contidos.

 

O Plan Dixital integrarase no Proxecto Educativo do centro compartindo obxectivos con outros Proxectos de Innovación do centro e desenvolvéndose de xeito interdisciplinar a través da áreas curriculares.

 

As nosas propostas precisan fortalecerse proporcionando ao alumnado de Educación Infantil e Primaria a competencia,   os medios e o Entorno de Virtual de aprendizaxe que contribúan a desenvolver as Orientacións elaboradas pola UNESCO  sobre a AMI no seu documento “Alfabetización Mediática e Informacional (2011) e o Marco Común de Competencia Digital Docente(MEC, 2017), relacionados cos cinco parámetros competenciais:

 

•    información e alfabetización informacional,

•    comunicación e colaboración,

•    creación de contidos dixitais,

•    seguridade,

•    resolución de problemas.

Con estes vimbios pretendemos artellar o noso proxecto, dando continuidade as propostas que viñamos desenvolvendo no ámbito da alfabetización mediática e a formación da competencia dixital, facendo posibles o éxito escolar cun enfoque metodolóxico que avance en eficacia e innovación.

Pensamos ademais que o proxecto fortalecerá a igualdade de oportunidades e fornecerá o Plan de Igualdade do centro, posibilitando que nenos e nenas adquiran as mesmas competencias tecnolóxicas e dixitais.

Nos últimos cursos o Plan de educación Dixital foi adaptándose aos cambios metodolóxicos introducidos na escola, nos últimos cursos de xeito importante ao incorporarse o centro á rede de centros do Plan LIA 2 de Bibliotecas Escolares, para a Lectura, a educación Informacional e a Aprendizaxe, e coa incorporación ao Proxecto Edixgal no curso 2020-2021.

Con este   impulso o centro  ampliou os dispositivos tecnolóxicos do centro, dotando de tablets , portátiles, impresora 3D, scornabots e outros medios para o ensino-aprendizaxe. O emprego habitual destes medios nas aulas crea novas necesidades educativas mellorando a oferta educativa do centro, proporcionando un ensino máis acorde co Principio de Igualdade de Oportunidades.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro.

     O artigo 111 bis establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.

    O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.

     A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño) dita instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022.

    A Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, dita instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

    Este marco lexislativo adecúase ao Plan de Acción da Educación Dixital (2021-2027), unha iniciativa política  da Unión Europea (UE) para apoiar unha adaptación sostible e eficaz dos sistemas de educación e formación dos Estados membros de la UE na era dixital.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE e o Test de Competencia Dixital Docente,

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H13. Resolver problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade H11. Codificación e programación. Alumnado Si
Debilidade H3. Comportamento responsable. Alumnado Si
Debilidade H4. Comprobar se a información é fiable e precisa. Alumnado Si
Debilidade H6. Credibilidade do traballo que consultado en internet. Alumnado Non
Debilidade H8. Aprender a comunicarse. Alumnado Si
Debilidade H1. Seguridade en internet. Alumnado Si
Debilidade C7. Protección de datos. Infraestruturas Si
Debilidade C15. Tecnoloxías asistenciais alumnado NEE. Infraestruturas Si
Debilidade C16. Biblioteca repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade C5. Asistencia técnica ante problemas. Infraestruturas Si
Debilidade E3. Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade E5. Recursos educativos abertos. Persoal docente Si
Debilidade B2. Debate sobre o uso da tecnoloxía. Persoal docente Si
Debilidade F3. Fomento da creatividade. Persoal docente Si
Debilidade F4. Impliación do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G6. Observacións constructivas entre o alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F1. Adaptación ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G9. Uso datos dixitais de alumnado concreto para mellorar a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade G1. Avaliación das habilidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G7. Prácticas de avaliación dixital. Persoal docente Si
Debilidade G3. Retroalimentación ao alumnado. Persoal docente Non
Debilidade G10. Valoración das habilidades do alumnado adquiridas fóra do centro. Persoal docente Non
Debilidade G5. Reflexión sobre a aprendizaxe do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade B1. Avaliación dos progresos propios na ensinanza e aprendizaxe con TIC. Persoal docente Si
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña. Alumnado Si
Fortaleza E2. Crear recursos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H10. Competencias dixitais. Alumnado Si
Fortaleza C10. Dispositivos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza F6. Proxectos interdisciplinares. Alumnado Non
Fortaleza H7. Creación contidos. Alumnado Si
Fortaleza C1. Contamos con infraestructura dixital. Infraestruturas Si
Fortaleza C2. C8. Dispoñemos de dispositivos ensino/aprendizaxe. Infraestruturas Non
Fortaleza C3. Acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza C14. Espazos físicos. Infraestruturas Si
Fortaleza B3. Colaboración con outras entidades. Oferta Si
Fortaleza B4. Colaboración con outros centros. Organización de centro Non
Fortaleza A1. Contamos con estratexia dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A2. Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza G8. Documentar aprendizaxe o alumnado. Organización de centro Non
Fortaleza C12. Apoio para abordar dificultades fenda dixital. Organización de centro Non
Fortaleza C11. Identificar fenda dixital. Organización de centro Non
Fortaleza A3. Apoio para explorar novas formas de ensino. Persoal docente Non
Fortaleza E4. Comunicación coa comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza D1. D2. Reflexionamos e temos acceso á formación e intercambiamos experiencias sobre o ensino. Persoal docente Non
Fortaleza F5. Colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A4. Tempo para explorar o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza Achegas económicas que recibe o centro. Administración educativa Si
Ameaza C3. Conexión wifi falla bastante. Administración educativa Si
Ameaza C14. Espazos físicos insuficientes. Administración educativa Si
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente. Administración educativa Si
Oportunidade Dotación de equipamento tecnolóxico Administración educativa Si
Oportunidade Relación positiva coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Participación das familias en colaboración co centro. ANPA Non
Oportunidade - O noso concello dispón dun espazo físico chamado Casa da Mocidade, na que se imparten cursos de formación en tema dixital para familias e alumnado a partir de 14 anos. Contorna Non
Oportunidade Acceso do alumnado a dispositivos dixitais fóra do centro educativo. Contorna Non
Oportunidade A5. Normas e dereitos de autor e licenzas. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O equipo do Plan dixital, tendo en conta os resultados deste DAFO, elaborou os obxectivos do apartado seguinte.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado.
O02PD Aprender linguaxe de programación e codificación polo alumnado.
O03PD Mellorar a seguridade no manexo da internet.
O04PD Aplicar tecnoloxía asistencial a alumnado con NEE.
O05PD Participar no Caranvexornal TV.

Seguimento

Procedemento

As persoas participantes na elaboración do Plan Dixital reunímonos cada trimestre para falar e valorar o desenvolvemento do mesmo.

Reunións progamadas co mentor ADIX.

1º Trimestre

O01PD Mellorar a competencia dixital do profesorado. Parcialmente acadado.

AO1.1: Plan de formación en centro que inclúe competencia dixital. Fixemos unha primeira formación con relator sobre a metodoloxía DUA. Faremos outra no segundo trimestre.

O02PD Aprender linguaxe de programación e codificación polo alumnado. Parcialmente acadado.

AO2.1: Xogar cos xogos de programación dúas veces ao trimestre. Traballamos coa aplicación SCRATCH, coas OSMO Coding e cos ratos robot,

O04PD Aplicar tecnoloxía asistencial a alumnado con NEE. Parcialmente acadado.

AO4.1: Adquirir dispositivos e aplicacións adaptadas ás dificultades do alumnado. Os dispositivos xa foran adquiridos, pero estamos pendentes de valorar as aplicacións a mercar.

O resto das accións son para realizar ao longo do curso.

 

 

2º Trimestre

O02PD Aprender linguaxe de programación e codificación polo alumnado. Parcialmente acadado.

AO2.1: Xogar cos xogos de programación dúas veces ao trimestre. Traballamos coa aplicación SCRATCH, coas OSMO Coding e cos ratos robot. Tamén estivemos aprendendo as normas dos xogos de mesa relacionados co pensamento computacional.

O05PD Participar no Caranvexornal TV.

AO5.1: Elaborar unha edición do programa de TV escolar por parte do alumnado. Elaboramos o noso caranvexornal no mes de abril e publicámolo no blog do caranvexornal do concello.

AO5.2: Visualizar os distintos informativos publicados polos centros educativos de Moaña. Cada xoves, na hora de ler, visualizamos os informativos que publica cada centro do concello de Moaña.

3º Trimestre

O03PD Mellorar a seguridade no manexo da internet.

AO3.1: Solicitar charlas a expertos do ámbito das telecomunicacións para o alumnado. Tivemos charlas dentro do Plan Director para o alumnado de 5º e 6º de primaria, así como tamén a tiveron 3º e 4º de primaria, contactando cunha familia que traballa neste eido e viu ao cole a dar a charla.

AO3.2: Solicitar charlas a expertos do ámbito das telecomunicacións para o profesorado.Contactamos coa familia dunha alumna que traballa neste eido e viu darnos unha charla.

AO3.3: Solicitar charlas a expertos do ámbito das telecomunicacións para as familias.Contactamos coa familia dunha alumna que traballa neste eido e viu darnos unha charla.

O04PD Aplicar tecnoloxía asistencial a alumnado con NEE.

AO4.1: Adquirir dispositivos e aplicacións adaptadas ás dificultades do alumnado. Os dispositivos xa foran adquiridos, e descargouse a aplicación CLAROREAD, para traballar co alumnado. Tamén dispoñemos da aplicación Pictoaplicaciones para o seu manexo por parte deste alumnado.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

As persoas participantes na elaboración do Plan Dixital reunímonos cada trimestre para falar e valorar o desenvolvemento do mesmo.

Reunión ao finalizar o curso do equipo do Plan Dixital e co profesorado.

Reunións progamadas co mentor ADIX.

 

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan de Acción Dixital está recollido na páxina web do centro.

Podemos acceder a el a través do seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdequintela/