Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Normativa

Artigo 37.1. do DECRETO 156/2022, do 15 de setembro e o Artigo 35.1 do DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato, respectivamente, na Comunidade Autónoma de Galicia xunto co Artigo 18 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022 e o Artigo 21 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022 establecen que 

“Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

 

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

No ano 2017 aprobouse o Plan TIC do centro que recolle os seguintes obxectivos:

-Coordinar a acción do profesorado de distintas áreas e materias en relación ao traballo coas TIC.

-Empregar as tecnoloxías da información e a comunicación para o traballo cotián e nas actividades de aula: programacións, proxectos, explicacións, actividades...

-Utilizar programas e contornos que faciliten a consecución dos obxectivos propostos nas diferentes áreas do currículo.

-Mellorar a proposta pedagóxica do profesorado e a súa práctica docente ao aproveitar as posibilidades que ofrecen as tecnoloxías da información e a comunicación.

-Consultar e obter información a través das tecnoloxías da información e a comunicación, tanto para temas profesionais como para experiencias interesantes para a súa actividade docente.

-Fornecer ó alumnado de estratexias para obter e xestionar a información conseguida mediante o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.

-Utilizar o ordenador como medio de creación, de integración, de cooperación e de expresión das propias ideas.

-Fomentar a páxina web do centro como espazo de comunicación e de colaboración con toda a comunidade educativa.

-Potenciar a capacidade de razoamento do alumnado, a súa motivación e o seu afán de coñecemento.

-Facilitar o acceso a esta ferramenta por parte do alumnado con necesidade especiais de apoio educativo e nas tarefas de apoio e reforzo de aprendizaxes.

-Favorecer a superación das limitacións de acceso ás tecnoloxías da información e a comunicación derivadas das desigualdades sociais.

-Potenciar a comunicación cos seus iguais.

-Intercambiar experiencias, coñecementos, iniciativas... en diversas redes de colaboración como a internet.

-Impulsar a comunicación con outros centros e localidades, para coñecer e transmitir valores sociais e de respecto doutros costumes e outras formas de vida.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos para a recollida de información previa foron o informe Selfie e o test de Competencia Dixital Docente. Posteriormente realizouse a análise DAFO.

Interno
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade 1.O alumnado non verifica a fiabilidade das fontes de información. 2.Baixo nivel de utilización de tecnoloxías dixitais para o traballo en grupo 3.Pouca atención por parte do alumnado á seguridade dixital. 4.A comunicación a través de medios dixitais non cumpre en xeral os estándares de Netiqueta. 5.Hai alumnado con "dependencia dixital" na ESO. Alumnado Si
Debilidade 1.Nas prácticas de avaliación non se usa apenas a coavaliación e a retroalimentación. 2.Baixo nivel de utilización de tecnoloxías dixitais para o traballo en grupo Persoal docente Si
Fortaleza 1.A competencia dixital do alumnado no selfie é media- alta. Alumnado Non
Fortaleza 1.A maior parte das familias teñen instalado AbalarMobil Familias Non
Fortaleza 1. Implantación de Edixgal en toda a ESO: ordenador persoal, canón, acceso á rede, libros dixitais... 2. En bacharelato todo o alumnado dispón de acceso á rede corporativa 3.Aulas virtuais en todas as materias e niveis. Infraestruturas Non
Fortaleza 1. Hai canles de comunicación propias que permiten a interacción, a comunicación e a colaboración entre os distintos sectores da comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza 1. Implicación grande dunha parte importante do profesorado na dixitalización do centro. 2.A media do nivel de competencia dixital do profesorado medida polo test de CDD é de B1. Persoal docente Non
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza 1.Elevada taxa de provisionalidade do profesorado 2.En bacharelato non hai equipamento dixital individualizado. 3.Non hai tempo para a formación do profesorado nin para a elaboración de material dixital. 4.Non hai posibilidade de acceder aos materiais elaborados polo profesorado de Galicia para usalos, readaptalos... 5.Edixgal implantouse sen materiais adecuados. Tampouco hai material específico para PDC Administración educativa Non
Ameaza 1.Gran diversidade dixital entre o alumnado de bacharelato (proveñen de varios centros). Contorna Si
Ameaza 1.Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Oportunidade 1. Ampliación do centro de cara a unha distribución de espazos que permita unha óptima utilización das tecnoloxías. Administración educativa Non
Oportunidade 1. Cambio de lei de cara a unha maior autonomía e traballo competencial. Lexislación Non
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou a análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver. No curso 2023/2024 considérase que o DAFO se adecúa á situación actual do centro.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD Mellorar na protección de datos persoais do alumnado do centro priorizando o uso das aplicacións corporativas
02PD Mellora da competencia dixital do alumnado no que se refire á busca e tratamento de información e á Netiqueta.
03PD Mellora da competencia dixital do alumnado no relativo á súa privacidade e seguridade na rede

Seguimento

Procedemento

Realizaranse reunións periódicas do equipo do plan Dixital co asesor ADIX , se é preciso.

1º Trimestre

O1PD: Nas reunións de claustro informouse ao profesorado sobre o protocolo de protección de datos persoais e sobre o uso de ferramentas corporativas.

Máis 50% do profesorado usa exclusivamente ferramentas corporativas co alumnado.

2º Trimestre

O2PD: Créase unha enquisa sobre a competencia dixital do alumnado nos seguintes aspectos: busca de información, seguridade e privacidade e netiqueta.

A maioría das programacións incorporan nos seus obxectivos o desenvolvemento dos aspectos sinalados da competencia dixital. Non se incorpora referencia expresa a como traballar estes aspectos. De cara ao vindeiro curso enviaranse aos departamentos un modelo con indicacións para o traballo destes aspectos para que sexan recollidos nas programacións.

O3PD: O alumnado de ESO participou nas actividades de "iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais" e do plan director.

3º Trimestre

O3PD: Analízanse os resultados da enquisa de competencia dixital do alumnado e proponse elaborar recomendacións para o profesorado para a posta en práctica nas súas materias.

O3PD: Vólvese pasar a enquisa ao alumnado e analízanse os resultados que non amosan melloras significativas respecto da anterior. Cómpre, pois, traballar os aspectos máis importantes nas diferentes materias co alumnado. Para facilitar o traballo do profesorado créase un repositorio de recursos na Aula Virtual do centro. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para a avaliación deste plan dixital seguiremos unha avaliación procesual e unha avaliación final.

- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos para valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora. Seguiranse os indicadores dos obxectivos marcados nas táboas anteriores para cada un dos obxectivos e as liñas de acción.

- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será unha vez ao ano. Os aspectos que se van considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

No referido á competencia dixital do alumnado non se acadaron os resultados desexados. Cómpre seguir traballando neste sentido desde todas ás materias. 

No referido ao emprego de ferramentas dixitais corporativas para a protección de datos do alumnado, si que se consideran acadados os obxectivos. 

Proposta de mellora

Continuar coa información e formación para o profesorado en cuestións relacionadas coa seguridade e privacidade dos datos do alumnado ao utilizar ferramentas non corporativas.

Traballar os aspectos de seguridade e privacidade na rede co alumnado desde todas as materias, propoñendo o emprego do repositorio de contidos creado na Aula Virtual. 

Traballar os aspectos relacionados co tratamento da información, a netiquetta e a resolución de problemas no emprego das ferramentas TIC desde todas as materias.

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 

A difusión deste plan dixital entre toda a comunidade educativa levarase a cabo empregando a páxina web do centro e o portal Educalidade.