Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O Plan Dixital permitirá reforzar e/ou aumentar o uso dos recursos dixitais no centro e nas aulas, mellorando a competencia dixital dos docentes e do alumnado e potenciando a súa aprendizaxe. Dende fai anos, nos centros estase apostando polo uso das novas tecnoloxías para aumentar a motivación do alumnado por aprender. De este xeito, na etapa de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, o alumnado emprega as pizarras dixitais. No caso de primaria empréganse tamén as pizarras dixitais e tablets. Máis concretamente en 5º e 6º de educación primaria, contamos con E-dixgal.

Ademáis, o Plan contribúe á Programación Xeral Anual do curso 2022/2023 de xeito que no centro empregamos a páxina web e a aula virtual para subir información, vídeos, materiais e recursos para ter actualizada á nosa Comunidade Educativa. Do mesmo xeito, tamén empregamos o correo, o whatsapp e Abalar para a comunicación coas familias ou outras utilidades, así como Xade para publicar información relevante do alumnado.

Legislativamente xustifícase do seguinte xeito:

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Para chegar ao produto final, é dicir o Plan dixital, realizamos unha serie de pasos co obxectivo de conseguir toda a información interna e externa ao centro que precisábamos para a elaboración do documento. Comezamos coa análise dos datos obtidos do informe SELFIE e do informe do test CDD. Con estes dous documentos, elaboramos o informe DAFO valorando así as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades dos aspectos internos e externos ao centro. Posteriormente cos datos obtidos destos tres informes, elaboramos o plan de acción como punto previo á elaboración do Plan Dixital. Finalmente, coa información obtida dos informes previos, do plan de acción e de valorar as necesidades dixitais do centro, redactamos o Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a recollida de información empregouse o informe Selfie e o test CDD. Pódese consultar no anexo.

Interno
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade .O alumnado ten dificultades para codificar, programar ou resolver problemas técnicos que xorden ao utilizar tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Debilidade Non se contempla que o alumnado traía os seus propios dispositivos portátiles e poida utilizalos durante as clases. Infraestruturas Non
Debilidade Escasa colaboración con outras organización. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente uso das tecnoloxías dixitais para que o alumnado autoreflexione sobre a súa aprendizaxe. Organización de centro Non
Debilidade Falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente tempo para explorar a ensinanza dixital. Persoal docente Non
Debilidade Escaso uso de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado ten un comportamento seguro e responsable co uso de internet. Alumnado Non
Fortaleza O centro conta con dispositivos dixitais que o alumnado pode empregar. Infraestruturas Non
Fortaleza Proxecto E-dixgal. Oferta Non
Fortaleza Debátese sobre as ventaxas e desventaxas das tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza Participación en cursos de formación. Organización de centro Si
Fortaleza O centro emprega servizos dixitais educativos corporativos para difundir información. Organización de centro Si
Fortaleza Búsqueda e uso de recursos dixitais para reforzar a labor da ensinanza. Persoal docente Non
Fortaleza Coñecemento das normas sobre os dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Non
Fortaleza Emprego das tecnoloxías para adaptar a ensinanza as necesidades individuais. Persoal docente Non
Fortaleza Uso das tecnoloxías por parte da auxiliar de conversa Persoal non docente Non
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipo dixital obsoleto e insuficiente Administración educativa Si
Ameaza Insuficiente achega económica que recibe o centro Administración educativa Si
Ameaza Exceso de burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Escasa conectividade. Administración educativa Non
Ameaza Falta de coñecemento dixital. Contorna Non
Ameaza Condición socioeconómica da contorna. Contorna Non
Ameaza Continuos cambios lexislativos Lexislación Non
Ameaza Limitado o acceso do alumnado a dispositivos fóra do centro educativo Outras Non
Oportunidade A administración está apostando polo cambio tecnolóxico Administración educativa Non
Oportunidade Participación da ANPA a través de actividades de formación para o alumnado ANPA Non
Oportunidade Colaboración coa familia. Contorna Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a utilidade da aula virtual.
O02PD Crear actividades e proxectos nos que se empregue a radio escolar
O03PD Implementar o uso dos dispositivos dixitais do centro.

Seguimento

Procedemento

Avaliarase o desenvolvemento do mesmo como mínimo unha vez ao trimestre. Valorarase o estado da execución das accións e analizaranse os posibles necesidades que poidan xurdir, como por exemplo a formación do profesorado ou dotación de material informático.

1º Trimestre

Ao longo do primerio trimestre crearonse padlets en distintas clases que ao incluirse na aula virtual favoreceu o uso desde recurso. Implementouse o uso da aula mobil e para facilitar o seu emprego clonaronse 8 ordenadores á maqueta abalar11. Finalmente, seguimos sen recibir o material dos polos creativos polo que as actividades e proxectos relacionados coa radio escolar non comezaron.

2º Trimestre

No segundo trimestre ademáis de dinamizar o uso da aula mobil, o equipo de TIC acordou crear un documento que recollese a competencia mínima dixital que se espera para cada nivel educativo co obxectivo de establecer un perfil vertical da competencia dixital (mínima) para o noso centro. Así, todos os mestres e mestras terían unha refencia que facilitaría que todo o noso alumnado chegase a 5º de primaria cun nivel de competencia dixital mínima semellante. Ademáis, acordase engadir actividades tipo para traballar cada unha das competencias específicas propostas.

Finalmente, seguimos sen recibir o material dos polos creativos polo que as actividades e proxectos relacionados coa radio escolar non comezaron.

3º Trimestre

No terceiro trimestre compartimos o documento que estabamos a crear sobre o perfil vertical da competencia dixital cos equipos de ciclo, de forma que todas e todos poidan colaborar na súa redacción. (REMÁTASE/ NON SE REMATA/ APRÓBASE/COMPARTESE...)

Con respecto ao uso da aula mobil, indicar que se tivo confeccionar un decálogo para o seu uso, Algunhas normas que se incluén son:

- Cada titor/a terá unha lista dos seus alumnas/os para que sempre empreguen o mesmo ordenador.

- Cada alummna/o terá que crear unha carpeta no escritorio co seu nome e apelidos. (o ordenador é compartido con estudantes doutras clases)

- Os estudantes deberán gardar os seus archivos na súa carpeta.

- Os estudantes, cada vez que vaian a empregar o ordenador, revisará se ten algún desperfecto ou probrema. Dexte xeito saberase quén foi o último estudante en empregalo.

- O titor/a deberá asegurarse que a aula mobil queda conectada a corriente eléctrica para que todos os ordenadores esté dispoñibles para a próxima clase. (Recoméndase que cada clase teña dous encargados/as que se aseguran de que todos os ordenadores se gardan correctamente e quedan cargando, e o carro conectado a corriente.

Finalmente, o día 11 de abril temos a primeira sesión de formación sobre radio escolar. A radio foi prestada polo CFR xa que o material de polos creativos ainda non CHEGOU OU CHEGARA. 

A radio escolar resultou moi intersante e varias clase a empregaron para a creación dos productos finais do proxecto de centro.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Farase una evaluación cada trimestre e unha final para valorar globalmente a consecución dos obxectivos. 

A avaliación constitúe un elemento imprenscindible para a mellora da calidade do proceso educativo e de cada un dos seus elementos: só dende una reflexión crítica compartida polos integrantes da comunidade educativa sobre o desenvolvemento das actuacións levadas a cabo poden poñerse en marcha procesos de mellora fundamentados e enriquecedores.

A avaliación do Plan Dixital que realizará o equipo de dinamización será:

– Procesual: avaliarase o desenvolvemento do mesmo como mínimo unha vez ao trimestre. Valorarase o estado da execución das accións e analizaranse os posibles necesidades que poidan xurdir, como por exemplo a formación do profesorado ou dotación de material informático.

– Final: realizarase unha vez ao ano e valorarase o logro dos obxectivos establecidos, o grao de satisfacción da Comunidade Educativa e o grao de eficacia e participación, entre outros. Analizarase tamén as dificultades atopadas e propoñeranse aspectos a mellorar para o seguinte curso.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital difundirase á Comunidade Educativa a través da páxina web do centro. Ante calqueira actualización ou cambio do mesmo, volverase a subir e notificarase desta acción.