Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O CEIP Xunqueira 2 está situado nas aforas do centro urbano de Pontevedra nunha área chamada “A Xunqueira”, de onde toma o seu nome, na marxe dereita do río Lérez. O centro, sitúase na rúa Alexandre Bóveda S/N. A saída e entrada ao centro realízase pola rúa mencionada anteriormente. Na actualidade o centro conta con cinco unidades de Educación Infantil e once unidades de Educación Primaria. Situado en zona escolar, non se trata dun centro identificado cun barrio definido, nin asociado a un contexto social determinado. Ó estar o colexio tan ben situado, a 10 minutos do centro da cidade, ten moitas posibilidades de asistir a moitas actividades organizadas tanto polo centro como polas propias institucións do Concello. O alumnado deste centro procede de moi diferentes zonas, tanto do centro da cidade como dos arredores ou do medio rural. Está rodeado doutros centros de educativos relacionados con distintas etapas educativas. O nivel de estudos desta poboación é medio-alto. O centro está adscrito ao IES Xunqueira 2 ao que vai destinado o 99% do noso alumnado.

Este Plan dixital intégrase no noso Proxecto Educativo xa que a actualidade así o require. O centro forma parte dun mundo en cambio permanente de unha sociedade e mercado laboral cada vez máis dixitalizado polo que se busca dar resposta a estas novas necesidades e demandas, formando cidadáns do futuro coas competencias necesarias para desenvolverse nunha contorna dixitalizada.

Parte do profesorado está a empregar diversos instrumentos e aplicacións TIC no seu traballo educativo. A páxina web do centro é frecuentemente actualizada con información escolar e sobre actividades de interese para a comunidade. A aula virtual está sendo empregada por parte do profesorado como espazo para achegar contidos, materiais e actividades de traballo para o alumnado. Algúns membros do profesorado elabora materiais propios para a aula virtual e noutras plataformas para o uso directo na aula. Temos blogs de biblioteca e dinamización lingüística. A implantación do proxecto E-Dixgal comprometeu ademais ao centro e ao profesorado na participación de actividades de formación. O uso do correo electrónico para diferentes comunicacións, convocatorias, titorías, etc está totalmente asumido e asentado no traballo diario do profesorado. O profesorado usa tamén as aplicacións de xestión educativa e profesional proporcionadas pola Xunta e Abalar-móbil para comunicar coas familias. É frecuente o uso de diferentes aplicacións, materiais e recursos web nas actividades educativas do  centro. Dependendo das necesidades de cada caso, o profesorado emprega recursos multimedia, actividades, aplicacións e contidos en liña, etc.
O Plan Dixital de centro, unha vez aprobado polo Claustro e o Consello escolar será incorporado na PXA do curso 23/24. As accións programadas no presente plan implicarán de forma activa á dirección do centro e profesorado de todos os niveis educativos na procura de acadar os obxectivos marcados no mesmo. O  desenvolvemento do plan no vindeiro curso será transversal e integrador e pretende mellorar a competencia e a asunción das ferramentas dixitais como parte do proceso educativo para toda a comunidade escolar incluídas, no posible, as familias.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Realizouse en primeiro lugar o test de autoavalición SELFIE coa participación doequipo directivo, do alumnado de 5º e 6º de primaria e do profesorado correspondente.Antes da realización do test explicouse ao profesorado a finalidade do mesmo e déronse pautas e consellos para realizalo recollidos da propia páxina da comisión europea. Posteriormente realizouse o Test CDD de competencia dixital docente coaparticipación de todo o profesorado do centro.

Os datos e indicadores recollidos serviron de base para a realización do DAFO. Pódense ver as táboas resumo no anexo.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Dinámicas de reflexión sobre o uso da tecnoloxía e o uso dos recursos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Habilidades dixitais adquiridas nas diferentes materias. Alumnado Non
Debilidade Non ten competencia na resolución de problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Participación do alumnado no proceso de avaliación (auto e coavaliación). Alumnado Non
Debilidade Escaseza de equipamentos actualizados (ordenadores, PDI...). Infraestruturas Si
Debilidade Inexistencia de unha biblioteca de repositorios en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Espazos físicos dixitalizados insuficientes no centro. Infraestruturas Si
Debilidade Limitación de idade para o proxecto edixgal. Oferta Non
Debilidade Existencia dunha estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para explorar a ensinanza dixital. Organización de centro Non
Debilidade Participación en proxectos interdisciplinares Organización de centro Non
Debilidade Participación do profesorado en redes colaborativas profesionais. Persoal docente Si
Debilidade Creación de recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Adopción de innovacións educativas. Persoal docente Non
Debilidade Incorporación das tecnoloxías dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Uso activo e creativo das aulas virtuais Persoal docente Si
Debilidade Non ten competencia na creación de contidos dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Motivación do alumnado de cara a aprendizaxe dixital. Alumnado Non
Fortaleza Características do software instalados nos equipos. Infraestruturas Non
Fortaleza Utilización de plataformas dixitais promovidas pola administración. Infraestruturas Non
Fortaleza Resolución de incidencias técnicas. Infraestruturas Non
Fortaleza Bo acceso a internet. Infraestruturas Non
Fortaleza Proxecto Edixgal. Oferta Non
Fortaleza Existencia de canles de comunicación entre as diferentes etapas do centro. 2.Política de protección de datos Organización de centro Non
Fortaleza Política de protección de datos. Organización de centro Non
Fortaleza Iniciativas para afrontar necesidades de formación profesional continua. Persoal docente Non
Fortaleza Boa comunicación entre a comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza Recoñecemento ao traballo alleo. Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Exceso de burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Pouca relación con persoas que non forman parte da comunidade educativa. Contorna Non
Ameaza Textos lexislativos ambiguos e pouco claros. Lexislación Non
Oportunidade Participación en proxectos interdisciplinares. Administración educativa Non
Oportunidade Participar en diferentes proxectos de ámbito educativo. Administración educativa Si
Oportunidade Sensibilización coa necesidade dunha educación dixital. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con centros próximos (FP, facultades). Contorna Si
Oportunidade A pandemia manifestou que un plan dixital é un proceso necesario. Contorna Non
Oportunidade Está máis presente a competencia dixital. Lexislación Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

"Despois da elaboración do DAFO e a análise dos seus elementos, decidimos como accións prioritarias no noso centro as relacionadas cos seguintes aspectos:

- A actualización dos dispositivos dixitais das aulas e espazos de traballo común.

- A actualización da páxina web do centro, para fomentar a transparencia das labores realizadas no centro ás familias, así como o acceso das mesmas a toda a documentación de carácter público.

- A mellora da competencia dixital do alumnado, durante este curso centrada por unha banda na selección de información veráz a través de dispositivos tecnolóxicos, e por outra banda no coñecemento e uso das ferramentas dixitais dunha maneira segura e fiable.

- O fomento da cooperación entre o profesorado, tanto na elaboración de materias didácticos dixitais como na utilización de plataformas que permitan compartir eses recursos elaborados."

Este apartado mantense igual que o do curso 22/23 debido a que o plan actual é continuación do iniciado durante ese curso e non se realizou estudo de situación actual.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso de aplicacións corporativas para a comunicación entre docentes e familias.(A2)
O02PD Empregar a AV do centro para a comunicación, xestión e formación profesorado (B2).
O03PD Colaborar con outras entidades para desenvolver a competencia dixital (B3).
O04PD Mellorar os espazos físicos que faciliten o ensino-aprendizaxe (aulas, informática, biblioteca).
O05PD Empregar unha sesión semanal ó desenvolvemento das capacidades tecnolóxicas co alumando de primaria.
O06PD Facer o inventario dos recursos tecnolóxicos do centro a través da aplicación.

Seguimento

Procedemento

Farase un seguimento permanente do mesmo que se concretará en:
•Reunión de inicio de curso para organizar a posta en marcha e participación e exposición
na CCP e claustro inicial.
•Participación nas CCP durante todo o curso para facer seguimento, coordinación e valorar
necesidades, cambios ou posibles melloras.
•Reunión trimestral da EDPD para valorar a evolución das accións e os resultados
acadados en relación cos obxectivos propostos. Tamén posibles cambios e propostas de
mellora.

1º Trimestre

Durante o primeiro trimestre levaronse a cabo as reunións co profesorado e coas familias para establecer como forma de comunicación a apliacación ABALAR MÓBIL. Accións relacionadas co O01PD; fíxose a solicitude do Plan director para levar a cabo charlas relacionadas coa seguridade na rede(O03PD); preparouse e actualizouse a AV para o seu uso e ademais púxose ao día a SALA DE MESTRES VIRTUAL(O02PD); preparouse un horario para o uso dos ordenadores de informática(O05PD).

 

2º Trimestre

Preparación e colocación de novos ordenadores coa maqueta abalar libre nas aulas de primaria de 1º a 4º e maqueta abalar edixgal para 5º e 6º.

Preparación da Sala de reunións cun ordenador para as proxeccións e ademais instálase a cortadora plotter e a impresora 3D asociadas a candanseu ordenador.

Preparación dun despacho para recibir a distintos membros da comunidade educativa (inspección, familias ...) no que se instala un ordenador coa maqueta abalar.

Instalación de dous equipos na Sala de Mestres.

Mellora dos equipos das aulas de inglés.

Formación de Polos Creativos: a cortadora Plotter

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Unha reunión de avaliación final antes de rematar o curso na que se valorará:

Grao de aproveitamento adecuación da temporalización e resultado das accións desenvolvidas.

Nivel acadado no logro dos obxectivos.

Xustificación das modificacións existentes.

Propostas de mellora.

Informe final de avaliación e análise de posibles propostas para o vindeiro curso

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do plan realizaranse as seguintes accións:

•Informar ao profesorado no claustro inicial.

•Achegar ao profesorado o documento do Plan Dixital a desenvolver.

•Poñer información sobre o Plan Dixital na páxina web do centro incluíndo o propio documento accesible a toda a comunidade educativa.

•Abrir un espazo colaborativo con información e documentación sobre o Plan Dixital na Aula Virtual do centro.

•Enviar por correo electrónico información periódica ao profesorado daquelas cuestións relevantes para o correcto desenvolvemento do plan.