Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

A Escola de Educación Infantil as Dunas(36015160)é un centro con boa relación coas familias, que ten como centro adscrito o CPI Arquitecto Palacios, co que compartimos o transporte escolar, comedor e a ANPA, que á súa vez organiza o Plan Madruga e o Plan Mediodía, e as actividades extrescolares. Alén os dous centros compartimos comedor co CEE Panxón.Preto da escla contamos cun dos parques infantís máis grandes da zona e cun polideportivo que utilizamos para facer a psicomotricidade do alumnado.En xeral o nivel socio-económico é medio-baixo. Á maioría traballa no mar e/ou en empresas da contorna.Unha boa parte das familias vive en pisos dealuguer. A zona aumenta en verán a poboación xa que é de gran interese turístico debido ás praias e ao clima fundamentalmente.

As actividades de tipo cultural van en aumento.Principalmente encárgarase o Concello de organizar charlas, exposicións, concertoa, rutas de sendeirismos, teatro...En Nigrán tamén contamos cunha biblioteca pública, que organiza actividades para o público infantil.Debido a que hai que coller o coche para ir dende a nosa biblioteca escolar é Comunidade educativa, que ten usuarios fieis cada vez que abrimos.

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

O Plan Dixital da EEI As Dunas, de Panxón, enmárcase dentro do actual marco normativo da lexislativo vixente. Seguindo un orde de maior a menor rango, estaría rexido polas seguintes leis:

  • A Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Lei Orgánica 3/2020, de 29 de decembro pola que se modifica a Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación especifica que se debe promover o uso das TIC como medio didáctico tratando de contribuír a minimizar os efectos da fenda dixital por xénero ou outros aspectos socioculturais. (art 111 bis). Tamén incide en fomentar a confianza e a seguridade no uso das tecnoloxías, prestando especial atención ás situacións de violencia na rede e observando o respecto á normativa reguladora da información dixital e os dereitos de propiedade intelectual ademais de concienciar sobre o respecto dos dereitos de terceiros. O acceso ás novas tecnoloxías basearase nos principios de non discriminación impulsando un compromiso educativo entre familias e centro e neste contexto, deben atender á diversidade propoñendo modelos de programación e materiais accesibles (art. 121). Pax 7 de 32 Para estes fins, a dirección do centro dirixirá, promoverá e coordinará a innovación educativa (art 132).
  • Neste marco lexislativo nacional, a Comunidade Autónoma de Galicia publicou a Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e Bacharelato no curso académico 2021-2022. Nesta normativa autonómica regúlase a elaboración por parte dos centros docentes durante o curso 2021/22 do Plan Dixital (Disposición adicional quinta).
  • Por último, a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022 establece que a coordinación do Plan Dixitalserá realizado polo equipo de dinamización do Plan Dixital formado pola persoa directora do centro e outra persoa do claustro, que no caso do noso centro será a persoa coordinadora do equipo TIC.
  • Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

  • Artigo 34.1 do  DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Ferramenta SELFIE

Para realizar este análise axudámonos da ferramenta SELFIE,unha ferramenta en liña gratuita que pretende axudar aos centros escolares e plantexarse cómo utilizan as tecnoloxías dixitais para lograr un aprendizaxe afectivo e innovador. Os resultados dan a coñecer que está funcionando ben, en qué aspectos

Interno
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Aprendizaxe de se a información que atopa en internet é fiable e precisa (dentro dos límites da etapa. Alumnado Non
Debilidade Dificultade para implicar ao alumnado na aprendizaxe pola súa idade Alumnado Si
Debilidade Dificultade na aprendizaxe mixta pola baixa competencia dixital das familias Familias Si
Debilidade Equipamento moi obsoleto . Infraestruturas Si
Debilidade Baixa participación en visitas de estudio (pola situación actual) Oferta Non
Debilidade Ausencia do deseño de estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Escasa avaliación dos progresos en materia de ensino e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Si
Debilidade Pouco uso das tecnoloxías dixitais para que o alumnado poida realizar observación constructivas sobre o traballo dos seus compañeiros (pola etapa na que nos atopamos) Persoal docente Non
Debilidade Baixo uso dos entornos virtuais da aprendizaxe co alumando (pola etapa da que formamos parte) Persoal docente Non
Debilidade Parte do profesorado crea recursos dixitais en menor medida para reforzar o método de ensino Persoal docente Non
Debilidade Falta de fomento da participación do alumnado en proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais polas características propias da etapa Persoal docente Si
Fortaleza Valoración por parte do alumando do traballo doutras persoas atopado en internet Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de forma segura e responsable en internet, dentro de entornos restrinxidos por parte do profesorado e adecuados á súa idade Alumnado Non
Fortaleza Adecuado uso das tecnoloxías para a comunicación co alumnado e familias Familias Non
Fortaleza .Aceptable dotación de equipamento, grazas ao mercado polo centro, como o procedente de partidas orzamentarias do PlamBe e FPP. Infraestruturas Non
Fortaleza Alta participación de formación en liña Oferta Non
Fortaleza Promoción de plans de formación Organización de centro Non
Fortaleza Emprego dos servizos dixitais corporativos e de software libre para difundir a información así como o fomento da participación en actividades formativas Organización de centro Non
Fortaleza Colaboración dentro da escola para o uso da tecnoloxía na casa dentro do ensino mixto Organización de centro Non
Fortaleza Apoio no uso de novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais . Persoal docente Non
Fortaleza Debate sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino e ao aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para facilitar retroalimentación e reflexión axeitada ao alumnado (a través da páxina web ou aula virtual) Persoal docente Non
Fortaleza Busca de recursos educativos dixitais en liña Persoal docente Non
Fortaleza .Axeitada realización de actividades de aprendizaxe dixital que implican o alumnado e que fomentan a súa creatividade Persoal docente Non
Fortaleza Boa relación coa auxiliar técnica educativa. Persoal non docente Non
25 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carencia de acceso a tecnoloxías asistenciais do alumando con nee Administración educativa Si
Ameaza Moi limitado o espacio escolar Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para que o profesorado poida empregar adecuadamente as novas tecnoloxías Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo para reunirnos coa ANPA. ANPA Non
Ameaza Inestabilidade na conexión a internet Contorna Non
Ameaza Nivel socioecultural medio-baixo. Contorna Non
Ameaza Pouco coñecemento sobre a lexislación que impulsa o plan dixital. Lexislación Non
Ameaza Falta de participación en redes profesionais e de colaboración con outros centros e organizacións porque non se adaptan ás características do noso alumnado Outras Non
Oportunidade Dotación de dispositivos dixitais para o seu uso no ensino. Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA. ANPA Non
Oportunidade Oferta rica en recurso naturais: praia, monte, lonxa, esteiro... Contorna Non
Oportunidade Coñecemento da lexislación relacionada con: licenzas e recursos, protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Boa relación cos CEFORES, poñen a disposición dos centros empréstito de material tecnolóxico, que de outro xeito sería moi complicado acceder a el. Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Partindo di inform SELFIE, TCDD e outras fontes,o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Unha vez realizadas as pesquisas a través dos informes anteriores e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas, xunto coa reflexión colectiva do Equipo de dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto de Claustro, obsérvanse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente análise DAFO, sinaladas a maior parte delas cunha puntuación en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemos pasar un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nos propoñemos atender en diferente TEMPORALIZACIÓN. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os items en OBXECTIVOS que tratartemos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte de obxectivos:

A ánalise DAFO indícanos que debemos mellorar en :

- Mellorar as infraestructuras e equipamento.

-Elaborar unha estratexia dixital.

- Crear recursos dixitais para reforzar o método de ensino-aprendizaxe.

- Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
001PD Aprendizaxe e uso dos Paneis Dixitais con Apps Educativas
002DP Mellorar a infraestructura e equipamentos informáticos
003DP Mellorar a Dinámica Creativa Dixital
004DP Desenvolver instrumentos de avaliación empregando ferramentas dixitais

Seguimento

Procedemento

Na medida do posible intamos seguir a cronoloxía recollida no Plan Dixital.

1º Trimestre

- Nunha reunión no mes de outubro, o profesorado acordou: unha das liñas do PFPP sería aprendeizaxe de Apps Educativas aplicadas aos Paneis Dixitais.

- Decídese crear un Panel Colaborativo en Canva, nel compartirase o traballo que se realiza en cada aula relacionado con proxecto de centro, deste xeito a final de curso teremos un resumo gráfico de o traballado.

2º Trimestre

-Nun claustro decidiuse elabrar un diagrama interactivo(Canva) con páxinas de interese para o profesorado.

- Levamos 2 anos solicitando un PC para Dirección e a resposta, como sempre é: Non dispoñemos deles.A directora está a traballar cun ordenador feito de restos doutros ordenadores, que da erros continuamente, facendo moi complexa a súa tarefa.

-Creamos unha pestana na web (eeiasdunas) denominada Polos Creativos, na que estamos reflexando todo o relacionado con estas actividades.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para poder avaliar o plan, será necesario medir o grao de consecución dos obxectivos que marcamos. Tamén será necesario comprobar a efectividade das actuacións levadas a cabo e o desenvolvemento do plan. Así pois, no contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
Por outra banda, no contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.

Valoración xeral

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital poderase visualizar libremente na plataforma Educalidade(edu.xunta.gal/educalidade).

Dentro de Plans de Centro escribindo o nome "As Dunas". Ou picando neste enlace.Plan Dixital