Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación en relación coa normativa vixente:

- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Ley Orgánica 2/2006 do 3 de Maio de Educación

- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

- Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

- Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Contextualización no centro e contribución ao Proxecto Educativo:

A EEI Vila Laura atópase no centro do Concello de Vigo. Está preto o centro de primaria Dr. Fleming ao que estamos adscritos e o IES do Castro situado na ladeira do monte do Castro, uns dos montes máis grandes e emblemáticos da cidade. O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio, e ó estar situado na cidade podemos contar con distintos medios e ter máis facilidades para acceder ó centro que noutros contornos así como estar a un paso da natureza ó contar co monte do Castro.

En canto a contribución do Plan Dixital á programación xeral anual estará reflectido como ata o día de hoxe no plan TIC. Tamén hai relación e inmersión con distintos proxectos do centro e co plan de potenciación e organización das relacións coa comunidade e a familia.

O traballo cas TIC empezou  hai uns anos cando púxose en marcha a páxina Web e o blogue que deu un impulso ao seu uso. Contamos cunha aula STEAM, aínda que nos falta adquirir máis material, con equipos informáticos novos  nas aulas de titoría e con paneis dixitais enviados pola Consellería.

Proceso de elaboración:

Os membros do Equipo do Plan Dixital están dentro do Equipo de TIC do centro, polo que aproveitamos as reunións mensuais que se convocan desde Xefatura de estudos así como algunha hora de traballo se fose necesario que podemos escoller dentro do planing.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Na nosa escola de EEI Vila Laura, empezamos a elaborar o Plan Dixital atendendo a resolución do 3 de setembro do 2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se dictan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade de Galicia para o curso 2021/2022

Para levar a cabo a súa elaboración  púxose en marcha ao inicio do curso 2021/22 un PFPP do que forman parte todos os membros do equipo de TIC. Celebráronse distintas reunións para facer propostas, unificar criterios en relación ao SELFIE, o test CDD, a análise DAFO e os obxectivos do Plan de Acción. Unha vez elaborado o Plan Dixital do Centro pasou a ser valorado polos distintos órganos do centro. 

No presente curso non se van a repetir estas ferramentas xa que o test CDD, o SELFIE e o DAFO foron feitos relativamente hai pouco. Revisaranse os elementos DAFO e faranse as oportunas modificacións. Hai que ter en conta que realizar un DAFO e pasar as enquisas SELFIE poderase utilizar en calquera momento que o precisemos e consideremos.

 

Interno
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade F6. Involucramos pouco ós alumnos no uso de tecnoloxías dixitais nos proxectos transversais. Alumnado Non
Debilidade H. A competencia dixital do estudiante é pouca Alumnado Non
Debilidade Curta idade do alumnado Alumnado Si
Debilidade C10. Falta de portátiles para levar a casa o alumnado Infraestruturas Non
Debilidade C16. Bibliotecas ou repositorios en línea con materiais de ensinanza aprendizaxe Infraestruturas Non
Debilidade C12.Brecha dixital, aprendizaxe combinada Infraestruturas Non
Debilidade Equipamento informático obsoleto Infraestruturas Non
Debilidade A1. Estratexia dixital Organización de centro Si
Debilidade Falta de persoal Organización de centro Non
Debilidade A4. Tiempo en horario escolar Organización de centro Si
Debilidade B1. Discusión para ver as vantaxes ou non con tecnoloxías dixitais Organización de centro Non
Debilidade B4. Comunicación entre centros Organización de centro Non
Debilidade E2. Medo a creación de recursos dixitais Persoal docente Si
Debilidade G5. Uso das tecnoloxías para a reflexión do alumnado Persoal docente Non
Debilidade PE. Maior formación en Tic Persoal docente Si
Debilidade ATIC. Escaso tempo adicado ó uso de tecnoloxías na aula Persoal docente Si
Debilidade G1. Uso das tecnoloxías para evaluar as habilidades dos estudiantes Persoal docente Si
Fortaleza F1. Uso das tecnoloxías para adaptar a ensinanza ás necesidades individuais dos alumnos Alumnado Si
Fortaleza A escola ten unha boa e regular comunicación cas familias Familias Non
Fortaleza C7. Protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C15. O alumnado con necesidades dispoñen de asistencia a tecnoloxía Infraestruturas Non
Fortaleza PE. Creación de contidos TIC na biblioteca e aulas STEM Infraestruturas Si
Fortaleza Dotación de novo equipamento informático Infraestruturas Si
Fortaleza A3. Apoio do centro para probar outras formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais Organización de centro Si
Fortaleza Motivación para realizar outras cousas Organización de centro Non
Fortaleza E4. Uso das tecnoloxías para a comunicación escolar Persoal docente Si
Fortaleza D2. Oportunidade de participar en CPD para a ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza E1. Búsqueda en liña de recursos educativos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza PE. Implicación do profesorado e colaboración Persoal docente Si
29 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos Administración educativa Non
Ameaza Imposición da burocracia Administración educativa Non
Ameaza Escaso espacio escolar Administración educativa Non
Ameaza É doado convertelo nun elemento baleiro na programación Administración educativa Non
Ameaza Soporte técnico limitado Administración educativa Non
Ameaza Cambio na normativa Lexislación Non
Oportunidade CPD. Realización de cursos virtuais Administración educativa Non
Oportunidade Estabilidade laboral do persoal docente Administración educativa Non
Oportunidade Boa relación coa ANPA ANPA Non
Oportunidade Participación das familias ANPA Non
Oportunidade Condicións económicas do contorno Contorna Non
Oportunidade CPE.Posibilidade de traballar co centro adscrito e o instituto. Outras Non
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez recollida a información obtida a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, obsérvanse  nivel interno unhas fortalezas e debilidades, e a nivel externo unhas oportunidades e ameazas que se recollen na análise DAFO e as que atenderemos marcando unhas prioridades ás que propoñemos diferetes temporalizacións. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que pasarán a formar parte do Plan de Acción convertindo os items en Obxectivos que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes accións. 

A Anáise DAFO indícanos que debemos mellorar:

-  Na biblioteca ou repositorios en línea con materiais de ensinanza aprendizaxe.

-  Na creación de recursos dixitais

-  Maior formación en Tic

-  No tempo adicado ó uso de tecnoloxías na aula.

-  Na estratexia dixital.

-  Na comunicación entre centros

-  Falta de persoal

-  Falta de fondos

-  Escaso espacio escolar

-  Soporte técnico limitado

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Iniciarse no emprego da aula virtual do centro
O02PD Planificar e organizar actividades para realizar na aula STEAM.
O03PD Formar ao profesorado sobre o uso dos paneis dixitais.
O04PD Solicitar ao CFR un PFPP de Polos Creativos

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD, a lo menos, trimestralmente reunirase e fará un seguimento dos obxectivos e das propostas.

O mentor ADIX reunirase coa coordinadora TIC para analizar o desenvolvemento do PD sempre que sexa necesario de forma presencial ou telemática.

A persoa coordinadora do PD terá acceso a ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións deste Plan baixo a supervisión da dirección.

Toda a Comunidade Educativa ten acceso a visualización do Plan Dixital na páxina web do centro a través do seguinte link:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014799

 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014799

1º Trimestre

O01PD non se levou a cabo por non dispoñer de tempo suficiente, quedou aprazada para o seguinte trimestre. 

O02PD as accións AO 2.1, AO 2.2 e AO 2.3 están conseguidas en tempo e forma.

O03PD está pendende, solicitouse pero de momento non recibimos a formación. 

En canto ao O04PD, as accións AO4.1 e AO4.2 foron realizadas correctamente en tempo e forma, quedaría pendente a AO4.3 porque polo momento só a coordinadora está a recibir a formación.

 

2º Trimestre

O01PD Non se levou a cabo por non dispoñer de tempo suficiente, quedou aprazada para o seguinte trimestre. 

O03PD . Non se fixo a solicitude de maneira formal, pero sí se lle ensinou ao profesorado algunhas das aplicacións que podían resultarlles interesantes.

En canto ao O04PD, a AO4.3 estase a levar a cabo nestes momentos.

3º Trimestre

Todas as accións e obxectivos foron acadados en tempo e forma excepto o primeiro. 

Non se lle recordou ao profesorado como se usaba a aula virtual e polo tanto tampouco se elevaron actividades.

Sinalar que considero o O03PD acadado porque durante o curso estivéronse facendo varios cursos de formación dentro do PFPP do centro e non cheguei a facer a solicitude dunha maneira formal, pero, pero sí se lle ensinou ao profesorado algunhas das aplicacións que podían resultar interesantes do panel interactivo.

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración xeral é positiva, acadáronse case tódolos obxectivos en tempo e forma e a participación do profesorado foi moi boa.

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan estará recollido na plataforma de Educalidade, na páxina web do centro, no plan TIC e porase a disposición do claustro e do Consello Escolar para que todo o persoal poida acceder a el a través do seguinte link: 

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36014799