Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. 
Introdución
1.1. Datos básicos do centro
CIFP A XUNQUEIRA. Código: 36014489

Ubicación: Pontevedra, cidade.

Contexto socio-económico: Escaso desarrollo industrial. Destacan industrias de madera, metal e maquinaria. Maior peso do sector servizos. 

Alumnado: +-1200 (maioritariamente de concellos da contorna) en 35 grupos de FP inicial. Sen contar AFD e Acreditacións. 

Familias profesionais:

- ELE (Electricidade e Electrónica) 
- MMC (Madeira, moble e cortiza) 
- TMV (Transporte e Mantemento de Vehículos) 
- SSC (Servizos Socioculturais e á Comunidade) 

Profesorado: 90 no momento de elaboración deste documento (curso académico 23-24) 

PAS: 9: 3 Conserxes, 2 Administrativos, 4 persoal de limpeza

Equipamentos informáticos de mais de 5 anos en xeral. 

Horario: 8:30 a 23:00 h, ininterrumpido.
Orzamento: +- 300.000 €/anuais, sen contar partidas finalistas.

Instalacións:

- Edificio principal: 3 plantas. Planta baja (Conserxería, Secretaría, Despachos, Biblioteca, Sala Profesorado. Taller 5 de Auto e Vivenda do Conserxe. Planta 1ª e 2ª: aulas e talleres da familia de SSC.

- Edificio de Electrónica: 2 plantas: 9 aulas-talleres e despachos

- Edificación 3: 4 talleres de TMV e talleres/aulas de MMC

- Edificio 4: Salón de Actos, Taller MMC e Cafetería.

- Edificio 5: Taller de MMC.

- Zonas axardinadas abertas.

Profesorado: 
Alumnado:

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Funcional do Centro
Característica socioeconómicas e culturais do contexto do centro: escasa cultura dixital. A pandemia desvelou os problemas para traballar dixitalmente pero tamén foi un revulsivo para por de manifesto a necesidade do cambio e adaptación dixital. 
Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo: Incorpórase como un obxetivo estratéxico a traballar ao longo dos anos, revisando os obxectivos e establecendo actividades cada ano.
Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 23/24: incorporarase ao Plan Anual do CIFP no curso 23-24.
1.3. Breve xustificación do mesmo
Contextualización normativa en ralación co Plan Dixital do noso centro:
- Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
- Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
- Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-2022 
- Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023-2024.


1.4. Proceso de elaboración
O plan dixital foi elaborado polo equipo designado ao efecto formado por Ángela Cabaleiro, Xefa do Departamento de Calidade, Ana González del Valle, Vicedirectora e Jesús Mujico Martínez, Coordinador do Plan Dixital. 
En cumprimento do disposto na normativa de aplicación (Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2023-2024): “O Plan Dixital será aprobado pola Dirección do Centro unha vez oído o Claustro e será elevado como informe ao Consello Social” Neste sentido se convocará un Claustro extraordinario a estes efectos.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

(1) O porcentaxe do profesorado , no TestCDD, sobre a súa participación en actividades de formación de su  competencia dixital non alcanza o 5 (4,7)
(2) O 72% do profesorado di que o centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia,abalarMobil, correo electrónico...) 
(3) O 58% do profesorado (C12) considera que non existe un plan para abordar ao profesorado nos retos do aprendizaxe mixto.
(4) Non son suficientes os recursos para prestar asistencia técnica: só o 48% do profesorado considera que o soporte técnico é suficente.
(5) O 67% do equipo directivo (ED, en adiante) cree que non hai debate suficiente sobre ventaxas/desventaxas do uso das TIC na ensinanza. No caso do profesorado un 84% está total o parcialmente de acordo en que non hai debate. No caso do alumnado esta pregunta só obtén un 2.6 sobre 5.
(6) O 67% do ED e o 62% dos docentes considera que non existe suficiente colaboración con outros 
Centros/institucións no uso de tecnoloxías dixitais.
(7) O 95% do profesorado consideran que non ten tempo para explorar como mellorar a súa ensinanza coas TIC.
(8) O 67% do profesorado e do alumnado considera que non ten dispositivos portátiles para levar a casa.
(9) Un 94% do profesorado e un 67% do ED cree que o alumnado que necesita apoio non ten acceso á tecnoloxías de asistencia.
(10) Un 89% do profesorado e o 100% do ED considera que hai acceso a internet para impartir as ensinanzas.
(11) En todas as cuestións plantexadas (uso/creación de recursos, comunicación dixital, etc) os resultados superan os 3 puntos.
(12) Un 78% do profesorado di que usa tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración dos alumnos.
(13) Segundo o TestCDD o 100% do profesorado recoñece un nivel competencial de principiante na avaliación.
(14) Un 68% do alumnado di que usa recursos dixitais en diferentes materias.

Interno
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado e ou profesorado percibe o ensinanza aprendizaxe mixto como unha sobrecarga no seu traballo (duplicidade) Alumnado Non
Debilidade Insuficientes tecnoloxías asistenciais (Infraestrutura e equipos C15) (9) Infraestruturas Si
Debilidade Falta de tempo para explorar ensinanzas dixitais (Liderazgo A4) (7) Non hai debate sobre o uso da tecnoloxía (Colaboración e redes B2) (5) Organización de centro Non
Debilidade Falta de formación (1) O alumnado e ou profesorado percibe o ensinanza aprendizaxe mixto como unha sobrecarga no seu traballo (duplicidade) Insuficientes tecnoloxías asistenciais (Infraestrutura e equipos C15) (9) Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado di que usa a tecnoloxía en diferentes materias (Competencia dixital do estudante. H10) (14) Alumnado Non
Fortaleza Situación xeográfica Acceso a internet (Infraestrutura e equipos C3) (10) Infraestruturas Si
Fortaleza Utilización de ferramentas dixitais para a difusión de información de interese do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos (Pregunta Centro Selfie) (2) Organización de centro Si
Fortaleza Coñecemento de ferramentas dixitais para facilitar a colaboración e intercambio de material dixital cos estudiantes (Pedagoxía: implementación en el aula. F5) Empleo na aula de recursos dixitais (Pedagoxía: soporte e recursos dixitais E1, E2, E3,E4, E5) (11) Persoal docente Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Carga burocrática dos diferentes plans da Consellería (especialmente nos CIFP) Falta de equipamento (Infraestructura e Equipos C10) (8) Non existen canles corporativos para colaborar entre Centros nin unha cultura de colaboración (Colaboración e redes B4) (6) Rotación alta do profesorado que conleva menor implicación O alumnado que non figura en Xade non pode acceder á Wifi no Centro (alumnado AFD e ARA) Non hai experiencias previas nas que basearnos e incluso hai estudos contradictorios sobre o uso/abuso Administración educativa Non
Oportunidade Implatación Curso Especialización en 5G Plan Dixital impulsado pola Consellería Compromiso da rede de Calidade de elaborar un caderno de aula dixital para facilitar a avaliación do alumnado (Práctica de avaliación. G1) Recursos educativos abertos (Pedagoxía. Apoios e recursos E5) Administración educativa Si
Oportunidade Covid-19 xenerou unha situación de necesidade que impulsou a dixitalización e uso recursos dixitais (aulas virtuais, abalar, etc) (E3) (11) Contorna Non
Oportunidade Cambios na lexislación educativa Lexislación Non
Oportunidade Financiación europea Outras Si
5 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

(1) O porcentaxe do profesorado , no TestCDD, sobre a súa participación en actividades de formación de su competencia dixital non alcanza o 5 (4,7)
(2) O 72% do profesorado di que o centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través de servizos dixitais educativos corporativos (web, aula virtual, videoconferencia,abalarMobil, correo electrónico...) 
(3) O 58% do profesorado (C12) considera que non existe un plan para abordar ao profesorado nos retos do aprendizaxe mixto.
(4) Non son suficientes os recursos para prestar asistencia técnica: só o 48% do profesorado considera que o soporte técnico é suficente.
(5) O 67% do equipo directivo (ED, en adiante) cree que non hai debate suficiente sobre ventaxas/desventaxas do uso das TIC na ensinanza. No caso do profesorado un 84% está total o parcialmente de acordo en que non hai debate. No caso do alumnado esta pregunta só obtén un 2.6 sobre 5.
(6) O 67% do ED e o 62% dos docentes considera que non existe suficiente colaboración con outros Centros/institucións no uso de tecnoloxías dixitais.
(7) O 95% do profesorado consideran que non ten tempo para explorar como mellorar a súa ensinanza coas TIC.
(8) O 67% do profesorado e do alumnado considera que non ten dispositivos portátiles para levar a casa.
(9) Un 94% do profesorado e un 67% do ED cree que o alumnado que necesita apoio non ten acceso á tecnoloxías de asistencia.
(10) Un 89% do profesorado e o 100% do ED considera que hai acceso a internet para impartir as ensinanzas.
(11) En todas as cuestións plantexadas (uso/creación de recursos, comunicación dixital, etc) os resultados superan os 3 puntos.
(12) Un 78% do profesorado di que usa tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración dos alumnos.
(13) Segundo o TestCDD o 100% do profesorado recoñece un nivel competencial de principiante na avaliación.
(14) Un 68% do alumnado di que usa recursos dixitais en diferentes materias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear unha nova páxina WEB para garantir a accesibilidade sensorial e cognitiva aos servizos da web.
O02PD Xeralizar a comunicación da comunidade educativa a través de ferramentas corporativas dixitais (Abalar, Abalar box, Xade...) .
O03PD Crear un itinerario dixital no PFPP do Centro para mellorar as competencias dixitais do profesorado.
O04PD Mellorar a equipamento da aula tecnolóxica de automoción coa adquisición dun simulador de soldadura.

Seguimento

Procedemento

No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.

1º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 1ª trimestre , todos desenvolvense  segundo o  programado : 

  •  Os obxectivos  O01PD, O02PD  e  O03PD están en proceso e en prazo
  • O   obxectivo  O04PD reformulouse e farase dentro do proxecto de Aulas tecnoloxícas da Consellería.

 

 

2º Trimestre

Realizouse o seguemento  trimestral de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Analizamos que os obxectivos do PD correspondentes ata o 2ª trimestre , todos desenvolvense  segundo o  programado : 

  •  Os obxectivos  O01PD, O02PD  e  O03PD están en proceso e en prazo
  • O   obxectivo  O04PD reformulouse e farase dentro do proxecto de Aulas tecnoloxícas da Consellería.
3º Trimestre

Realizouse o seguemento trimestral e final de acordo co planificado e para poder analizar a evolución do plan dixital estudando a  execución das accións e valorando os indicadores dos obxectivos propostos.

Do análise dos obxectivos do PD concluímos:

Obxectivo O1_A1: Considérase acadado parcialmente, ao menos, ao adicar 3 das 5 accións programadas.

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, indicando:
- No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
- No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano, incluíndo os resultados na memoria do CIFP. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora de cara a elaboración dos obxectivos do próximo curso.

Valoración xeral

Neste primeiro plan plantexáronse 7 obxectivos con varias accións asociadas cada un. 

A experiencia dinos que foi demasiado ambicioso e que temos que concretar e perfilar os obectivos para que o próximo curso sexa máis doado para o seu seguimento e a consecución dos mesmos. 

Das 22 accións programadas para os 7 obxectivos, acadáronse máis do 70% das mesmas. Os principais motivos para non lograr o 100% foi pola excesiva ambición do Plan e pola falta do tempo e medios para levarlos a cabo. En calquera caso, consideramos o resultado satisfactorio e punto de partida para seguir mellorando.

 

Proposta de mellora

-

Facer un inventario do material TIC en uso, clasificado por familias profesionais.

Continuar coa mellora da accesibilidade á medios/ferramentas dixitais do alumnado e profesorado. 

Mellorar a comunicación dixital do Centro coa toda a comunidade educativa. 

Adaptar a páxina web do Centro cun novo deseño para cumplir coa normativa sobre accesibilidade (Real Decreto 1112/2018, de 7 de septiembre, sobre accesibilidad de los sitios
web y aplicaciones para dispositivos móviles del sector público).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Estratexia ou protocolo para a publicidade e difusión do plan dixital entre toda a comunidade educativa:
O Plan Dixital difundirase á Comunidade Educativa tanto no Claustros final de curso 23-24 e no de inicio do curso 22-23. Tamén publicitarase na Web do CIFP e a través de Abalar. 
No próximo curso, proponse como mellora a elaboración dun Plan de Comunicación do Centro no que se prevé incluilo.