Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.2. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro
      
      No contexto actual, no que as novas tecnoloxías están á orde do día e en tódolos ámbitos da sociedade, é necesario que os centros educativos se atopen tamén formados e integrados dentro destas ferrementas que nos ofrecen múltiples posibilidades. Dende estes derradeiros anos vense apostando no CEIP Seara polo traballo usando as TIC de xeito integrado, favorencendo unha aprendizaxe significativa e trasversal, na que as novas tecnoloxías sirvan para profundizar no resto das áreas. No curso 21-22 implantouse E-Dixgal no centro, visibilizando máis se cabe dita aposta, favoreceuse o uso da mensaxería Abalar, a maqueta libre, integráronse novos proxectos (como poden ser Caranvexo.gal, Radio na biblio, obradoiros que inclúen as TIC como Makei Makei...). Tamén se ven realizando unha renovación integral, mellora na dotación do material do que se dispón, así como dos recursos e instalacións coas que conta o centro educativo.
      De cara ao vindeiro curso, será implantado o Plan Dixital, polo que tanto a programación xeral, como as de aula incluirán os obxectivos a realizar no mesmo. O éxito na consecución das metas será un punto moi importante a realizar, xa que se considera un eixo fundamental para o desenvolvemento do centro e das crianzas, avogando pola transversalidade das áreas e da formación máis actualizada posible do alumnado. Tamén se atopa o centro en consonancia cos institutos de referencia, xa que estes tamén veñen considerando as TIC unha ferramenta de vital importancia, polo tanto veñen usando estas ferramentas e tamén participan en proxectos dos que tamén forma parte o CEIP Seara. Tamén se atopa implantado E-DIXGAL con anterioridade ao centro, feito polo cal se apostou por esta ferramenta.
1.3. Breve xustificación do mesmo
      Este Plan Dixital nace como a adecuación do centro á normativa vixente en canto ao uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación recollidas nas diferentes leis educativas. Nas cales se especifica que é responsabilidade dos centros educativos promover o uso con este fin das TIC como ferramenta pedagóxica e formativa. Tamén se favorecerá o uso de entornos virtuais de aprendizaxe, así como do uso resposable dos mesmos, avanzando en seguridade e boas prácticas de desempeño cos mesmos. Tamén se destaca o uso destes elementos respectando a normativa vixente en canto á propiedade intelectual e os dereitos de autor. Para rematar, a continuación figuran os documentos referentes á lexislación vixente:
      
    • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
      
    • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
      
    • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022 
      
    • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a elaboración do seguinte DAFO tivéronse en conta:

-Test SELFIE do centro.

- Test CDD do profesorado

 

Interno
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Sen feedback das súas propostas Alumnado Non
Debilidade C13 - Sen posibilidade de aportar equipo propio. Alumnado Non
Debilidade Falta de adaptación a necesidades especiais. Alumnado Non
Debilidade O alumnado non se sente partícipe das decisións e actividades. Alumnado Non
Debilidade H13 - O alumnado ten dificultades para resolver os problemas que lle xurden. Alumnado Non
Debilidade Descoñecemento ou rexeitamento de uso de certas ferramentas. Familias Si
Debilidade Equipos antigos con certos problemas. Infraestruturas Si
Debilidade Antigüidade en xeral das ferramentas TIC. Infraestruturas Si
Debilidade Escaseza de actividades. Oferta Si
Debilidade Diminución da oferta por problemas coa formación e tempo a adicar. Oferta Si
Debilidade Parte da dotación é mercada polo propio centro. Organización de centro Si
Debilidade A1 ¿ Non existe un plan establecido. Organización de centro Non
Debilidade C11 e C12 ¿ Fenda dixital. Organización de centro Non
Debilidade A1 - Non existe estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade C16 Falta de repositorios en liña. Outras Si
Debilidade G1 Escasa avaliación e control das actividades Persoal docente Si
Debilidade Descoñecemento sobre normativa vixente. Persoal docente Si
Debilidade Falta de implicación e colaboración, dentro e fóra do centro. Persoal docente Si
Debilidade A4 - Falta de tempo. Persoal docente Si
Debilidade A4 - Falta de tempo para o uso das TIC. Persoal docente Si
Debilidade A3 - Descoñecemento e rexeitamento de novas ferramentas. Persoal docente Si
Debilidade A3 - Dificultades ou reticencias para aprender o uso de novas ferramentas. Persoal docente Si
Debilidade F6 Falta de experiencias interdisciplinares Persoal docente Si
Fortaleza H10 - Destaca o seu coñecemento e habilidades coas TIC. Alumnado Si
Fortaleza H10 Boa competencia dixital. Alumnado Si
Fortaleza Competencias básicas implementadas. Familias Non
Fortaleza Uso de NNTT para comunicarse Familias Si
Fortaleza Información con fácil acceso na páxina Web. Familias Si
Fortaleza C1. Instalacións suficientes. Infraestruturas Si
Fortaleza C8 e C10 - Cantidade aceptable de equipos. Infraestruturas Si
Fortaleza C3 . Boa conectividade Infraestruturas Si
Fortaleza EDIXGAL implementado. Infraestruturas Si
Fortaleza Comunicación coas familias a través das NNTT. Organización de centro Si
Fortaleza F1 - A adaptación das actividades é boa. Persoal docente Non
Fortaleza Uso seguro das ferramentas. Persoal docente Si
Fortaleza B3 - Interese en actividades organizadas por diferentes organismos. Persoal docente Non
Fortaleza B3 Interese por colaborar con outros centros e organizacións. Persoal docente Si
37 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de fondos. Administración educativa Si
Ameaza C14 Falta de espazos adaptados. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades para a obtención de novas ferramentas e equipos. Administración educativa Si
Ameaza C5 - Falta de asistencia técnica. Administración educativa Si
Oportunidade Actualización das ferramentas e destrezas dos docentes. Administración educativa Si
Oportunidade Falta de plans de axuda ao profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Facilitación na adquisición de novos equipos e ferramentas axeitadas ao centro. Administración educativa Si
Oportunidade C14 - Adaptación dos espazos á aprendizaxe TIC. Administración educativa Si
Oportunidade Boa disposición e uso de ferramentas básicas. ANPA Si
Oportunidade Interese por establecer unha liña de comunicación estable e rápida. ANPA Si
Oportunidade Participación e implicación no proceso de ensinoaprendizaxe. ANPA Si
Oportunidade Gran parte das familias teñen dispositivos e manexo suficiente. Contorna Si
Oportunidade Uso preferente de software libre. Contorna Si
Oportunidade Uso xeral de ferramentas tecnolóxicas fóra da aula. Contorna Si
Oportunidade Maior implicación do alumnado se usamos as TIC. Contorna Si
Oportunidade C7 - Uso da lei de protección de datos. Lexislación Si
Oportunidade Creación de recursos dixitais. Outras Si
17 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Tendo en conta os resultados do DAFO, o equipo do Plan Dixital propón os obxectivos do apartado seguinte.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Aumentar a creación e o uso de recursos online.
O02PD Dotar ao profesorado de tempo para a elaboración de recursos e investigación.
O03PD Propocionar ao profesorado de coñecemento e desempeño de ferramentas TIC.
O04PD Crear rúbricas e implantación para avaliación das actividades no EVA.
O05PD Usar as TIC en diferentes proxectos do centro.
O06PD Mellorar a dotación de equipos do centro.
O07PD Dotar de coñecementos para a resolución de problemas simples nos equipos E-DIXGAL.
O08PD Usar a ferramenta ABALAR MOBIL como medio de comunicación habitual.
O09PD Dotar de coñecementos para a resolución de problemas simples nos equipos E-DIXGAL.
O10PD Adecuar a aula de informática.

Seguimento

Procedemento

Durante o curso creouse un documento de rexistro no cal se foron anotando os diferentes progresos e incidencias relacionados coa realización do Plan. Non figuran modificación salientables mais que os prazos nos cales foron acadándose algúns dos obxectivos. Tamén se realizará unha avaliación final na que figure o grao de consecución dos obxectivos e a valoración final do grado de éxito do Plan Dixital. Reunións co mentor ADIX ao longo do curso.

1º Trimestre

Obxectivos

O10PD Adecuar a aula de informática. Acadado

Realizouse unha mellora das instalacións e da dotación da aula de informática, tamén se realizou unha solicitude de material para a mesma e pretendeuse centrar todos os recursos TIC no espazo. Actualmente as necesidades do alumando e profesorado están cubertas, polo que estamos satisfeitos.

A08.1 Uso de ABALAR MOBIL para o intercambio de información. Acadado.

Durante o incio de curso realizaronse reunións coas familias para fomentar o uso da ferramenta. Tivo éxito e chegouse a en todos os cursos a un nivel de uso superior ao 90%.

 

O06PD Mellorar a dotación de equipos do centro. Parcialmente acadado.

Os obxectivos 1 e 2 do mesmo foron acadados, referentes a adquirir novos equipos e solicitalos á consellería. Xa que foron conseguidos unicamente resta para o terceiro trimestre continuar a participación do centro en Polos Creativos.

O resto das accíons descritas para cada obxectivo serán levadas a cabo ao longo de todo o curso.

2º Trimestre

Neste trimestre estamos realizando as accións pero non facemos avaliación das mesmas porque a data máxima é no terceiro trimestre.

3º Trimestre

Obxectivos.

001PD. Aumentar a creación e o uso de recursos online.

Cumplíronse os tres obxectivos programados para o curso. Elaboráronse e implementáronse recursos na aula e implementáronse no día a día.

002PD. Dotar ao profesorado de tempo para a elaboración de recursos e investigación.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Reunións do equipo do Plan Dixital.

Reunións co profesorado.

Reunión co mentor ADIX a final de curso.

Valoración xeral

 

 

 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

 Co fin de lograr a maior difusión posible do Plan Dixital, crearase un apartado na páxina
web no que figurará integramente, coa intención de que as familias e membros do colexio o
poidan consultar sempre que o precisen. A páxina do cole se pode atopar na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipseara/