Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Breve xustificación  do Plan Dixital en relación á normativa vixente

A normativa de desenvolvemento do plan dixital, concrétase no seguinte articulado:

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Os postulados destos decretos inciden no seguinte:

 “Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo e funcional a súa estratexia dixital a través dun plan dixital de centro, que se concibe como un instrumento para mellorar o desenvolvemento da competencia dixital da comunidade educativa, o uso das tecnoloxías dixitais no proceso de ensino e aprendizaxe e a transformación dos centros en organizacións educativas dixitalmente competentes, e que se concretará anualmente na programación xeral anual a través das correspondentes actuacións”

2. Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao Proxecto Educativo

    Na sociedade actual, consideramos necesario acompañar ao alumnado cara a competencia dixital, de aí a importancia de definir o tratamento das novas tecnoloxías no noso centro establecendo unha liña de actuación coherente en todas as etapas educativas.

    Incorporamos as tecnoloxías e dixitalización de maneira progresiva e natural, cun enfoque competencial, respectuoso, crítico e inclusivo respectando os principios da nosa filosofía de escola, na etapa de Educación Infantil non potenciaremos o emprego de pantallas pero si recursos tecnolóxicos que favorezan a linguaxe oral, a experimentación e a creatividade (gravadoras, cámaras de fotos, radio, pezas sensoriais e constructivas con luz, lanternas, construccións con proxeccións, ...). Na etapa de primeiro e segundo de primaria, incorporarase o emprego de pantallas de forma progresiva, sen pretender substituír o seu uso aos proxectos vivenciais e manipulativos nas aprendizaxes.

    Progresivamente, planificaranse novos retos e obxectivos que leven ao alumnado ao dominio do campo dixital e tecnolóxico, facilitando a súa adaptación ao proxecto Edixgal da última etapa de educación primaria, quinto e sexto, buscando unha boa alfabetización informacional e destrezas tecnolóxicas traballando en proxectos de innovación educativa que se desenvolven no centro como, PLAMBE, EDIXGAL, Educación Responsable e Club de Ciencia ou Polos Creativos.

    Na escola contamos con espazos e recursos que permiten incorporar a tecnoloxía nas distintas propostas e estruturas pedagóxicas con significatividade, converténdoas nun vehículo para adentrarnos nos distintos saberes e competencias do currículo.

3. Proceso de elaboración

    A elaboración do Plan Dixital iniciouse coa configuración dun equipo específico con tres mestras/es que seguiron as liñas marcadas pola Liña 1 do PFPP relativo ao Plan Dixital e asesoría da rede Dixital Galega.

    O equipo está composto por Alfonso Muñiz Varela, coordinador, Laula Suárez Balsa como coordinadora do equipo Tics e Sergio López Valle coordinador do programa Edixgal e Manuel Piñeiro Sánchez como director do centro.

     A liña de traballo constou da:

1. Valoración e clasificación dos test SELFIE e test CDD para obtención de información seguindo as directrices do marco común de estratexia dixital Digcomorg, realizados no curso 21/23.

2. A reflexión de necesidades, fortalezas, ameazas e oportunidades, DAFO, empregando a información recollida previamente a inicio de curso.

3. Reelaboración dun plan de acción con uns obxectivos realistas adaptados ás novas necesidades do centro.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. SELFIE
    Valoración da aplicación do test no curso 21/22 para reflexionar sobre as diferentes áreas a traballar e mellorar as puntuacións obtidas nel.

2. TEST CDD
   Ademais da aplicación do test a revisión das liñas de formación e acreditación da competencia dixital docente axudan a obter os perfís de traballo e desempeño dentro do centro.

3. OUTRAS FONTES
   Análise cuantitativo e cualitativo do centro, matríz dos tres porqués e CANVA co equipo TICs e Claustro de profesorado aplicado a inicio de curso para a valoración das debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades que se brindan no inicio do curso.

 

Interno
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Descoñecemento do tipo de licenzas software e dereitos dos contidos. Alumnado Si
Debilidade Falta de percepción de perigosidade de expor datos na rede e nas diferentes apps. Alumnado Si
Debilidade Complexidade e dificultade de xestión da gran cantidade de software existente na actualidade. Alumnado Si
Debilidade Pouca profundidade no traballo de alfabetización informacional e documentacional. Alumnado Si
Debilidade Uso arbitrario dos recursos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Escasa competencia en linguaxe de programación e resolución de problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade Escasas habilidades no traballo de diferentes aplicativos e recursos dixitais do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Complexidade e dificultade de xestión da gran cantidade de software existente na actualidade. Familias Si
Debilidade Fenda dixital. Familias Non
Debilidade Pouco compromiso na entrega do material comprometido nos diferentes programas. Infraestruturas Non
Debilidade Gran cantidade de material entregado en Polos Creativos e escasa formación do profesorado. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de homoxeneización no emprego das ferramentas software. Infraestruturas Si
Debilidade Descoñecemento dos tipos de ferramentas software que mellor se adapten ao proxecto educativo do centro. Oferta Non
Debilidade Cursos online de formación do profesorado que amosan ser de escasa eficiencia. Oferta Non
Debilidade Falta de difusión e compromiso co traballo dos obxectivos do Plan Dixital. Organización de centro Non
Debilidade Avaliación diagnóstica e de recollida de datos deficiente. Organización de centro Non
Debilidade Pouca profundidade e formación no traballo de alfabetización informacional e documentacional. Persoal docente Si
Debilidade Pouca confianza na funcionalidade do Plan Dixital. Persoal docente Non
Debilidade Escaso coñecemento de recursos dixitais para a avaliación. Persoal docente Si
Debilidade Falta tempo debido á carga de traballo nas horas lectivas e a cantidade de proxectos ou iniciativas aplicadas. Persoal docente Non
Debilidade Escaso coñecemento da maqueta abalar e emprego da aula virtual. Persoal docente Si
Debilidade Gran complexidade e dificultade de xestión da gran cantidade de software existente na actualidade. Persoal docente Non
Debilidade Escaso debate, pola falta de tempo, sobre a utilización das tecnoloxías e recursos dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Fácil difusión e consulta da información na rede. Alumnado Si
Fortaleza Maior aceptación e valoración da necesidade da importancia do emprego das ferramentas dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Boa disposición á comunicación dixital co centro. Familias Non
Fortaleza Boa conectividade coa rede .gal. Infraestruturas Si
Fortaleza Recursos dixitais do centro. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso inmediato á tecnoloxía e recursos dixitais e información mediante diferentes dispositivos. Infraestruturas Si
Fortaleza Existencia de multitude de ferramentas software educativas de carácter xeneralista e libre. Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas Edixgal. Infraestruturas Si
Fortaleza Espazos de Polos Creativos creados. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a experiencias de éxito no manexo das ferramentas dixitais e bancos de recursos libres. Oferta Si
Fortaleza Espazos creados para o desenvolvemento de competencias dixitais: radio, recuncho tic na biblioteca... Oferta Si
Fortaleza Estratexia dixital definida en obxectivos e indicadores claros e alcanzables. Organización de centro Si
Fortaleza Posibilidade de dar visibilidade mediante diferentes vías ao Plan Dixital na páxina web e aula virtual. Organización de centro Non
Fortaleza Debate sobre a protección de datos e seguridade no tratamento de información a nivel centro. Organización de centro Si
Fortaleza Mellora na utilización dos paneis dixitais do centro. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación do profesorado na acreditación da competencia dixital docente e participación en formacións relacionadas co traballo dixital. Persoal docente Non
Fortaleza Posibilidade de empregar os recursos humanos dispoñibles para asesorar e traballar na mellora da competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Acceso a experiencias de éxito no manexo das ferramentas dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Metodoloxía vivencial e activa que facilita o achegamento á utilización das TICS na aula dunha forma competencial. Persoal docente Non
Fortaleza Compromiso para unha formación integral do alumnado e do profesorado mediante un PFPP de centro relacionado coa competencia dixital. Persoal docente Si
Fortaleza Creación de contidos empregando ferramentas dixitais nas titorias e contextos. Persoal docente Si
Fortaleza Asistencia e asesoramento técnico comprometido e eficaz. Persoal non docente Non
Fortaleza Estabilidade laboral do personal non docente do centro. Persoal non docente Non
46 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza A estandarización e obriga de programar dentro dun aplicativo descoñecido que limita a organización e liberdade de cátedra do profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Excesiva burocracia para poder compatibilizar as funcións docentes coas administrativas dentro dun centro. Administración educativa Non
Ameaza Ter en conta o traballo e dinámicas dos centros no seu día a día para coordinarse e realizar un Plan Dixital eficiente e eficaz. Administración educativa Non
Ameaza Incorporar o uso de pantallas en idades temperás e utilización de dispositivos e aplicativos dixitais para a totalidade do alumnado sen ter en conta a súa maduración. Administración educativa Non
Ameaza Exceso de recursos e pouco dominio ou coñecemento sobre eles. Contorna Non
Ameaza Novas falsas e falta de seguridade na utilización de redes. Contorna Si
Ameaza Continua evolución e cambio no emprego das ferramentas e dispositivos dixitais. Contorna Non
Ameaza Sobreexposición por parte do alumnado ás redes sociais e videoxogos. Contorna Si
Ameaza A protección de datos e a falta dun protocolo claro e seguro no traballo con contidos dixitais e información persoal. Lexislación Si
Ameaza Incorporar o uso de pantalla en idades temperás nas que deben priorizar os procesos vivenciais e manipulativos. Lexislación Non
Ameaza Cambio constante dos protocolos, normativa e lexislación o cal ocasiona a non consolidación dun modelo educativo. Lexislación Non
Oportunidade Intencionalidade de crear un marco de traballo na competencia dixital. Administración educativa Si
Oportunidade Achegas económicas e financiamento de proxectos. Administración educativa Non
Oportunidade Traballo colaborativo de todos os centros educativos. Administración educativa Non
Oportunidade Implicación, colaboración e comunicación coa ANPA e as familias. ANPA Non
Oportunidade Nivel socioeconómico xeral da zona. Contorna Non
Oportunidade Ofertas e oportunidades de formación próximas ao centro. Contorna Non
Oportunidade Proxectos de dinamización dixital impulsados por outras institucións e organizacións que serven de modelo. Contorna Non
Oportunidade Inversión e pulo das administracións na competencia dixital. Outras Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

    Unha vez feita a análise dos datos mencionados e escoitadada a contribución do equipo TICs e Claustro de centro mediante a matriz DAFO destacamos as seguintes consideracións que deberán ser tidas en conta á hora de deseñar os obxectivos e liñas de acción. Estas son:

  • Incidir na protección do alumnado de cara á sobreexposición e riscos no seu traballo dixital potenciando o emprego da aula virtual e os contidos alí publicados e supervisados previamente polo profesorado.
  • Mellora da Alfabetización informacional do alumnado e profesorado con formación específica dentro dos diferentes contextos.
  • Traballo e emprego paulatino, por parte de toda a comunidade, da maqueta abalar como unha plataforma dixital corporativa con multitude de recursos.
  • Difusión e emprego das ferramentas corporativas como medida de seguridade e protección da información.
  • Participación en formacións, proxectos e experiencias que potencien a creación de contidos dixitais a nivel alumnado e profesorado.
  • Crear un Plan Dixital simplificado e útil para a formación integral do alumnado.
  • Crear un documento de planificación e organización da comunicación e difusión de información do centro.

 

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formar ao alumnado en alfabetización informacional e documentacional.
O02PD Poñer en funcionamento a radio escolar, Radio Deiro.
O03PD Poñer en funcionamento a o taller de carpintería Obradeiro.
O04PD Poñer en funcionamento o espazo de robótica e ploter de corte.
O05PD Poñer en funcionamento o espazo audiovisual, TeleViñagrande.
O06PD Controlar a sobreexposición do alumnado ás redes sociais e videoxogos.
O07PD Definir os criterios de difusión da información do centro a nivel dixital.

Seguimento

Procedemento

    O equipo de Plan Dixital realizará alo menos unha xuntanza trimestral para seguimento e avaliación das liñas de acción e avaliación das liñas de traballo, e participará tamén das xuntanzas do equipo de TICs, onde se traballará conxuntamente para levar a cabo os obxectivos e accións deseñadas.

   O mentor Adix do centro realizará un acompañamento, supervisión e asesoramento sobre as liñas de traballo para acadar os obxectivos.

   A persoa coordinadora do Plan Dixital realizará o seguimento do Plan Dixital empregando a ferramenta Educalidade para a súa avaliación e seguimento baixo a supervisión da persoa Directora do centro e acompañada polo equipo de Plan Tics.

1º Trimestre

Realizadas tres xuntanzas en coordinación co equipo TICs e as diferentes coordinacións dos equipos dinamizadores dos contextos realizáronse os seguintes avances como son a creación e dinamización mediante un calendario de utilización dos espazos de Radio, Televisión, Robótica e Carpintería, o cal redunda nos obxectivos planificados a fin de poder extraer un produccto final en cada espazo por parte de todo o alumnado do centro, así como definir a difusión da información a nivel centro dinamizando a aula virtual e reestructurando a páxina web do centro.

O01PD  Formar ao alumnado en alfabetización informacional e documentacional.

Pendentes de recibir máis información sobre proxectos de outros centros ou organismos que orienten o traballo para difundir no claustro de profesorado. Realizáronse xuntanzas para facer un estudo do uso das tecnoloxías no día a día das familias.

O02PD   Poñer en funcionamento a radio escolar, Radio Deiro.

Cumpríronse sobradamente as accións propostas habilitando o espazo ao instalar os diferentes materiais no espazo específico do centro e dinamizando con un horario de asistencia aos grupos do centro que traballan trimestralmente en cada espazo. Seguimos agardando polo material de Polos Creativos.

O03PD   Poñer en funcionamento a o taller de carpintería Obradeiro.

Cumpríronse sobradamente as accións propostas habilitando o espazo ao instalar os diferentes materiais no espazo específico do centro e dinamizando con un horario de asistencia aos grupos do centro que traballan trimestralmente en cada espazo. Existe un proxecto de mellora do espazo con mellores materiais e mellor organización dos materiais.

O04PD   Poñer en funcionamento o espazo de robótica e ploter de corte.

Cumpríronse sobradamente as accións propostas habilitando o espazo ao instalar os diferentes materiais no espazo específico do centro e dinamizando con un horario de asistencia aos grupos do centro que traballan trimestralmente en cada espazo. Existe un proxecto de mellora do espazo con mellores materiais e mellor organización dos materiais.

O05PD   Poñer en funcionamento o espazo audiovisual, TeleViñagrande.

Cumpríronse sobradamente as accións propostas habilitando o espazo ao instalar os diferentes materiais no espazo específico do centro e dinamizando con un horario de asistencia aos grupos do centro que traballan trimestralmente en cada espazo. Existe un proxecto de mellora do espazo con mellores materiais e mellor organización dos materiais.

O06PD   Controlar a sobreexposición do alumnado ás redes sociais e videoxogos.

Unha vez planificado o traballo decidiuse buscar información para comezar a deseñar a enquisa para implementar en AbalarBox, definir que variables aplicar a alumnado, familias e profesorado.

O07PD   Definir os criterios de difusión da información do centro a nivel dixital.

Realizouse unha valoración inicial co equipo directivo para definir a web do centro e comezar a dotar das aulas necesarias dentro da aula virtual do centro, así como definir os dereitos de imaxe, son e vídeo do alumnado para definir as políticas de publicación.

 

 

 

 

 

2º Trimestre

Realizadas tres xuntanzas en coordinación co equipo TICs avanzamos na dinamización dos espazos relacionados con Polos Creativos e a súa utilización por parte do alumnado, dispoñendo dun calendario de rotación para cada grupo mixto coa utilización do alumnado en cada espazo. Seguimos traballando con asesora Abalar de zona para definir o formato da aula virtual e tamén da búsqueda para definir un protocolo de alfabetización informacional e análise de sobreexposición aos medios dixitais así como a posta en funcionamento e dinamización da aula virtual como canle de difusión de información.

O01PD  Formar ao alumnado en alfabetización informacional e documentacional.

Seguimos en fase de recollida de información sen atopar documentos interesantes sobre os cales poder deseñar un plan de intervención para o noso centro, co cal aínda non se traballa na rúbrica. Dentro da liña do PFPP relativa a Polos Creativos a formación a recibir estará relacionada con radio, deixando a alfabetización para unha ampliación do PFPP.

O02PD   Poñer en funcionamento a radio escolar, Radio Deiro.

Seguimos agardando polo material de Polos Creativos, unha vez adaptado o material do centro e o espazo xa se dinamizaron os contextos mediante un horario cunha carga de cinco sesións de unha hora e dez minutos para cada grupo cunha rotación de cada catro semanas para pasar polo contexto, con un total de catro semanas de traballo cada trimestre cos grupos mixtos do segundo e terceiro ciclo de primaria, conseguindo gravar e publicar en Ivoox as súas creacións. Tamén se dinamiza o espazo par infantil dúas horas cada semana.

O PFPP centrase para atender directamente a formación en radio e deixar para unha ampliación do mesmo a alfabetización, robótica e audiovisual.

O03PD   Poñer en funcionamento a o taller de carpintería Obradeiro.

O espazo xa se dinamizaron os contextos mediante un horario cunha carga de cinco sesións de unha hora e dez minutos para cada grupo cunha rotación de cada catro semanas para pasar polo contexto, con un total de catro semanas de traballo cada trimestre cos grupos mixtos do segundo e terceiro ciclo de primaria, conseguindo realizar unha maqueta do sistema solar e diversos materiais como lapiceiros, caixas e útiles para as aulas.

O PFPP non vai a recibir formación específica en carpintería.

O04PD   Poñer en funcionamento o espazo de robótica e ploter de corte.

O espazo xa se dinamizaron os contextos mediante un horario cunha carga de cinco sesións de unha hora e dez minutos para cada grupo cunha rotación de cada catro semanas para pasar polo contexto, con un total de catro semanas de traballo cada trimestre cos grupos mixtos do segundo e terceiro ciclo de primaria, conseguindo realizar pequenas máquinas autómatas e programar os Mbot e azobots dos que dispoñemos. Seguimos agardando o material de Polos Creativos. 

O PFPP non se vai a centrar na formación en ploter de corte ou impresión 3D

O05PD   Poñer en funcionamento o espazo audiovisual, TeleViñagrande.

O espazo xa se dinamizaron os contextos mediante un horario cunha carga de cinco sesións de unha hora e dez minutos para cada grupo cunha rotación de cada catro semanas para pasar polo contexto, con un total de catro semanas de traballo cada trimestre cos grupos mixtos do segundo e terceiro ciclo de primaria, conseguindo realizar pequenos proxectos de gravación e stop motion por parte de todo o alumnado. 

O PFPP non se vai a centrar na formación en televisión e linguaxe audiovisual.

O06PD   Controlar a sobreexposición do alumnado ás redes sociais e videoxogos.

Completouse unha batería de preguntas en Abalar Box e propostas para a enquisa sobre a exposición das familias e alumnado relativas á utilización dos medios dixitais que precisa de unha supervisión e refundido de información para poder publicar e aplicar.

O07PD   Definir os criterios de difusión da información do centro a nivel dixital.

Falamos coa asesora Abalar do centro para a mellora e aplicación da nova maqueta que se está a desenvolver en webs dinámicas para dar formato á web do centro. Quedamos á espera de poder aplicar esta maqueta. 

Creáronse as aulas virtuais para cada curso e contexto e realizouse pequenas formacións para dinamizar a publicación de cada profesor/a ou especialista nos espazos dixitais creados.

 

 

 

 

3º Trimestre

Demos continuidade á utilización dos espazos relativos a Polos Creativos, ademais de afondar na formación de radio. Quedou sen abordar os obxectivos de difusión de información e enquisa de utilización de espazos dixitais.

O01PD  Formar ao alumnado en alfabetización informacional e documentacional.

Non se realizaron novos avances neste campo, queda pendente de traballo.

O02PD   Poñer en funcionamento a radio escolar, Radio Deiro.

Completáronse as rotacións por parte de todo o alumnado na utilización deste espazo, conseguindo facer creacións e gravacións de todos os grupos de primaria e infantil así como as primeiras dinámicas de libre utilización do espazo por parte do alumnado en proxectos como "Nós tamén creamos" e experiencias ou propostas persoais do alumnado así como a utilización das especialistas de AL e PT co seu alumnado como ferramenta educativa.

Realizouse a formación específica deste espazo con Javier Prado dentro do PFPP.

O03PD   Poñer en funcionamento a o taller de carpintería Obradeiro.

Completáronse as rotacións por parte de todo o alumnado na utilización deste espazo, conseguindo facer diferentes propostas de lapiceiros, maqueta do sistema solar, etc..

Queda pendente realizar unha formación específica dentro dun PFPP relativa á dinamización do material específico deste espazo.

Seguimos pendentes da recepción do material comprometido no programa Polos Creativos dende fai dous cursos.

O04PD   Poñer en funcionamento o espazo de robótica e ploter de corte.

Completáronse as rotacións por parte de todo o alumnado na utilización deste espazo, conseguindo facer programacións de robots e pequenos autómatas.

Queda pendente realizar unha formación específica dentro dun PFPP para dar cabida á programación do ploter de corte, impresora 3D ou máquina de coser e circuitería electrónica.

O05PD   Poñer en funcionamento o espazo audiovisual, TeleViñagrande.

Completáronse as rotacións por parte de todo o alumnado na utilización deste espazo, conseguindo facer creacións e gravacións reais e en stop motion por parte de todo o alumnado de centro.

Queda pendente realizar unha formación específica dentro dun PFPP relativa á linguaxe audiovisual.

O06PD   Controlar a sobreexposición do alumnado ás redes sociais e videoxogos.

Non se revisou nin rematou a enquisa en AbalarBox para poder aplicar e analizar os datos de cara á elaboración da estratexia dixital do centro.

O07PD   Definir os criterios de difusión da información do centro a nivel dixital.

Seguimos pendentes do cambio de webs dinámicas para cambiar a maqueta de publicación da web e definir os bloques de contidos e método de difusión de información.

Valoramos moi positiva a participación e publicacións dentro das aulas virtuais por parte do profesorado e especialistas en cada contexto, titoría e especialidades.

Queda pendente a elaboración do protocolo de comunicación e difusión de información de centro así como a estructuración na nova web.

 

 

 

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

    A avaliación do Plan Dixital realizarase mediante a supervisión nas datas propostas das táboas de acción. Revisarase a consecución dos obxectivos seguinto a súa temporalización, podendo reaxustar e adaptar estas táboas ao seguimento do curso, correspondéndose coa avaliación procesual.

     E por outra banda a avaliación final realizarase a final de curso atendendo ao grado de consecución dos obxectivos propostos nas táboas de acción. Esta avaliación rrecollerase nas memorias finais do Plan Dixital así como na revisión na aplicación Educalidade atendendo aos indicadores marcados de cada obxectivo.

Valoración xeral

O plan dixital foi moi ben acollido establecendo as dinámicas para dotar o centro dos espazos necesarios para o traballo dos contextos de carpintería, radio, televisión e robótica e dinamizar así o material específico de cada un recibido dende o programa de Polos Creativos, puntualizando que seguimos pendente, dous cursos despois, de recibir o material de radio e mais de robótica. Acadáronse estos obxectivos sobradamente ao poder participar con todo o alumnado do centro nun programa estructurado en contextos onde todo o alumnado de primaria realizou unha rotación para poder empergar cada espazo cunha carga significativa de horas.

Faltaría a recollida de información para controlar a sobreexposición e alfabetización informacional e documentacional para poder establecer unha estratexia dixital de centro eficaz.

A participación especializada no PFPP de radio tamén foi acertada, dando oportunidade a todo o profesorado de coñecer o espazo para nun futuro favorecer a libre utilización deste espazo por parte do alumnado do centro.

Proposta de mellora

Dar continuidade ao PFPP especializándose en audiovistual, robótica, impresión 3D ou carpintería para poder mellorar a competencia docente dos contextos.

Reestablecer as prioridades do centro así como a liña de comunicación e difusión da información.

Mellorar os espazos creatdos coas necesidades detectadas durante a utilización destos durante o curso escolar.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

    Este plan dixital, unha vez presentado ao Claustro de profesorado e aprobado en Consello Escolar, pasará a formar parte da documentación xeral de centro. A súa revisión e actualización será anual en función das demandas e necesidades do centro.

     Unha vez presentado ao claustro de profesorado será aprobado polo consello escolar e estará a disposición de toda a comunidade educativa na web do centro unha vez compartido o enlace do mesmo na web do centro co formato que aporta a aplicación Educalidade.

    A nivel claustro informarase do seguimento do plan nas diferentes reunións de coordinación e cando sexa necesario afondar en algún obxectivo ou acción que quede pendente de realizar. Este seguimento corre a cargo da coordinación do Plan Dixital.

Plan completo para poder consultar por parte de toda a comunidade educativa no enlace:

https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=36013059