Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1.XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN Á NORMATIVA VIXENTE
O noso plan dixital ten como marco lexislativo:
-Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
-Disposición adicional quinta da Resolución do 17/06/2021, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
-Disposición adicional terceira da Resolución do 18/06/2021, da Secretaría Xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
-Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e FP, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-20222.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PLAN DIXITAL NO CENTRO. CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO DO CENTRO
2.1. Características socioeconómicas e culturais do contexto do centro
O CEIP Plurilingüe de Vilaxoán constitúe unha oferta de ensino público no Concello de Vilagarcía de Arousa, concentrada, sobre todo, nas parroquias de Sobradelo e Sobrán, cunha extensión de 8,4 Km2 e unha poboación de aproximadamente 6.500 habitantes.
A área de influencia do centro ten unha poboación dispersa polo que é preciso que a maior parte do alumnado sexa usuario do transporte escolar.
A maioría da poboación é autóctona aínda que nos últimos anos estase a incrementar o número de inmigrantes na zona o cal revirte no alumnado do centro.
A lingua vehicular do alumnado de Vilaxoán é maioritariamente o castelán.
O pobo sempre estivo ligado ao mar con fábricas conserveiras e outras adicadas á salgadura que hoxe están abandonadas. Tamén destaca o cultivo do mexillón nas bateas, o marisqueo a pé e a pesca de baixura. Por iso, moitas das familias do noso alumnado adícanse a estas actividades laborais.
A realidade socio-económica da zona fai que haxa moita variedade, sendo a maioría familias de renda media- baixa.
En relación as infraestruturas e servizos culturais e sociais da zona, cabe destacar que Vilaxoán dispón de varias casas de cultura, unha axencia de lectura dependente da biblioteca municipal, unha praza de abastos, e varias instalacións deportivas entre as que destacan dous campos de fútbol e un pavillón municipal.
2.2. Incardinación e contribución do Plan Dixital ao Proxecto Educativo
O centro incorporouse ao Plan Abalar no curso 2011/2012 e posteriormente no curso 2017/2018  incorporámonos ao Plan Edixgal no que seguimos integrados na actualidade cos grupos de 5º e 6º .
Así mesmo, dende o curso 2020/2021 participamos no programa “Radio na biblio” pertencente ao Plan Lía.
A traxectoria levada a cabo no centro no ámbito das tecnoloxías foi impulsada dende hai varios cursos polo equipo TIC mediante a realización de diversas accións entre elas:
- A hora semanal de informática; todos os grupos do centro teñen asignada no seu horario semanal unha sesión na que traballar de forma directa cos equipos informáticos para coñecer o seu funcionamento, distintos aplicativos adaptados a súa idade e actividades dixitais interactivas. Esta sesión realízase co alumnado de E Infantil a 4º de Primaria na aula de informática e co alumnado de 5º e 6º nas súas propias aulas ao empregar cada un o seu portátil Edixgal
- O repositorio “Aprendemos coas TICS” na web do centro; base de enlaces a actividades dixitais interactivas clasificadas por materias e temáticas
- A realización de sesións formativas dirixidas ao profesorado e a elaboración de manuais que teñen a súa disposición na AV do centro
- A creación de cursos na Aula Virtual dirixidos ás familias do alumnado onde se lles facilita información e manuais sobre o funcionamento da propia AV, a aplicación abalar móbil e o servizo de vídeoconferencias
O Plan Dixital pretende incardinarse e contribuír co Proxecto Educativo no relativo á mellora da competencia dixital do alumnado, sen ter unha dependencia excesiva destas tecnoloxías pero facilitándolles as ferramentas para desenvolverse de forma eficaz nunha sociedade cada vez máis dixitalizada.
Así mesmo, mediante esta capacitación dixital do alumnado  buscaremos  superar o risco de exclusión dixital ao que poden estar expostos algún deles.
Por outro lado, o centro intenta promover accións innovadoras potenciando o emprego das TICS e dos recursos dixitais que o profesorado e o alumnado ten a súa disposición
2.3.Contribución do Plan Dixital á Programación Xeral Anual do curso 23/24
Pretendemos que o Plan Dixital contribúa á PXA do curso 23/24 ao servir de marco as accións impulsadas polo equipo TIC citadas no apartado anterior que conxuntamente coas que se recollen no propio plan de acción buscaran mellorar a competencia dixital de toda a comunidade educativa finalidade última do Plan Dixital.

3. PROCESO DE ELABORACIÓN

Para a elaboración do Plan Dixital deste curso 2023/2024 o equipo de dinamización utilizou coma base o Plan dixital do curso 2022/2023 realizando nel os cambios pertinentes segundo a valoración xeral e as propostas de mellora recollidos no mesmo contando co asesoramento dos mentores do ADIX.
 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

1. AUTOAVALIACIÓN SELFIE
O SELFIE foi realizado no curso 2021/2022 participando no mesmo o  61% do profesorado, o 100% do equipo directivo e o 92% do alumnado de 5º e 6º de Primaria.
Os resultados nas distintas áreas foron:
A- Liderado; equipo directivo 4.2 e profesorado 3.6.
B- Colaboración e redes; equipo directivo 4.3, profesorado 3.1 e alumnado 3.5.
C- Infraestrutura e equipos; equipo directivo 4.5, profesorado 3.9 e alumnado 4.5.
D- Desenvolvemento profesional continuo; equipo directivo 4.4 e profesorado 4.2.
E- Pedagoxía: Apoio e recursos; equipo directivo 4.3 e profesorado 3.8.
F- Pedagoxía:Implementación na aula; equipo directivo 4.3, profesorado 3.3 e alumnado 3.7
G- Prácticas de avaliación; equipo directivo 4.2 e profesorado 3.2.
H- Competencias dixitais do alumnado; equipo directivo 4.4, profesorado 3.5 e alumnado 4.6.
2. TEST DE COMPETENCIA DIXITAL DOCENTE
No test CDD realizado no curso 2021/2022 participou o 80% do profesorado definitivo e o 100% do profesorado provisional, interino e permutado.
A puntuación media do test foi de 82,1 sendo o nivel de competencia do centro B1- Integrador/a
En relación as distintas etapas, a puntuación media en Educación Infantil foi dun 66,9% e en Educación Primaria de 89,1 sendo en ambas etapas o nivel de competencia B1- Integrador/a.
Segundo os resultados obtidos no test, o 40% do profesorado ten un nivel de competencia A2,un 25% do profesorado ten un nivel de competencia B1 e outro 25% un nivel de competencia B2, o nivel de competencia do 10% restante é C1.
3. OUTRA FONTE
Outra fonte de recollida de información foi a observación do emprego que se fai dos recursos tecnolóxicos dispoñibles no centro e do traballo cos mesmos tanto por parte do profesorado coma do alumnado.

Interno
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Baixa competencia dixital do alumnado dos cursos non Edixgal. Alumnado Si
Debilidade A maioría do profesorado non dispón dos coñecementos técnicos para ensinarlle ao alumnado a resolver os problemas que lles xorden ao empregar a tecnoloxía dixital. Infraestruturas Non
Debilidade Carencia dunha estratexia dixital claramente definida. Organización de centro Non
Debilidade A maioría do profesorado non crea nin comparte recursos dixitais para utilizalos nas súas clases. Persoal docente Si
Debilidade Escasa utilización da tecnoloxía na realización de traballos grupais nos que o alumnado teña que colaborar e/ou cooperar entre si e na realización de proxectos interdisciplinais Persoal docente Non
Debilidade Non utilización da tecnoloxía dixital para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe e para realizar observacións sobre o traballo dos seus compañeiros/as. Persoal docente Non
Debilidade Nos cursos non Edixgal o alumnado non desenvolve habilidades dixitais nas diferentes materias e non se emprega a tecnoloxía dixital para avalialo. Persoal docente Si
Debilidade Pouca utilización por parte do profesorado das tecnoloxías dixitais na colaboración con outras organizacións. Persoal docente Non
Debilidade Nos cursos non Edixgal pouca utilización da aula virtual coma instrumento de aprendizaxe e baixo emprego de actividades de aprendizaxe dixital para motivar ao alumnado. Persoal docente Si
Debilidade A maioría do profesorado non utiliza as tecnoloxía dixitais tendo en conta as diversas necesidades e capacidade de aprendizaxe co fin de que o alumnado siga itinerarios individuais de aprendizaxe e avance a distintas velocidades. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado dos grupos Edixgal pode facer un seguimento das súas tarefas no EVA na maioría das materias. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a comunicarse de forma segura, responsable e con respecto empregando as tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza Resolución por parte da coordinadora TIC do centro dos problemas que lle xorden ao alumnado e ao profesorado no emprego da tecnoloxía dixital, así e como dalgúns problemas de funcionamento do equipamento tecnolóxico. Infraestruturas Non
Fortaleza Exploración de novas formas de ensino empregando tecnoloxías dixitais debatendo as súas vantaxes e desvantaxes. Organización de centro Non
Fortaleza Emprego dos servizos dixitais corporativos para a comunicación entre membros da comunidade educativa. Persoal docente Non
Fortaleza Busca e emprego de recursos educativos dixitais na internet. Persoal docente Non
Fortaleza Disposición dun repositorio na web do centro de materiais de ensino aprendizaxe organizados por materias e temáticas. Persoal docente Non
Fortaleza A maioría do profesorado ten experiencia na realización dunha aprendizaxe dixital mixta. Persoal docente Non
18 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Falta de tempo do profesorado para explorar e implementar novas actividades para o aprendizaxe mixto. Administración educativa Non
Ameaza Nos cursos non Edixgal falta de tempo para o emprego da tecnoloxía na aula. Administración educativa Si
Ameaza Exceso de burocracia. Administración educativa Non
Ameaza Falta de fondos para o uso das tecnoloxías. Administración educativa Non
Ameaza Baixa competencia dixital dalgunhas familias do alumnado que lles impide axudar aos seus fillos/as coas tecnoloxías. Contorna Non
Ameaza Falta de conectividade e de dispositivos dixitais nalgúns fogares do alumnado. Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes Lexislación Non
Oportunidade Conexión a internet fiable e rápida no centro. Administración educativa Non
Oportunidade Software libre e ferramentas corporativas( moodle, abalarmóbil, correo, EVA...) facilitadas pola administración educativa. Administración educativa Non
Oportunidade Dotación de equipamento de préstamo para superar a fenda dixital. Administración educativa Non
Oportunidade Asistencia técnica externa para resolver problemas coas tecnoloxías dixitais (UAC, Servizo Premium, persoa de mantemento informático). Administración educativa Non
Oportunidade Acceso a formación permanente relacionada co ensino e aprendizaxe coas tecnoloxías dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade Dotación de equipos dixitais ao alumnado, profesorado e nas aulas dos grupos Edixgal. Administración educativa Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Os elementos recollidos neste DAFO permiten o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilitan a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Continuar coa creación de recursos dixitais e compartilos na aula virtual do centro.
O02PD Impulsar nos cursos catro primeiros cursos de primaria a utilización da Aula Virtual coma instrumento de aprendizaxe.
O03PD Formar ao alumnado de educación primaria segundo a súa idade para o traballo autónomo cos equipos informáticos.
O04PD Potenciar o emprego do panel dixital interactivo nas aulas de educación infantil e primeiro ciclo de primaria coma instrumento de apoio ao proceso de ensinanza

Seguimento

Procedemento

O seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución dos obxectivos recollidos no mesmo levarase a cabo trimestralmente mediante:
- Valoración do estado no que se atopan as accións que se están levando a cabo centrándonos sobre todo naquelas cuxa data de finalización prevista sexa ao remate do trimestre no que nos atopamos.
- Análise e valoración dos resultados obtidos nas accións realizadas co fin de realizar as modificacións que sexan necesarias nas mesmas ou establecer propostas de mellora.
- Indicación do estado no que se atopa cada unha das accións: realizada, aprazado ou pendente.

Para o seguimento empregarase a aplicación Educalidade

1º Trimestre

No primeiro trimestre realizáronse a maioría das accións previstas relativas aos obxectivos establecidos no plan dixital.

Nas sesións formativas (Pantalla dixital interactiva e actividades H5P) o profesorado participante mostra interese no contidos das mesmas, así e como na resolución das súas dúbidas.

Destacar o interese do alumnado a hora de realizar e participar nas actividades propostas na sesión de informática e no traballo coa pantalla dixital interactiva.

2º Trimestre

No segundo trimestre realizáronse as accións previstas relativas aos catro obxectivos establecidos no plan dixital.

O profesorado continúa intentando resolver as dúbidas que lle xorden mediante a realización do consultas á coordinadora ou a outros compañeiros.

Así mesmo, o alumnado móstrase motivado á hora de realizar as actividades propostas na sesión de informática e no traballo coa pantalla dixital interactiva.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase ao final de cada curso e nela levarase a cabo a:
- Valoración do logro de cada un dos obxectivos establecidos no plan de acción utilizando coma referencia os seus indicadores.
- De ser o caso, a proposta de accións de mellora ou de modificacións para a consecución do obxectivo no seguinte curso.
- Indicación de se o obxectivo foi acadado ou non.

Para a realización da avaliación empregarase a aplicación Educalidade

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

A difusión do plan dixital do centro realizarase mediante:
- Publicación do plan dixital na páxina web do centro (menú "Documentos do centro", apartado "Documentos organizativos"
- Envío por parte da dirección do centro dunha mensaxe de Abalar móbil para informar as familias do alumnado da publicación do plan dixital.

Ligazón de acceso ao plan dixital na web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvilaxoan/?q=taxonomy/term/535