Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O equipo de traballo do Plan Dixital realizará ao menos unha xuntanza por trimestre para avaliar o Plan.
A persoa mentora ADIX reunirase no centro coa persona coordinadora do Plan Dixital sempre que sexa necesario.
A persoa coordinadora do Plan Dixital terá acceso á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións do Plan, baixo a revisión da persoa Directora.
Polo de agora estase a cumprir o previsto en todos os obxectivos. Ata o de agora temos o seguinte:
O01PD - cumpríronse xa as accións AO1.1 e AO1.2. Actualmente o grupo de traballo atópase na elaboración das rúbricas (AO1.3)
O02PD - Este obxectivo está prácticamente cumprido pois xa se cubriron os informes do primeiro trimestre mediante a plataforma Abalarbox como se pretendía cun resultado favorable.
Os O03PD e O04PD que abarcan potenciar o emprego das ferramentas dixitais entre o alumnado e o profesorado estanse levando a cabo. Polo de agora o que se fixo foi unha enquisa inicial para cada obxectivo para así poder valorar a liña de partida do uso das ferramentas da maqueta abalar. Cara finais de curso, realizaremos outra enquisa de novo para ver si se logrou incentivar e incrementar o uso destas entre ambos colectivos.
O05PD - Xa son distintas dinamizacións as que potencian concursos ou proxectos nos que o alumnado pode elaborar produtos dixitais como por exemplo carátulas, reinterpretacións de portadas de filmes ou deseños de versos para imprimir nun produto para o Día de Rosalía, en colaboración con diferentes dinamizacións.
Polo de agora estase a cumprir o previsto en todos os obxectivos. Ata o de agora temos o seguinte:
O01PD - cumpríronse xa as accións AO1.1, AO1.2 e AO 1.3. Actualmente o grupo de traballo atópase na proba e revisión das rúbricas (AO1.4)
O02PD - Este obxectivo está cumprido pois xa se cubriron os informes do primeiro e segundo trimestre mediante a plataforma Abalarbox como se pretendía cun resultado favorable.
Os O03PD e O04PD que abarcan potenciar o emprego das ferramentas dixitais entre o alumnado e o profesorado estanse levando a cabo. Polo de agora o que se fixo foi unha enquisa inicial para cada obxectivo para así poder valorar a liña de partida do uso das ferramentas da maqueta abalar. Cara finais de curso, realizaremos outra enquisa de novo para ver si se logrou incentivar e incrementar o uso destas entre ambos colectivos.
O05PD - Recolléronse ao longo do segundo trimestre os produtos dixitais elaborados polas distintas dinamizacións ao longo do curso.
Os resultados obtidos foron os seguintes:
O01PD - Unha vez utilizadas as rúbricas compártense estas no banco de rúbricas da Aula Virtual do centro e súbese un arquivo zip cun exemplo de cada unha das rúbricas.
O02PD - Mantívose o seu emprego ao longo do curso para compartir documentación interna entre o profesorado así como para a elaboración dos informes.
Os O03PD que abarca potenciar o emprego das ferramentas dixitais entre o profesorado foi acadado. Unha vez analizadas as enquisas de inicio e final de curso cumpliuse o obxectivo proposto chegando a acadar o 60% do uso por parte do profesorado. Este será o punto de partida para establecer o obxectivo do vindeiro curso.
O O04PD que abarca potenciar o emprego das ferramentas dixitais entre o alumnado foi parcialmente acadado pero non se pode cuantificar con fiabilidade xa que a participación do alumnado na enquisa final reduciuse á metade con respecto á inicial.
O05PD - Compártese neste obxectivo unha listaxe das propostas de diferentes actividades levadas a cabo polas dinamizacións onde o alumnado traballa diferentes ferramentas dixitais para a elaboración de produtos. Tamén se comparte un arquivo zip con exemplos destes.
Manténse contacto coa persoa mentora Adix para resolver dúbidas sobre os diferentes aspectos a cubrir na memoria do Plan DIxital de cara ao remate do curso.
Avaliación
Segundo se recolle nos obxectivos (Plan de acción) cada acción dispón dunha data final prevista para a súa realización. No caso de tratarse de obxectivos a levar a cabo ao longo de todo o curso, realizase unha avaliación procesual por trimestre no que se recollen os aspectos a valorar, o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados. De ser o caso, recolleranse tamén as posibles modificacións das accións, o axuste da temporalización e as propostas de mellora (información recollida no apartado de Seguimento).
A valoración é positiva xa que se acadaron todos os obxectivos propostos incialmente, pero consideramos que se debería seguir incidindo nos obxectivos 03 e 04 do emprego das ferramentas da maqueta Abalar para incrementar o seu uso entre o alumnado e o profesorado.
Polo de agora non se establecen novos obxectivos para o vindeiro curso, senón que se propoñen novos valores para os mesmos:
As propostas de mellora para o vindeiro curso 24-25 son:
O01PD: 3 rúbricas novas
O02PD: 80% profesorado comparte documentos a través de Abalarbox
O03PD: 65% do profesorado emprega ferramentas da maqueta abalar
O04PD: 50% do alumnado emprega ferramentas da maqueta abalar
O05PD: 35% do alumnado crea un produto dixital.
Respecto ás melloras das infraestructuras seguimos facendo fincapé na necesidade de cablear todas as instalacións do centro incluíndo o pavillón de deportes e a casa do conserxe que a día de hoxe non dispoñen de conectividade de rede (nin cable, nin wifi).
Comunicación e difusión
Unha vez informado e aprobado o Plan Dixital polo Claustro e o Consello Escolar celebrados o día 28/06/2024 procedeuse a súa publicación na Páxina Web do centro, así como á súa difusión a través da mensaxería Abalar a toda a comunidade educativa.