Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación do Plan:

O Plan Dixital, como documento que pretende regular a relación coa tecnoloxía neste centro educativo, está fundamentado na normativa vixente no momento da súa elaboración:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE)

• Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

• Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Contribución do PD no centro e contribución ao Proxecto Educativo:

O centro existe unha alta porcentaxe de alumnado estranxeiro, así como unha alta porcentaxe de alumnado de integración tardía. Tamén acolle unha gran cantidade de alumnado con Necesidades Específicas de Apoio Educativo (NEAE) e con dificultades que precisan unha resposta educativa axeitada, con medidas e accións de atención á diversidade. Esta casuística precisa unha resposta educativa axeitada, que se recolle nunha serie de plans e programas específicos a través do Proxecto Educativo do centro.  No eido tecnolóxico, o Plan Dixital será o que recolla as actuacións que vaian encamiñadas a mellorar a competencia dixital do alumnado, de xeito que contribúe de maneira directa a acadar os obxectivos plasmados no Proxecto Educativo, especialmente o relacionado coa alfabetización dixital.

No Proxecto Educativo recóllese que cada grupo clase ten asignada unha hora semanal de traballo na Aula de Informática. Por falta de infraestrutura e recursos tecnolóxicos, nunha sesión só pode acudir a metade do grupo. Desta maneira, un alumno só ten acceso a esta Aula unha hora cada quince días.

Outro espazo do centro que debe xogar un papel relevante no desenvolvemento da competencia dixital do alumnado é a biblioteca escolar. Débese potenciar o uso dos recursos tecnolóxicos dos que dispón (monitor dixital, robots, placas Makey Makey, etc.).

Coa aplicación deste Plan Dixital durante o curso 2023/2024, preténdese mellorar os equipos dispoñibles no centro e fomentar o uso da Aula Virtual por parte do alumnado, así como implantar EDIXGAL en 5º de primaria, tanto no centro como na casa. Tamén se busca potenciar a competencia dixital do profesorado e fomentar a colaboración entre eles, creando e compartindo recursos dixitais a través da Aula Virtual.

Durante o vindeiro curso continuarase sensibilizando ao conxunto do profesorado do centro sobre as posibilidades educativas e tecnolóxicas, así como implantar EDIXGAL en 5º e 6º de primaria.

Por outra banda, seguirase promovendo o uso das TIC para favorecer as aprendizaxes do alumnado e estimular a súa capacidade crítica para traballar coa información extraída de Internet. Do mesmo xeito, continuarase a facilitar o seu uso ao alumnado con NEAE e empregaranse tamén como medio para a comunicación entre compañeiros e outros centros.

Proceso de elaboración:

Na elaboración do Plan Dixital (en adiante, PD) participou o Equipo de Dinamización do PD, encargado de plasmar no documento a realidade do centro en materia tecnolóxica e os obxectivos e accións que se levarán a cabo para mellorala. Seguíronse sempre as pautas e recomendacións que foron facendo os asesores ADIX, tanto nas reunións semanais como nas formacións que deron.

Para coñecer o punto de partida, comezamos poñendo en marcha o SELFIE durante os meses de novembro e decembro. O coordinador encargouse de organizar e recoller as preguntas da enquisa, así como de enviar o enlace a todos os mestres do claustro. Os catro membros do equipo de dinamización foron dando pautas para completalo e recordando os prazos para facelo.

Xa no segundo trimestre, co SELFIE xa completado, o equipo de dinamización do PD explicou nun claustro a temporalización das fases para elaborar o Plan Dixital, comezando pola realización do test CDD en fprofe durante o mes de febreiro por parte do profesorado do centro. A función do equipo consistiu en supervisar a súa realización e resolver as dúbidas que puidesen xurdir.

O seguinte paso foi reflexionar sobre os datos do Test CDD e do SELFIE. O equipo ao conxunto analizou os datos, de xeito individual, para poder identificar as debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do centro en relación coas TIC. A continuación, nunha posta en común, cada un fixo as súas aportacións para realizar o DAFO do centro seguindo as instrucións ditadas polos mentores ADIX.

O coordinador do equipo de dinamización do PD implantou a ferramenta BOARD na Aula Virtual para facilitar o traballo cooperativo. Deste xeito, todos os membros do equipo puideron completar a táboa do DAFO coa información extraída do SELFIE, despois de identificar debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades do centro de xeito individual, en relación coas TIC, e de poñelas en común nunha xuntanza grupal.

Co DAFO cumprimentado e revisado polo asesor ADIX do centro, o equipo de dinamización comezou a elaborar os obxectivos para o Plan de Acción. Formularon un obxectivo prioritario conxuntamente e o coordinador encargouse de elaborar os restantes, que posteriormente revisaron e seleccionaron todos os membros do equipo.

O coordinador do equipo de dinamización encargouse de elaborar o Plan Dixital, seguindo as directrices do asesor ADIX do centro e tendo en conta as aportacións dos membros restantes do equipo.

No proceso de implantación e avaliación será clave a participación do equipo directivo, tanto pola súa visión global como pola súa capacidade de mobilizar os recursos necesarios para levalo a cabo.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para realizar a análise DAFO, usamos principalmente os resultados obtidos de dous tests diferentes:

1.      Autoavaliación SELFIE: test no que participou tanto o alumnado como o profesorado e o equipo directivo. Inclúe preguntas vinculadas con diferentes áreas (liderado, colaboración, infraestruturas...) e nas que participaron tanto o alumnado como o profesorado e o equipo directivo.

2.      Test CDD: este test, máis subxectivo que o anterior, serve para ter unha lixeira idea do nivel de competencia do profesorado do centro.

Interno
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade Pouca formación en codificar e programar. Alumnado Si
Debilidade Falta de aprendizaxe na resolución de problemas técnicos. Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia no uso dalgunhas ferramentas dixitais. Familias Si
Debilidade Escaseza de dispositivos tecnolóxicos con conexión a internet. Infraestruturas Si
Debilidade Dispositivos dixitais dispoñibles moi obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade Falta de espazos físicos que faciliten o uso das TIC. Infraestruturas Si
Debilidade Traballo na aula de informática cada 15 días. Oferta Si
Debilidade Falta de recursos dixitais da Consellería, como EDIXGAL. Oferta Si
Debilidade Falta dunha estratexia dixital a nivel de centro. Organización de centro Si
Debilidade Estar conformado por dous edificios de separación de máis de 1 km. Organización de centro Non
Debilidade Escasa motivación no emprego de medios tecnolóxicos. Persoal docente Si
Debilidade Pouca competencia dixital. Persoal docente Si
Debilidade Falta de tempo para explorar coas TIC. Persoal docente Si
Debilidade Escasa formación en medios tecnolóxicos. Persoal docente Si
Debilidade Falta de persoal non docente que use as TIC. Persoal non docente Non
Fortaleza Interese por actividades que implican as TIC. Alumnado Si
Fortaleza Aprendizaxe para buscar e comprobar información fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza Habilidades de comunicación a través das TIC. Alumnado Non
Fortaleza Desenvolvemento de competencias dixitais (comportamento seguro, responsable). Alumnado Si
Fortaleza Uso de ferramentas tecnolóxicas corporativas para a comunicación co centro, como a aplicación abalarMobil. Familias Si
Fortaleza Acceso a internet para a ensinanza e a aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza Acceso a tecnoloxías asistenciais para o alumnado con NEAE. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos dixitais portátiles que pode levar o alumnado de ser necesario. Infraestruturas Si
Fortaleza Uso de tecnoloxías dixitais para a comunicación. Organización de centro Si
Fortaleza Apoio do equipo directivo para explorar novas formas de ensinanza con TIC. Organización de centro Si
Fortaleza Capacidade para buscar, compartir e crear recursos educativos abertos en internet, que implican ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Posibilidade de debate sobre as necesidades ou actualización da FPP. Persoal docente Non
28 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Ningunha dispoñibilidade de tempo para que o profesorado explore como mellorar a ensinanza coas TIC. Administración educativa Si
Ameaza Baixa porcentaxe de participación por parte das familias. ANPA Si
Ameaza Uso escaso da tecnoloxía como fonte de aprendizaxe. Contorna Si
Ameaza Falta de colaboración con outros centros/organizacións para apoiar o uso das TIC. Contorna Non
Ameaza Cambios lexislativos constantes. Lexislación Non
Ameaza Currículo moi extenso. Lexislación Non
Ameaza Falta de actividades ou formación para o alumnado en competencias STEAM. Outras Si
Oportunidade Oferta de programas e ferramentas como EDIXGAL ou Agueiro. Administración educativa Si
Oportunidade Acceso a posibilidades de desenvolvemento profesional continuo. Administración educativa Non
Oportunidade Colaboración coa ANPA para formación sobre o uso responsable das TIC. ANPA Si
Oportunidade Acceso da maioría do alumnado a dispositivos fóra do centro educativo. Contorna Si
Oportunidade Respecto dos dereitos de autor. Lexislación Non
Oportunidade Existencia de sistemas de protección de datos. Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de formación a través de entidades externas ao centro. Outras Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Implementar e aproveitar Edixgal en 5 curso de primaria
O02PD Compartir entre o profesorado os recursos educativos dixitais que crean, a través da Aula Virtual
O03PD Actualizar ou renovar os dispositivos dixitais da aula de informática
O04PD Promover o uso da Aula Virtual do centro por parte do alumnado

Seguimento

Procedemento

Avaliación procesual: esta avaliación realizarase unha vez ao trimestre, e nela efectuarase a valoración do estado de cada acción, indicando o estado no que se atopa cada unha das accións (realizado, aprazado ou pendente), valoraranse os resultados optidos e realizaranse propostas de mellora de ser necesario.

1º Trimestre

As acción presentadas neste plan, e que estaban previstas para este primero trimestre, foron realizas completamente (etiquetado dos equipos EDIXGAL, informar ás familias sobre EDIXGAL, creación de cursos e matriculación de alumnado e profesorado na A.V.)

Tamén xa se ten avanzado en accións e obxectivos do 2º e 3º trimestre, xa que durante o curso de EDIXGAL realizado no centro polo PFPP, moitas actividades e recursos dixitais xa están traballados, e algúns xa están subidos para traballar co alumnado.

2º Trimestre

As accións previstas para este 2º trimestres foron realizadas. Aprobeitando o curso de formación de E-Dixgal, moitas tarefas do curso foron aprobeitadas para estas accións (realizar activiades, publicar recursos, realización por parte dos alumnos/as...)

O avance do curso, tanto en E-dixgal como no funcionamento ordinario da aula de informáticas estase a realizar sen problemas graves de funcionamento, polo que os resultados, tanto no hábito escolar como de infrastructuras, son óptimos.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O seguimento do desenvolvemento do plan será continuo e estenderase ao longo de todo o vindeiro curso:

a) No contexto da avaliación procesual, proponse realizar unha reunión trimestral tanto no equipo de TIC como na CCP, coa fin de valorar o estado de execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e propostas de mellora.

b) No contexto de avaliación final, ao final do curso, o equipo TIC valorará o nivel de cumprimento de cada obxectivo e, en función dos resultados, propoñerá as melloras oportunas.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital é o documento que articula as pautas e accións establecidas para mellorar a relación coas TIC no ámbito educativo e, como tal, debe ser posto en coñecemento de toda a comunidade educativa.

Con ese fin, o Plan Dixital será incorporarado ao Proxecto Educativo e publicado na páxina web do centro. As familias serán notificadas tamén a través da aplicación abalarMobil.

Pódese consultar na páxina web do centro no seguinte enlace: Plan Dixital