Plan do centro
Vixencia
Introdución
Contexto DAFO
Obxectivos
Seguimento
O procedemento de seguimento do desenvolvemento do plan e da consecución de obxectivos, farase do seguinte xeito:
• Avaliación procesual por parte dos responsables de cada obxectivo, supervisado polo Equipo TIC, valorando e adaptando, se fose necesario, o cumprimento das accións a desenvolver de cada obxectivo nas datas previstas. Esta avaliación procesual farase ao remate de cada avaliación.
• Avaliación final levarase a cabo ao finalizar o curso académico nunha xuntanza entre o coordinador TIC e os responsables de cada obxectivo. Nesta, farase unha reflexión sobre o cumprimento dos obxectivos e resultados obtidos. Estes datos, recolleranse na memoria de fin de curso. Tamén se deixarán recollidas as propostas de mellora, así como esbozadas as liñas de traballo do plan de acción do ano seguinte.
O01PD. Emprego das TIC para a actualización e innovación das prácticas de ensinanza aprendizaxe
- Mantemos a web do centro actualizada semanalmente coas novas dos diferentes eidos: Secretaría, biblioteca, EDLG, Actividades complementarias e extraescolares, galería de imaxes...
O02PD. Levar a cabo un obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas
Levar a cabo un obradoiro TIC para dar a coñecer aos novos docentes que se incorporan, no CADP ou CXT, con que ferramentas TIC se traballa no centro así como facer de guía no proceso de aprendizaxe das mesmas
O03PD.Implementar as ferramentas TIC para a aprendizaxe: Polos creativos, Digicraft, actividades de Digicraft e robótica
Nas horas de ler, os especialistas realizaron Talleres do Eido TIC empregando material de Polos creativos, Digicraft e robótica. Traballouse o seguinte:
- Infantil: Bluebot
- Primeiro ciclo de EP: StopMotion
- Segundo ciclo:
- Terceiro ciclo: Robótica e programación dos Mbot.
Estamos pendentes de crear un espazo de robótica da biblioteca. Actualmente existe un recuncho con ordenadores e tabletas que empregan nos recreos baixo a supervisión do mestre/a de garda.
O04PD.Formación continua do profesorado. Levar a cabo PFPP con liñas orientadas á mellora da Competencia Dixital do profesorado así como á formación para o emprego do material de Polos Creativos.
Creouse un PFPP no centro coas dúas liñas de traballo: mellora da biblioteca escolar e Polos creativos. Na primeira avaliación centrámonos en recibir formación sobre a mellora da biblioteca. De cara a segunda avaliación formarémonos no traballo co material de polos (cortadora láser e impresión 3D) así como na radio escolar.
O05PD.Dar soporte, mellora e mantemento da infraestrutura e os equipos dixitais do centro.
Actualmente no centro:
- Contamos cunha listaxe actualizada das necesidades e incidencias de equipamento e cobertura dixital do centro, situada na secretaría do mesmo.
- Todos os equipos do centro están actualizados e funcionando. Ademais, os equipos do profesorado teñen acceso á carpeta compartida do centro (onde compartimos os recursos, documentos e material audiovisual) e ás impresoras por rede.
- Temos a Aula Virtual do centro creada cos cursos, materias e o alumnado matriculado.
- Contamos con dotación de equipos dixitais para a meirande parte do alumnado de 3º e 4º curso de EP (equipos do centro e Educa en Dixital) e todo o alumnado de 5º e 6º de EP (Edixgal)
- O equipo TIC Da soporte audiovisual nas actividades extraescolares e complementarias que se celebren no centro., e prestar axuda aos demais Equipos (EACE, Biblioteca, EDLG...) cando o soliciten para montar as diferentes conmemoracións: Magosto e 25N e celebración da actividade de Nadal.
O06PDEmpregar os medios dixitais corporativos como ferramenta de uso diario para o traballo e a comunicación do centro.
Empregamos as ferramentas corporativas para a comunicación interna e externa coa comunidade educativa tal e como establece o Plan de Comunicación do Centro aprobado no presente curso: (Páxina web, Abalar, EVA, AV)
O07PD. Potenciar o benestar dixital e Competencias Dixitais do alumnado.
Temos solicitado o Plan Director sobre: As TIC e os seus riscos, acoso e ciberacoso escolar e Delitos de odio e discriminación.
Solicitamos tamén o programa "Navega con Rumbo".
Avaliación
No contexto da avaliación procesual a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao trimestre. Os aspectos a valorar incluirán o estado da execución das accións, a análise e valoración dos resultados e, de ser o caso, as posibles modificacións das accións e as propostas de mellora.
No contexto da avaliación final a frecuencia da súa realización será como mínimo unha vez ao ano. Os aspectos a considerar incluirán, entre outros, a valoración do logro dos obxectivos e as propostas de mellora.
Comunicación e difusión
O protocolo ou estratexia para a difusión do Plan Dixital será o seguinte:
1. O Plan será presentado e dado a coñecer ao profesorado en Claustro por parte do equipo directivo e do equipo de Dinamización. O aplicativo EduCalidade dispón da posibilidade da visibilidade e consulta do Plan Dixital.
2. Na páxina web do Centro tamén se informará da súa existencia e estará á disposición de toda a comunidade educativa, do mesmo xeito que os restantes documentos do Centro.
3. Dispoñible a consulta en EduCalidade